Neda - Ordenanza fiscal nº 28, reguladora da taxa pola prestación do servizo público da piscina municipal
Artigo 1.º .-Fundamento e natureza.
Artigo 2.º .-Feito impoñible.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Artigo 4.º .-Responsables.
1.-Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades ou entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5.º .-Base impoñible e cota tributaria.
A cota tributaria será a resultante de aplica-las siguientes tarifas:
1.- Bonos Temporada:
- Nenos ata 14 anos: 15,00.-euros.
- Adultos (de 15 anos adiante): 21,00.-euros.
- Familiar (catro membros): 36,00.-euros [Por cada membro adicional máis: 3,00.-euros.]
2.- Cursos mensuais (de luns a venres) [é obrigatorio estar abonado para poder asistir ós mesmos]:
- Nenos ( ata 14 anos): 12,00.-euros.
- Adultos (de 15 anos adiante): 21,00.-euros.
3.- Entradas diarias:
- Nenos ata 14 anos: 1,50.-euros.
- Adultos (de 15 anos adiante): 3,00.-euros.
-Tódolos xoves que acrediten estar en posesión do carné xove, terán un desconto do 25%."
Artigo 6.º .-Exencións e bonificacións.
Estarán exentos do pagamento da taxa:
- A utilización das instalacións deportivas para celebración de campionatos escolares.
- A utilización das instalacións para actividades de carácter benéfico, sexan ou non deportivas.
- A utilización das instalacións para actividades organizadas polo Concello.
- A utilización das instalacións para actividades das escolas deportivas.
Artigo 7.º .-Pagamento.
A taxa farase efectiva no momento mesmo en que se inicie a prestación do servicio. O usuario/s será responsable dos danos que causen nas instalacións e estarán obrigados á reparación destes. O Concello do Neda poderá esixi-lo depósito previo da taxa para responder no seu caso das indemnizacións polos desperfectos que poidan producirse ou calquera outro depósito complementario coa finalidade antedita.
Estes últimos depósitos poderán ser constituídos en metálico, mediante aval bancario, ou en calquera outra forma autorizada pola lexislación local, e serán devoltos, no seu caso, unha vez que se amose, mediante informe do encargado da instalación, que non foron causados danos ou que estes xa foron reparados.
Artigo 8.º .-Xestión.
Artigo 9.º .-Infraccións e sancións.
Disposición final.
A presente Ordenanza Fiscal foi aprobada polo Pleno en data 15 de novembro do 2004 e publicada no BOP número 299 de data 30 de decembro do 2004 e comezará a rexer o día 1 de xaneiro do 2005, e manterase en vigor mentres non se acorde a súa derrogación ou a súa modificación expresa.