Cerceda - ORDENANZA Nº 17, REGULADORA DA PRESTACIÓN PATRIMONIAL DE CARÁCTER PÚBLICO NON TRIBUTARIO POR DISTRIBUCIÓN DE AUGA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO DE SUMIDOIRO.
Artigo 1.-Fundamento e réxime.
En uso da facultade concedida polo artigo 31.3 da Constitución e polo artigo 105.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto no artigo 20.6 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais en relación coa Disposición adicional primeira da Lei 58/2003 de 17 de decembro, Xeral Tributaria, o Concello da Cerceda establece unha prestación patrimonial de carácter público non tributario como contraprestación pola prestación do servizo público por sumidoiro, a que se refire o artigo 20. 4 3) do propio Real Decreto Lexislativo, que se rexerá pola presente Ordenanza.
Artigo 2.- Presupuesto de Feito.
1. Constitúe o presupuesto de feito da prestación patrimonial de carácter público non tributario a prestación do servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais mediante a utilización da rede de sumidoiro municipal. Así como o prestado para a conexión á rede xeral, unha vez constatado que se dean as condicións necesarias para a autorización da acometida á rede xeral.
2. O servicio de evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais será de recepción obrigatoria, polo que en consecuencia tódo-los inmobles encravados a distancia menor de cincuenta metros dalgunha arteria da rede de sumidoiro deberán estar dotadas do servicio, devengándose a prestación patrimonial de carácter público non tributario aínda cando os obrigados ao pagamento non realicen a acometida da finca á rede xeral.
Artigo 3.- Nacemento da obriga.
1. Considerarase devengado dende que naza a obrigación de pagamento a teor do establecido no artigo 2.º. Considérase que comeza a prestación do servicio que da orixe ó nacemento da obrigación de pagamento, cando teña lugar a acometida efectiva, previa autorización ou sin ela, caso no cal haberá lugar ás sancións que procedan.
2. Nos demais casos, o devengo terá lugar o primeiro día de cada trimestre e o período impositivo comprenderá o trimestre natural.
Artigo 4.-Obrigados ao pagamento.
1. Son obrigados ao pagamento desta prestación patrimonial de carácter público non tributario, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que ocupen ou utilicen por calquera clase de título, incluso en precario, as vivendas e locais onde se preste o servicio.
2. Terán a consideración de substitutos do obrigado ao pagamento, o propietario das viviendas ou locais, os cales poderán repercutir, no seu caso, ós ocupantes ou usuarios, as cotas abonadas por razón da prestación patrimonial de carácter público non tributario.
Artigo 5.-Responsables.
1. Serán responsables solidariamente das obrigacións establecidas nesta Ordenanza toda persoa causante ou colaboradora na realización dunha infracción. Nos supostos de declaración consolidada, tóda-las sociedades integrantes do grupo serán responsables solidarias das infraccións cometidas.
2. Os copartícipes ou cotitulares das herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, responderán solidariamente e en proporción ás súas respectivas participacións das obrigacións de ditas entidades.
3. Serán responsables subsidiarios das infraccións simples e da totalidade da débeda no caso de infraccións graves cometidas polas persoas xurídicas, os administradores daquelas que non realicen os actos necesarios da súa incumbencia, para o cumprimento das obrigacións infrinxidas, consintiran no incumprimento por aqueles que dependan deles ou adopten acordos que fixeran posible as infraccións. Asimesmo, tales administradores responderán subsidiariamente das obrigacións que estean pendentes de cumprimentar polas persoas xurídicas que cesaran nas súas actividades.
4. Serán responsables subsidiarios os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, cando por neglixencia ou mala fe non realicen as xestións necesarias para o total cumprimiento das obrigacións devengadas con anterioridade a ditas situacións e que sexan imputables ós respectivos obrigados ao pagamento.
Artigo 6.-Base
A base virá determinada no suposto de licencia ou autorización para a acometida á rede de sumidoiro, polo número de locais ou vivendas que desauguen conxuntamente a través da acometida para a que se solicita autorización.
No referente á evacuación de excretos, augas negras, residuais e pluviais, a base impoñible ven constituída polos m3 de auga consumida na finca, para aqueles abonados con servicio de abastecemento. Para os abonados sen este servicio, estará constituída por unha cantidade fixa.
Artigo 7.-Cota.
A cota correspondente será a seguinte:
1. Enganches: 78,12 €.
2. Servicio de saneamento e depuración:
a) Para abonados con abastecemento de auga:
I. Domésticos e comerciais:
1. Cota fixa mensual: 3,386 €
2. Consumo: por cada m3 facturado: 0,257 €/m3
II. Industriais e obras:
1. Cota fixa mensual: 7,626 €
2. Consumo: por cada m3 facturado: 0,288€/m3
b) Para abonados sen abastecemento:
I. Domésticos e comerciais
1. Cota fixa mensual: 7,216 €
II. Industriais e obras:
1. Cota fixa mensual: 13,551 €
c) Industrias con grandes caudais vertidos á rede de saneamento (aquelas industrias que para o seu proceso utilicen medios propios de abastecemento de auga, exclusivamente ou conxuntamente coa auga da rede municipal e vertan á rede de sumidoiro un caudal moi superior ó consumido na rede municipal, instalarán o seu cargo aparatos para medida do caudal vertido á rede. De mutuo acordo entre empresa e concesionario do servicio de augas, poderase realizar un aforo do caudal vertido a efectos de facturación.) Facturarase de acordo coa seguinte tarifa:
I. Cota fixa mensual: 11,864 €.
Por cada m3 de vertido (medido ou aforado): 0,335 €/m3
Artigo 8.-Normas de xestión.
Tóda-las persoas obrigadas ó pago, deberán presentar no prazo de trinta días na Administración Municipal, declaración dos inmobles posuídos, mediante escrito dirixido ó Sr. presidente da Corporación. Transcurrido dito prazo sen presentar a declaración, a Administración, sen prexuízo das sancións que procedan, efectuará de oficio a alta na correspondente lista cobratoria.
Artigo 9.-Réxime de declaración e ingreso.
1. A concesión do servicio, otorgarase mediante acto administrativo e quedará suxeito ás disposicións da presente Ordenanza e as que se fixasen no oportuno contrato. Será por tempo indefinido en tanto as partes non manifesten por escrito, a súa vontade de rescindir o contrato e por parte do suministrador cúmpranse as condicións prescritas nesta Ordenanza e o contrato que queda dito.
2. Unha vez autorizada a concesión á rede municipal de saneamento, deberase practicar polo obrigado ao pago declaración e aboar as cotas correspondentes ó enganche conforme ó sinalado na presente ordenanza.
3. Esta presente prestación patrimonial de carácter público non tributario liquidarase e recaudarase conxuntamente cos recibos correspondentes á presente prestación patrimonial de carácter público non tributario por suministro de auga, en caso de dispoñer deste servizo. En caso contrario, liquidarase de xeito individual.
4. A presente prestación patrimonial de carácter público non tributario por saneamento liquidarase trimestralmente mediante o correspondente padrón de saneamento aprobado polo órgano competente. A estes efectos, a empresa concesionaria elaborará a lista cobratoria correspondente, e previamente ao seu cobro, enviarao ao Concello para que éste proceda a súa aprobación. Aprobado e publicado o padrón no taboleiro de anuncios do Concello, a modo de notificación colectiva, e con indicación do período voluntario de cobro, a empresa concesionaria procederá ao cobro da presente prestación patrimonial de carácter público non tributario, pero nunca antes .
5. O cobro por saneamento realizarase mediante domiciliación bancaria, que é obrigatoria para tódolos aboados ó servizo. En todo caso facerase efectiva no trimestre natural seguinte ó que corresponde ó recibo xirado. As cotas non satisfeitas no período citado esixiranse mediante o procedemento de constrixemento.
Artigo 10.-Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.
De conformidade co disposto no artigo 9 Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.
Artigo 11.-Infraccións e sancións.
En todo o relativo á calificación de infraccións e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto no Título XI da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Lei 40/2015, de 1 de outubro, de réxime xurídico do Sector Público e demáis normativa aplicable que resulte de aplicación
DISPOSICION FINAL
A presente Ordenanza entrará en vigor no momento da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia e será de aplicación a partir del 1 de abril seguinte, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresa