Oroso - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA UTILIZACIÓN DA ESCOLA INFANTIL DO CONCELLO DE OROSO
ARTIGO 1. FUNDAMENTO E NATUREZA
1.- De conformidade co previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, TR 2/2004 da lei reguladora das Facendas Locais este concello establece o prezo público por prestación do servizo público Escola Infantil Municipal de Oroso, especificando as tarifas no artigo 4 e seguintes, que se rexerán polo presente texto normativo.
ARTIGO 2. CONCEPTO
2.1.- Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polas persoas usuarias que voluntariamente soliciten o ingreso na Escola Infantil do concello de Oroso, comprendendo as seguintes prestacións:
a) Atención, coidado e custodia nas instalacións deste centro, a nenos de 0 a 3 anos, durante o horario definido no Regulamento do servizo, así como a atención educativa apropiada ós nenos e nenas desta idade, de conformidade coa normativa aplicable.
b) Prestación de servizos ordinarios/básicos (almorzo, xantar e merenda), de acordo co Regulamento do servizo.
ARTIGO 3. OBRIGADOS O PAGAMENTO
3.1- Están obrigados ó pago das cantidades que se establecen como prezo os proxenitores dos nenos ou nenas matriculados na escola ou, no seu caso, a quen corresponda o exercicio da patria potestade, exerza a tutela ou incluso teña os/as nenos/as en acollida.
ARTIGO 4. BASE DE CÁLCULO.
4.1 Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:
- Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.
- Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
- Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento.
- A determinación dos membros da unidade familiar realizarase atendendo á situación existente no 31 de decembro do ano anterior a aceptación da praza.
4.2.- Tomarase o importe dos ingresos totais da unidade familiar, que será o resultado da agregación das rendas do exercicio anterior a aquel en que dea comezo o curso escolar, no cal se pretenda que produza efectos, de cada un dos membros da unidade familiar, calculadas por agregación da base impoñible xeral coa base impoñible do aforro, segundo os criterios establecidos na normativa do IRPF.
4.3.- O importe dos ingresos totais da unidade familiar será acreditado, mediante a presentación das copias certificadas pola Administración tributaria das declaracións do IRPF ou a certificación de ingresos das persoas que non presentasen as declaracións do IRPF
4.4.- Enténdese por renda per cápita mensual o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da unidade familiar
4.5.- No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar ós efectos de cálculos da renda per cápita. Entenderase por familia monoparental a unidade familiar cando formase parte dela un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con que manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
ARTIGO 5. CONTÍA
5.1.¿A contía do prezo público deriva da aplicación das seguintes tarifas mensuais, polo que se refire á asistencia ó centro:
N.º TARIFA | TRAMOS DE RENDA PER CÁPITA DA UNIDADE FAMILIAR | XORNADA COMPLETA (+4 horas ata 8 horas) | MEDIA XORNADA (ata 4 horas) |
T-1 | Inferior ao 30 % do IPREM | 0,00 € | 0,00 € |
T-2 | Entre o 30 % do IPREM e inferiores ao 50 % do IPREM | 0,00 € | 0,00 € |
T-3 | Entre o 50% do IPREM e inferiores ao 75% do IPREM | 34,91 € | 17,45 € |
T-4 | Entre o 75% do IPREM e inferiores ao 100% do IPREM | 69,81 € | 34,90 € |
T-5 | Entre o 100% do IPREM e inferiores ao 125% do IPREM | 112,13 € | 56,06 € |
T-6 | Entre o 125% do IPREM e inferiores ao 150% do IPREM | 133,29 € | 66,64 € |
T-7 | Entre o 150% do IPREM e o 200% do IPREM | 147,05 € | 102,51 € |
T-8 | ¿ Superiores ao 200 % do IPREM | 169,26 € | 84,63 € |
5.2.¿Servicios Ordinarios/Básicos.
RENTA PER CÁPITA MENSUAL | ALMORZO MENSUAL | ALMORZO DÍAS SOLTOS | XANTAR MENSUAL | XANTAR DÍAS SOLTOS | MERENDA MENSUAL | MERENDA DÍAS SOLTOS | HORA AMPLIADA (+ de 8 horas ata 10 horas) |
inferior ao 30% IPREM | 0,00 | 0,67 € | 0,00 | 4,23 € | 0,00 | 0,66 € | 21,16 € |
>= 30 % e < 50% IPREM | 2,04 € | 0,67 € | 17,45 € | 4,23 € | 1,85 € | 0,66 € | 21,16 € |
>= 50 % e < 75% IPREM | 4,08 € | 0,67 € | 17,45 € | 4,23 € | 3,71 € | 0,66 € | 21,16 € |
>= 75 % e < 100% IPREM | 6,18 € | 0,67 € | 26,45 € | 4,23 € | 5,62 € | 0,66 € | 21,16 € |
>= 100% e < 125% IPREM | 8,65 € | 0,67 € | 37,02 € | 4,23 € | 7,86 € | 0,66 € | 21,16 € |
>= 125% e < 150% IPREM | 12,35 € | 0,67 € | 52,89 € | 4,23 € | 11,23 € | 0,66 € | 21,16 € |
>= 150% e < 200% IPREM | 14,82 € | 0,67 € | 63,47 € | 4,23 € | 13,48 € | 0,66 € | 21,16 € |
>= 200% IPREM | 17,29 € | 0,67 € | 74,05 € | 4,23 € | 15,72 € | 0,66 € | 21,16 € |
5.3.¿Para as nenas e os nenos que, con carácter extraordinario, soliciten máis horas diarias de asistencia ao centro que as solicitadas pola familia na matrícula como horario habitual do neno ou nena (hora extraordinaria), a tarifa mensual que lle corresponde abonar incrementarase atendendo ao número de horas que permaneza no centro, sendo o prezo por cada hora ou fracción de 2€/hora.
ARTIGO 6. REDUCIÓNS.
1.- Segundo as circunstancias da unidade familiar, sobre as tarifas mensuais dos servizos de almorzo, xantar e merenda aplicaranse as seguintes reducións que non son acumulables entre si:
a) Menores pertencentes a familias numerosas, desconto dun vinte por cento (20%)
b) Menores pertencentes a familias monoparentais, desconto dun vinte por cento (20%)
c) Cando asistan ao mesmo centro varios irmáns, o segundo e sucesivos terán un desconto dun vinte por cento (20%), agás no suposto das familias con unha renda per capita igual ou inferior a 7.500 € no que o desconto será do cen por cen (100%)
d) Os/as menores acollidos con medidas administrativas de tutela ou garda terán un desconto do cen por cen (100%).
2.- Cando por circunstancias sobrevidas, o menor ingrese no centro con posterioridade ó día 15 do mes, a cota que corresponda pagar polo dito mes terá un desconto do 50 por cento.
C) Non terán dereito a desconto ou redución algún aquel alumnado que pertenzan a unidades familiares nas que algúns dos seus membros non estean ao corrente coas obrigas tributarias co Estado, Comunidade Autónoma e a facenda municipal, así coma coa Seguridade Social.
ARTIGO 7. NORMAS DE XESTIÓN
7.1 O importe das cotas por servizos Ordinarios/Básicos definidas no artigo 5.2 da Ordenanza ou por horas extraordinarias definidas no apartado 5.3 da Ordenanza a pagar para cada obrigado determinarase pola resolución de Alcaldía, que de acordo co regulamento do servicio, aprobe a relación definitiva de admitidos e non admitidos na Escola Infantil cada curso escolar ou no seu caso nas convocatorias extraordinarias.
Non obstante, as tarifas inicialmente establecidas poderán ser obxecto de revisión segundo os termos do artigo 9.
7.2 Unha vez determinada a admisión na escola infantil municipal, as persoas usuarias obrigadas ó pago deberán facer efectivo as cantidades establecidas nos termos do artigo seguinte.
7.3 A persoa beneficiaria queda obrigada a comunicar calquera variación que se produza na situación socioeconómica e familiar que dera lugar á concesión de praza e aplicación de tarifa.
7.4 O concello poderá recadar en calquera momento, previo consentimento das persoas usuarias, os datos económicos necesarios das administracións tributarias para proceder á actualización das tarifas a pagar polas mesmas, así coma que os propias familias dos nenos/as matriculadas aporten a documentación xustificativa precisa.
ARTIGO 8. PAGAMENTO
8.1 A obriga do pagamento do prezo público regulamentado nesta ordenanza nace desde o momento en que, formalizada a matrícula do neno/a para todo o curso escolar, se preste o servicio, e durará ata a formalización da baixa ou finalización do curso.
8.2 O pago das cotas polos servizos recollidos no artigo 5 apartados 2 e 3 da Ordenanza realizarase mensualmente nos dez primeiros días do mes natural a que correspondan. Nos casos en que o ingreso no centro se produza con posterioridade ó día primeiro do mes, a cota correspondente ó devandito mes ingresarase nos dez días seguintes á data de ingreso.
8.3 No caso de utilización do servicio de almorzo, xantar ou merenda por días soltos, realizarase o pago deste servicio ao mes seguinte.
8.4 A non asistencia á escola infantil 0-3 durante un período de 5 días sen xustificar dará lugar á baixa do alumno/a no programa da gratuidade polo que as familias aboarán a cota correspondente á atención educativa se non queren perder a praza.
8.5 O medio de pago preferente será o de cargo en conta ou domiciliación bancaria, mediante impreso autorizante firmado polas persoas usuarias no momento da matrícula no centro.
ARTIGO 9. REVISIÓN DE TARIFAS
9.1 Ao longo do curso poderase proceder á revisión da tarifa fixada inicialmente, tanto a petición das persoas usuarias coma por propia iniciativa do concello, cando concorran e se xustifiquen variacións socioeconómicas na unidade familiar referidas aos seguintes casos:
a) Modificación das variables que determinan as persoas que, convivindo no mesmo domicilio, teñen ingresos inferiores o salario mínimo interprofesional anual vixente.
b) Variacións nos seus ingresos que supoñeren unha diminución ou incremento do 25% fronte aos ingresos tidos en conta para a fixación inicial de cota, comparados en un período mínimo de 4 meses. Para xustificar as ditas variacións deberanse aportar a xustificación documental precisa solicitada (nóminas, certificado de empresa do cambio de circunstancias na situación laboral e económica, certificado do Inem, etc.).
9.2 No caso de revisión de tarifas á baixa, as persoas usuaruas non poderán esixir o reintegro total ou parcial das cotas xa devengadas no momento da solicitude, cando a súa contía e determinación derivasen de documentación ou circunstancias que puidesen ser alegadas polo propios interesados no seu momento, ou por erros atribuíbles ós propios usuarios.
9.3 No caso de revisión de tarifas en incremento, estas só serán esixibles de cara ás cotas a devengar no futuro.
9.4 En todo caso, e con independencia do exposto nos puntos anteriores, cando por ocultación ou falsidade nos datos e documentación determinante de encadramento nunha determinada tarifa, as tarifas cobradas fosen inferiores a contía sinalada na presente ordenanza, poderase esixir o deixado de cobrar por parte do concello.
9.5 A modificación da tarifa, será acordada polo Alcalde-Presidente á proposta da comisión de baremación da escola infantil municipal, previa audiencia dos interesados.
9.6.- De conformidade co previsto no artigo 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo polo que se establece o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, delégase na Xunta de Goberno Local a competencia para a modificación de ditos importes en función das variacións no custe que supoña para o Concello a prestación do servizo e os límites previstos no artigo 44 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo.
ARTIGO 10. SUSPENSIÓN TEMPORAL DE PAGO DA COTA
Os suxeitos obrigados ós que fai referencia o artigo 3º non terán a obriga de aboa-la cota durante os seguintes períodos:
10.1 O mes de vacacións anual do neno/a, sempre que non se produza baixa antes de finaliza-lo curso.
10.2 Cando, por calquera motivo, o centro permaneza pechado un período superior a quince días naturais, prorrateándose a cota polo período de tempo proporcional.
10.3 Cando, por causa debidamente xustificada, o neno/a deixe de asistir temporalmente ó centro. Neste caso, o suxeito obrigado estará exento de aboa-la cota mensual unicamente respecto a períodos de ausencia que comprendan meses naturais completos, dende o primeiro día do mes natural de ausencia completa ó centro, ata o último día do mes natural inmediatamente anterior ó que teña lugar a reincorporación do neno/a ó centro. Non obstante, se a reincorporación se produce con posterioridade ó día 15 do mes, a cota correspondente ó dito mes reducírase nun 50 por cento.
A solicitude de suspensión de cota, xunto coa acreditación documental da circunstancia que a motiva, deberá presentarse ante o alcalde-presidente, con unha antelación mínima de dez días naturais ó de inicio do mes natural de comezo da exención, o cal resolverá sobre a procedencia da suspensión previo informe da comisión de baremación, segundo o disposto no regulamento do servicio.
Nos casos de suspensión temporal da cota, o pagamento correspondente ó mes de reincorporación realizarase no prazo de dez días seguintes ó da data de reincorporación. Así mesmo, nos casos en que o Alcalde-Presidente acorde a non procedencia da suspensión solicitada, o suxeito obrigado deberá ingresa-las cotas atrasadas no prazo de dez días seguintes ó da notificación da resolución denegatoria.
DISPOSICIÓN DEROGATORIA
A partir do 1 de setembro de 2022 queda establecida unha bonificación do 100% das tarifas sinaladas no artigo 5 apartado 1 da presente ordenanza ao abeiro do establecido na disposición adicional novena apartados 2 e 7 da Lei 13/2008 de 3 de decembro, de Servizos Sociais de Galicia durante o período comprendido entre 1 de setembro e o 31 de xullo do ano en curso sendo o mes de agosto aboado pola familia se pola necesaria conciliación familiar tivera que asistir á escola infantil.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente modificación da ordenanza entrará en vigor cando unha vez aprobada definitivamente polo Pleno da corporación e publicado o seu texto integro no Boletín Oficial da Provincia, teña transcorrido o prazo previsto no artigo 65.2 da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local.