Mesía - Ordenanza reguladora da taxa de recollida do lixo e servizos complementarios

Publicación provisional: 11/11/2024 BOP Nº: 217
Publicación definitiva: 31/12/2024 BOP Nº: 251
Aplicable dende: 01/01/2025

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza

No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de Abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto no artigo 58 en relación co artigo 20.3 da Lei 39/88, do 28 de Decembro, reguladora das facendas locais, na súa nova redacción dada pola Lei 25/1988, do 13 de Xullo, de modificación do réxime legal das taxas estatais e locais e de reordenación das prestacións patrimoniais de carácter público, o Concello de Mesía establece a taxa por recollida de lixo e servizos complementarios, que se regulará pola presente ordenanza fiscal, redactada conforme ó disposto no artigo 16 da Lei 39/88 citada. En virtude da normativa da Unión Europea e dado o carácter medio ambiental e hixiénico-sanitario do servizo, é de obrigatoria aplicación e ningunha persoa física ou xurídica quedará excluída do servizo, que se axustará en canto á súa utilización a disposicións xerais ditadas por este Concello e ás resolucións e bandos distados pola Alcaldía.

Artigo 2.º.-Feito impoñible

1.º.-Constitúe o feito impoñible da taxa a prestación obrigatoria de recollida de lixo domiciliaria e residuos sólidos urbanos de vivendas, aloxamentos e locais ou establecementos onde se exercen actividades industriais, comerciais, profesionais, artísticas e de servizos. Esta nace coa prestación do servizo por te-la condición de obrigatoria e xeral, entendéndose utilizado polo feito de que o Concello o teña establecido.
2.º.-Para tal efecto, considéranse lixo domiciliario e residuos sólidos urbanos, os restos e desperdicios de alimentación ou detrito procedentes da limpeza normal de locais ou vivenda, e exclúense de tal concepto os residuos de tipo industrial, cascallos de obras, detrito humano, materias e materiais contaminados, corrosivos, perigosos ou os que a súa recollida ou vertido esixa a adopción de especiais medidas hixiénicas, profilácticas ou de seguridade e que haberán de ser retirados por aquelas persoas ou entidades que os produzan ou depositen e, no caso de non facelo, o servizo deste Concello realizarano á súa costa e sen prexuízo das posibles sancións.
3.º.-Non está suxeita a esta taxa a prestación, de carácter voluntario e a instancia de parte, dos seguintes servizos:
* Recollida de lixo e residuos non cualificadas de domiciliarias e urbanos de industrias, hospitais e laboratorios.
* Recollida de escoria e cinzas de calefacción centrais.
* Recollida de cascallos de obras.

Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.

1.º.-Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades á que se refire o artigo 33 da Lei Xeral tributaria, que ocupen ou utilicen as vivendas e locais sitos en lugares, prazas, rúas e vías públicas nos que se preste o servizo, xa sexa a título de propietario ou de usufrutuario, habitacionista, arrendatario ou, incluso, de precario, así como propietarios de vivendas ou locais desocupados por tempadas.
2.º.-Terá a consideración de substituto do contribuínte, o propietario da vivenda ou local que poderá repercutir, de se-lo caso, as cotas satisfeitas sobre os usuarios daqueles beneficiarios do servizo.

Artigo 4.º.-Responsables.

1.º.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
2.º.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
3.º.-As cotas polo servizo de recollida domiciliario de lixo xiraranse, como norma xeral, polo Padrón elaborado e aprobado polo órgano competente.

Artigo 5.º.-Obrigas.

Os suxeitos pasivos veñen obrigados a face-la separación selectiva regulada pola Normativa competente e o seu depósito en bolsas perfectamente pechadas, nos contenedores. O incumprimento levará consigo as sancións vixentes por incumprimento da ordenanza, que será o dobre do recibo emitido por cada unha das infraccións cometidas.

Artigo 6.º.-Cota tributaria.

1.º.- A cota tributaria consistirá nunha cantidade fixa por unha unidade de local, que se determinará en función da natureza e destino dos inmobles.

2.º.- 1. Gozarán de tarifa reducida do 50% da tasa por recollida de lixo os usuarios que acrediten ingresos anuais non superiores á contía máxima da Pensión non contributiva (PNC), sendo imprescindible para a tramitación das solicitudes que o interesado presente a documentación acreditativa de tal circunstancia.


3.º.- Para tales efectos, aplicarase a seguinte tarifa:

Concepto

Euros

1.- VIVENDAS

77,47

2.- ALOXAMENTOS 

2.1- HOTEIS, MOTEIS, CASAS DE TURISMO RURAL

342,81

3.- ESTABLECEMENTOS DE ALIMENTACIÓN 

3.1- SUPERMERCADOS

235,65

3.2- ALMACÉNS O POR MAIOR

234,99

3.3- CARNICERÍAS, PEIXERÍAS E SIMILARES

135,53

4.- ESTABLECEMENTOS DE RESTAURACIÓN 

4.1- RESTAURANTES

317,00

4.2- CAFETERÍAS

272,19

4.3- WISQUERIAS E PUBS

274,28

4.4- BARES E TASCAS

181,19

5.- OUTROS LOCAIS INDUSTRIAIS OU MERCANTÍS 

5.1- CENTROS OFICIAIS

135,53

5.2- OFICINAS BANCARIAS

135,53

5.3- DESPACHOS PROFESIONAIS E OUTRAS OFICIÑAS

135,53

6.- DEMAIS LOCAIS NON EXPRESAMENTE TARIFADOS

135,53

4.º.-As cotas sinaladas na tarifa teñen carácter irredutible e corresponden a 12 meses. 

Artigo 7.º.-Devengos.

1.º.-Devéngase a taxa e nace a obriga de contribuír dende o momento no que se inicie a prestación do servizo, entendéndose iniciada, dada a natureza de recepción obrigatoria deste, cando estea establecido e en funcionamento o servizo municipal de recollida de lixo domiciliaria, nas rúas ou lugares onde figuren as vivendas ou locais utilizados polos contribuíntes suxeitos á taxa.
2.º.-Establecido e en funcionamento o referido servizo, as cotas devengadas por ano e para a súa exacción e cobranza desta taxa formarase un Padrón no que figurarán os contribuíntes afectados e as cotas respectivas, que se liquiden, por aplicación da presente ordenanza. As baixas deberán cursarse antes do último día laborable do respectivo exercicio para xurdir efectos a partir do seguinte. Quen incumpra tales obrigas seguirá suxeito ó pagamento da taxa.

Artigo 8.º.-Declaración e ingreso.

1.º.-Dentro dos corenta e cinco días hábiles seguintes a data no que se devengue por primeira vez a taxa, os suxeitos pasivos formalizarán autoliquidación en concepto de alta presentando para tal efecto a correspondente declaración de alta e ingresando simultaneamente a cota anual. Cando o obrigado non presente declaración de alta e conseguinte autoliquidación en prazo, realizarase de oficio, con notificación individual e sanción do 20 por cento da contía.
2.º.-Cando se coñeza, xa de oficio ou por comunicación dos interesados, calquera variación dos datos figurados na matrícula, levaranse a cabo nesta as modificacións correspondentes, que producirán efectos a partir do período de cobranza seguinte ó da data no que efectuou a declaración.
3.º.-O cobramento de cotas efectuaranse cada ano mediante recibo derivado da matrícula. Non obstante o anterior poderase delega-la xestión desta taxa por acordo Plenario.

Artigo 9.º.-Infraccións e sancións.

Será infracción o incumprimento do previsto nesta ordenanza. En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Disposición final.

Esta Ordenanza Fiscal foi aprobada definitivamente polo Pleno en sesión celebrada o día 19 de decembro entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, con efectos de 1 de xaneiro de 2008, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.

Disposición derrogatoria.

Queda así mesmo derrogada a Ordenanza anterior reguladora desta materia.