Somozas As - Regulamento de funcionamento do Viveiro de Empresas do Concello das Somozas
Título I. Disposicións xeráis
Artigo 1. Obxecto.
O presente regulamento ten por obxecto determinar o réxime de funcionamento do viveiro industrial de empresas (VIE) do Concello das Somozas, determinar o procedemento de adxudicación de espazos, así como as relacións entre os cesionarios do espazo e o órgano de xestión e as normas de réxime interno.
Artigo 2. Finalidade.
O viveiro de empresas ten como finalidade a cesión temporal de espazos físicos equipados destinados ás actividades de oficina e industrial ou comercial.
Preténdese contribuír á creación e funcionamento de iniciativas económicas que potencien e diversifiquen o tecido empresarial, xerando riqueza e emprego na localidade.
Artigo 3. Localización e características das instalacións.
1.- O viveiro de empresas está situado no Parque Empresarial das Somozas, propiedade do Concello das Somozas.
2.- O edificio conta con:
- 4 naves ou talleres.
- 1 zona de uso común.
Superficie total construída: 2.344,23 m².
Superficie total útil: 1.975,07 m².
3.- Cada unha das naves conta coa seguinte superficie:
Nave 1: 767,29 m2
Nave 2: 224,05 m2
Nave 3: 224,05 m2
Nave 4: 759,60 m2
4.- A zona común conta cunha superficie de 302,88 metros cadrados.
Artigo 4. Obxectivos.
Serán obxectivos do viveiro:
a) Impulsar a creación, posta en marcha e consolidación de empresas no ámbito municipal.
b) Fomentar o emprendemento e a innovación.
c) Apoiar e asesorar ás persoas emprendedoras no proceso de posta en marcha do seu proxecto.
d) Axudar no desenvolvemento empresarial para a consolidación das empresas.
e) Cooperar con outras institucións que apoien a creación de empresas.
f) Contribuír á diversificación da estrutura produtiva local e provincial, así como á xeración de emprego de calidade.
Para elo creouse un medio idóneo en condicións favorables de prezo e servizos que permita as iniciativas empresariais, desenvolver o seu plan de empresa, nun tempo de estancia limitado, para que estean en situación de competir e actuar en condicións de mercado.
Artigo 5. Servizos.
O servizo de viveiro de empresas xestionarase de forma directa sen órgano especial polo Concello, asumindo o propio risco e exercendo polo tanto sen intermediarios e de modo exclusivo todos os poderes de decisión e xestión.
Particularmente, o servizo comprenderá as seguintes prestacións:
- Zona de aparcadoiro exterior delimitada e específica.
- Zona axardinada exterior.
- Accesibilidade completa para persoas con mobilidade reducida desde o aparcadoiro.
- Subministración de auga, enerxía eléctrica, recollida selectiva de lixos (excepto recollidas de residuos especiais que serán por conta de cada persoa usuaria).
- Adicionalmente poderán prestarse servizos de apoio ao emprendemento: asesoramento, formación a persoas emprendedoras, mentorización, organización de actividades de networking, coworking e eventos relacionados co emprendemento
Artigo 6. Concesións.
Poderán ser concesionarias as persoas emprendedoras, ben sexan autónomas ou sociedades que cumpran os seguintes requisitos:
a) Poderán acollerse no viveiro empresas aínda non constituídas, pero que teñan previsto facelo no prazo máximo de seis meses desde a resolución de acollemento no viveiro, así como as empresas que xa estean constituídas no momento da solicitude de acollemento, sempre que non teñan transcorrido máis de doce meses entre a súa data de constitución e a data da dita solicitude. Sen prexuízo do anterior, excepcionalmente poderá sobrepasarse o prazo de doce meses indicado no parágrafo anterior, sempre que, en todo momento, o número de empresas nesta circunstancia non supere o 25 % do número total de empresas acollidas no viveiro, e que a superficie dedicada a elas non supere o 25 % do total da superficie.
b) As empresas deberán ter domicilio social e fiscal no concello titular do viveiro ou comprometerse a modificalo no prazo máximo de 6 meses no caso de que a empresa sexa acollida no viveiro industrial.
c) As empresas deberán desenvolver unha actividade empresarial de carácter industrial, sen prexuízo do establecido na letra d).
Entenderanse por actividade empresarial de carácter industrial as seguintes:
- A totalidade do ámbito de aplicación do Decreto 37/2015, do 12 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro Industrial de Galicia (artigo 3).
- Calquera das actividades económicas recollidas no Real decreto 475/2007, do 13 de abril, polo que se aproba a Clasificación nacional de actividades económicas 2009 (CNAE-2009) e que compoñen o sector industria. Concretamente, as recollidas nas industrias extractivas (da división 05 á 09); a industria manufactureira (da división 10 á 33); subministración de enerxía eléctrica, gas, vapor e aire acondicionado (división 35); e subministración de auga, actividades de saneamento, xestión de residuos e descontaminación (división 36 á 39).
d) De xeito excepcional, logo de solicitude xustificada do concello, a Secretaría Xeral de Industria poderá autorizar a incorporación ao viveiro industrial daquelas iniciativas empresariais que, non estando recollidas nos dous ámbitos anteriores, xustifiquen a súa relación dentro da cadea de valor dunha actividade industrial ou acheguen valor engadido a través de servizos externos que repercutan na mellora da Competitividade do tecido industrial local.
e) Para o caso de que un ou varios espazos dun viveiro industrial leven máis dun ano sen ser utilizados, de xeito excepcional e logo de solicitude xustificada do concello, a Secretaría Xeral de Industria poderá autorizar a incorporación ao viveiro industrial doutro tipo de iniciativas empresariais non industriais, distintas das previstas nas letras c) e d). O prazo inicial de incorporación destas iniciativas será de doce meses, prorrogables por períodos iguais, ata un máximo de 48 meses. No caso de que, en calquera momento deste prazo, unha nova empresa das previstas nas letras c) ou d) reunise todos os requisitos do plan de acollemento e solicitase ser acollida no viveiro industrial, a empresa non industrial deberá abandonar o viveiro industrial ao remate do período de 12 meses que nese momento teña concedido, sen que sexa posible concederlle máis prórroga) As empresas deberán presentar un proxecto que avale a súa viabilidade económica e técnica.
f) De xeito excepcional, e fundamentado a utilización eficiente dos espazos público e o interese xeral do desenvolvemento económico do concello, poderase autorizar o uso temporal dos espazos do viveiro de empresas as empresas que xa estean constituídas no momento da solicitude de acollemento, e que teñan transcorrido máis de doce meses entre a súa data de constitución e a data da dita solicitude,sempre que no prazo dos últimos dous anos se iniciara un expediente de adxudicación de uso dos espazos do viveiro e quedaran espazos sen uso e tras unha segunda convocatoria non se presentaran mais empresas que cumpriran todos os requisitos xerais , establecidos neste regulamento.
Artigo 7. Exclusións.
Quedan excluídas as actividades que a continuación se relacionan:
a) Actividades non admitidas polas ordenanzas urbanísticas e de medio ambiente.
b) Empresas non viables técnica ou economicamente, segundo informes de consultoría que poida recabar ao efecto a administración municipal.
Título II.- Selección, adxudicación e formalización.
Artigo 8. Convocatoria.
A selección dos concesionarios realizarase mediante un procedemento de concorrencia pública por parte do Concello de As Somozas.
Artigo 9. Solicitudes.
As solicitudes deberán presentaranse xunto coa documentación requerida no rexistro do Concello ou por calquera dos medios e formas previstos no apartado 16.4 da Lei 39/2015 de 1 de outubro, do procedemento común das administracións públicas, de ser posible por medios electrónicos a través da sede do Concello: https://assomozas.sedelectronica.gal
No caso de enviala por correo postal, deberá xustificar co resgardo correspondente, á data de imposición do envío na oficina de Correos, e anunciar a remisión da documentación mediante fax, telegrama ou correo electrónico do Concello dentro do prazo de presentación de solicitudes.
A solicitude de acceso ao viveiro municipal de empresas, farase segundo o modelo normalizado que figura como Anexo I.
Coa solicitude achegarase á seguinte documentación, referida tanto á persoa solicitante como ós eventuais socios participes ou integrantes do negocio:
1. Documentos relativos á personalidade do solicitante:
- Persoas físicas: DNI e alta no réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social
- Persoas xurídicas: Escritura de constitución debidamente inscrita no Rexistro Mercantil.
Ambas persoas deberán presentar a acreditación do alta no réxime correspondente da Seguridade Social.
No caso de sociedades aun non constituidas, achegarán unha declaración responsable de a súa intención de constituir no prazo máximo de tres meses unha sociedade, incluendo a relación de socios ou accionistas e a parte de capital que pretenden subscribir cada un.
2. Plan de empresa, asinado pola persoa solicitante segundo o modelo do Anexo II, que xustifique a súa viabilidade económica e técnica. No caso de actividades de carácter industrial deberá xustificar a súa compatibilidad cas instalacións do viveiro e as ordenanzas urbanísticas municipais.
3. Certificación de estar ao corrente nas obrigas tributarias coa Axencia Tributaria e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.
4. Declaración de estar ó corrente das obrigas tributarias co Concello das Somozas. A acreditación correspondente será achegada de oficio polo Concello.
Os interesados poderán engadir, achegar ou cumprimentar calquera documento, plano, bosquexo ou semellante que consideren oportuno e que permita unha mellor valoración da súa idea empresarial.
Ademais, deberá facerse a elección do espazo, por orde de preferencia, de entre todos os espazos dispoñibles no viveiro.
Cada promotor poderá solicitar un máximo dunha nave. En caso de non estar dispoñible a sinalada en primeiro lugar, adxudicarase a seguinte por orde de prelación segundo o baremo resultante.
Serán rexeitadas as solicitudes cun prazo previsto de inicio superior ós tres meses desde a adxudicación do espazo.
O órgano competente poderá requirir aos solicitantes cantos documentos, datos e aclaracións sexan precisos para a correcta valoración do proxecto empresarial presentado.
Artigo 10. Criterios de adxudicación dos espazos.
Todos os proxectos que se presenten serán ponderados considerando os seguintes criterios e puntuacións:
- Viabilidade técnica e económica da actividade: Ata 7 puntos, dos que 3,5 puntuarán a viabilidade técnica e 3,5 a viabilidade económica da actividade. Valoraranse cada solicitude de xeito individual e motivado, outorgando as puntuacións que se estimen en función das condicións que reúnen segundo a documentación presentada.
- Innovación: Ata un máximo de 2 puntos. Valoraranse cada solicitude de xeito individual e motivado, outorgando as puntuacións que se estimen en función das condicións que reúnen segundo a documentación presentada
- Nivel de creación de emprego, ata un máximo de 7 puntos, a razón de ata 1 punto por contrato a xornada completa, e no caso de que se opte por contratos a tempo parcial, a puntuación será de ata 0.40 puntos por contrato. Poderá utilizarse calquera xeito de contratación vixente na normativa laboral. Para obter puntuación, as contratacións deberán realizarse por un período mínimo de tres meses, valorándose coa puntuación máxima aquelas que oferte un período de contratación igual ou superior ao tempo de duración da concesión do local ao que concurren. Para os de duración inferior, valorarase proporcionalmente á duración prevista. A empresa queda obrigada á xustificación mediante a presentación das nóminas e documentos de cotización correspondentes. A xustificación deberá facerse no prazo máximo de tres meses desde o inicio da actividade, sen prexuízo das comprobacións que con posterioridade poida realizar a administración municipal. O incumprimento do ofertado en canto a creación de emprego, dará lugar á resolución do contrato e a imposición de sanción por falta moi grave.
- A veciñanza do promotor no Concello de As Somozas: 2 puntos.
- A situación de desemprego do promotor: 2 puntos.
No caso de sociedades promotoras, considerarase que teñen veciñanza en As Somozas cando alomenos o 50% do capital da sociedade perteneza a persoas físicas veciñas de As Somozas. Así mesmo, tamén no caso de sociedades promotoras consideraranse en situación de desemprego cando alomenos o 50% do capital pertenece a persoas físicas veciñas de As Somozas en situación de desemprego.
No caso de que se produzca un empate de puntuación entre dúas propostas, realizarase un sorteo público ante o órgano de valoración.
Consideraránse proxectos non viables e, polo tanto, non aptos para a súa instalación no VIE aqueles que obteñan unha puntuación total inferior a 7 puntos.
Artigo 11. Órgano de valoración.
O órgano de valoración estará integrado polos seguintes membros:
- Presidente: Alcalde do Concello de As Somozas
- Un/ha concelleiro/a designado/a pola Alcaldía.
- O Técnico municipal do Concello de As Somozas.
- Un/ha Asesor/a técnico/a designado pola Alcaldía.
- Secretario: A persoa titular da Secretaría-intervención do Concello de As Somozas ou a/o funcionaria/o municipal que a sustitúa.
O órgano de valoración poderá solicitar a emisión dun informe motivado sobre a viabilidade técnica e económica que previa validación ou confirmación, se así o considera, e trasladará a súa proposta ao órgano competente para resolver.
Artigo 12. Resolución.
O prazo para resolver as solicitudes será de dous meses dende a presentación de solicitudes, sen prexuízo da posibilidade de suspensión do prazo, de conformidade e nos supostos establecidos na lexislación de procedemento administrativo.
Transcorrido o devandito prazo, os interesados poderán entender desestimadas por silencio administrativo as súas solicitudes. En todo caso, as resolucións serán notificadas aos interesados, ou publicadas no caso de convocatorias conxuntas.
Na resolución se fará constar:
- Local asignado.
- Actividade empresarial a que se deba destinar
- Duración do contrato.
- Importe da garantía, que se deberá constituir no prazo de 15 hábiles, dende a notificación da autorización e que será de dúas mensualidades do prezo establecido polo uso dos respectivos espazos en calquera das fórmulas previstas pola administración pública para responder do bo uso das instalacións.
- Cuota da taxa pola prestación do servizo.
Artigo 13. Formalización en documento administrativo.
Unha vez notificada a adxudicación, o adxudicatario deberá presentar a xustificación do depósito de garantía e a subscripción de póliza de responsabilidade civil, a que fai referencia o artigo 19 do presente Regulamento.
Deberá presentar tamén a documentación necesaria para a tramitación da preceptiva licencia de actividade.
As sociedades que non estiveran constituidas no momento da convocatoria, deberán achegar a escritura de constitución da sociedade, inscrita no Rexistro Mercantil e copia dos estatutos; así como a acreditación da alta na Seguridade Social e alta na matrícula do Imposto de Actividades Económicas.
Se dita documentación non se corresponde coa declaración responsable presentada, se considerará que o adxudicatario renuncia á concesión. Tamén será considerada renuncia á concesión a non constitución da garantía ou da póliza de responsabilidade civil e a non suscripción do contrato por causas debidas ó adxudicatario será considerado como renuncia á concesión. Nese caso, o órgano de valoración propondrá ó organo competente a adxudicación ó seguinte participante según a orde de prelación establecida.
Asinarase un contrato entre a persoa ou entidade adxudicataria e co Concello das Somozas, que recollerá o obxecto, destino, duración, taxa pola prestación do servizo, garantía, uso e conservación, elementos comúns, anuncios e publicidade, responsabilidades e extinción segundo o establecido nesta ordenanza.
O prazo máximo para sinatura do documento de formalización será dun mes dende a notificación da concesión de local.
No caso de empresas ainda non constituídas no momento da adxudicación, o prazo máximo para a sinatura do documento de formalización será de tres meses desde a data de notificación da concesión do espazo.
Artigo 14. Ocupación dos espazos.
A ocupación dos espazos para o desenvolvemento das actividades autorizadas producirase no prazo máximo dun mes dende a sinatura do documento de formalización.
Artigo 15. Duración da concesión.
Duración do acollemento, as empresas poderán estar acollidas no viveiro industrial por un período máximo de 48 meses.
Artigo 16. Extinción da concesión.
A concesión se extinguirá por cumplimento do prazo de concesión ou por resolución.
Artigo 17. Causas de resolución.
Serán causas de resolución da concesión as seguintes:
a) Ter solicitado a declaración de concurso, ter sido declarado insolvente en calquera procedemento, atoparse declarado en concurso, estar suxeito a intervención xudicial ou ter sido inhabilitado conforme á Lei concursal sen que se tivese concluído o período de inhabilitación fixado na sentenza de cualificación do concurso.
b) A extinción da personalidade da sociedade ou o falecemento do empresario individual, agás a sucesión hereditaria neste último caso.
c) A renuncia por parte do empresario.
d) O acordo mutuo, previa comprobación do cumprimento pola adxudicataria das súas obrigas concesionais.
e) A non ocupación dos espazos no prazo dun mes desde a formalización.
f) A sanción por comisión dunha falta moi grave.
No caso de resolución do contrato procederase á incautación da garantía, se procede.
Artigo 18. Lista de agarda.
Aqueles proxectos considerados viables que non obtiveran un espazo dos solicitados, integrarán por orde de puntuación unha lista de agarda.
En canto se produzca a disponibilidade dun espazo, asignarase ó primeiro solicitante de dito espazo según a orde de entre da lista de agarda.
Título III. Obrigas do concesionario.
Artigo 19. Obrigas do concesionario.
1. Deberán presentar garantía, en calquera das fórmulas previstas pola lexislación contratual por un importe equivalente a dúas mensualidades da cuota da taxa establecida polo uso dos respectivos espazos.
A devolución da garantía, no seu caso, realizarase no prazo máximo de seis meses, dende que finalice a utilización do espazo.
2. Os espazos destinaranse única e exclusivamente ao proxecto empresarial para o que foron adxudicados.
3.-Serán obrigas do concesionario:
a) Iniciar a actividade no prazo máximo dun mes, dende a data de formalización do contrato, agás as empresas ainda non constituídas, que disporán dun prazo de tres meses dende a notificación da resolución de adxudicación.
b) Exercer por si mesmo a actividade empresarial para a que se cedeu o espazo no viveiro.
c) Satisfacer exclusivamente pola súa conta as cargas, impostos e gravames que pesen sobre a actividade que se desenvolve no local. En ningún caso o Concello será responsable do impago das mesmas.
d) Satisfacer as cargas sociais e tributarias correspondentes ó persoal empregado na actividade desenvolta. En ningún caso o Concello será responsable do impago das mesmas.
e) Pagar pola súa conta os gastos derivados de usos, consumos e subministracións propias (fotocopias, fax, enerxía eléctrica, teléfono, impresións, etc, distintos de calefacción, auga, internet e limpeza de espazos comúns). En ningún caso o Concello será responsable do impago das mesmas.
f) Por a disposición do Concello canta documentación contable e administrativa lle sexa requirida, en especial o Balance e Conta de explotación anual, Imposto de Sociedades ou no seu caso, Imposto sobre a renda das persoas físicas, para os efectos de poder comprobar o nivel de consolidación que vaia adquirindo a empresa a detectar posibles fallos de xestión que poidan impedir a marcha da empresa no viveiro, unha vez concluído o período acordado.
g) Poñer a disposición do concello as listas correspondentes ao persoal empregado na actividade.
h) Consentir as visitas de inspección que ordene o Concello en calquera momento e no lugar obxecto do contrato, coa finalidade de comprobar o uso que se faga da dependencia obxecto de aproveitamento e o seu estado de conservación.
i) Devolver o local ao Concello a finalización ou resolución contratual nas mesmas condicións de uso que o recibiu, salvado o uso normal e dilixente e o menoscabo por este producido. Será responsable o concesionario do uso neglixente dos servizos obxecto deste contrato. Todas as melloras realizadas polo empresario no local quedarán a disposición do Concello ó término da concesión sen dereito a indemnización.
j) Instalar e manter cos seus medios técnicos e económicos cantos equipamentos especiais sexan precisos para evitar emisións nocivas, tanto sólidas, líquidas como gaseosas, que puidesen producir pola súa actividade. En todo caso a actividade que se desenvolve estará sometida á lexislación e normativa sectorial, especialmente urbanística e ambiental de carácter estatal e autonómico e local.
k) Subscribir unha póliza de responsabilidade civil e danos, fronte a terceiros e fronte ó Concello, con contía de 40.000 euros para oficinas e 80.000 euros no caso de naves, que deberá ter vixencia durante o período da concesión. Se a contía dos danos excedese da cobertura do seguro, se procedería a esixir dito importe polo procedemento correspondente. Anualmente o empresario estará obrigado a presentar ante o concello a copia da póliza de seguro expresada no parágrafo anterior e acreditación do pagamento da mesma.
l) Todos os concesionarios están obrigados a clasificar os seus residuos e a depositalos separadamente nos colectores específicos e a realizar, pola súa conta, contratos de recollida de residuos especiais con empresas homologadas. Todos os danos causados a terceiros pola evacuación dos produtos que se deriven da actividade industrial serán de responsabilidade exclusiva do concesionario.
m) Comunicar ao Concello calquera acordo social ou de estatutos, tales como órganos de administración, apoderados, obxecto social, forma xurídica, cambios do accionariado, domicilio social e outros.
Artigo 20. Prohibicións.
Queda expresamente prohibido ó concesionario:
- Subrogar, arrendar ou ceder por calquera título, total ou parcialmente, o dereito de uso ou utilización daquelas dependencias obxecto do contrato.
- Introducir no viveiro maquinaria ou elementos técnicos ou instalación de potencia eléctrica que non se axuste á actividade permita e ás características técnicas do inmoble.
- Realizar calquera tipo de obra, agás as autorizadas expresamente e por escrito polo Concello.
- A suspensión da actividade por un prazo de máis de tres meses.
- O uso de calquera material non permitido polas normas de seguridade e hixiene.
- O uso para actividades non permitidas polas ordenanzas urbanísticas do espazo asignado.
- Destinar o espazo para actividades distintas das previstas na resolución da concesión.
Artigo 21. Obrigas do Concello.
O Concello ten a obriga de prestar os servizos coa continuidade convenida e garantir ós concesionarios o seu dereito a usar as instalacións coas condicións establecidas.
Así mesmo, cuidará do bo orde do servizo para o cal exercerá os seus poderes de policía nos términos previstos neste regulamento e demáis disposicións aplicables.
TÍTULO IV. Normas de réxime interno do viveiro
Artigo 22. Horario e calendario de apertura.
O horario do viveiro será de luns a venres de 8.00 a 21.00 horas e os sábados de 8.30 a 14.00 horas.
As instalacións do viveiro permanecerán pechadas nas datas sinaladas de festivos de ámbito nacional, autonómico e local.
O Concello poderá autorizar a realización de forma extraordinaria de actividades fora do horario ou en días festivos a solicitude motivada do interesado.
Artigo 23. Elementos e servizos comúns.
Só estarán á disposición das empresas beneficiarias o uso dos espazos comúns fixados na autorización correspondente. Os espazos de uso común só poden ser utilizados, de conformidade coa súa natureza, para o tránsito de persoas e para aquelas finalidades autorizadas expresamente.
A sinalización interna das diferentes empresas realizarase baixo un formato e deseño común fixado polo Concello. Non se poderán colocar carteis sen autorización previa.
Os espazos comúns poderán ser empregados por tódolos empresarios, previo aviso suficiente e xustificado. O seu uso farase por rigorosa orde de pedimento, agás causas xustificadas, debidamente valoradas polos responsables do viveiro.
A utilización dos espazos comúns realizaranse atendendo a criterios de racionalidade, en canto a horarios, frecuencia de uso, coidado de instalacións e equipos, quedando supeditada ás necesidades do propio concello.
Por motivos de seguridade prohíbese ós ocupantes das empresas instaladas depositar ou colocar xéneros e mercadorías en lugares e zonas comúns, invadindo total ou parcialmente accesos ou zonas de paso. Tendo que estar estas sempre libres para o bo funcionamento do viveiro.
Artigo 24. Responsabilidade por danos.
O Concello de As Somozas non se fai responsable dos danos, prexuízos ou atentados contra a propiedade (incluídos roubos) que se poidan cometer contra os bens, pertenzas ou efectos das empresas.
Tampouco será responsable dos prexuízos que puidesen sobrevir dun mal estado de conservación ou mala utilización das instalacións que se ceden.
Artigo 25. Infraccións e sancións.
1.- Son infraccións as accións ou omisións contrarias ás disposicións do presente Regulamento.
Ditas infraccións clasifícaranse en leves, graves e moi graves.
2.- Terán a consideración de infraccións leves cometidas contra as normas contidas na presente ordenanza que non se califiquen expresamente como graves ou moi graves, nos apartados seguintes.
3.- Considéranse infraccións graves:
- Os actos u omisiones que causen un deterioro dos equipamientos, instalacións e elementos do servizo, sexan mobles ou inmobles.
- Os actos obstrucción ó normal funcionamento do servizo de Viveiro de empresas ou á utilización do resto de usuarios .
- A falta de pagamento das cuotas concesionais ou, en xeral, o incumprimento das obrigas económicas co Concello das Somozas
- A desobediencia das ordes formuladas pola administración respecto da ordenación, forma o réxime de prestación do servicio de Viveiro.
- A suspensión da actividade no espazo por un periodo de máis dun mes.
4.- Terán a consideración de moi graves:
- A suspensión reiterada ou o peche da actividade no espazo obxecto da concesión. Se entenderá como peche da actividade unha suspensión de máis de tres meses da mesma.
- A desobediencia reiterada das ordes formuladas pola administración respecto da ordenación, forma o réxime de prestación do servicio de Viveiro.
- A utilización do espazo para un uso diferente do sinalado na acto concesional.
- A falsedade nas declaracións e documentacións relevantes para a obtención da concesión.
- O exercizo de actividades sen autorización sectorial urbanística ou de medio ambiente.
- O depósito no local de materiais perigosas, insalubres ou nocivos, non permitidos pola correspondente licenza de apertura.
- Os actos u omisiones que causen un deterioro grave dos equipamientos, instalacións e elementos do servizo, sexan mobles ou inmobles.
- Os actos de impedimento ou grave e relevante obstrucción ó normal funcionamento do servizo de Viveiro ou á utilización do resto dos usuarios.
- A falta de pagamento reiterado das cuotas concesionais.
5.- Son sanciones as seguintes:
- As infraccións leves sancionaranse con multa pecuniaria de ata 150,00 €
- As infraccións graves sancionaranse con multa pecuniaria de ata 151,00 € ata 400.00 €.
- As infraccións moi graves non inferior a 401,00 € e que non exceda 1.500,00 € e/ou resolución do contrato.
6.- Na determinación da gravidade da infracción e na aplicación da sanción, deberá gardarse a debida adecuación entre a gravidade do feito constitutivo da infracción e a sanción aplicada, considerando os seguintes criterios para a gradación da sanción aplicable:
a) A existencia de intencionalidade ou reiteración.
b) A natureza dos perxuízos causados.
c) A reincidencia pola comisión no término dun ano de máis dunha infracción da mesma natureza, cando teña sido así declarada por resolución firme.
7.- A responsabilidade administrativa derivada do porcedemento sancionador será compatible coa esixencia de indemnización polos danos e perxuízos causados. Estos serán determinados polo órgano competente mediante procedemento con audiencia ó interesado e esixidos, no seu caso, mediante execución forzosa de acordo coa lexislación reguladora do procedemento administrativo común das administracións públicas.
Disposicións
Disposición Final Primeira.
Respecto o non previsto neste Regulamento será de aplicación o establecido na Lei 33/2003, de Patrimonio das Administracións Públicas, o Regulamento de Bens das Entidades Locais, aprobado polo Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, a Lei 39/2015, de 1 de outubro, de Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicase demáis disposicións de dereito público e, no seu defecto, as normas de dereito privado.
Disposición Final Segunda.
Unha vez que entrase en vigor a presente ordenanza, abrirase un primeiro proceso concurrencial do 1 ó 28 de febreiro de 2023.
Resolto dito procedemento quedará aberta unha convocatoria permanente para cando se produzcan as sucesivas vacantes dos espazos.
ANEXOS
ANEXO I
MODELO DE SOLICITUDE
DATOS DA EMPRESA SOLICITANTE
Nome ou razón social:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿¿¿.¿¿ NIF/CIF:¿¿¿¿¿¿......................................
Domicilio Social:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿ C.P.:¿¿¿¿¿¿¿¿......................................
Localidade:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿¿...¿. Teléfono:¿¿¿¿...¿¿¿¿.¿¿ Fax:¿¿¿¿.¿¿¿..............¿¿
Forma xurídica:¿¿¿¿¿¿..¿¿¿................................Data de constitución:¿¿¿¿¿¿¿¿.............................
DATOS DO PROMOTOR OU REPRESENTANTE
Nome e apelidos:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. NIF/CIF:¿¿¿¿¿¿¿¿¿..........................¿¿
Domicilio:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.......................C.P¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.........................¿¿¿..
Localidade:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.Teléfono¿¿¿¿¿¿¿¿. Fax:¿¿¿¿¿¿¿¿.............................................
Correo electrónico:¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..........................................................................¿.
EXPÓN:
PRIMEIRO.- Que está interesado/a en ocupar e utilizar un espazo no viveiro de empresas xestionado polo Concello das Somozas
SEGUNDO.- Que cumpre os requisitos previos esixidos pola normativa reguladora aprobada polo Concello das Somozas
TERCEIRO.- Que posúe capacidade de obrar e non está incurso en prohibición ou incompatibilidade para contratar das recollidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público e encóntrase o corrente do comprimento das súas obrigas tributarias coa facenda estatal, autonómica e local, así como coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.
De acordo con esto,
SOLICITA:
PRIMEIRO.- A concesión dun espazo para o desenvolvemento da súa actividade empresarial industrial no Viveiro de empresas do Concello das Somozas, que se adecúe a súa actividade empresarial. Atendendo a seguinte orde de preferencia:
OPCIÓN | NÚM. NAVE |
1ª | |
2ª | |
3ª | |
4ª |
SEGUNDO.- Que se teña por presentada, xunto coa solicitude, a seguinte documentación:
- DNI, de selo caso.
- Alta no réxime especial de traballadores autónomos da Seguridade Social, de selo caso
- CIF, de selo caso
- Escritura de constitución debidamente inscrita no Rexistro Mercantil e acreditación da súa representación, de selo caso
- Plan de empresa, asinado pola persoa solicitante (Anexo II), que avale a súa viabilidade económica e técnica, debendo desenvolver unha actividade de carácter industrial, compatible coas características do espazo físico do viveiro e as ordenanzas reguladoras do parque empresarial.
- Certificación de estar ao corrente nas obrigas tributarias e de Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes.
- Declaración xurada comprometéndose o inicio da actividade no prazo de 3 meses (no caso de emprendedores).
As Somozas, ¿¿¿¿¿ de ¿¿¿¿¿¿. de 202¿¿
Asdo.:
De acordo co establecido pola Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, informámoslle que os seus datos serán incluídos nun ficheiro do que é titular CONCELLO DAS SOMOZAS e poderán ser utilizados para prestarlle o servizo solicitado a través desta instancia. Informámoslle ademais que poderá exercitar os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición no domicilio de CONCELLO DAS SOMOZAS en correo@assomozas.es.
- ALCALDE-PRESIDENTE DO CONCELLO DAS SOMOZAS
ANEXO II - PLAN DE EMPRESA
DATOS DA EMPRESA (se a empresa xa está constituída)
Nome/ Razón Social | CIF/NIF | ||
Sector de actividade: | |||
Enderezo actual: | |||
Localidade: | C.P | ||
Teléfono: | Fax | ||
Forma Xurídica: | |||
Data de constitución legal: | |||
Data de inicio da actividade (*): | |||
Nº de socios: | Nº de socios traballadores: | ||
Nº de empregados (incluíndo os socios traballadores): | |||
(*) A efectos da determinación do inicio da actividade, considerase a data de alta na declaración censal do I.A.E.
DATOS DO PROXECTO (se a empresa aínda non está constituída)
Nome da empresa: | |
Sector de actividade: | |
Forma xurídica prevista: | |
Data prevista de constitución legal: | |
Data prevista do inicio da actividade: | |
Nº de socios: | Nº de socios traballadores: |
Nº de empregados (incluíndo os socios traballadores): | |
DATOS DOS SOCIOS OU PROMOTORES DO PROXECTO
Nome e apelidos: | |
DNI: | Domicilio: |
Localidad: | C.P. |
Data de nacemento: | Teléfono: |
Cargo: | |
(Unha ficha por cada persoa)
DESCRIPCIÓN DO PROXECTO
Actividade a realizar, características máis significativas,etc.
DESCRIPCIÓN DOS SOCIOS OU PROMOTORES
(Experiencia, formación, cualidades, etc.)
ANALISE DO MERCADO
Mercado e características
Ámbito xeográfico
Evolución dos últimos anos e previsións futuras
Clientes
Competencia
ANÁLISE DE PUNTOS FORTES E DÉBILES
Puntos Fortes do Proxecto:
Puntos Débiles do Proxecto:
CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS DO PROXECTO
Producto ou servizo. Describa brevemente cales son as liñas de producto ou servizo que se ofrecen así como as necesidades que pretende cubrir.
Prezo. Descripción de prezos de mercado, marxe de beneficios, política respecto da competencia, etc.
Distribución. Breve descripción de cómo se comercializa o producto ou servizo (canais de distribución, intermediarios, etc.)
Produción. Describa brevemente o proceso de produción, tecnoloxía a utilizar, medios e equipos necesarios,etc. así como necesidades de almacenamento (stocks).
Recursos humanos. Descripción da estructura societaria da empresa así como do número de postos de traballo por conta propia ou allea creados e previsións futuras.
DATOS ECONÓMICO- FINANCIEIROS
Orzamento estimado de posta en marcha
CONCEPTO | IMPORTE (euros) |
Gastos de constitución (notarias, rexistros, etc.) | |
Equipamento informático | |
Outro equipamento (*) | |
Elementos de transporte | |
Aplicacións informáticas (software) | |
Propiedade industrial. Patentes e marcas | |
Publicidade e promoción | |
Esistencias inciais | |
Tesourería inicial | |
Taxas e impostos | |
Outros gastos (**) | |
TOTAL |
(*) Indique cal
(**) Indique cal
PLAN DE FINANCIACIÓN PREVISTO
RECURSOS | IMPORTE (euros) |
RECURSOS PROPIOS | |
Aportacións propias dinerarias | |
Aportacións propias non dinerarias | |
TOTAL RECURSOS PROPIOS | |
RECURSOS ALLEOS | |
Subvencións | |
Préstamos/créditos | |
TOTAL RECURSOS ALLEOS | |
TOTAL RECURSOS |
Descripción das subvencións: organismo, tipo de axuda, situación actual da concesión da subvención (solicitada, aprobada e pendente, aprobada e aboada, etc.).
Descripción das condicións financieiras da financiación allea: prazos de amortización, tipos de interese, situación do estado actual de concesión do préstamo (solicitado, aprobado, etc.).
Previsión de ingresos e gastos (1º ano)
GASTOS E INGRESOS ESTIMADOS | IMPORTE (euros) |
GASTOS | |
Equipamento e inversións | |
Persoal (soldos e salarios) | |
Gastos xerais | |
Outros gastos | |
TOTAL GASTOS (A) | |
INGRESOS | |
Ingresos ordinarios de explotación | |
Ingresos extraordinarios | |
TOTAL INGRESOS (B) | |
BENEFICIO/ PERDA (B-A) |
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
O regulamento non dispón a súa entrada en vigor, pero se debe ter en conta que o artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local establece que:
...Las ordenanzas,
incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los
acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de
los entes locales, se publicarán en el Boletín Oficial de la provincia y no
entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya
transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas
fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en
Artigo 65.2: El
requerimiento deberá ser motivado y expresar la normativa que se estime
vulnerada. Se formulará en el plazo de quince días hábiles a partir de la
recepción de la comunicación del acuerdo.