Miño - Ordenanza fiscal reguladora da taxa pola ocupación da vía pública con postos para a feira semanal no Concello de Miño.
Artigo 1. Fundamento e natureza
En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do texto Refundido da Lei reguladora das Facendas Locais aprobado por RD Lexislativo 2/2004 de 5 de marzo, este Concello establece a ¿taxa pola ocupación da vía pública con postos para feira semanal no Concello de Miño", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, na que as súas normas atenden ó prevido no artigo 57 do citado Texto refundido da lei reguladora de facendas locais 2/2004.
Artigo 2. Feito impoñible
Constitúe o feito impoñible da presente taxa a ocupación da vía pública con barracas e postos con motivo da celebración da Feira semanal no Concello de Miño.
Están exentos os postos que teñan como obxecto exclusivamente a venta de alimentos perecedeiros, cuios titulares non teñan como actividade habitual a venta de ditos productos en concepto de maioristas o minoristas.
Artigo 3. Suxeito pasivo
Son suxeitos pasivos, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas, xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 35 da Lei Xeral Tributaria 58/2003 de 17 de decembro (BOE 18/12/2003), a favor de quen se outorguen as autorizacións para realizar a utilización privativa ou aproveitamento especial ou quen se beneficie ou realice os aproveitamentos, se se procedeu sen a oportuna autorización.
Artigo 4. Responsables
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e jurídicas a que se refiren os artigos 41 e 42 da Lei Xeral Tributaria.
2. Serán responsables subsidarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que se indica no artigo 43 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5. Base impoñible
Tomarase como base para determinar a cota tributaria da presente taxa, a superficie da ocupación expresada en metros lineais.
Artigo 6. Cota tributaria
A cota tributaria establécese en 1 euro semanais por cada metro lineal.
Artigo 7. Período impositivo e dereito de percepción
O período impositivo coincidirá, para os postos con autorización, coa semana natural, tendo dereito a percibir a taxa o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreductibles polo período impositivo.
Artigo 8. Normas de xestión
- As licencias serán de carácter anual e renovables automáticamente, agás nos casos de extinción destas ou de petición formulada polo interesado sobre tal extremo, que en todo caso deberá ser realizada con un mes de antelación.
- As condicións dos titulares das licencias e a transmisión destas regularase segundo disposto no Regulamento da Feira.
- Coas solicitudes de licencia achegarase a documentación esixida no Regulamento da Feira, quen, logo do seu exame, resolverá, notificando a resolución ó peticionario desta. A denegación das licencias deberá ser sempre motivada.
- O pagamento da taxa tanto para os postos con licencia municipal mensual como para os postos sen esta licencia farase nas contas bancarias titularidade do Concello mediante autoliquidación. No mesmo, deberá facerse constar o nome do titular do posto, o concepto ¿feria municipal", o carácter mensual ou semanal do pago e a data ou datas polas que se leva a cabo o ingreso.
- A efecto do pagamento desta taxa, o xustificante de pago utilizarase como medio acreditativo do mesmo ante o requerimento dos servizos municipales. En caso de non xustificar o pago, os servizos municipais no autorizarán a montaxe do posto.
Artigo 9. Infraccións e sancións
En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan en cada caso, aterase ó disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición adicional
Disposición final
A presente ordenanza foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o 18 de novembro de 2003, entrando en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia. Permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresas.