Neda - PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZO DA ESCOLA MUNICIPAL DE TEATRO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 24/10/2025 BOP Nº: 204
Aplicable dende: 24/10/2025

TARIFAS

A Xunta de Goberno Local celebrada o día 20 de outubro de 2025 aprobou a fixación dun prezo público pola asistencia ás clases da Escola municipal de Teatro, que queda fixado nas seguintes contías:

a) Persoas menores de 14 anos: 10,00€

b) Persoas entre 14 e 18 anos: 15,00€

c) Persoas maiores de 18 anos: 22,00€

d) Pensionistas: 15,00€