Bergondo - ORDENANZA FISCAL Nº 16, REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS MUNICIPAIS.
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Ó amparo do previsto nos artigos 58 e 20, epígrafes 1, 3 e 4.o) da Lei 39/1988, de 28 de decembro, reguladora das facendas locais, e de conformidade co que dispoñen os artigos 15 a 19 de dito texto legal, este Concello establece a Taxa pola prestación do servicio de instalacións deportivas municipais, que se rexerán pola presente Ordenanza Fiscal.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Constitúe o feito impoñible da taxa a utilización das instalacións deportivas municipais especificadas nas tarifas contidas no artigo 6 da presente Ordenanza.
Artigo 3.º .-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos da Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como entidades á que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que se beneficien da utilización das instalacións que constitúen o feito impoñible da Taxa.
Artigo 4.º .-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo toda-las persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das Entidades Xurídicas ou económicas ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias de ditas Entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizasen os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias de aquelas responderán subsidiariamente das débedas de aqueles.
Artigo 5.º .-Beneficios fiscais.
Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda.
Artigo 6.º .-Cota tributaria.
A contía da taxa determinarase aplicando as tarifas seguintes:
Epígrafe 1.-Uso de instalacións deportivas municipais.
Pavillóns Polideportivos Municipais. Tarifas:
1.1. Entidades deportivas federadas e non federadas, 1.000 pesetas (6 euros) por hora.
1.2. Campionatos Deportivos para sénior e afeccionados 1.000 pesetas (6 euros) por hora.
1.3. Actos extraordinarios sen despacho de billetes, non referidos ó uso ordinario deportivo das instalacións, 15.500 pesetas (93,15 euros) / día ou actuación.
1.4. Actos extraordinarios con despacho de billetes, non referidos ó uso ordinario deportivo das instalacións, 45.000 pesetas (270,45 euros) / día ou actuación.
1.5. Actos de larga duración e uso continuado por Entidades sen fin de lucro do Municipio, 1.600 pesetas (9,61 euros) por hora.
1.6. Actos de larga duración e uso continuado por outras Entidades, 3.800 pesetas (22,83 euros) por hora.
1.7. Persoas físicas pola utilización do pavillón, 1.500 pesetas (9 euros) por hora.
Entenderanse como actos de larga duración aqueles que sexan superiores á media xornada.
Campos de Fútbol. Tarifas:
1.10. Equipos Federados e non federados, 1.000 pesetas (6 euros) por hora.
Pistas Polideportivas e Canchas de Tenis. Tarifas:
1.11. Actividades ou campionatos, 10.000 pesetas (60,1 euros) por día.
No obstante o disposto neste epígrafe, a cota da taxa pola utilización de instalacións deportivas será cero nos seguintes supostos:
a) Os actos organizados polo Concello.
b) Os actos organizados por entidades sen fin de lucro, en colaboración có Concello, autorizados para o uso gratuíto.
c) As actividades das comunidades escolares de Centros de Ensinanza Pública para actos propios de súa finalidade educativa.
d) As Entidades que teñan concertado convenios de promoción deportiva có Concello para actos propios da finalidade do convenio.
e) As competicións deportivas federadas de base e o deporte en idade escolar.
f) Os entrenamentos deportivos de entidades de carácter deportivos sen fin de lucro, que teñan o domicilio social no termo municipal de Bergondo, para categorías de base ata Xuvenís inclusive na proporción de 1 hora por cada dous equipos e tres horas semanais como máximo.
g) As entidades xuvenís terán unha hora semanal exenta.
h) Outras entidades sen fin de lucro, para actos non deportivos, terán que solicitar a bonificación correspondente presentando memoria explicativa da finalidade do uso.
Artigo 7.º .-Devengo e período impositivo.
A taxa devengarase no momento en que se conceda a utilización das instalacións deportivas ou se preste o servicio pertinente.
Artigo 8.º .-Réxime de declaración de ingreso.
1. Unha vez autorizada a utilización das instalacións, deberase practicar polo suxeito pasivo a declaración-liquidación (autoliquidación) correspondente conforme ó sinalado na presente Ordenanza.
2. O importe da taxa realizarase por ingreso directo nas entidades bancarias colaboradoras deste Concello e sempre antes de comenzar a ocupación da instalación
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións en materia tributaria rexeranse polo disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
Disposición derrogatoria
A presente Ordenanza derroga a Ordenanza fiscal número 16 reguladora da taxa pola prestación de servicios especiais por uso das instalacións polideportivas municipais aprobada polo Concello en Pleno de data 3 de decembro de 1987 e publicada no BOP de data 10 de outubro de 1988, e modificada polo Concello en Pleno de data 3 de marzo de 1995, modificación publicada no BOP de 25 de setembro de 1995.
Disposición final.
A presente Ordenanza foi aprobada polo Concello en Pleno en sesión celebrada o 27 de xullo de 2001, e entrará en vigor e comenzará a aplicarse ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.