Cambre - Ordenanza fiscal nº 19, reguladora da taxa pola tenencia de animais de compañía e animais potencialmente perigosos

Publicación provisional: 05/03/2003 BOP Nº: 52
Publicación definitiva: 24/04/2003 BOP Nº: 93
Aplicable dende: 01/11/2009

Artigo 1º .-Obxecto.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e o artigo 106 da Lei 7/1985 de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 ó 19 en relación co artigo 20 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, establécese a Taxa por prestación de servicios especiais de expedición de Licencia para a Tenencia de Animais Potencialmente Perigosos, o seu Rexistro e Modificacións, así como por inscripción no Censo de Animais de Compañía, que se rexerán pola presente Ordenanza Fiscal.

Artigo 2º .-Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal conducente á verificación do cumprimento das condicións esixidas polo ordenamento xurídico para a concesión da licencia indicada, renovación, tramitación, control e custodia da mesma e aqueles outros servicios que se recollen no artigo 6 desta Ordenanza.

Artigo 3º .-Suxeito pasivo

1.-Son suxeitos pasivos da taxa as persoas físicas ou xurídicas que soliciten:

a) a obtención ou renovación da licencia para a tenencia de animais potencialmente perigosos.

b) a inscrición no rexistro municipal correspondente ou ben a modificación ou cancelación da dita inscrición.

c) a inscrición no censo de animais de compañía.

2.-En particular serán suxeitos pasivos os titulares dos establecementos ou asociacións que alberguen animais potencialmente perigosos e se dediquen a súa explotación, cría, comercialización ou adestramento, incluídos os centros de adestramento, criadeiros, centro de recollidas, residencias, centros recreativos e establecementos de venda emprazados neste municipio, cando soliciten os extremos indicados no número anterior.

Artigo 4º .-Responsables

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas e xurídicas a que se refire os artigos 41 e 42 da Lei xeral tributaria.

2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedade e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala os artigos 41 e 43 da Lei xeral tributaria.

Artigo 5º .-Devengo

1.-O devengo da taxa producirase coa solicitude de calquera dos actos ós que se refire o feito impoñible.

2.-A non concesión da licencia, cando non sexa debido a incumprimentos formais do suxeito pasivo, dará lugar á devolución das cantidades autoliquidadas.

Artigo 6º .-Tarifas

 

1.-Licencia de animais potencialmente perigosos9 euros
2.-Ficha identificativa individual6 euros
3.-Renovación de licencias5 euros
4.-Inscrición no rexistro A.P.P.4 euros
5.-Inscrición no censo de animais de compañía3 euros
6.-Modificacións rexistrais2 euros
7.-Cancelación rexistral2 euros

 

Os actos ós que se refiren os epígrafes 1, 3, 4 e 7, cando se soliciten polos suxeitos pasivos a que se refire o número 2 do artigo 3, terán un recargo do 25 por cento.

Artigo 7º .-Ingreso da taxa

1. O ingreso da taxa efectuarase polo procedemento do selo municipal adherido ó escrito de solicitude de calquera acto ós que se refire o feito imponible, e con carácter previo ó acto que o motiva.

2. Os escritos recibidos polos conductos a que fai referencia o artigo 38 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, pola que se regula o réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común que non veñan debidamente reintegrados, serán admitidos provisionalmente, pero non poderá dárselles curso sen que se subsane a deficiencia. Para esta finalidade se requerirá ó interesado para que, no plazo de dez días aboe as cotas correspondentes co apercibimento de que, transcorrido dito prazo sen efectualo, teranse os escritos por non presentados e será arquivada a solicitude.

Artigo 8º .-Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que as mesmas corresponden en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria."

Disposición final

A presente Ordenanza fiscal comezará a aplicarse a partir do día seguinte da súa publicación definitiva no Boletín Oficial da Provincia, e manterase vixente ata a súa modificación ou derrogación expresa."