Miño - Ordenanza fiscal número 9, reguladora da taxa por subministración de auga a domicilio.

Publicación provisional: 08/11/2024 BOP Nº: 216
Publicación definitiva: 30/12/2024 BOP Nº: 250
Aplicable dende: 01/01/2025

Artigo 1º. Fundamento e natureza.

De conformidade co previsto no artigo 106 da Lei 7/1985 do 2 de abril Reguladora das bases de réxime local e ao amparo do previsto nos artigos 57 e 20, epígrafes 1 e 4.t) do RDL 2/2004, do 5 de marzo, reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este concello establece a ¿taxa por subministración de auga¿, que se rexerá polo citado RDL e a presente ordenanza fiscal.

Artigo 2º. Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa:

1. A utilización da rede de abastecemento de auga polos predios situados no termo municipal e o beneficio obtido polo mantemento do contador.

Para os efectos de aplicar a taxa distínguense dous tipos de consumo:

a) Usos domésticos: son os que atenden as necesidades vitais, tales como bebida, preparación de alimentos, limpeza, aseo, etc.

b) Usos industriais: son aqueles nos que a auga se emprega como motor ou axente mecánico ou químico, e nos que se verifica a transformación en vapor, xeo, bebidas carbónicas, etc.

2. O servizo de verificación e conservación de contadores.

Artigo 3º. Suxeito Pasivo.

1. Son suxeitos pasivos da taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas, así como as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral tributaria, que se beneficien dos servizos ou actividades que constitúen o feito impoñible da taxa.

2. Cando a subministración de auga beneficie ou afecte aos ocupantes de vivendas ou locais, terán a condición de substitutos do contribuínte os propietarios de ditos inmobles, que poderán repercutir, no seu caso, as cotas sobre os respectivos beneficiarios.

As concesións de auga faránselle aos propietarios de fincas urbanas, aos arrendatarios ou a calquera usuario sempre que estean autorizados para introducir a auga nos edificios que ocupan polos donos destes.

Artigo 4º. Responsables.

En todo o referente á responsabilidade en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigo 41 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Artigo 5º. Base impoñible.

A base impoñible da taxa por subministración de auga potable está constituída polo consumo de auga medido en metros cúbicos e dependendo do concepto do ingreso.

Artigo 6º. Cota tributaria.

A auga subministrarase mediante contador, que medirá en volumes a cantidade consumida, que será a que o abonado deba de pagar segundo as tarifas desta Ordenanza, partindo dun mínimo igual para tódolos usuarios.

A cota da taxa regulada nesta ordenanza establécese segundo as seguintes tarifas :

Epígrafe 1. Consumos

A) Abonados domésticos

Concepto

Tarifa

Mínimo de facturación 30 m³/abon. Trim.

0,593607 €/ m³

1º bloque: máis de 30 hasta 60 m3/abon. Trim.

0,662103 €/ m³

2º bloque: máis de 60 m3/abon. Trim.

0,787674 €/ m³

B) Abonados industriais e obras

Concepto

Tarifa

Mínimo de facturación 60 m³/abon. Trim.

0,593607 €/ m³

1º bloque: máis de 60 hasta 105 m3/abon. Trim.

0,745817 €/ m³

2º bloque: máis de 105 m3/abon. Trim.

0,787637 €/ m³

Epígrafe 2. Dereitos de enganche

Concepto

Tarifa

Por cada local ou vivenda

75,54 €

Epígrafe 3. Acometidas

Os prezos varían dependendo do diámetro da acometida e do tipo de reposición a realizar na zanxa:

- Prezos para a acometida normal de 1 a 5 m.

Ø Acometida

Terra (A )

Asfalto (B)

Baldosa-acera (C )

3/4

249,50

321,09

382,44

1

271,45

342,61

403,15

11/4 -1 1/2

326,59

398,46

459,00

388,63

459,00

520,37

- Prezos para a acometida de máis de 5 m.

 


3/4

1

11/2-11/4

2

(A ) incremento € por m

12,42

14,61

20,84

34,93

(B ) incremento € por m

27,43

29,57

35,77

49,90

(C ) incremento € por m

33,03

35,05

41,28

55,37

 

Epígrafe 4. Contadores

- Instalación de contador de 15 mm en batería de contador ou similar

Características

Tarifa

Contador de 15 mm , válvula antirretorno e pezas de conexión

104,28 €/ud.

Contador de 20 mm , válvula antirretorno e pezas de conexión

129,28 €/ud.

- Contador de diámetro superior a 20 mm

Características

Segundo orzamento para cada caso

- Contadores (sen colocación)

Ø

Tarifa

Ø 15 mm

77,73 € /ud.

Ø 20 mm

104,63 € /ud.

Ø 25 mm

170,41 € /ud.

Ø 30 mm

238,22 € /ud.

Ø 40 mm

369,37 € /ud.

Ø50 mm

806,85 € /ud.

Ø 65 mm

1000,24 € /ud.

Epígrafe 5. Xestión de cobro a impagados

Cobro aos abonados morosos dos gastos ocasionados pola comunicación dos recibos pendentes de pago

 


Tarifa

Cota

5,66 € / ud.

Epígrafe 6. Desprecintado do contador/Comprobación e precintado de contador no instalado polo servizo/Comprobación de contador de abonado con contador patrón

 


Tarifa

Cota

25,52 € /ud.

Todos os prezos anteriores veranse gravados co IVE correspondente.

Artigo 7º. Exencións e bonificacións.

Non se concederán outras exencións ou bonificacións que as expresamente previstas nas leis ou as derivadas da aplicación de tratados ou acordos internacionais.

Artigo 8º. Devengo e período impositivo.

A presente taxa devengarase desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa presentación da correspondente solicitude, o cal non se realizará sen que se efectuara o pagamento correspondente.

O período impositivo por subministración de auga será por trimestres naturais.

Artigo 9º. Normas de xestión.

1. As conexións de auga coa rede xeral serán autorizadas polo concello, previa solicitude do interesado acompañada da correspondente autoliquidación das taxas pola acometida á rede xeral, e serán realizadas única e exclusivamente ola empresa concesionaria do servizo de augas.

2. Toda autorización para gozar do servizo de augas levará aparellada a obriga de subscribir un contrato de subministro, instalar o contador -nos inmoble será particular para cada vivenda-, que deberá ser colocado en sitio visible e de fácil acceso que permita a clara lectura do consumo que marque.

3. A autorización será intransferible e concederase para un domicilio determinado e, en caso de traslado, o usuario deberá facer un novo contrato e pagar a taxa de enganche ou desprecintado.

4. O abastecemento de augas potables deste concello é un servizo municipal de conformidade coas prescricións vixentes, explotándose por conta e en beneficio do concello.

5. Sen embargo, os manantiais e aproveitamentos de augas potables das que veñen surtíndose os particulares, respectaranse por agora, sen prexuízo da municipalización, se se acordase.

6. A auga subministrarase mediante contador, que medirá en volume de cantidade consumida, que será a que o abonado deberá pagar segundo as tarifas desta ordenanza, partindo dun mínimo igual para todos os usuarios.

7. O percibo desta taxa efectuarase mediante recibo. A lectura do contador, facturación e cobro efectuarase cada tres meses.

8. A tarifa de auga ten un mínimo trimestral de consumo de trinta metros cúbicos para abonados domésticos e sesenta metros cúbicos para abonados industriais e obras.

9. Cando o usuario se ausente temporalmente do domicilio poderá solicitar o precintado do contador e neste caso non se lle pasará recibo pero, cando desexe facer uso da auga de novo deberá solicitar do concello o desprecintado do contador e abonar a cota estipulada.

10. A empresa concesionaria do servizo de augas, en evitación de abusos, poderá exercer unha vixilancia sobre as tuberías, aparatos de condución e medida de auga. O persoal encargado do servizo de augas estará autorizado para entraren nas fincas e inspeccionar e practicar os recoñecementos que xulguen convenientes.

11. Os usuarios non poderán venderen nin cederen gratuitamente a auga a terceiras persoas, aínda que sexa para dedicar ao mesmo uso para o que se ten concedida.

12. O usuario poderá causar baixa cando desexe, solicitando nas Oficinas Municipais a baixa correspondente, momento no que procederán os encargados do servizo a cortar a subministración.

13. Se o caudal das augas experimentase variacións por razóns climatolóxicas, avarías ou outras de forza maior, esta circunstancia non dará dereito aos usuarios ou abonados para reclamar ningunha cantidade.

14. As cotas liquidadas e non cobradas ao seu debido tempo serán feitas polo procedemento de constrinximento con arreglo ás normas do réxime xeral de recadación.

15. En caso de avaría do contador, o tempo en que estea inutilizado calcularase o consumo en base do gasto habido nesa finca en igual época de anos anteriores. Esta circunstancia notificaráselle ao abonado por escrito dándoselle un prazo de 15 días para solicitar o cambio de contador, e a substitución correrá por conta do abonado.

Artigo 10º. Infraccións e sancións

O Concello, seguindo o procedemento establecido e dentro dos prazos outorgados ao efecto, suspenderá a subministración de auga automaticamente, previo aviso ao usuario:

1. Cando o abonado que empregue a auga para usos distinto de aqueles para os que lle foi concedida (regadíos, etc.) a transporte a outro lugar ou a ceda a terceiras persoas pagará unha sanción equivalente ao dobre do prezo que tería que satisfacer polo consumo mensual segundo contador e perderá, automaticamente, o dereito de concesión, sen prexuízo de esixirlle, ademais, as responsabilidades que procedan en dereito.

2. Cando fora negada ou entorpecida reiteradamente a entrada no domicilio do aboado ao persoal encargado da lectura dos contadores.

3. Cando se produza a falta de pagamento do recibo trimestral pola subministración de auga. Todo isto sen prexuízo da súa esixencia mediante o procedemento de constrinximento.

4. Igualmente, será suspendido o servizo no caso de que fose negada a entrada no domicilio ó persoal encargado das visitas de inspección.

En todo o demais, as infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposicións

Disposición adicional única

As modificacións que se introduzan na regulación do establecido nesta ordenanza polas leis de orzamentos xerais do Estado ou por calquera outra lei ou disposición, e que resulten de aplicación directa, producirán, no seu caso, a correspondente modificación tácita da presente ordenanza fiscal.

Disposición Derradeira

A presente modificación da ordenanza fiscal reguladora da subministración de auga, entrará en vigor no día da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2025. A ordenanza continuará vixente en tanto non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.