Tordoia - Ordenanza nº 14, reguladora do servizo de axuda no fogar

Publicación provisional: 07/05/2008 BOP Nº: 104
Publicación definitiva: 21/02/2009 BOP Nº: 43
Aplicable dende: 16/02/2010

Artigo 1. CONCEPTO

De conformidade co previsto no artigo 127 en relación co artigo 41, e segundo as normas contidas no Capitulo VI do Título y do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o precio público polo Servicio de Axuda no fogar, tanto para persoas valoradas como dependentes, como persoas que accedan ao servizo por libre concurrencia.

Artigo 2. OBRIGADOS/AS O PAGAMENTO:

Están obrigadas ao pago todas aquelas persoas que:

A) Estean recoñecidas como dependentes ao abeiro da Lei 39/2006 de 14 de decembro, de Promoción da Autonomía Persoal e Atención ás Persoas en situación de dependencia, e teñan resolución do Plan Individualizado de Atención (PAI) no que se lle recoñeza o citado servizo (calquera que sexa a modalidade do mesmo) sendo dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

B) As persoas que accedan ao servizo de axuda no fogar por libre concurrencia e que sexan dadas de alta no servizo municipal de acordo co estipulado no Regulamento específico de funcionamento.

Se o/a beneficiario/a carecera de capacidade para obrar, dita obriga recaerá sobre que ostente a súa representación legar ou, no seu caso, sobre quen exerza de feito o seu coidado.

Artigo 3. CONTIA DO PREZO PÚBLICO

1. Contía

A contía do precio público regulado nesta Ordenanza será a fixada nas tarifas contidas nos apartados seguintes referidas a unha hora de prestación do servizo, e que se determinarán do seguinte xeito:

Aos efectos previstos para aplicación das tarifas do presente artigo, establécese o precio da hora por prestación do servizo en 12,50 eruos, revisable anualmente e de forma automática segundo o índice de prezos ao consumo (IPC) publicado polo Instituto Nacional de Estatística.

Para o cálculo da cota mensual en función do número de horas, se realizará atendendo á programación semanal que se determine en cada caso, multiplicado pola cifra de 4,35 que é a media de semanas por mes.

2. Reduccións.

A participación das persoas beneficiarias na financiación do servizo de axuda no fogar establecerase en función do coste do servizo que se lle preste e da súa capacidade económica persoal, consonte á seguinte taboa:

IPREM ANUAL

PORCENTAXE DE CONTRIBUCIÓN

Igual ou inferior ao IPREMI

Exento

Superior ao 100% ata 150%

18 % do custo do servizo

Superior ao 150 % ata 200%

19 % do custo do servizo

Superior ao 200 % ata 300 %

20 % do custo do servizo

Superior ao 300 % ata 400 %

40 % do custo do servizo

Superior ao 400 % ata 500 %

60 % do custo do servizo

Superior ao 500 % IPREM

65 % do custo do servizo

En ningún caso a contribución económica da persoa usuaria poderá ser superior ao 65 % do custo efectivo do servizo prestado pola entidade local titular do mesmo.

3. Capacidade económica da persoa usuaria do servicio.

Esta se determinará de acordo cos puntos que se indican a continuación:

1. A capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no foagar calcularanse en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio.

No caso de que a persoa beneficiaria tivese cónxuxe ao parella de feito entenderase como renda persoal a metada da suma dos ingresos de ambos os dous membros da parella. Teranse en conta, ademais, as persoas convivintes economicamente dependentes, de acordo co establecido nos parágrafos seguintes.

2. A renda valorarase atendendo aso ingresos netos que se perciban, que comprenderán os rendementos de traballo, incluídas pensións e prestacións de previsión social, calquera que sexa o seu réxime; os rendementos de capital mobiliario e inmobiliario; os rendementos das actividades económicas e as ganancias e perdas patrimoniais.

3. Para o cómputo do patrimonio estarase ao disposto na normativa fiscal en vigor sobre o patrimonio, entendéndose por tal o conxunto de bens e dereitos de contido económico de que sexa titular a persoa usuaria do servizo, con dedución das cargas e gravames que diminúan o seu valor, así como das débedas e obrigas persoais da que deba responder. Considéranse exentos do cómputo a vivenda habitual na que se preste o servizo e os bens e dereitos cualificados como exentos na normativa aplicable sobre o imposto do patrimonio. No caos de que a persoa usuaria tivese cónxuxe ou parella de feito, as rendas de ámbolos dous terán a consideración de rendas computables, entendéndose neste caso por renda persoal a metade da suma dos ingresos de ámbolos dous membros da parella.

4. A capacidade económica por razón dde renda determinarase dividindo a renda ou rendas cumputables, de acordo co apartado anterior, entre a suma dos seguintes convivintes: o perceptor ou perceptores de rendas computadas, e, se é o caso, o cónxuxe e os ascendentes ou fillos/as menores de 25 anos, ou maiores desta idade en situación de discapacidade, que dependesen economicamente dos citados perceptores.

5. A capacidade económica resultante será a correspondente á redna da persoa usuaria, calculada de acordo cos apartados anteriores, modificada á alza, se fose o caso, pola suma dun 5 % do valor do patrimonio neto que supero o mínimo exento para a realización da declaración do imposto sobre o patrimonio en vigor a partir dos 65 anos de idade, dun 3% dos 35 anos aos 65 anos e dun 1 % os menores de 35 anos.

6. Para o cómputo da renda ou patrimonio teranse en conta os datos correspondentes a última declaración fescal dispoñible ou pensión coñecida.

Artigo 4. CONDICIÓNS DE PAGAMENTO:

1. A obriga de pagamento nace dende que se inicie a prestación do servicio.

2. En casos de suspensión temporal do servizo, e non superior a 1 mes por vontade propia. Deberá seguir aboandose a cota correspondente á aportación do beneficiario/a.

3. Se a algunha persoa beneficiaria non se lle prestase o servizo por causas non imputables á mesma, léase por inconvinte derivados da organización interna do propio servizo, terá dereito a un desconto proporcional ao tempo que estivo sen atención á hora de abonar a cota mensual.

4. As débedas polos precios públicos poderán esixirse polo procedemento administrativo de apremio.

Artigo 5. NORMAS DE XESTION:

1. Unha vez aprobada a alta no servizo, esta manterase mentres non varien as circunstancias que motivaron a prestación do servizo. Asemade rexerase polas normas contidas no Regulamento específico do servizo, no seu artigo 13 referente a extinción do servizo.

2. Anualmente, ou antes, no caso de producirse cambios na situación das persoas usuarias, se lles requerirá, por parte dos Servizos Sociais, para que xustifiquen documentalmente a súa situación económica e patrimonial, a efectos de actualizar a súa renda per cápita e o precio público a aboar.

3. A obriga de pagamento dos prezos públicos comeza dende que se inicie a prestación do servizo. O pagamento da contía que corresponda aboar a cada persoa beneficiaria farase efectivo en recibos mensuais nas entidades bancarias colaboradoras que se sinale, e nos prazos a tal efecto recollidos na normativa de aplicación.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada no Boletín Oficial da Provincia e haxa transcurrido o prazo previsto na artigo 65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, continuando a súa vixencia ata que se acorde a súa modificación ou derogación.

ANEXO I

INSTANCIA DE SOLICITUDE DO SERVIZO

D. /Dª¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. con domicilio en ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..¿¿.., con DNI/NIF Nº¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿. Tel¿¿¿¿¿¿¿¿

SOLICITA

Ser incluído/a como usuario/a do servizo de axuda no fogar municipal e declaro ser certos todos os datos aportados coa solicitude, e asemade presenta a seguinte documentación:

 Fotocopia compulsada do DNI, NIE ou pasaporte do/a solicitante e do cónxuxe e persoas económicamente dependentes de ser o caso

 Certificado de empadronamento e convivencia

 Fotocopia da tarxeta da seguridade social ou asistencia sanitaria da persoa beneficiaria.

 Fotocopia compulsada do certificado de dependencia

 Fotocopia compulsada da resolucion do programa individual de atención de dependencia

 Informe médico

 Fotocopia compulsada do Certificado de minusvalía da persoas beneficiaria e/ou convivintes no domicilio.

 Xustificante de pensións.

 Fotocopia compulsada da declaración do IRPF, ou certificación de imputacións de rendas emitidad por Facenda.

Outros documentos:  ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..

 ¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿..

Tordoia, ¿¿¿. de¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿¿.. de ¿¿..

SINATURA

SR. ALCALDE DO CONCELLO DE TORDOIA ( A Coruña)

ANEXO II

BAREMO PARA DETERMINAR A ASIGNACIÓN DO SERVIZO DE AXUDA NO FOGAR EN RÉXIME DE LIBRE CONCORRENCIA

(modalidade de prestación básica de servizos sociais de atención primaria)

FACTOR-1: AUTONOMÍA PERSOAL (máximo total 40 puntos)

O valor asignado en función da falta de autonomía das persoas será o que se deduza da valoración realizada polos órganos oficiais competentes para a valoración da discapacidade e do grao de dependencia.

As persoas dependentes valoradas que polo calendario oficial de implantación teñan dereito á prestación pola vía de acceso directo do sistema da dependencia (PIA con posible asignación de servizos de axuda no fogar), non poderán acceder polo sistema de libre concorrencia.

A asignación de valor en función do factor ¿autonomía persoal" realizarase de acordo coa seguinte táboa:

TÁBOA DE EQUIVALENCIAS PARA A VALORACIÓN DO NIVEL DE AUTONOMÍA PERSOAL

De 33% a 64% de discapacidade

De 65% a 74% de discapacidade

75%-100%

81%-87%

88%-93%

94%-100%

Grao de discapacidade en menores de 18 anos sen valoración de ATP ou BVD

75%-100% discapacidade e ata 14 pts ATP

75%-100% discapacidade e 15-29 pts ATP

75%-100% discapacidade e 30-44 pts ATP

75%-100% discapacidade e 45-72 pts ATP

Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa.

ATP

RD 1971/1999

75% discapacidade e ata 24 pts BVD

25-39 pts BVD

40-49 pts

BVD

50-64 pts BVD

65-74 pts

BVD

75-89 pts BVD

90-100 pts BVD

Grao de Discapacidade + Axuda Terceira Persoa.

Puntuación BVD

(RD. 504/2007)

Grao I,

Nivel 1

Grao I,

Nivel 2

Grao II,

Nivel 1

Grao II,

Nivel 2

Grao III,

Nivel 1

Grao III,

Nivel 2

Situación de dependencia. Decreto 176/2007

5 pts

10 pts

14 pts

20 pts

24 pts

30 pts

32 pts

38 pts

40 pts

PUNTUACIÓN

Nivel de Autonomía persoal

Puntos

Total puntos autonomía persoal

FACTOR-2: APOIO SOCIAL (máximo total 20 puntos)

Puntos

A persoa vive soa e carece de familiares e/ou redes distintas de apoio (20 puntos)

A persoa vive soa, carece de familiares e só ten apoio do contorno veciñal ou outras redes (18 puntos)

A persoa convive con persoa sen capacidade para atendelo (ata 12 puntos):

Cunha persoa maior de 70 anos (3 puntos)

Cunha persoa con discapacidade ou dependencia (3 puntos)

Cunha persoa que carece de tempo (3 puntos)

Con incapacidade para organizarse (3 puntos)

Os familiares néganse a atendelo/a aínda que teñan posibilidades (8 puntos)

Vive só/soa pero hai familiares con posibilidade de atendelos no mesmo concello ou a menos de 20 km (5 puntos)

Está ben atendido (0 puntos)

Puntos

Total puntos apoio social

FACTOR-3: SITUACIÓN FAMILIAR/SOCIALIZACIÓN MENORES (máximo total 20 puntos)

1. Conflito (máximo total 4 puntos) Puntos

Cun membro xerador de conflito de nivel moderado (1 punto)

Cun membro xerador de conflito de nivel grave (2 puntos)

Con máis dun membro xerador de conflito de nivel moderado (3 puntos)

Con máis dun membro xerador de conflito de nivel grave (4 puntos)

2. Limitacións de rol (máximo total 2 puntos) Puntos

Familias nas que ambos proxenitores ou titores teñan importantes limitacións físicas ou psíquicas para proporcionar unha axeitada atencións aos menores (2 puntos)

3. Monoparentalidade (máximo total 2 puntos) Puntos

Familias monoparentais que por distintas circunstancias (saúde, traballo, idade avanzada...) non poidan atender aos menores (2 puntos)

4. Habilidades parentais (máximo total 2 puntos) Puntos

Familias con escasas habilidades parentais (carencia de hábitos alimenticios, aseo persoal, administracións do orzamento, ausencia de roles, organización...) (2 puntos)

5. Número de menores (máximo total 10 puntos) Puntos

Un menor (3 puntos)

Dous menores (5 puntos)

Tres menores (7 puntos)

Catro ou máis menores (10 puntos)

Puntos

Total puntos situación familiar/socialización menores

FACTOR-4: OUTROS ASPECTOS SOCIAIS (máximo total 20 puntos)

4.1. Vivenda (total 10 puntos) Puntos

Non hai luz eléctrica (1 punto)

Non hai auga corrente (1 punto)

Non posúe WC (1 punto)

Non posúe cuarto de baño completo (1 punto)

Non ten neveira (1 punto)

Non ten quentador (1 punto)

Non ten lavadora (1 punto)

Non reúne condicións mínimas de hixiene/habitabilidade (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no interior da vivenda (1 punto)

Existen barreiras arquitectónicas no exterior da vivenda (1 punto)

2.Integración no contorno (total 10 puntos) Puntos

Situación de illamento ou de rexeitamento (10 puntos)

Ausencia de relacións sociais (6 puntos)

Existen escasas relacións coas persoas do contorno (4 puntos)

Integración axeitada no contorno (0 puntos)

Puntos

Total puntos outros aspectos sociais

Puntos

TOTAL XERAL

ANEXO III

Proxecto de Intervención

1.-Datos de Identificación do Expediente

Expediente 1

Intervención nº 2

Data de solicitude

Data de Inicio

Sector de Referencia 3

Ámbito de Atención 3

Nº Total de Usuarios

Nome e Apelidos

Data de Nacemento

DNI

Sexo

Estado Civil

Proxecto

Data do Proxecto

Data Fin de Proxecto

Antecedentes relevantes:

2.-Atención a prestar

Días da semana

L

M

X

J

V

S

D

Nº de horas semanais

Horario

Tipo de servizo a prestar 4

Perfil dos/as profesionais

Outros servizos:

3.-Existencia doutros Servizos/apoios prestados a domicilio

Existencia:

Servizos/apoios:

Nº de horas semanais:

4.-Obxectivos Específicos e Tarefas que se propoñen

Obxectivos do servizo proposto:

Tarefas a realizar:

5.-Periodicidade do Seguimento (mínimo bimensual)

Técnico responsable:

Asdo.:

1 Identificación do expediente en SIUSS

2 Número de orde desta intervención en relación co total realizadas neste expediente

3 Tipoloxía SIUSS

4 Pódese empregar a tipoloxía SIUSS