Pontes de García Rodríguez As - Regulamento de réxime interior da Escola Infantil Municipal A Barosa.
PREÁMBULO
PREÁMBULO
A Lei Orgánica 3/2020 do 29 de decembro, Lei Orgánica de Educación, no Título I, Capítulo I Art. 12 define a Educación Infantil como a etapa educativa de atención de nenos e nenas de ata 6 anos de idade, establecendo o seu carácter voluntario e coa finalidade de contribuír ao desenvolvemento físico, afectivo, social e intelectual dos/as nenos/as, sendo de recoñecida importancia a cooperación dos centros de Educación Infantil cos pais e nais, co obxecto de respectar a súa responsabilidade fundamental. A Educación infantil organízase en dous ciclos, o primeiro comprende ata os 3 anos, e o segundo dende os 3 ata os 6 anos de idade.
Entendendo a Educación Infantil como unha etapa única e con identidade propia, cómpre establecer unha normativa específica que regule as escolas infantís de 0-3 anos, tanto no referente ao seu funcionamento como na súa organización e xestión.
As escolas infantís constitúen un primordial e excelente contexto de socialización e teñen un labor fundamental na detección precoz de dificultades no desenvolvemento dos/as menores, xogando un papel fundamental na compensación de carencias e desigualdades que teñen a súa orixe nas diferencias sociais.
O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil Municipal Barosa do Concello das Pontes de García Rodríguez (EIMBA), concibida como un espazo privilexiado onde asenta a educación, permitindo a mellora constante das relacións entre a dirección da escola, os pais, nais, titores/as ou representantes legais, os/as educadores/as e a administración titular do centro, así como o procedemento de adxudicación de prazas e as condicións de uso.
Ten como obxectivo que a poboación de nenos/as destas idades poidan ser acollidos/as, coidados/as e educados/as nun contexto de calidade, que responda ás súas necesidades, que se respecten os seus dereitos, medren seguros/as e integrados/as na súa comunidade e que sexan axudados/as para desenvolver todas as súas capacidades. Así mesmo, a escola infantil debe entenderse baixo os principios e contidos educativos recollidos no currículo de primeiro ciclo de Educación Infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Dentro deste marco, o Concello das Pontes de García Rodríguez, dende a área de Servizos Sociais, pretende poñer en marcha o regulamento de réxime interno da Escola Infantil Municipal Barosa, enmarcándose nas seguintes referencias lexislativas:
· Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia
· Decreto 329/2005, do 28 de xullo, polo que se regulan os centros de menores e os centros de atención a primeira infancia.
· Decreto 254/2011, de 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos programas e dos centros de servizos sociais.
· Lei orgánica 3/2020, do 29 de decembro, pola que se modifica a Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación
· Real Decreto 132/2010, do 12 de febreiro, polo que se establecen os requisitos mínimos de centros que impartan as ensinanzas do primeiro e segundo ciclo da educación infantil, a educación primaria e a educación secundaria
· Real decreto 476/2013, do 21 de xuño polo que se regulan as condicións de cualificación e formación que deben posuír os mestres dos centros privados de Educación Infantil e de Educación Primaria, art. 2.2. (BOE núm. 167, do 13 de xullo).
· Real decreto 95/2022 do 1 de febreiro polo que se establece a ordenación e as ensinanzas mínimas da Educación Infantil
· Decreto 150/2022 do 8 de setembro polo que se establece a ordenación e o currículo da Educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia.
· Lei 17/2011, do 5 de xullo, de seguridade alimentaria e nutrición
· Decreto 245/2003, do 24 de abril, polo que se establecen as normas de seguridade nos parques infantís
· Decreto 49/2012, do 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das Escolas Infantís e Resolución do 10 de maio de 2017 pola que se actualizan os prezos das escolas infantís.
· Decreto 148/2014, do 6 de novembro, polo que se modifica o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento.
· Ordes anuais polas que se regulan as axudas ás escolas infantís.
· Instrucións ditadas polos órganos competentes da Consellería en materia de servizos sociais.
· Ordenanza fiscal núm. 24, reguladora da taxa pola prestación do servizo de escola infantil municipal, do Concello de As Pontes de García Rodríguez.
CAPITULO I DATOS DO CENTRO
ARTIGO 1. DATOS DO CENTRO
Artigo 1.1 Definición do centro
O presente regulamento ten por obxecto establecer a organización e o funcionamento da Escola Infantil Municipal ¿Barosa¿ do Concello das Pontes de García Rodríguez (EIMBA), concibida como un espazo privilexiado onde asenta a educación, permitindo a mellora constante das relacións entre a dirección da escola, os pais, nais, titores/as ou representantes legais, os/as educadores/as e a administración titular do centro, así como o procedemento de adxudicación de prazas e as condicións de uso.
Defínese como centro diúrno con carácter socio-educativo dirixido á poboación infantil dende os tres meses de idade ata os tres anos, co obxectivo de favorecer o desenvolvemento harmónico e integral dos/das nenos e nenas, con dúas funcións engadidas importantes: apoiar o labor educativo da familia e facilitar a conciliación da vida laboral e familiar.
Ten como obxectivo que a poboación de nenos/as destas idades poidan ser acollidos/as, coidados/as e educados/as nun contexto de calidade, que responda ás súas necesidades, que se respecten os seus dereitos, medren seguros e integrados na súa comunidade e que sexan axudados a desenvolver todas as súas capacidades.
Así mesmo, a escola infantil debe entenderse baixo os principios e contidos educativos recollidos no currículo de primeiro ciclo de Educación Infantil da Comunidade Autónoma de Galicia.
Os centros de atención á primeira infancia, escolas infantís 0-3, cumpren unha función eminentemente educativa, proporcionando ás persoas usuarias unha atención integral sen distinción de raza, sexo, condición social ou económica, a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/das nenos/as.
A escola infantil cooperará estreitamente cos proxenitores e coas persoas titoras co fin de facilitar a conciliación da vida familiar e laboral e conseguir a mellor integración entre o centro e as familias.
ARTIGO 2. DATOS IDENTIFICATIVOS
Nome: Escola Infantil Municipal Barosa
Enderezo: Poboado As Veigas, s/n (R/ Miño). 15320 As Pontes de García Rodriguez
e-mail: escola.infantil@aspontes.org
Departamento Responsable: Departamento de Benestar Social
Artigo 2.1 Titularidade
Entidade Titular: Concello de As Pontes de García Rodríguez
CIF: P1507100D
Representante Legal: Alcaldía do Concello das Pontes de García Rodríguez.
Enderezo: Parque Municipal S/N 15320 As Pontes de García Rodríguez
Nº de Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais (RUEPSS): E- 660
Artigo 2.2 Autorizacións
Data de permiso de inicio de actividade.- PIA: 8 de xaneiro de 2001
Artigo 2.3 Tipo de xestión: Indirecta
A EIMBA depende, administrativamente, da Concellería de Benestar Social do Concello das Pontes de García Rodríguez. En todo caso, unicamente ao concello lle corresponde a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa/as delega a mesma cando así o estime oportuno.
O Concello conta cunha entidade xestora responsable da xestión e funcionamento da escola infantil inscrita no Rexistro Único de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais.- RUEPSS.
CAPITULO II FUNCIONAMENTO
ARTIGO 3. OBXECTIVOS DA ESCOLA INFANTIL
Son obxectivos específicos da escola:
· Promover e fomentar o desenvolvemento integral das/os menores e a aprendizaxe das habilidades cognitivas e creativas.
· Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
· Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio desenvolvendo as súas capacidades emocionais e afectivas.
· Respectar a singularidade e diversidade de cada neno/a.
· Posibilitar a integración progresiva dos nenos/as na cultura do seu medio. Observar e explorar a súa contorna familiar, natural e social.
· Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias. Adquirir progresivamente autonomía nas súas actividades habituais.
· Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.
· Facilitar a integración dos nenos e nenas con necesidades específicas de apoio educativo
· Fomentar uso responsable das tecnoloxías dixitais.
· Promover hábitos saudables e sustentables a partir das rutinas.
· Promover modelos positivos que favorezan a aprendizaxe de actitudes baseadas nos valores de respecto, equidade, inclusión e convivencia e que ofrezan pautas de resolución pacífica e dialogada dos conflitos
· Promover, aplicar e desenvolver as normas sociais que promoven a igualdade de xénero.
Estes obxectivos serán desenvolvidos no Proxecto Educativo e na correspondente Proposta Pedagóxica da escola.
ARTIGO 4. CAPACIDADE DO CENTRO
A escola conta con 6 unidades e 87 prazas autorizadas distribuídas en tramos de idade da seguinte maneira:
1 unidade 0-1 anos ........................................ 8 prazas
3 unidades 1-2 anos ................13 +13+13 = 39 prazas
2 unidades 2-3 anos ...................... 20 +20= 40 prazas
No caso de non existir demanda suficiente para formar un ou varios grupos do mesmo nivel de idade, os/as nenos/as poderán ser agrupados conforme á seguinte proporción:
Grupos formados por nenos/as de ata 2 anos de idade: 1/10
Grupos formados por nenos/as de idades comprendidas no tramo 0-3: 1/15
ARTIGO 5. SERVIZOS QUE OFERTA O CENTRO
Artigo 5.1. Servizo de Atención Educativa
Enténdese por atención educativa o conxunto de atencións e coidados profesionais de carácter integral, prestados baixo unha perspectiva educativa, aos/ás menores durante a súa estancia nunha escola infantil, segundo a modalidade de xornada pola que opten. A opción elixida implica a asistencia regular e continuada á escola infantil durante un máximo de 8 e un mínimo de 3 horas diarias, respectivamente.
A escola infantil conta cun Proxecto educativo de Centro.- PEC propio que se axusta na súa estrutura ao Decreto 150/2022, de 8 de setembro, polo que se establece a ordenación e o currículo da educación Infantil na Comunidade Autónoma de Galicia e no Decreto 95/2022 e as ensinanzas mínimas da educación infantil. Dito proxecto está a disposición das familias e autoridades competentes para a súa consulta.
A escola infantil atenderá a todas as facetas relativas ao desenvolvemento afectivo, ao movemento e aos hábitos de control corporal, ás manifestacións da comunicación e linguaxe, ás pautas elementais de convivencia e relación social, así como ao descubrimento das características físicas e sociais do entorno no que viven os nenos/as.
A Escola infantil facilitará o desenvolvemento educativo do alumnado, garantindo a súa formación integral, e contribuíndo ao pleno desenvolvemento da súa personalidade.
A escola oferta o servizo de atención educativa durante o mínimo de 8 horas.
Artigo 5.2. Servizo de comedor
A Escola infantil presta servizo de comedor propio con cociñeira no centro, é diario e de uso voluntario e dispoñible para todos os nenos e nenas da escola que o contrataran.
Este servizo consiste na preparación e distribución dos alimentos polo persoal do centro, en cumprimento da normativa sanitaria. Este servizo abrangue o xantar, cun menú adaptado ás súas necesidades.
Os menús de cada xornada seguirán a pauta marcada por un/unha nutricionista, e serán expostos no taboleiro da Escola Infantil Municipal e enviados por e-mail á ANPA da escola.
Os menús serán expostos semanalmente (segundo artigo 26.1.a) do Decreto 329/2005).
Para garantir o bo estado dos alimentos e permitir a súa análise en caso de intoxicación gardaranse mostras dos mesmos diariamente.
Se o/a menor atendido/a é alérxico/a a algún alimento, os pais/nais ou representantes legais deberán poñelo en coñecemento da dirección do centro detallando os produtos que quedan excluídos da súa dieta. Cando os usuarios/as fixos/as do comedor non utilizasen o servizo deberán avisar con antelación ou ben o mesmo día antes das 09:00h.
Durante o período de adaptación de cada curso escolar os nenos/as de novo ingreso non poderán empregar o servizo de comedor, para facilitar a súa mellor adaptación.
Na hora da comida, estableceranse quendas segundo o número do alumnado matriculado.
Aquelas persoas solicitantes que teñan concedida praza sen servizo de comedor poderán facer uso deste servizo con carácter excepcional, pagando a cota establecida por días soltos. Deberán avisar con antelación ou ben o mesmo día antes das 9:00 horas da mañá e sempre que xustifiquen a súa necesidade documentalmente.
Artigo 5.3. Servizo de horario ampliado
Enténdese por horario amplo a atención aos nenos e nenas por parte do centro polo menos durante 10 horas diarias ininterrompidas. Non obstante, evitarase que o/a neno/a prolongue a súa estancia no centro máis de 8 horas diarias, agás que circunstancias excepcionais, que deberán en todo caso quedar xustificadas documentalmente no expediente.
Se algunha familia utiliza, por causas xustificadas, un horario ampliado, aboará o importe mensual establecido.
Artigo 5.4. Actividades complementarias e extraescolares
Segundo a orde de gratuidade, exceptúase da actuación subvencionable o custo do servizo de comedor e as actividades extra á atención educativa e que supoñan un custo adicional cuantificable para a escola infantil. A escola debe xustificar o custo adicional.
Dedúcese que as actividades extra son as que se desenvolven fora do horario de atención educativa (subvencionado ao 100% pola Xunta de Galicia), é dicir actividades extraescolares que aboarán as familias.
As actividades complementarias nunha escola infantil municipal son desenvolvidas transversais ao currículo educativo e se detallan na programación didáctica.
ARTIGO 6. CALENDARIO E HORARIOS DE FUNCIONAMENTO
Artigo 6.1 Calendario escolar
1. A Escola Infantil abrirá durante un mínimo de oito horas diarias, en xornada partida ou continuada, cinco días á semana de luns a venres e doce meses ao ano, salvo causa xustificada. Non obstante, respectando estes mínimos, cada centro poderá determinar os seus calendarios e horarios de apertura e peche ao público en función da demanda existente e da necesaria conciliación da vida persoal, familiar e laboral.
2. En función da demanda A EIMBA permanecerá aberta de luns a venres de 8:00 h. a 20:00 h. en horario ininterrompido agás o mes de agosto cuxo horario será de 8:00 a 16:00 h. e sempre que as familias presenten certificado de empresa conforme están a traballar e non en período de vacacións ou realizando un curso de formación.
3. Serán días festivos na escola os establecidos no calendario laboral polo estado e a Comunidade Autónoma e os festivos locais que son os que aproba cada ano o goberno local.
Os peches do centro determinaranse previa consulta ás familias para a súa conformidade e aceptación deixando constancia escrita co fin de favorecer a necesaria conciliación fa vida familiar e laboral.
As causas dos peches estarán acreditadas mediante documentos asinados polo/a representante legal ou o técnico/a competente.
4. O alumnado poderá asistir ao centro un máximo de 11 meses. En casos excepcionais e debidamente xustificados poderase admitir a asistencia da/o nena/o os 12 meses. En tales circunstancias deberanse formular unha solicitude cunha antelación mínima dun mes que será estudada polo departamento de servizos sociais.
5. Horario de atención ao público será polas mañas dende as 10:30 ata as 13:00 horas.
6. O horario de apertura e peche deberán figurar no taboleiro de anuncios de cada centro e no RUEPSS
Artigo 6.2 Horario de permanencia dos/as menores
O horario máximo de permanencia dos/as menores no centro será, con carácter xeral , de oito horas diarias, agás causas excepcionais xustificadas nas que poderá ampliar o dito horario.
Artigo 6.3 Tipos de xornada
· Media xornada: 3/ 4 horas
· Xornada Completa, ata 8 horas.
Estas son escollidas polas familias podendo ser:
· Xornada mañá
· Xornada partida
· Xornada de tarde
CAPITULO III PROCEDEMENTO DE INGRESO
ARTIGO 7. PROCEDEMENTO DE INGRESO
Artigo 7.1. Procedementos de solicitude de prazas: Requisitos
Para ser adxudicatario/a de praza para os/as menores deberán cumprir os seguintes requisitos:
· Ter unha idade mínima de tres meses na data de ingreso na escola infantil.
· Non ter cumpridos os tres anos de idade o 31 de decembro do ano que se solicita praza, agás situacións especiais que estimará a comisión de baremación.
· Estar nado no momento de presentación da solicitude.
· Estar empadroado/a, durante o tempo de asistencia á escola, toda a unidade familiar no Concello das Pontes de García Rodríguez e cunha antigüidade no padrón municipal de 3 meses a solicitude de matrícula. No caso de producirse por parte dalgún membro da unidade familiar a baixa no padrón municipal perderá a praza na escola infantil. Poderán realizarse de oficio revisións no padrón municipal.
· Atoparse ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.
Poderán eximirse do límite de idade os/as nenos/as con discapacidade física, psíquica ou sensorial susceptibles de integración, lodo do ditame do equipo específico.
Logo de ver o informe, a Comisión de baremación resolverá de forma motivada a escolarización, garantindo que ningún menor con NEAE e os informes favorables á súa escolarización, quede sen praza na escola infantil.
A opción dos servizos elixidos farase constar na solicitude e manterase durante todo o curso, salvo circunstancias sobrevidas acreditadas que xustifiquen a necesidade de modificación da opción elixida inicialmente.
Artigo 7.2. Entradas e Saídas
a) O horario de entrada-saída dos nenos/as nos centros débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Non obstante, unha vez acordados co centro os horarios de entrada e saída dos nenos/as, as familias procurarán respectalos. En caso de atrasos inxustificados e reiterados, a dirección do centro está obrigada a adoptar as medidas oportunas poñéndoo en coñecemento das familias.
b) As familias e/ou representantes legais recollerán aos nenos e nenas ao remate da xornada. Nos casos nos que estes autoricen á dirección do centro para entregar ao neno ou nena a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.
7.2 Criterios de prioridade para adxudicación das praza
1. Procedemento ordinario
a) Reserva de praza
O sistema de admisión respectará o principio de igualdade e non discriminación.
Proporciona continuidade ás prazas adxudicadas no ano anterior sempre que se manteñan os requisitos recollidos no artigo anterior e nas mesmas circunstancias de horario e servizos complementarios.
Os/as nenos/as matriculados/as en horario de tarde só poderán reservar praza nese mesmo horario. No caso de que se desexe solicitar praza en horario de mañá terá que presentarse a solicitude de novo ingreso para, deste xeito, ser novamente baremado.
Os/as menores que obtiveran a praza na xornada de tarde pero non cumprisen o requisito de empadroamento da unidade familiar, non terán dereito a reserva de praza.
As familias que desexen renovar a praza, deberán cubrir o impreso, que lles será facilitado na Escola Infantil e asemade xustificaran documentalmente os ingresos económicos actualizados, da unidade familiar, así como outros datos susceptibles de baremación.
b) Novo ingreso
As prazas que non sexan cubertas no procedemento anterior ofertaranse á poboación xeral que cumpra os requisitos esixidos.
Os pais/nais, titores/as ou representantes legais das persoas usuarias, deben coñecer antes de formalizar a solicitude de reserva de praza / matrícula, as Normas de Funcionamento da escola infantil. A escola facilitaralle, polos medios acordados, as presentes Normas visadas polo Servizo de Inspección de Familia e Menores.
Dentro desta modalidade determínase a seguinte orde de preferencia:
· Solicitudes de familias con nenos e nenas en adopción ou acollemento familiar
· Solicitantes con irmán/á cunha praza renovada no centro.
· As restantes solicitudes adxudicaranse atendendo á puntuación obtida pola aplicación do baremo que se achega no Anexo I.
Unha vez baremados terán preferencia as solicitudes de xornada completa sobre media xornada.
2 . Procedemento extraordinario
a) Solicitudes fóra de prazo
Con carácter excepcional poderanse presentar solicitudes fóra de prazo nos seguintes casos:
· Cambio de concello de residencia da unidade familiar.
· Nacemento, acollemento ou adopción da/o nena/o con posterioridade ao prazo de presentación de solicitudes.
· Outras circunstancias que motivadamente aprecie a Comisión de Baremación.
As solicitudes presentadas fóra de prazo estarán condicionadas á existencia de prazas dispoñibles e sempre e cando cumpran as circunstancias de requisitos dos solicitantes.
Unha vez que as familias teñan concedida a praza deberán formalizar a matrícula nun prazo máximo de 10 días hábiles, no caso contrario quedará desestimada a solicitude.
b) Solicitudes para menores non empadroados
Se quedasen prazas vacantes, poderán optar á praza menores doutros concellos en xornada de tarde. Esta opción non dá dereito a reserva de praza.
Artigo 7.3 Lugar e prazo de solicitude da preinscrición
A presentación de solicitudes será no Rexistro Xeral do Concello ou na sede electrónica.
Reserva de praza: do 1 ao 10 de marzo, no caso de que estes días non resulten hábiles adiarase o inicio e/ou o fin do prazo ata o seguinte hábil.
Novo ingreso: do 20 de marzo ao 15 de abril, no caso de que estes días non resulten hábiles adiarase o inicio e/ou o fin do prazo ata o seguinte hábil.
Documentación a presentar
Documentación orixinal a presentar, de cuxa veracidade responsabilizase o/a interesado/a.
a. Reserva de praza
As familias que desexen renovar praza deberán cubrir a folla de reserva de praza, que lle será facilitada na Escola Infantil, coa seguinte documentación:
· Modelo de aceptación das bases do presente Regulamento de Réxime Interno
· Ficha de datos cuberta polas familias na que conste o horario de asistencia que os pais/nais, titores/as e representantes legais solicitan.
· Autorización para a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social.
· Documentación xustificativa da situación económica dos/as proxenitores/as ou responsables legais, no caso de non aceptar a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social.
Ademais naqueles casos nos que se producirán variacións na situación socio-familiar deberán achegarse as xustificacións documentais pertinentes susceptibles de baremación.
Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar empadroada a unidade familiar no curso inmediatamente anterior e estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación de solicitude calquera que sexa o curso escolar.
b. Novo ingreso
Ficha de datos cuberta polas familias na que conste o horario de asistencia que os pais/nais, titores/as e representantes legais solicitan.
1. Documentación acreditativa da situación familiar
· Libro de familia íntegro ou no seu defecto outro documento que acredite oficialmente a situación familiar. Se hai fillos/as de anteriores matrimonios que convivan no domicilio, por ter asignado o pai/nai a garda e custodia, tamén se entregarán estes libros de familia.
· DNI do pai/nai/ou representante legal.
· En caso de ser familia numerosa, libro de familia numerosa.
· Sentenza de separación, divorcio ou procedemento especial de menores, de ser o caso.
· Certificación de familia monomarental/monoparental de ser o caso.
· No caso de acollemento do/a menor, documento que o xustifique.
· No caso de algunha discapacidade ou enfermidade alegada polos membros da unidade familiar, certificado expedido polo organismo competente.
· No caso de nenos/as con algunha discapacidade física, psíquica ou sensorial, certificado expedido polo organismo competente.
· No caso de nenos/as con necesidade específica de apoio educativo ou integración, informe do organismo competente.
· No caso de vítimas de violencia de xénero, acreditarase por medio de certificación e/ou informe dos servizos sociais e/ou sanitarios da Administración pública autonómica ou local.
2. Documentación acreditativa da situación socioeconómica e laboral da unidade familiar
· Sentenza/auto xudicial na que se fixe a contía de pensións alimenticias ou compensatorias.
· Outros documentos, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuadas no baremo ou informe de servizos sociais sempre que sexa necesario por falla de acreditación documental suficiente ou pola situación especial na que vive a unidade familiar.
· Se, durante o curso escolar, se produzan circunstancias sobrevidas que afecten aos recursos da unidade familiar, estas deberán acreditarse mediante a presentación da oportuna documentación xustificativa.
No caso de non aceptación para a consulta de datos en Facenda e Seguridade Social:
· Fotocopia da última nómina ou informe da vida laboral, ou de ser o caso, certificación acreditativa do INEM de estar en situación de desemprego con percepción ou non de prestacións de todos os membros da unidade familiar.
· Última declaración da renda ou certificado negativo de imputacións. En caso de declaracións individuais, copia da declaración de cada persoa da unidade familiar obrigada a declarar.
· Información fiscal de intereses e retencións, indicando saldo a 31 de decembro do ano anterior de todos os membros da unidade familiar, así como certificado de fondos de inversión, letras do tesouro ...
Artigo 7.4. Solicitudes incompletas
Se a solicitude non reúne os requisitos esixidos, requirirase ao/á interesado/a para que, nun prazo de dez días hábiles, dende que se lle require, emende a falta ou acompañe os documentos preceptivos con indicación de que, se así non o fixese, quedará desistido da súa petición.
Artigo 7.5. Relación provisional de admitidos e excluídos
Farase pública a relación provisional de admitidos/as e excluídos/as coa puntuación obtida no taboleiro de anuncios da Escola Infantil do Concello e na páxina web do mesmo. A data de publicación desta relación en ningún caso será posterior ao 15 de maio.
Artigo 7.6. Reclamacións
As persoas solicitantes que o desexen poderán presentar as reclamacións, debidamente documentadas, que estimen oportunas á relación provisional de admitidos/as e excluídos/as, no prazo de 10 días hábiles contados dende a data de exposición da relación provisional.
A resolución resolverase nos seguintes dez días hábiles.
Artigo 7.7. Relación definitiva de admitidos e listaxe de agarda e matriculación
Unha vez resoltas todas as reclamacións presentadas e resoltas pola comisión de baremación, as listaxes de admitidos/as e de agarda serán publicadas no taboleiro de anuncios do Centro e na páxina web e taboleiro de anuncios do Concello, xunto coa puntuación obtida en cada caso.
As persoas solicitantes admitidas deberán formalizar a matrícula na Escola Infantil Municipal no período comprendido entre o 16 e 30 de xuño para confirmar a praza, debendo achegar a seguinte documentación complementaria:
· Documento acreditativo do nacemento da nena ou neno
· De selo caso, informe médico do neno/a no que se reflictan as alerxias, intolerancias ou incidencias de calquera índole.
· DNI / NIE das persoas solicitantes
· Fotocopia da tarxeta sanitaria
· Cartilla de vacinación actualizada segundo o calendario de vacinación infantil do Programa Galego de Vacinación ou calquera outra documentación do SERGAS que así o acredite.
· 1 foto tipo carné do/a neno/a
· Domiciliación bancaria
· Sinatura de aceptación do presente regulamento de réxime interno (normas de funcionamento do centro).
· Sentenza de demanda de divorcio ou documento que acredite quen ten a custodia do neno/a, réxime de visitas, horarios para a recollida etc.
Autorizacións por escrito para:
· Administración de medicamentos
· Recollida e entrega dos/as nenos/as no centro
· Impreso responsabilizándose os/as pais/nais e representantes legais de todos aqueles alimentos que traian das súas casas.
· Saídas didácticas do centro
· Autorización xeral para tratamento de audiovisuais, protección de datos, e todas as que se consideren oportunas asinadas polos pais/nais, titores/as e representantes legais do neno/a.
· Realización de reportaxes visuais ou fotográficas
· Traslado ao centro sanitario en caso de necesidade
No momento do seu ingreso, abriráselles un expediente persoal individual no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en casos de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.
A non presentación desta documentación no prazo sinalado, entenderase como renuncia á praza, dando opción á matriculación daquelas persoas que quedaran na lista de agarda.
As baixas que se vaian producindo ao longo do curso escolar serán cubertas por rigorosa orde de puntuación entre as persoas solicitantes na lista de agarda.
Se feita a relación definitiva de admitidos/as, quedasen prazas vacantes, nalgún tramo de idade e non habendo listaxe de agarda, as prazas serán cubertas por rigorosa orde de entrada no rexistro no Concello das Pontes, sempre e cando reúnan o requisitos esixidos.
Artigo 7.8. Composición e funcións da Comisión de Baremación
· Presidente/a: concelleiro/a da Área de Benestar Social ou persoa na que delegue.
· Secretario/a: coordinadora do departamento de servizos sociais con voz e voto.
· Vogais:
- 3 membros da ANPA da Escola Municipal Barosa
- 3 membros do equipo Directivo da Escola Infantil Municipal
- Persoa técnica de Servizos Sociais
Funcións da Comisión de Baremación:
a) Comprobar as solicitudes unha vez baremadas polos técnicos/as do concello
b) Supervisar o desenvolvemento do proceso de admisión
c) Resolver calquera incidencia que poida xurdir no procedemento
ARTIGO 8. CAUSAS DE BAIXA
Son causa de baixa na Escola Infantil Municipal calquera das que se expoñen deseguido:
· Cumprimento da idade máxima regulamentaria
· Solicitude dos/as pais/nais ou representantes legais mediante instancia asinada presentada no concello ou na escola con 15 días antes do comezo do mes seguinte.
· Falta de pagamento da cota establecida durante dous meses consecutivos, ou tres alternos, calquera que sexa o curso escolar ao que se refira a débeda.
· Comprobación de falsidade, ocultación, falsificación ou manipulación nos documentos ou datos presentados
· Por falta de asistencia continuada durante quince días sen causa xustificada
· Incumprimento reiterado das normas que rexen o funcionamento do centro
· Circunstancias laborais dos proxenitores, titores/as ou representantes legais
· Comportamento ou trato co persoal da escola inapropiado
As baixas producidas ao longo do curso escolar, por calquera dos motivos anteriormente expostos, serán cubertas polos solicitantes que figuren na listaxe de agarda.
ARTIGO 9. PERÍODO DE DE ADAPTACIÓN
A escola conta cun protocolo de adaptación que será facilitado ás familias.
A escola infantil debe planificar o período de adaptación, tendo en conta que o neno ou nena rompe co lazo afectivo, coa figura de apego. O seu desenvolvemento a todos os niveis vai depender de como asimile este proceso. Por tanto debe ser planificado coas familias xa que van entrar nun lugar descoñecido con novas persoas e pasan de ser o centro de atención a un máis entre outros iguais.
ARTIGO 10. RÉXIME DE SAÍDAS
No caso de que a familia non consinta unha saída didáctica, o/a neno/a quedará na escola co resto do persoal se as saídas son por grupos e, no caso de que sexa unha saída conxunta, non poderá asistirá á escola nesa data, xa que a escola permanecera pechada.
CAPÍTULO IV. ESTRUTURA ORGANIZATIVA DA EIMBA
ARTIGO 11 ORGANIZACIÓN INTERNA
A EIMBA cumprirá en todo momento as ratios de persoal establecidas na normativa de aplicación, disporá de persoal directivo, docente e non docente ou de servizos o persoal directivo poderá desenvolver funcións docentes de contar coa titulación esixible para iso.
O persoal de atención directa a nenos/as, o persoal de apoio á atención e coidado dos/das nenos/as ou outro persoal, realizara as funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo de aplicación, así como na normativa laboral correspondente.
Artigo 11.1 Procedemento para a substitucións e imprevistos do persoal
· No caso de baixa do persoal debida a enfermidade breve este será substituído polo persoal de apoio do centro.
· No caso de baixa longa do persoal este será substituído por persoal coa debida titulación e este cambio será anunciado no taboleiro de anuncios do centro e informado ao concello e a ANPA da escola Infantil.
CAPITULO V. NORMATIVA REFERENTE AOS NENOS E NENAS
ARTIGO 12. DEREITOS DOS/AS NENOS E NENAS DA ESCOLA INFANTIL
· Acceso á escola e a recibir información sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
· A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal da escola como das demais persoas usuarias
· A confidencialidade e o sixilo profesional sobre os seus datos da historia social, sanitaria ou escolar dos menores e familias
· A que se cumpran todas as normas de hixiene e seguridade no desenvolvemento da actividade educativa (dentro e fóra do centro, nas saídas escolares) cos/coas nenos/as
· A recibir unha atención e educación personalizada e individualizada, tendo en conta o ritmo de madurez do/da menor asegurando o pleno desenvolvemento da súa personalidade e atendendo ás súas necesidades específicas
· Á intimidade persoal
· A que se lles facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural e, en xeral, a todas as necesidades persoais que sexan precisas para acadar o seu desenvolvemento integral.
ARTIGO 13 . NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Artigo 13.1 Normas de saúde persoal e hixiene
· Todos os nenos e nenas asistirán en óptimas condicións hixiénicas
· No caso de aparición de enfermidades infecto-contaxiosas durante a súa asistencia ao centro deberá ser comunicada ás familias ou representantes legais á dirección deste.
· Cando se produza a falta de asistencia ao centro por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais/nais, titores/as ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro.
· No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nos/as nenos/as no propio centro, informarase á dirección deste, e avisarase aos seus pais/nais, representantes legais ou titores/as, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais nenos e nenas. O reingreso no centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio.
· No caso de enfermidade ou accidente sobrevido no centro, despois das primeiras atencións in situ e á maior brevidade posible, poñerase a dita circunstancia en coñecemento dos pais/nais, titores/as ou representantes legais do neno/a e, se é o caso, procurarase que o neno ou nena reciba a atención médica axeitada.
· Evitarase, con carácter xeral, a administración de medicamentos no centro. As familias procurarán axustar a administración dos medicamentos nas horas que os/as menores permanezan na súa casa, sempre que o tratamento o permita.
· Nos casos en que se deban administrar medicinas os nenos e nenas (porque supón un risco para saúde), deberán ir acompañadas da receita médica, actualizada á data do tratamento, na que constará o nome do neno/a, o nome do medicamento, forma, dose e periodicidade na administración. Non se lles administrará ningunha medicación que non veña acompañada da autorización por escrito dos proxenitores, titores/as ou representantes legais indicando as horas de administración da dose correspondente.
· Con carácter xeral atenderase ao disposto nas Guías de Saúde Pública da Consellería de sanidade da Xunta de Galicia e exclusivamente aos boletíns epidemiolóxicos nos que se fan actualización das recomendacións para a exclusión de escolas.
Artigo 13.2 Normas de nutrición/ alimentación
· A Escola Infantil publicará no taboleiro de anuncios unha relación dos menús previstos quincenalmente, que proporcionarán unha dieta sa, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade. Informarase de calquera modificación nos mesmos. Os menús serán supervisados por técnico/a en Dietética e Nutrición ou especialista competente.
· A Escola Infantil prestará un especial coidado en atender os casos nos que o/a neno/a, por motivo de circunstancias persoais, non deba recibir determinados alimentos, debendo estar debidamente informada a dirección e o persoal do centro desta circunstancia, co seu respectivo informe pediátrico.
· Os/as pais, nais titores e representantes legais dos/as nenos/as que traian algún tipo de alimento ao centro deberán asinar un impreso responsabilizándose do seu estado e efectos causados.
· Respectaranse os horarios establecidos para as comidas
Artigo 13.3 Normas de convivencia
· O horario máximo de permanencia dos/as nenos/as na Escola Infantil Municipal será con carácter xeral de oito horas diarias, de xeito continuado ou partido, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas, que poderá ampliar este horario, en interese do/a menor.
· No caso dos/as nenos/as menores dun ano aconséllase que non permanezan na escola máis de seis horas, aínda que este horario pode ser ampliado ata as oito horas.
· O horario de entrada-saída dos/as nenos/as débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non supoña alteración das actividades dos/as demais nenos/as e do funcionamento normal do centro.
· Unha vez fixados os horarios, as familias procurarán respectalos, avisar das demoras e consultar os cambios.
· O remate da xornada os/as menores serán entregados aos pais/nais ou representantes legais. Nos casos de ser outras persoas as que recollen aos/ás nenos/as, os/as pais/nais ou representantes legais deberán avisar con antelación e na primeira reunión coas familias asinarán un documento acreditativo de autorización aos familiares ou persoas designadas para recoller aos seus nenos/as no centro.
· O período de vacacións débese comunicar á escola por escrito con anterioridade ao gozo das mesmas.
· A roupa e o calzado debe ser cómodo evitando no posible botóns, peches ou tirantes. Débense descartar os modelos tipo buzo.
· Por motivos de seguridade os/as nenos/as non poderán traer obxectos como pulseiras, medallas, cadeas. Evitáranse ademais os lazos, pinzas.., e outros que poidan ser perigosos.
ARTIGO 14. PROMOCIÓN DA IGUALDADE ENTRE NENAS E NENOS
A escola promoverá a igualdade como valor fundamental de convivencia entre os/as nenos/as. A promoción da igualdade estará no centro das actividades que se desenvolvan na escola e reflectirase non só nas actividades e material de traballo senón tamén nos comportamentos habituais do persoal educador.
O centro poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo vixiará que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.
Asemade desde a escola prestarase atención especial ao fomento e respecto da interculturalidade, coma instrumento de superación de desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.
A escola é o principal axente educativo da infancia. Nela non só se aprenden coñecementos senón que tamén se adquiren actitudes, valores e normas de comportamento
Na escola, a educación non sexista implica a participación non só do profesorado senón tamén da familia e a sociedade en xeral.
A escola programará actividades para promover a igualdade entre os nenos e nenas evitando os comportamentos discriminatorios por razón de sexo. As ditas actividades reflectiranse nos proxectos educativos e curriculares.
Estará presente na aula unha oferta de materiais de diferente tipo e coidarase dun xeito especial os materiais continuos, os inespecíficos e os elementos do medio natural e sociocultural que favorezan a relación coa identidade e creen ambientes significativos.
Deberase ter en conta o coidado na selección e emprego dos materiais e dos espazos de cara a evitar desigualdades por razón de xénero e a transmisión de actitudes e comportamentos sexistas a través do currículo oculto.
O achegamento do alumnado ao coñecemento dos elementos identitarios da cultura propia e tamén das outras, desde unha perspectiva aberta, crítica e ilustradora, que potencia en todo momento actitudes de respecto e aprecio.
ARTIGO 15. A LINGUA
Os documentos oficiais da escola entregaranse en galego ou castelán, a demanda das persoas solicitantes.
Na etapa de educación infantil o persoal educador empregará na aula as dúas linguas cooficiais, fomentando a participación en diferentes situacións de uso das dúas linguas cooficiais recoñecendo a importancia de ambas. As palabras e o vocabulario propio de cada unha das linguas cooficiais actuarán como nexo de unión desde o que enriquecer a bagaxe cultural e desenvolver a sensibilidade e a creatividade, de xeito que se lle ofrece á infancia, simultaneamente, a chave de acceso a unha cidadanía crítica, solidaria, igualitaria e comprometida coa sociedade.
ARTIGO 16. PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN
A escola promoverá, dentro das súas posibilidades, a integración dos/as nenos/as con necesidades específicas de apoio educativo ou outras necesidades educativas por dificultade específicas de aprendizaxe, sempre e cando conten cos recursos materiais e humanos necesarios.
Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de valoración e orientación sobre o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.
Para os efectos da orde de gratuidade, considerarase que as nenas e nenos con NEAE ocupan dúas prazas. Neste caso, a axuda que resulte multiplicarase por dous.
ARTIGO 17. USO DAS DEPENDENCIAS E MATERIAIS.
As dependencias do centro distribúense de acordo aos espazos autorizadas segundo o Permiso de inicio de Actividade.- PIA ou as correspondentes modificacións substanciais do centro solicitadas a Inspección.
· Todo o material será coidado para o posterior desfrute dos demais.
· As aulas deberan ser respectadas como ambiente educativo, polo que terán a obriga de permanecer ordenadas, limpas e estruturadas.
CAPITULO VI. NORMATIVA REFERENTE Á FAMILIA
ARTIGO 18. DEREITOS DOS/AS PAIS/NAIS OU REPRESENTANTES LEGAIS
1. A consideración no trato, debida á dignidade da persoa, tanto por parte do persoal da escola como das demais persoas usuarias, sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
2. A confidencialidade e o sixilo profesional sobre os seus datos da historia social, sanitaria ou económica.
3. A ser informados do desenvolvemento diario da/o nena/o promovendo a súa participación e colaboración dunha maneira activa de cara á mellor consecución dos obxectivos educativos.
4. A ser escoitados e manifestar a súa discrepancia respecto ás decisións educativas que lles afecten, a través das vías oportunas.
5. A realizar visitas das instalacións do centro e promover entrevistas persoais antes de comezar o curso e ao longo do curso, cando así o soliciten, sen entorpecer o transcurso normal das actividades.
6. A deixar de utilizar os servizos ou abandonar a escola por vontade propia.
7. A asociarse co obxecto de favorecer a súa participación nas actividades e proxectos da escola.
Artigo 19. DEBERES DOS/AS PAIS/NAIS OU REPRESENTANTES LEGAIS
1. Cumprir as normas sobre a utilización e funcionamento do centro e os seus servizos establecidos neste regulamento.
2. Aboar o material, as actividades extraescolares se fose oportuno e as mensualidades conforme ao establecido no presente regulamento e no acordo regulador de prezos aplicable á Escola Infantil Municipal ¿Barosa¿.
3. Asinar os documentos requiridos no momento da formalización da matrícula.
4. Manter unha conduta inspirada no mutuo respecto, tolerancia, colaboración, encamiñada a unha mellor convivencia.
5. Colaborar e participar na vida do centro na procura de acadar os fins e obxectivos educativos propostos.
6. Responsabilizarse daquelas situacións nas que por motivos de saúde ou malestar os/as nenos/as teñan que saír da escola.
ARTIGO 20. PARTICIPACIÓN DOS/DAS NAIS/PAIS OU REPRESENTANTES LEGAIS
1. Relación familia- escola infantil
Dende a Escola Infantil Municipal crearase un bo ambiente de confianza, respecto e seguridade de cara ao trato persoal coas nais e pais das/os nenas/os do centro.
A relación cos/as pais/nais/representantes legais deberá ser fomentada pola dirección da Escola Infantil Municipal e terá como principais obxectivos:
· Intercambio de criterios educativos.
· A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos/as nenos/as.
· Compartir opinións sobre incidentes, preocupacións, actividades, etc.
A principio de curso celebrarase unha reunión para informar sobre o programa educativo do centro.
As nenas e nenos serán entregadas/os na escola ao/á pai/nai ou representantes legais, ou á persoa autorizada expresamente por escrito e documentada. Teranse en conta as cuestións concretas reguladas por disposición xudicial, que deberán ser postas en coñecemento da Dirección por quen sustenta a garda e custodia da nena ou neno.
No mes de setembro haberá unha reunión cos/as pais/ nais ou representantes legais dos nenos/as aceptados/as no centro por grupos para amosarlles as instalacións da Escola e explicarlles todo o que se considere de interese para eles/elas. Lerase, comentarase e entregarase tamén a normativa do centro para ser asinada. Así mesmo, exporase e comentarase o Regulamento de Réxime Interno e o Proxecto Educativo do Centro que quedarán expostos durante todo o curso no taboleiro de anuncios para poder ser consultado polos pais, nais titores/titoras e representantes legais dos nenos e nenas da escola cando o desexen.
2. Instrumentos de información ás familias ou representantes legais
Os instrumentos de información de cara ás familias ou representantes legais dos que dispón a escola infantil municipal son os seguintes:
· Reunións de principio de curso e trimestrais, para dar a coñecer o proxecto educativo, período de adaptación, normativa do centro, programación de aula, saídas, etc.
· Reunións extraordinarias a petición da dirección do centro, o departamento de orientación ou titoras ou titores coas nais/pais/representantes legais.
· Reunión de Escola de nais e pais, na que se tratarán temas relativos á crianza e evolución así como problemas cotiáns das nenas e nenos, e se intercambiarán opinións sobre os mesmos.
· Diario da clase, co fin de poder consultar datos relativos á estadía diaria dos/as menores no centro (alimentación, esfínteres, sono, incidencias, etc.).
· Intercambio diario de información coas nais/pais/ representantes legais, a través de conversas informais.
ARTIGO 21. ASOCIACIÓN DE PAIS/NAIS
A Asociación de pais e nais é o órgano de participación na vida do centro. A súa constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección da Escola.
En caso de constituírse a asociación de pais/nais terá como finalidade: defender os dereitos dos/as pais/nais/representantes legais no relativo á prestación de servizos dirixidos aos nenos/as, e participar conxuntamente e activamente coa dirección e co persoal da Escola Infantil Municipal para favorecer o desenvolvemento integral da poboación infantil atendida.
CAPITULO VII RÉXIME DE COBRAMENTO
ARTIGO 22. MATRÍCULA
No caso de que a escola estea acollida as axudas para o fomento da gratuidade da atención educativa, unha vez realizada a inscrición a matrícula e atención educativa é subvencionada ao 100% pola Xunta de Galicia.
A escola esta a aplicar o réxime de prezos equivalente ao previsto no Decreto 49/2012, de 19 de xaneiro, polo que se aproba o réxime de prezos das escolas infantís 0-3 e a súa actualización de prezos (Resolución de 10 de maio de 2017)
A non asistencia á escola infantil 0-3 durante un período de 15 días sen xustificar dará lugar á baixa do alumno/a no programa de gratuidade.
As cotas de servizo de comedor, servizo de cociña (se procede), horas extra...serán detalladas no documento Relación de Prezos que se publicará no taboleiro de anuncios do centro e no apartado correspondente do RUEPSS. Os ditos importes serán aboados pola familia.
ARTIGO 23. FORMA DE PAGO
A forma de pago será a través de domiciliación bancaria, todas as familias deberan cubrir debidamente os impresos nos que se solicitan estes datos, tendo sempre en conta por parte do centro, que serán protexidos os datos de todos os usuarios debidamente segundo a Lei de protección de datos.
Todo o alumnado matriculado ten a obriga de aboar as cotas correspondentes aos servizos prestados non subvencionados, desde o mes de setembro ata o mes de Xullo.
Aqueles alumnos e alumnas que causen baixa deberan avisar con 15 días antes da finalización do mes, senón ten obriga de abonar a cota do seguinte mes.
Os/as alumnos/as que causen baixa sen estar xustificada segundo o artigo 8, unha vez comenzado o curso escolar deberan aboar as mensualidades restantes hasta o mes de xuño.
O pagamento das cotas farase segundo á ordenanza fiscal vixente.
ARTIGO 24. RESERVA DE PRAZA
No caso de vacacións ou ausencias, debidamente xustificadas, o centro reservará a praza do/a alumno/a. A non asistencia do menor non exime dos pagos mensuais das cotas correspondentes, xa que este pagos garanten a reserva de praza durante o curso.
A bonificación refírese ao 100% do prezo correspondente á atención educativa prestada aos menores da Comunidade Autónoma de Galicia, excluído o mes de vacacións do neno ou nena.
As familias poden escoller libremente o período de desfrute das vacacións, preferentemente nos meses de verán.
CAPITULO VIII NORMATIVA REFERENTE Á INFRAESTRUTURA
ARTIGO 25. MEDIDAS DE SEGURIDADE E HIXIENE
· A Escola Infantil Municipal ¿Barosa¿ deberá ter en todo momento contratado o servizo de prevención de riscos laborais cunha empresa especializada nese cometido. A dita empresa levará a cabo a avaliación de riscos anual, co informe pertinente, e a formación do persoal.
· Seguindo o APPCC do centro tanto os alimentos preparados no centro como os utensilios de limpeza e as uñas da/o cociñeira/o poderán ser analizadas periodicamente pola empresa contratada para iso.
· No centro contamos con todo tipo de medidas de seguridade como extintores, antipilladedos, protectores de esquinas, plan de emerxencias, barra de saída de emerxencia e outros que foran solicitados polas autoridades competentes.
· Nas medidas de hixiene contamos con contedores de cueiros e guantes
· Todo o persoal da Escola Infantil Municipal posúe o Título de Manipulador de Alimentos e Primeiros auxilios.
· Todo o persoal que realice funcións de atención e coidado dos/das nenos/as deberá acreditar o seu correcto estado de saúde e con periodicidade anual someterase a un recoñecemento médico que acredite que non padece enfermidade infecto-contaxiosa nin defecto físico ou psíquico que impida as súas funcións. Será igualmente preceptiva a vacinación do persoal contra a rubéola, co especial compromiso das mulleres en idade fértil de adoptar as medidas sanitarias preventivas que correspondan durante os 3 meses seguintes á vacinación.
· A escola conta co Certificado do Rexistro central de delincuentes sexuais de todo o persoal.
O centro conta con:
· Plan de Autoprotección implantado (formación para a actuación nos casos de emerxencia e evacuación) e inscrito no REGAPE.
· Póliza de responsabilidade civil
· Póliza de accidentes das persoas usuarias
· Póliza de sinistros/danos
· Libro de reclamacións
· Rexistro de persoas usuarias
· Expediente individual de cada neno/a, poñendo en marcha todos os mecanismos posibles para a protección da información que se obteña na organización e desenvolvemento da Escola Infantil Municipal por parte da dirección do centro.
· Proxecto educativo xunto coa correspondente proposta pedagóxica a disposición das familias.
CAPITULO IX. LIBRO DE RECLAMACIÓNS
A escola infantil dispón dun libro de reclamacións a disposición das persoas usuarias. O procedemento para a tramitación está recollido na Orde do 12 de xaneiro de 2021 pola que se regula a presentación e a comunicación das reclamacións en materia de servizos sociais (códigos de procedemento BS105A e BS105B).
A Subdirección xeral de autorización e inspección de Servizos Sociais fai un seguimento continuo dos centros e programas a través das oportunas inspeccións co obxecto de comprobar o cumprimento dos requisitos legais esixibles e a calidade educativa e asistencial procurando a mellora continua na prestación dos servizos, segundo o establecido nos artigos 75 da Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia e 49 do Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e a inspección dos servizos sociais en Galicia.
CAPITULO X. SISTEMAS DE REVISIÓN DAS NORMAS DE FUNCIONAMENTO
Estas normas de funcionamento entrarán en vigor no momento que se incorporen ao RUEPSS polo Servizo de Inspección de Familia e Menores.
Serán expostas publicamente no taboleiro de anuncios do centro a disposición das persoas usuarias e seranlle entregadas ás familias co texto íntegro.
Calquera instrución ditada pola escola non pode ser contraria ás presentes normas de funcionamento visadas.
CAPITULO XI REQUISITOS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DE PRAZAS
Ter cumpridos, como mínimo, os 3 meses de idade na data de comezo do curso, e non ter cumpridos os 3 anos a 31 de decembro do ano para o que se solicita a praza.
Acreditar o empadroamento no municipio con anterioridade aos 3 meses de solicitude de matrícula.
Criterios para adxudicación das prazas:
1. RPC mensual da unidade familiar, referida ao IPREM
Inferior ao 100% do IPREM ...............................3 puntos
Entre 100% e o 150% do IPREM........................2,5 puntos
Entre 151% e o 200% do IPREM........................2 puntos
Entre 201% e o 250% do IPREM........................1,5 puntos
Entre 251% e o 300% do IPREM........................1 punto
Entre 301% e o 350% do IPREM........................0,5 puntos
Superior ao 351% do IPREM..............................0 puntos
IPREM: Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples
Datos tributarios: referidos á declaración da renda
2 . Irmáns na EIM
Primeiro irmán, matriculado con praza renovada no centro................................2 puntos
Cada un dos irmáns seguintes con praza renovada no centro............................0,5 puntos
Irmáns que soliciten praza simultaneamente....................................................2 puntos
Se a familia ten un/unha menor acollido terá a mesma consideración que a de un irmán no baremo.
3. Outros Criterios
Situación laboral de ocupación de ambos os dous pais/nais (mínimo media xornada 3/4 h. diarias).
Nas familias monoparentais, está puntuación asimílase a formada por dous membros............6 puntos
Por cada fillo/a a cargo da unidade familiar (excluído o/a solicitante/s).................................0,5 puntos
Discapacidade do/a alumno/a............................................................................................0,5 puntos
Discapacidade da nai/pai, titores e/ou outros membros da unidade familiar .........................0,5 Puntos
Familia numerosa...............................................................................................................0,5 puntos
Criterios para resolver nos casos de empate
1. Maior puntuación por irmáns no centro
2. Presentar solicitude de praza para varios irmáns no centro
3. Situación laboral de ocupación dos pais/nais
4. Discapacidade do/a alumno/a
5. Puntuacións por outros irmáns a cargo da unidade familiar
6. Maior puntuación por renda
7. Na unidade familiar existan dependentes que teñan acreditación documental
8. Sorteo público
Os ditos criterios aplicaranse sucesivamente.
Este regulamento entrará en vigor o día seguinte ao ds súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña (BOP).
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
A ordenanza dispón a súa entrada en vigor ao día seguinte da súa publicación no B.O.P., pero débese ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales.... (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo).
Artigo 65.2: El requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la recepción de la comunicación del acuerdo.