Índice
Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 1, reguladora da taxa por expedición de documentos administrativos
Publicación provisional:
24/01/2000
BOP Nº:
18
Publicación definitiva:
24/01/2000
BOP Nº:
18
Aplicable dende:
01/01/2008
Artigo 1º. Fundamento e natureza.
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello establece a taxa por expedición de documentos administrativos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do citado Real Decreto Lexislativo.
Artigo 2º. Feito impoñible.
1. Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade administrativa desenvolta con motivo da tramitación, a instancia de parte, de toda clase de documentos que expidan e de expedientes que atendan a Administración e as autoridades municipais.
2. Para estes efectos, entenderase tramitada, a instancia de parte, calquera documentación administrativa que estivese provocada polo particular ou redunde no seu beneficio, aínda que non houbese solicitude expresa do interesado.
3. Non estará suxeita a esta taxa a tramitación de documentos e expedientes necesarios para o cumprimento de obrigas fiscais, así como as consultas tributarias, os expedientes de devolución de ingresos indebidos, os recursos administrativos contra resolucións municipais de calquera índole e os relativos á prestación de servicios ou realización de actividades de competencia municipal e á utilización privativa ou o aproveitamento especial de bens de dominio público municipal, que estean gravados por outra taxa municipal ou polos que se esixa unha taxa por este Concello.
Artigo 3º. Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria que soliciten, provoquen ou que o interese redunde a tramitación do documento ou expediente de que se trate.
Artigo 4º. Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refiren nos artigos 38.1 e 39 da Lei xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei xeral tributaria.
Artigo 5º. Cota tributaria.
1. A cota tributaria determinarase por unha cantidade fixa sinalada segundo a natureza dos documentos ou expedientes a tramitar, de acordo coa tarifa que contén o artigo seguinte.
2. A cota da tarifa correspondente á tramitación completa, en cada instancia, do documento ou expediente de que se trate, dende a súa iniciación ata a súa resolución final, incluída a certificación e notificación ó interesado do acordo recaído.
3. As cotas resultantes por aplicación das anteriores tarifas incrementaranse nun 50 por cento cando os interesados soliciten con carácter de urxencia de tramitación dos expedientes que motivasen o devengo.
Artigo 6º. Tarifa.
A tarifa á que se refire o artigo anterior estructúrase nos seguintes epígrafes:
Conceptos: euros
* Epígrafe primeiro: censos de poboación de habitantes.
1. Rectificación de nomes, apelidos e demais erros consignados nas follas de empadroamento: gratuíto.
2. Altas, baixas e alteracións nos padróns de habitantes: gratuíto.
3. Certificacións de empadroamento no censo de poboación:
- Vixente: 1
- De censos anteriores: 2
4. Certificados de convivencia e residencia: 2
5. Outros certificados: 1
* Epígrafe segundo: certificacións e compulsas.
1. Certificación de documentos ou acordos municipais: gratuíto.
2. As demais certificacións: 1
3. A dilixencia de cotexo de documentos: 0,6
* Epígrafe terceiro: documentos expedidos polas oficinas municipais.
1. Por cada documento que se expida en fotocopia, por folio: 0,15
* Epígrafe cuarto: documentos relativos a servicios de urbanismo.
1. Por cada cualificación que se expida de servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte: 20
2. Por cada información urbanística expedida por escrito que se expida de servicios urbanísticos solicitada a instancia de parte: 20
3. Por cada información ambiental que se emita de acordo coa Lei 38/95, do 12 de decembro: 30
* Epígrafe quinto: informes relativos a accidentes de circulación emitidos pola policía local: 30
* Epígrafe sexto: outros expedientes ou documentos.
1. Por calquera outro expediente ou documentos non expresamente tarifados: 10
Artigo 7º. Bonificacións da cota.
Non se concederá bonificación algunha dos importes das cotas tributarias sinaladas na tarifa desta taxa.
Artigo 8º. Devengo.
1. Devengarase a taxa e nace a obriga de contribuír cando se presente a solicitude que inicia a tramitación dos documentos e expedientes suxeitos ó tributo.
2. Nos casos a que se refire o número 2 do artigo 2º, o devengo prodúcese cando teñan lugar as circunstancias que provean a actuación municipal de oficio ou cando esta se inicie sen previa solicitude do interesado pero redunde no seu beneficio.
Artigo 9º. Declaración e ingreso.
1. A taxa poderase esixir en réxime de autoliquidación, polo procedemento do selo municipal, pegado ó escrito de solicitude da tramitación do documento ou expediente, ou neste se aquel escrito non existise, ou a solicitude non fose expresa.
2. Os escritos recollidos polos conductos á que fai referencia o artigo 66 da Lei de procedemento administrativo, que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderán dárselle curso, sen que se emende a deficiencia, que se lle requirirá ó interesado para que, no prazo de dez días abone as cotas correspondentes como o apercibimento de que, transcorrido o dito prazo sen efectualo, entenderase os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.
Artigo 10º. Infraccións e sancións.
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que a estas correspondan en cada caso, estarase ó disposto na Lei Xeral Tributaria.
Disposición derradeira.
A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa. Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP se produce antes do 1 de xaneiro de dito ano, e senon o día seguinte da su publicación.