Arteixo - ORDENANZA NON FISCAL Nº 9 REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PUBLICO NON TRIBUTARIO POLOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS, ACOMETIDAS Á REDE XERAL, CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS
ARTIGO 1.¿ Fundamento e natureza.
No uso das potestades conferidas polos artigos 31.3 e 142 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 20.6 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PUBLICO NON TRIBUTARIO POLOS SERVIZOS DE REDE DE SUMIDOIROS, ACOMETIDAS Á REDE XERAL, CONTROL E INSPECCIÓN DE SUMIDOIROS PRIVADOS, que se rexerá pola presente ordenanza.
ARTIGO 2.¿ Obxecto do servizo
Constitúe o obxecto desta prestación patrimonial de carácter público non tributaria:
a) Tramitación administrativa na alta da rede de sumidoiros.
b) Dispoñibilidade do servizo.
c) Utilización das redes de sumidoiros e os servizos para o saneamento de augas residuais.
d) Acometidas á rede xeral.
e) Toma de mostras e analítica do efluente procedentes de fosas sépticas
f) Limpeza de pozos negros e posterior traslado dos residuos a instalacións de EDAR DE BENS, S.A.
Os devanditos servizos públicos serán prestados pola entidade subministradora, Servizos Urbanos Municipais de Arteixo, S.A. (SUMARTE), sociedade mercantil de capital público integramente subscrito polo Concello de Arteixo.
ARTIGO 3.¿ Obrigados ao pago
Son suxeitos obrigados ao pago desta prestación, as persoas físicas ou xurídicas así como as persoas sen personalidade xurídica tales como comunidades de bens ou herdanzas xacentes que sexan titulares do contrato de subministración.
ARTIGO 4.- Tarifas
As prestacións a aboar determinaránse conforme ás seguintes tarifas, que serán incrementadas, no seu caso, co IVE vixente en cada momento:
1. Tramitación administrativa.
1.1. Tramitación administrativa de alta na rede de sumidoiros 34,1128 €
2. Tarifa sumidoiros.
2.1. Tarifa usos domésticos.
2.1.1. Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 4,0462 €
2.1.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3 0,1155 €/m3
2.1.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 0,2625 €/m3
2.1.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 0,4271 €/m3
2.1.5. Consumos superiores a 90 m3 0,6410 €/m3
2.2. Tarifa usos non domésticos.
2.2.1. Cota trimestral de dispoñibilidade do servizo 7,2076 €
2.2.2. Consumos menores ou iguais a 25 m3 0,4116 €/m3
2.2.3. Consumos superiores a 25 m3 ata 45 m3 0,4116 €/m3
2.2.4. Consumos superiores a 45 m3 e ata 90 m3 0,4465 €/m3
2.2.5. Consumos superiores a 90 m3 0,4465 €/m3
Para os supostos nos que o volume total de auga consumida durante o trimestre sexa menor ou igual a 25 m3 seranlle de aplicación as tarifas previstas para os consumos domésticos.
2.3. Servizo de sumidoiros sen contador.
2.3.1. Mínimo 25 m3 0,1566 €/m3
Non obstante, no suposto de que o obrigado ao pago instalase un caudalímetro homologado de augas residuais, liquidaráselle a prestación patrimonial pública non tributaria en razón do volume de auga reflectida no mesmo, e consonte ós tramos previstos nos apartados 2.1. e 2.2. deste precepto, segundo o uso ó que teña sido destinado o auga que é obxecto de remisión á rede de saneamento municipal.
2.4. Aos efectos da presente ordenanza, a definición dos tipos de usuarios do servizo será a establecido na Ordenanza nº 41, de verteduras e do servizo municipal de saneamento do Concello de Arteixo.
2.5. Concellos limítrofes que efectúen vertidos na rede de saneamento de Arteixo 0,6701€/m3.
3. Tarifas pola prestación do servizo de acometida á rede xeral.
Para a elaboración do orzamento das acometidas á rede de saneamento, téñense en conta os seguintes criterios:
a) Que, con carácter xeral, as medicións efectuaranse dende o eixe da vía pola que transcorra o servizo ao que se vai a conectar, ata o límite da finca á que vai destinado o servizo.
b) Que, no caso das acometidas para fincas que se atopen situadas en solo urbano ou de núcleo rural, do vixente planeamento municipal, cuxa rede viaria conte coa debida sinalización de aliñacións e rasantes, as medicións levaranse a cabo do seguinte modo:
¿ Cando o inmoble se atope dentro da alineación, desde a rede ata a dita alineación.
¿ Cando o inmoble se atope fóra de alineación, desde a rede ata o límite da finca.
3.1. Importes a aboar por obras de acometida á rede xeral sumidoiros:
Importes a aboar por obras de acometida á rede xeral sumidoiros:
1.- REDE DE SUMIDOIROS | ||
Conexión de acometida a rede de sumidoiros incluindo subministración e colocación do primeiro ml de tubo de PVC, excavación e recheo ata un metro e entronque a pozo, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación nin pozo de rexistro. | | |
200 | | 203.24 € |
250 | | 217.90 € |
315 | | 231.36 € |
Ml de subministración e colocación de tubo de PVC, totalmente instatalado e probado incluso excavación e recheo ata un metro, sen incluir levantamento e reposición da pavimentación. | | |
200 | | 40.85 € |
250 | | 55.49 € |
315 | | 68.95 € |
400 | | 88.42 € |
500 | | 145.58 € |
630 | | 161.84 € |
800 | | 256.87 € |
2.- ESCAVACIÓNS E RECHEOS | ||
M3 de escavación en gabia con medios mecánicos, en terreo de tránsito, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da excavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm, por tongadas de 15 cm de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro. | 30.29 € | |
M3 de escavación en gabia con medios mecánicos en roca, incluso esteamento e esgotamento, recheo da gabia con terras compactadas ó 95% do Próctor Normal, prodedentes da escavación ou de empréstitos en ambos casos con áridos seleccionados (20-30mm) sobre a clave de tubo e o resto exenta de pedras maiores de 8 cm, por tongadas de 15 cm de grosor medidos sobre perfil, unha vez instalada a canalización e transporte de productos sobrantes o vertedoiro. | 73.79 € | |
3.- LEVANTAMENTO E REPOSICIÓN DE PAVIMENTACIÓNS | ||
M2 de levantamento e reposición de macadam con dous regos asfalticos de 7 Kg. De ligante ECR-2 con 0,300 m3 de áridos, completamente rematada. | 33.77 € | |
M2 de levantamente e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. De grosor, estendida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de vinte (20) cm. de grosor, completamente rematado. | 69.78 € | |
M2 De levantamento e reposición de pavimentación, composto de capa de aglomerado asfáltico en quente tipo D-12 con capa de oito (8) cm. De grosor, estentidida e compactada, incluso rego de adherencia e varrido de calzada, asentado sobre base de formigón Fck de 150 kp/cm2. de resistencia característica de trinta (30) cm. de grosor, completamente rematado. | 80.88 € | |
M2 De levantamento e reposición de pavimentación de formigón de 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. De grosor, completamente rematado. | 43.29 € | |
M2 De levantamento e reposición de baldosa de terrazo en cores, na beirarrúa, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado. | 56.69 € | |
M2 De levantamento e reposición de baldosas de cemento, modelo oficial, asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. De resistencia característica de 10 cm. De grosor, completamente rematado. | 46.50 € | |
M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre area aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado. | 25.41 € | |
M2 De levantamento e reposición de taco de pedra de gran sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica de 20 cm. De grosor aproveitando o taco, levantado e repoñendo o necesario, completamente rematado. | 69.42 € | |
M2 De levantamento e reposición de baldosa de perpiaño asentada sobre base de formigón de fck 150 Kp/cm2. de resistencia característica y 20 cm. De grosor, completamente rematado. | 155.63 € | |
M2 De levantamento e reposición de chapacuña con dous regos asfálticos de 7 kg. De ligante ECR-2, con 0,300 m3. de áridos, completamente rematado. | 23.45 € | |
4.- REXISTROS | ||
Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 1,50 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia caracteristica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro. | 770.51 € | |
Unidade de pozo de rexistro de 1,50 x 2,00 ata 2,50 m. de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 125 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, paramentos de formigón en masa de 150 kg/cm2. de resistencia caracteristica, tapa e arillo de fundición dúctil reforzado, non ventisada da calzada, escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/IFA, medida a unidade rematada, con calzos de formigón nas pezas correspondentes a dito rexistro. | 865.70 € | |
Unidade de pozo de rexistro, sen areeiro, de 1,00 m. de diámetro ata 2,00m de profundidade, formado por soleira de formigon en masa de 200 Kg/cm2. de resistencia característica, de 20 cm. De grosor, arillos de formigón, tapa e cerca de fundición dúctil de calzada, incluso escavación, recheo e transporte de terras sobrantes ó vertedoiro, construído segundo NTE/ISA-14, NTE/ISS-55, medida a unidade rematada. | 619.21 € | |
Ud. De arqueta 50x50 realizada con módulo de formigón, tapa e cerco de fundición, totalmente rematada. | 157.17 € |
4. Autorizacións e informes sectoriais necesarios para a autorización da acometida.
O custo das autorizacións e informes serán por conta e cargo dos administrados.
A contía será a derivada da liquidación xirada pola Administración competente
5. Toma de mostras e analítica do efluente procedente de fosas sépticas:
Ud. de toma de mostras e analítica completa procedente de fosas sépticas 98,33 €
6. Limpeza de pozos negros e traslado de residuos a estación depuradora:
Hora de limpeza de pozos negros e posterior traslado de residuos á EDAR BENS, S.A. 110,00 €
7. Tarifas reducidas:
7.1 Beneficiarios da renda de inclusión social (RISGA):
Ás persoas obrigadas ao pagamento que teñan recoñecidas pola Xunta de Galicia o dereito ao cobramento da renda de inclusión social (RISGA), consonte á Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, aplicarase una tarifa reducida de 0,00€.
A aplicación desta tarifa realizarase trimestralmente á vista das resolucións administrativas ditadas pola Consellería da Xunta de Galicia competente na materia que, ou ben sexan achegadas polos interesados, ou ben sexan notificadas directamente por parte da Administración Autonómica.
7.2 Renda per cápita inferior ao IPREM:
Para os consumos iguais ou inferiores a 25 m3, cuxos usuarios teñan unha renda per cápita inferior ao IPREM (Indicador público de renda de efectos múltiples, aprobada polo Real decreto lei 3/2004, do 25 de xuño), aplicarase unha tarifa reducida, equivalente ao 50% da prevista para consumos domésticos.
7.3 Familias numerosas:
As persoas obrigadas ao pagamento que teñan recoñecida polo organismo autonómico competente, a dedución na cota íntegra do canon do auga ao abeiro do disposto no artigo 24.2 do Decreto 36/2012, do 31 de maio, polo que se aproba o Regulamento do canon da auga e do coeficiente de verteduras a sistemas públicos de depuración de augas residuais, por pertencer a unha unidade familiar que teña a condición de familia numerosa, terán dereito a unha tarifa reducida equivalente ao 50% da prevista para consumos domésticos.
A aplicación desta redución realizarase á vista das comunicacións realizadas pola entidade ¿Augas de Galicia¿, relativas ao concepto referido no parágrafo anterior.
7.4 Incompatibilidade das tarifas reducidas:
As tarifas reducidas descritas a que se refiren os apartados 7.2 e 7.3 non resultarán compatibles entre si, polo que unicamente se poderá aplicar unha delas as facturacións correspondentes ás persoas obrigadas ao pagamento que reúnan os requisitos esixidos en ámbolos dous casos.
7.5. Ás tarifas calculadas conforme aos epígrafes anteriores das acometidas que se soliciten durante a execución de obras de nova implantación dos servizos de saneamento ou de substitucións das conducións existentes, aplicaráse unha redución do 10%. Esta circunstancia será supervisada polo servizo municipal xestor.
Artigo 5.- Obrigación de pago
A obrigación de pago produciráse:
a) Para o suposto contemplado no artigo 2.1.a), d), e e) produciráse no momento de formular a correspondente solicitude ou ben desde que a actividade descrita se tivera realizado sen formular a solicitude ou ter obtido a preceptiva autorización.
b) Para os supostos de cota de dispoñibilidade do servizo e cota do servizo, especificado no artigo 2.1.b), produciráse no momento en que se produza a alta na prestación do servizo, sendo compatible e independente co esixido no obxecto do servizo 2.1.c).
c) Nos supostos de alta nova, desde o momento en que se inicie a prestación do servizo, previa a correspondente solicitude ou desde que se utilice éste sen ter obtido a previa licenza ou autorización.
d) Para os supostos xa incluídos en padróns ou listaxes cobratorias, produciráse no primeiro día do período impositivo, liquidándose trimestralmente.
Artigo 6.- Facturación e pago
1. A facturación do servizo realizarase trimestralmente aplicando ao consumo que sinale o contador ou estimado, nos supostos previstos no Regulamento do servizo, as tarifas vixentes.
2. Se no período de facturación se constatase a existencia dunha fuga na rede interna de subministración do obrigado ao pago e o volume facturado tivese unha consideración desproporcionada en virtude da dita fuga, se lle aplicará a tarifa correspondente ao volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
3. Para estes efectos, terá a consideración de volume desproporcionado aquel volume facturado que sexa superior ao quíntuplo do volume medio dos períodos de facturación inmediatos anteriores que representen o ciclo dun ano de facturación.
O obrigado ao pago deberá adoptar as medidas necesarias para reparar a fuga dentro do prazo de dous meses contados dende a emisión da factura e acreditalo mediante a presentación da factura de reparación e do xustificante do seu pago.
Nos supostos de alta e baixa, as cotas de carácter trimestral ratearánse por días naturais.
4. O prazo de pago das facturas fíxase en 60 días dende a data de emisión, debendo quedar constancia deste na propia factura.
En todo caso, transcorrido o prazo máximo de doce meses dende a data de emisión da factura sen que fose abonada, a entidade subministradora Sumarte trasladará ao Concello as débedas pendentes de pago para que éste inicie os procedementos recadatorios correspondentes.
Para que a Tesourería Municipal expida a providencia de prema, é necesario que previamente se remita dende a empresa pública SUMARTE un cargo de valores comprensivo das débedas a apremar (relación de debedores).
As especificaciones técnicas do sinalado envío axustaránse ás Normas para a recadación de taxas e outros ingresos da recadación provincial en virtude do acordo de delegación competencias vixente, que establece o contido mínimo da relación de debedores.
O cargo de valores que efectúe Sumarte á Tesourería Municipal debe vir certificado pola Dirección-Xerencia, facendo constar que inclúe débedas debidamente aprobadas e notificadas de conformidade coa normativa vixente e que os correspondentes obrigados ao pago non abonaron dentro do período voluntario de ingreso.
Asimesmo, certificará que as débedas a xestionar no figuran prescritas, nin suspendidas que foran obxecto de recurso que non se teña resolto, nin débedas cuia liquidación estivera recurrida con solicitude de suspensión, nin débedas obxecto de solicitude de aprazamiento/fraccionamento ou compensación en período voluntario de ingreso
Disposición derradeira
A presente ordenanza entrará en vigor, unha vez producida a súa publicación íntegra no BOP e transcorrido o prazo de 15 días establecido no artigo 65.2 da Lei 7/1985, e permanecerá vixente ata a súa modificación ou derrogación expresas, producindo efectos dende o primeiro día do trimestre natural seguinte.
Disposición final
A entrada en vigor desta ordenanza suporá a supresión da taxa pola prestación dos servizos de rede de sumidoiros, acometidas á rede xeral, control e inspección de sumidoiros privados e a derrogación da ordenanza fiscal num. 9 reguladora desta.
Esta derrogación non afectará, salvo prescripción, aos seguintes dereitos e accións:
a) Ao dereito para, salvo prescripción, determinar a débeda tributaria mediante a oportuna liquidación correspondente a feitos impoñibles que se teñan producido con anterioridade á data de efectividade de dita supresión
b) Ás accións para esixir o pago das débedas tributarias liquidadas e para imponer sancións tributarias, e
c) Ao dereito dos obrigados tributarios á devolución do indebidamente ingresado nas arcas municipais por este concepto tributario.