Sada - Ordenanza fiscal núm. 4, reguladora do Imposto de construccións, instalacións e obras.
Artigo 1.- Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polo artigos 133.2 e 144 da Constitución e 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e dos artigos 104 e seguintes do RDL 2/2004, do 5 de marzo, da Lei reguladora das facendas locais (LRFL), este Concello establece o imposto sobre construcións, instalacións e obras, que se rexerá polo disposto na devandita lei e pola presente ordenanza fiscal.
Artigo 2.- Feito impoñible.
1.- Constitúe o feito impoñible a realización no término municipal de Sada de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa a obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obtivérase ou non a devandita licenza, ou para a qye se esixa presentación de declaración responsable ou comunicaci sempre que o seu outorgamento lle corresponda a este Concello.
2..- Para estes efectos enténdese por construción, instalación ou obra, entre outras:
a) A construción de toda clase de edificacións e instalacións de nova planta, así como as de reforma, reconstrución ou rehabilitación.
b) Os derrubamentos e obras de demolición.
c) As obras que afecten ó interior ou exterior dos edificios.
d) As obras de fontanería e da rede de sumidoiros.
e) As obras de execución de tendidos, aéreos ou subterráneos canalizados, de todo tipo de redes de servizos como os eléctricos, telefonía, gas, etc., realizadas por particulares ou polas empresas subministradoras de servizos, agás que sexan obras de urbanización contempladas nun proxecto de urbanización aprobado definitivamente polo Concello
f) As que se realicen en cemiterios, como a construción de panteóns e mausoleos, reformas e colocación de sarcófagos, lápidas, cruces e demais atributos, e as de fontanería, alcantarillado e galerías de servizos.-
g).- Calquera outra construción, instalación ou obra, incluídas as de urbanización, que precisen presentación de comunicación previa ou declaración responsable, ou no seu caso, licenza de obra ou urbanística e que non estea incluída nun proxecto de urbanización.
3.- Quedan tamén incluídas no feito impoñible do imposto, as construción, instalacións e obras que se realicen en cumprimento dunha orde de execución municipal, sempre e cando pola entidade das obras requiran a presentación dun proxecto técnico e a obtención de licenza municipal, comunicación previa, declaración responsable ou aquelas outras que requiran a previa existencia dun acordo aprobatorio, dunha concesión ou autorización municipal, cuxa liquidación tramitarase consonte ao procedemento establecido no artigo 7º desta Ordenanza. Nestes supostos a licenza aludida no apartado 1, considerarase outorgada unha vez ditada a orde de execución, adoptado o acordo ou adxudicada a concesión polos órganos municipais competentes, con cumprimento da tramitación preceptiva, e legalmente notificado o acto administrativo ó interesado.
Artigo 3.- Suxeito pasivo.
1.-Son suxeitos pasivos deste imposto a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela.
Para os efectos previstos no parágrafo anterior terá a consideración de dono da construción, instalación ou obra quen soporte os gastos ou o custo que comporte a súa realización.
2- No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a consideración de suxeitos pasivos substitutos do contribuínte os que soliciten as correspondentes licencias ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou declaracións previas ou realicen as construcións, instalacións ou obras.
O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.
Artigo 4.- Base impoñible, cota tributaria e devengo.
1.-A base impoñible deste imposto está constituída polo custo real e efectivo da construción, instalación ou obra, e enténdese por tal, para estes efectos, o custo de execución material daquela que figure no correspondente proxecto técnico visado ou, no seu defecto, polo importe que se detalla no Anexo desta Ordenanza.
Non forma parte da base impoñible o imposto sobre o valor engadido e demais impostos análogos propios de réximes especiais, as taxas, prezos públicos e demais prestacións patrimoniais de carácter público local relacionadas, no seu caso, coa construción instalación ou obra, nin tampouco os honorarios de profesionais, o beneficio empresarial do contratista nin calquera outro concepto que non integre, estritamente, o custo de execución material.
2.-A cota do imposto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravame, que será :
a) como norma xeral, o 2,5 por cento.
b) o 2,0 por cento nas obras de rehabilitación, reforma interior e acondicionamento interior ou exterior de inmobles ou locais, sempre e cando non se modifique o volume da edificación nin se incremente a superficie construída.
3.- O imposto devéngase no intre de iniciarse a construción, instalación ou obra, aínda cando non se obtivese ou solicitase a correspondente licenza.
Artigo 5.- Exencións.
Están exentas deste imposto as construción, instalacións e obras das que sexa dono o Estado, as comunidades autónomas ou as entidades locais que, estando suxeitas a este, vaian ser directamente destinadas a estradas, ferrocarrís, portos, aeroportos, obras hidráulicas, saneamento de poboacións e das súas augas residuais, aínda que a súa xestión se leve a cabo por organismos autónomos, tanto se se trata de obras de inversión nova como e conservación.
Artigo 6.- Bonificacións potestativas.
1.- De acordo co previsto no art. 103.2 da LRFL establécense as seguintes bonificacións :
a) Unha bonificación que se especifica no apartado 2 deste artigo, a favor das construcións, instalacións ou obras que sexan declaradas de especial interese ou utilidade municipal por concorreren circunstancias sociais, culturais, histórico-artísticas ou de fomento do emprego que xustifiquen tal declaración. Corresponderá esta declaración ao Pleno da corporación e acordarase, precedendo solicitude do suxeito pasivo, por voto favorable da maioría simple dos seus membros.
b) Unha bonificación do 95 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras en que se incorporen sistemas para o aproveitamento térmico, xeotérmico ou eléctrico da enerxía solar. A aplicación desta bonificación estará condicionada a que as instalacións para produción de calor inclúan colectores que dispoñan da correspondente homologación da Administración competente.
Esta bonificación só será aplicable a aquelas construcións que non deban dispoñer obrigatoriamente destes sistemas de aproveitamento térmico ou eléctrico da enerxía solar segundo o disposto no Real decreto 314/2006, de 17 de marzo, polo que se aproba o Código Técnico da Edificación.
A bonificación prevista nesta alínea aplicarase á cota resultante de aplicar, se é o caso, a bonificación a que se refire a alínea a) anterior.
c) Unha bonificación do 50 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras vinculadas aos plans de fomento dos investimentos privados en infraestruturas.
A bonificación prevista nesta alínea aplicarase á cota resultante de aplicar, se é o caso, as bonificacións a que se refiren as alíneas a) e b) anteriores.
d) Unha bonificación do 50 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras referentes ás vivendas de protección oficial.
A bonificación prevista neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, se é o caso, as bonificacións a que se refiren os parágrafos anteriores.
e) Unha bonificación do 90 por cento a favor das construcións, instalacións ou obras que favorezan as condicións de acceso e habitabilidade dos discapacitados.
A bonificación prevista neste parágrafo aplicarase á cota resultante de aplicar, se é o caso, as bonificacións a que se refiren os parágrafos anteriores.
2.- Aos efectos do disposto no apartado 1.a) anterior, só serán declarables de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno da Corporación as seguintes obras :
a) Por concorrer circunstancias histórico artísticas :
- en inmobles catalogados ou protexidos polo planeamento municipal : 95%
- en inmobles situados no entorno delimitado de protección dos anteriores : 50%.
b) Por concorrer circunstancias sociais :
- rehabilitación interior de vivendas (ata un máximo de 120 m2 e sempre que o seu titular acredite non ter ingresos superiores ao dobre do Indicador Público de Renda de Efectos Múltiples) : 50%
- centros asistenciais : 50%.
c) Casos excepcionais por circunstancias culturais : 95%.
d) Por concorrer circunstancias de fomento de emprego:
- cando o suxeito pasivo sexa unha Sociedade Laboral ou Cooperativa : 50%
- en suposto de inicio de industria, comercio ou actividade económica, e sempre e cando exista compromiso de contratación dun mínimo dun traballador indefinido ou de dous con contratación temporal por tempo superior a seis meses : 95 % se se trata dun empresario persoa física e 50% se se trata de sociedades mercantís (cun máximo de capital social de 500.000 €).
3.- Os suxeitos pasivos interesados na concesión da bonificación presentarán no Rexistro Xeral do Concello solicitude, acompañando a seguinte documentación :
a) Unha memoria xustificativa da concorrencia de circunstancias, ou ben sociais, ou ben histórico artísticas, ou ben excepcionais, ou ben de fomento de emprego; sen que poidan concorrer dúas circunstancias simultaneamente.
b) Documentación oficial acreditativa dos extremos que se aleguen.
c) Orzamento desglosado da construción, instalación e obra ou daquela parte da mesma para a cal solicítase a declaración de interese ou utilidade municipal.
d) Importe da autoliquidación correspondente ao Imposto ingresado na Recadación Municipal.
4.- Coa documentación sinalada no apartado anterior formarase un expediente que, previa emisión de informe polos servizos municipais, deberá ser informado pola Comisión Municipal correspondente a efectos da declaración, no seu caso, de especial interese ou utilidade municipal polo Pleno da Corporación, en cuxo caso darase traslado do acordo ao Servizo de Intervención e Tesourería aos efectos de que se realicen os trámites oportunos para que leve a debido efecto a bonificación e o abono ou compensación correspondente.
5.- O prazo para a resolución e notificación do acordo é de seis meses. Transcorrido o mesmo sen adopción e notificación do mesmo entenderase desestimada a petición.
Artigo 7.- Liquidación.
1 - O imposto esixirase en réxime de autoliquidación.
Os suxeitos pasivos están obrigados a practicar autoliquidación polo imposto, no impreso habilitado a tal efecto polo Concello, que deberá ser presentado polo interesado xunto co xustificante de ingreso nas cosntas municipales da cuota resultante nos seguintes prazos determinados en función do procedemento de tramitación da licenza:
a) No momento de presentar comunicación previa ou declaración responsable.
b) No prazo dun mes dende a notificación da concesión da licenza.
c) No caso de que non se teña solicitado, concedido ou denegado expresamente a licenza, ou presentado comunicación previa ou declaración responsable, a autoliaquidación xunto co xustificante de ingreso deberá presentarse no prazo dun mes dende o inicio da isntalación, cosntrucción ou obra.
2- A autoliquidación regulada no apartado anterior terá o caracter de liquidación provisional e debeá practicarse tomando como base impoñible a seguinte :
a) O orzamento de execución material aportado polos interesados, sempre que este estivese visado polo colexio oficial correspondente, cando isto constitúa un requisito preceptivo.
b) Noutro caso, a base impoñible determinarase en función dos prezos medios de execución material contidos no Anexo desta ordenanza.
3.- Unha vez rematadas as construcións, instalacións ou obras, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a súa terminación, os suxeitos pasivos deberán presentar na oficina xestora do imposto, unha declaración responsable do custe real e efectivo das obras, achegando no suposto de obras e instalacións ¿maiores", unha liquidación definitiva, asinada polo director das obras, visada polo Colexio Oficial correspondente.-
Tendo en conta a obra realizada e o seu custo real e efectivo, o Concello, previa comprobación e, no seu caso, cuantificación, polos servizos técnicos municipais, practicará a correspondente liquidación definitiva, e esixindo ou reintegrando ao suxeito pasivo a cantidade que, no seu caso, resulte das diferenzas existentes nas respectivas bases impoñibles.
4.- No caso de que se modificase o proxecto inicial das construcións, instalacións ou obras e se incrementase o presuposto, con independencia da necesidade de presentar comunicación previa ou declaración responsable ou obter a preceptiva licenza urbanística municipal, os suxeitos pasivos están obrigados a presentar unha nova autoliquidación complementaria pola diferenza entre o presuposto inicial e o modificado con suxeición a prazos, requisitos e efectos indicados nos apartados anteriores.
5.- No suposto de que non se inicien ou non se executen integramente as construcións, instalacións ou obras, o interesado terá dereito á devolución das cotas do ICIO satisfeitas e correspondentes á base impoñible das non realizadas, sempre e cando formule renuncia expresa á licenza, ou sexa declarada caducada mediante resolución administrativa firme e teñan transcorrido os prazos para a interposición do correspondente recurso contencioso-administrativo contra a dita declaración de caducidade. Igualmente terá dereito á devolución do ingresado unha vez formule expresa renuncia nos supostos de presentación dunha comunicación previa ou declaración responsable.
6.- As devolucións, cando procedan, axustaranse ao procedemento establecido para as devolucións de ingresos indebidos.
7.- Cando a autoliquidación fora presentada e pagada aquela por cantidade inferior á cota que resulte do presuposto achegado, o Concello poderá practicar e notificar unha liquidación complementaria pola cantidade que proceda.
Asemade, poderá practicar unha liquidación complementaria no suposto de que os Servizos Técnicos Municipais, constaten que o presuposto achegado non se axusta aos valores reais.-
Cando os suxeitos pasivos non teñan efectuado o pagamento da correspondente liquidación polo imposto, nos prazos anteriormente sinalados, seguirase a vía de constrinximento, para os efectos de recadar as cotas tributarias resultantes.-
Artigo 8.-Inspección e recadación.
A inspección e recadación do imposto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e nas demais leis do Estado reguladoras da materia, así como nas disposicións ditadas para o seu desenvolvemento.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
Para todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias e a imposición das sancións correspondentes, rexerá o disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei xeral tributaria.
Disposición derradeira.-
A presente ordenanza, que foi aprobada polo Pleno do Concello en sesión celebrada o día 30 de agosto de 2012, entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia e continuará vixente mentres non se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.-
ANEXO Á ORDENANZA FISCAL REGULADORA DO IMPOSTO DE CONSTRUCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS
OBRA MENOR: Relación de prezos medios de execución material definida polos servizos técnicos municipais achegada á presente ordenanza.
Uds. | Descrición | Euros | |
1. - DEMOLICIÓNS | |||
1,1 | m3 | Demolición de muro de carga de ladrillo macizo, retirada de escombros, incluído apeos de forxado e pp de ferramentas, elementos auxiliares e seguridade | 35,00 |
1,2 | m3 | Demolición de muro de formigón en masa de espesor variable con martelo rompedor e compresor de aire, con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-13 | 40,00 |
1,3 | m3 | Demolición de muro de cachotaría de espesor variable con martelo rompedor e compresor de aire, con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-13 | 35,00 |
1,4 | Ud | Levantamento de carpintería, i/marcos, follas e accesorios, con retirada de escombro e carga, segundo NTE/ADD-18 | 5,00 |
1,5 | m2 | Demolición manual de tabique de fábrica de ladrillo con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-9 | 4,00 |
1,6 | m2 | Demolición manual de tabique de fábrica de ladrillo a 1/2 pé con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-9 | 5,00 |
1,7 | m2 | Demolición de pavimento de baldosa con martelo rompedor e compresor de aire, retirada de escombros, segundo NTE/ADD-10 | 5,00 |
1,8 | m2 | Picado de azulexado con retirada de escombros | 7,00 |
1,9 | m3 | Demolición manual de soleira de formigón en masa con retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-19 | 65,00 |
1,10 | m2 | Picado de recebo de cemento en paramentos verticais, retirada de escombros e carga | 8,00 |
2. - MOVEMENTO DE TERRAS | |||
2,1 | m3 | Escavación de gabias en terreos compactos con medios manuais, segundo NTE/ADZ-4-6 | 20,00 |
2,2 | m3 | Escavación de gabias en terreos compactos con pala retroescavadora, i/axuda manual nas zonas de difícil acceso, limpeza e extracción de restos, segundo NTE/ADZ-4-6 | 10,00 |
2,3 | M3 | Escavación en gabias para canalizacións exteriores en terreos compactos, con pala retroescavadora, i/axuda manual, limpeza e extracción de restos, carga e transporte de sobrantes a vertedoiro autorizado | 5,00 |
2,4 | m3 | Recheo de gabias con terras propias, segundo NTE/ADZ-12 | 8,00 |
2,5 | m3 | Recheo de gabias con terras de préstamo, segundo NTE/ADZ-12 | 25,00 |
2,6 | m3 | Carga de terras con pala retrocargadora sobre camión | 2,00 |
2,7 | m3 | Terraplén compactado con solo seleccionado procedente de préstamo a pé de obra, i/estendido, rego, compactación e refino de noiros, segundo NTE/ADE-5 | 10,00 |
3. - CERRAMENTOS | |||
3,1 | M.L. | Cerramento de arame | 5,00 |
3,2 | M.L. | Cerramento de tea | 20,00 |
3,3 | M2 | Cerramento de zócalo | 50,00 |
3,4 | M.L. | Cerramento de zócalo + tea ( 0.60 + 1.20) | 80,00 |
3,5 | M.L. | Cerramento de cachotaría + enreixado | 160,00 |
3,6 | M.L. | Colocación de columna para contador da luz | 170,00 |
4. - CUBERTAS | |||
4,1 | m2 | Desmontaxe de cuberta de placas onduladas de fibrocemento, i/demolición de cumieiras, limas e encontros, retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-3 | 6,00 |
4,2 | m2 | Desmontaxe de cuberta de tella, i/demolición de cumieiras, limas e encontros, retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-3 | 6,00 |
4,3 | m2 | Desmontaxe de cuberta de placas de lousa, i/demolición de cumieiras, limas e encontros, retirada de escombros e carga, segundo NTE/ADD-3 | 7,00 |
4,4 | m2 | Cuberta de placas de fibrocemento de onda grande, colocada sobre correas, i/pp de solapes e recortes, s/NTE-QTF | 20,00 |
4,5 | m2 | Cuberta de tellas cerámicas, i/pp de roturas e solapes, s/NTE-QTT | 25,00 |
4,6 | m2 | Lousa inclinada de formigón HA-25/P/20 de central armado con aceiro B-400S, i/encofrado, vibrado, curado e desencofrado, segundo EHE | 50,00 |
4,7 | m2 | Cuberta de lousa en pezas de primeira calidade, i/pp de recortes, s/NTE/QTP | 30,00 |
4,8 | m | Canlón de PVC, colocado con adhesivo, i/pp de gafas de PVC e accesorios | 12,00 |
5. - ALBANELERÍA | |||
5,1 | m2 | Azulexado de paramentos interiores con azulexo | 30,00 |
5,2 | m2 | Azulexado de paramentos interiores con azulexo monococción | 20,00 |
5,3 | m2 | Pavimento de baldosas de terrazo de grao mediano | 25,00 |
5,4 | m2 | Recebo maestreado, fratasado e brunido de paramentos verticais interiores | 10,00 |
5,5 | m2 | Recebo maestreado, fratasado e brunido de paramentos verticais exteriores | 10,00 |
5,6 | m3 | Estrutura de formigón prefabricado en piares, xácenas e vigas | 400,00 |
5,7 | m2 | Soleira para instalacións de formigón, estendido sobre terreo limpo e compactado | 15,00 |
5,8 | m2 | Soleira drenante | 15,00 |
5,9 | m2 | Fábrica de bloque oco de formigón vibrocomprimido split antihumidade | 30,00 |
5,10 | m2 | Dobre fábrica de ladrillo cerámico | 15,00 |
5,11 | m2 | Cerramento formado por fábrica de ladrillo oco dobre | 35,00 |
5,12 | m3 | Formigón de central armado en muros de contención | 200,00 |
5,13 | m3 | Cachotaría careada de granito silvestre | 150,00 |
5,14 | m2 | Fábrica de pedra natural en taco a xunta seca | 90,00 |
5,15 | m2 | Fábrica de pedra natural en taco cunha cara vista, encintada con morteiro | 90,00 |
5,16 | m2 | Fábrica de cantaría de granito albero | 150,00 |
5,17 | m2 | Estrutura metálica electrosoldada en naves con cuberta | 60,00 |
5,18 | m2 | Estrutura metálica electrosoldada en edificios | 55,00 |
5,19 | m2 | Forxado unidireccional de semiviguetas armadas e bovedillas cerámica | 40,00 |
5,20 | m2 | Forxado unidireccional de semiviguetas armadas e bovedillas de formigón | 40,00 |
5,21 | m2 | Lousa horizontal de formigón de máis de | 80,00 |
5,22 | m2 | Lousa horizontal de formigón de menos de | 75,00 |
5,23 | m2 | Estrutura de formigón prefabricado de edificio industrial | 50,00 |
5,24 | m2 | Estrutura de formigón HA-30/P/20 de central armado | 50,00 |
5,25 | m3 | Formigón de central HA-25 | 70,00 |
5,26 | m2 | Muro de bloque gris | 20,00 |
6. -PINTURAS | |||
6,1 | m2 | Revestimento de paramentos verticais interiores con pintura plástica | 5,00 |
6,2 | m2 | Revestimento de paramentos verticais exteriores con pintura plástica impermeable | 8,00 |
7.-GALPÓNS | |||
7,1 | M.2 | Galpón de bloque ou ladrillo | 170,00 |
7,2 | M.2 | Galpón de madeira | 75,00 |
8.-CARPINTERÍA | |||
8,1 | UD. | Porta de entrada | 300,00 |
8,2 | UD. | Porta interior | 100,00 |
8,3 | UD. | Ventá ou dobre ventá | 120,00 |
8,4 | UD. | Velux | 250,00 |
8,5 | M.2 | Cerramento de balcóns e terrazas (galería) | 150,00 |
8,6 | M.2 | Rexa de seguridade en portas e ventás | 50,00 |
8,7 | M.2 | Portal | 100,00 |
9. -FONTANERÍA E SANEAMENTO | |||
9,1 | UD. | Inst. de fontanería e saneamento de aseos | 200,00 |
9,2 | UD. | Inst. de fontanería e saneamento de baños | 300,00 |
9,3 | UD. | Inst. de fontanería e saneamento en cociñas | 300,00 |
9,4 | UD. | Lavabo incluído conxunto de billas | 150,00 |
9,5 | UD. | Inodoro incluso conxunto de billas | 150,00 |
9,6 | UD. | Bidé incluso conxunto de billas | 140,00 |
9,7 | UD. | Bañeira incluso conxunto de billas | 150,00 |
10. -ELECTRICIDADE | |||
10,1 | UD. | Instalación eléctrica | 1.400,00 |
11. -CALEFACCIÓN | |||
11,1 | UD. | Instalación de calefacción | 2.900,00 |
12. -POZOS | |||
12,1 | UD. | Pozo de barrena | 1.200,00 |
12,2 | UD. | Pozo artesiano | 1.600,00 |
13. -FOSA SÉPTICA | |||
13,1 | UD. | Fosa séptica e pozo filtrante | 1.200,00 |
14. -PISCINAS | |||
14,1 | M.2 | Piscina completa | 450,00 |
15.-PISTAS | |||
15,1 | M.2 | Pista deportiva | 50,00 |
15,2 | M.2 | Beirarrúas | 35,00 |
16.-VARIOS | |||
16,1 | M2 | Cartel / Valla publicitaria | 90,00 |
16,2 | UD | Antena parabólica | 300,00 |
2. - OBRA MAIOR: Relación de prezos medios de execución material:
-Vivenda exenta unifamiliar: 610 €/m2 construído
-Vivenda adosada unifamiliar: 580 €/m2 construído
-Vivenda plurifamiliar: 540 €/m2 construído.
-Vivenda V.P.O.- 480 €/m2 construído.
-Trasteiros, porches, terrazas abertas: 160 €/m2 construído.
-Local libre en p. baixa/garaxe-aparcamento:270 €/m2 construído.
-Naves industriais e talleres: 290 €/m2 construído.
-Terciario de oficinas e servizos: 490 €/m2. construído.
-Centro comercial en edificio exclusivo: 580 €/m2. construído.
-Local comercial e industria-escaparate: 400 €/m2. construído
3. - Estes baremos serán incrementados anualmente en canto se publiquen no Boletín Oficial do Estado as actualizacións correspondentes ás Vivendas de Protección Oficial (VPO).