Muxía - Prezo público por actividades ConciliaMux
Artigo 1º . Fundamento e Natureza
No uso das facultades concedidas polo artigo 106.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e artigo 127 do R.D.L. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47, ambos inclusive, do R.D.L. 2/2004, establécese o Prezo público CONCILIAMUX
Artigo 2. Obxecto
Os prezos públicos regulados nesta ordenanza constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algunha das actividades lúdicas organizadas polo Concello , neste caso CONCILIAMUX, sempre que a mesma non sexan de solicitude ou recepción obrigatoria polos usuarios e non estean reservadas a entidade local ou as actividades culturais, deportivas ou sociais que estes realicen baixo a dirección do Concello.
Artigo. 3º. Obrigados ao pago.
Están obrigados ao pago do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie das actividades prestadas por este Concello as que se refire o artigo anterior.
Artigo. 4º. Establecemento e contía.
En base ao informe previo do Servizo correspondente dos custos soportados polo Concello , o Pleno salvo delegación establecerá as tarifas concretas de cada actividade que conforme o artigo 44.1 do R.D.L. 2/2004, deberán cubrir como mínimo o coste do servizo prestado ou da actividade a realizar.
Non obstante o anterior, conforme ao disposto no artigo 44.2 do R.D.L. 2/2004, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, o Pleno da Corporación ( u órgano en quen delegue) poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo. Nestes supostos deberán consignarse nos presupostos da Entidade as dotacións oportunas para a cobertura da diferenza resultante se a houbera.
CUANTÍA:
(EUROS POR PERSOA PARA A PARTICIPACION NA ACTIVIDADE);
NADAL 50€
ENTROIDO 16€
SEMANA SANTA 16€
VERÁN 192€
Acordadas as tarifas de cada actividade o acordo será exposto no Boletín oficial da Provincia e no taboleiro de edictos do Concello a efectos da súa publicidade.
Artigo 5 - Normas de xestión
1. A obriga de pago do prezo público regulado nesta ordenanza nace dende que se solicite a participación na actividadepolos medios telemáticas establecidos polo Concello ou no seu defecto na tesourería municipal (Ou donde ésta indique).
Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
No suposto de que por causas non imputables ó interesado deixara de realizarse a actividade solicitada procederase a devolución do depósito constituído.
As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
DISPOSICIÓN DERRADEIRA
A presente Ordenanza Fiscal entrará en vigor, unha vez aprobada pola Xunta de Goberno Local do Concello, ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derogación expresas.