Cerceda - Regulamento de emerxencia social do Concello de Cerceda

Publicación provisional: 20/04/2010 BOP Nº: 72
Publicación definitiva: 07/06/2010 BOP Nº: 105
Aplicable dende: 24/06/2010

Artigo 1.- Concepto

Considéranse axudas de emerxencia social, para os efectos da presente ordenanza, aquelas prestacións económicas de pago único, de caracter extraordinario e finalista, destinadas a resolver as situacións de emerxencia que afecten a persoas ou familias ás que sobreveñan situacións de necesidade ao vérense privadas dos medios de vida primarios e imprescindibles. A súa finalidade será dispensar unha atención básica e urxente no momento en que estas situacións de necesidade se produzan.

A necesidade de dar resposta económica á emerxencia das situacións, pode esixir o pago urxente da axuda, xa que de non realizarse inmediatamente pode resultar ineficaz a concesión. A apreciación ou non da urxencia terá que constar na proposta e resolución do expediente.

Dado que o réxime normativo e as atención as que responden as axudas económicas obxecto da ordenanza serán sempre temporais para paliar necesidades extraordinarias e urxentes das persoas afectadas por situación de emerxencia e terán que estar necesariamente enmarcadas nun proceso de intervención social, que inclúan unha análise completa da situación individual e familiar.

Artigo 2.- Beneficiarios/as

1.Poderán beneficiarse das axudas de emerxencia social, persoas individuais ou unidades familiares, entendéndose por unidade familiar o conxunto de persoas que convivan no mesmo marco físico e se atopen vinculadas co/a solicitante por matrimonio ou calquera outra forma de relación análoga de afectividade, por adopción, acollemento ou parentesco de consanguinidade ata o cuarto grao ou de afinidade ata o segundo grao. Maila o anterior, cando nunha mesma unidade de convivencia, existan unha ou mais unidades familiares con menores ao seu cargo, considérase que cada unha delas constitúen unha unidade familiar independente.

2. Nunha unidade familiar un dos seus membros terá a condición de persoa beneficiaria das axudas, aínda que se lle outorguen en beneficio da unidade familiar.

3. Son titulares do dereito ás prestacións económicas, ata o momento e nos limites económicos que o permitan as consignacións orzamentarias acordadas para ditas prestación, os/as veciños/as que reúnan os requisitos esixibles e cumpran co establecido na presente ordenanza.

Artigo 3.- Requisitos

a. Ser maior de idade ou menor emancipado.

b. Estar empadroado/a e ter residencia efectiva no concello de Cerceda cunha antelación mínima de 6 meses no momento da solicitude. Excepcionalmente poderán ser beneficiarios/as, previo informe técnico municipal dos servizos sociais, os/as inmigrantes ou emigrantes retornados que non tendo antigüidade teñan o seu domicilio no concello de Cerceda e a súa situación de urxencia social faga necesaria esta axuda.

c. Non dispor de ingresos suficientes para afrontar os gatos derivados da situación de emerxencia social, segundo o establecido no artigo x da presente convocatoria.

d. Os/as beneficiarios/as quedarán exonerados/as de acreditación de estaren os corrente no cumprimento das obrigas tributarias e da seguridade social-

Artigo 4.- Réxime de incompatibilidades

1. Estas axudas serán incompatibles con calquera outras prestación pública, dereito á percepción económica ou ingreso privado que lle puidese corresponder ós/ás beneficiarios/as para esta finalidade. Agás os casos non que sexa considerado oportuno outorgar axudas de maneira complementaria, en virtude da gravidade da situación socioeconómica e familiar reflectida nos informes pertinentes, sen que a sume de todas elas supere o importe do custo da necesidade a cubrir.

2. Non se poderán conceder ós/ás beneficiarios/as máis dunha axuda para situacións de emerxencia social ao cando teña a mesma finalidade, excepto nequeles casos que sexa considerado oportuno en virtude da gravidade da situación socioeconómica e familiar reflectida nos informes pertinentes.

Artigo 5.- Obrigas dos/as beneficiarios/as

Os/as beneficiarios/as das axudas ou no seu caso os seus representantes legais estarán obrigados a:

a) Destinar o importe das prestación económicas ás finalidades para as que foron outorgadas.

b) Permitir e facilitar o labor ás persoas designadas para verificar a situación económica e familiar, sen menoscabo dos dereitos constitucionalmente recoñecidos.

c) Ao cumprimento das condicións que poidan establecerse ou acordarse na concesión das prestacións ao titular para que, polos seus propios medios, poida superar a situación de necesidade da unidade familiar.

d) Non exercer a mendicidade, nin inducir a súa práctica aos membros da unidade familiar.

e) Escolarizar ós/ás menores ao seu cargo, que se atopen en idade escolar obrigatoria.

f) Reintegrar a prestación indebidamente percibidas ou que coincidan no tempo con outra prestación concedida para a mesma finalidade.

Ditas obrigas serán comunicadas ao posible beneficiario/a no momento de comunicarlle a resolución no Anexo X, que deberá ser asignado polo/a beneficiario/a en proba de telas recibidas e de obriga de cumprimento.

Artigo 6.- Niveis de renda da unidade familiar para acceder ás axudas

En ningún caso os ingresos mensuais da unidade familiar poderán superar o IPREM (indicador público de renda de efectos múltiples) vixente incrementado nun 10% por cada membro desta. No suposto de formar parte da unidade familiar un menor, unha persoa con discapacidade ou persoa dependente da unidade familiar, o incremento será dun 20 % por cada un deles.

Artigo 7.- Determinación dos recursos económicos

Para determinar os ingresos a partir dos cales procede o recoñecemento das axudas, terase en conta os ingresos de toda a unidade familiar:

a) Computaranse como recursos da unidade familiar a totalidade dos ingresos que se obteñan polos conceptos de rendementos de traballo, retribucións, rendas, prestacións ou calquera outro título, no 6 meses anteriores a data da solicitude; terase en conta a última declaración do imposto sobre a renda das persoas físicas, cando esta non proceda o non sexa obrigatorio realizala acreditaranse os ingresos por certificacións dos organismos correspondentes e no seu defecto declaración xurada.

b) Cando se teña calquera dereito persoal ou real sobre bens mobles ou inmobles, susceptibles de producir rendementos económicos, terá a consideración de ingresos as rendas daqueles que efectivamente de conformidade co establecido nas normas reguladoras da rendas das persoas físicas, con excepción de vivenda de uso propio.

c) Para o cálculo dos rendimentos de traballo deduciranse dos ingresos brutos da unidade familiar o importe das cotizacións satisfeitas a seguridade social, as cantidades aboadas por dereitos pasivos e mutualidades de carácter obrigatorio.

Artigo 8.- Gastos susceptibles de axudas

As axudas de emerxencia social recoñécense para ser aplicada aos gastos extraordinarios polas seguintes situacións de necesidade:

a) Necesidades básicas non cubertas por outros sistemas de protección:

· Cobertura de necesidades básicas con carácter xeral: alimentos, leite maternizada, vestiario, aloxamento e demais indispensables para o desenvolvemento da vida diaria.

· Gastos sanitarios: gastos farmacéuticos e outros de análoga natureza.

b) Axudas de uso e mantemento da vivenda:

· Importes pendentes en evitación desfuizamento

· Pequenos arranxos na vivenda habitual, cando este se consideren imprescindibles para a permanencia no domicilio.

· Limpezas e destullo.

· Pago de recibos de luz e auga.

c) Atención a menores

· Actividades extraescolares.

· Material escolar, sempre que no momento da convocatoria de axudas a material escolar non residiran no concello.

d) Outros gastos excepcionais, valorados polos técnicos municipais de servizos sociais como indispensables para previr a marxinación e favorecer a normalización de individuos e familias.

Artigo 9.- Orzamento

A dispoñiibilidade orzamentaria destas axudas virá dada polo establecido no ornamento municipal anual, na partida consignada a tal efecto.

Artigo 10. contía das axudas

O importe das axudas modularase atendendo ao concepto concreto da necesidade, á concesión do obxectivo de sartisfacer ou axudar a cubir a necesidade, ao gatos necesario para satisfacelas, á situación socioeconomica do/a solicitante. A axuda poderá cubrir o gasto total da necesidade, cando asi sexa avalidao polos servizos sociais que o fará constar no informe social. En xeral os importes máximos serán:

Manutención: durante un tope máximo 3 meses consecutivos ou repartidos ao longo do ano.

Unidade de conviviencia de 1 ou 2 membros: Ata un tope máximo de 350 euros anuais.

Unidade de convivencia de 3 membros: Ata un tope máximo de 400 euros anuais

Unidade de convivencia de 4 membros: Ata un tope máximo de 450 euros anuais.

Unidade de conviviencia. de 5 ou máis membros: Ata un tope máximo de 500 euros anuais.

Leite maternizada: Seis meses consecutivos ata un tope máximo de 300 euros anual con informe médico xustificativo da necesidade da mesma.

Vestiario básico: contía máxima por unidade familiar. 150,00 €/ano unidade familiar.

Alugueiro: ata un máximo de 3 meses anuais, cunha contía máxima por ano 750,00 euros/anuais. Cunha contía máxima mensual de 250,00 euros.

Medicación: 3 meses consecutivos ou alternos ó longo do ano ata un tope máximo de 300 euros anuais. No caso de que dito medicamento non sexa sufrado polo Sergas precisa de informe médico xustificativo. No caso de que sexa cuberto polo sergas cubrirase o 40% do costo, sempre que sexa superior a 50 euros, sendo o resto a través da receta médica..

Uso e mantemento da vivenda: contía anual máxima por unidade familiar ata un máximo de 800,00 euros por vivenda ano.

No caso de sumistración electrica de auga sufragaranse 3 meses consecutivos ou alternos, ata un tope máximo de 40 euros mensuais, sendo a contía máxima anual 120 euros.

Atención a menores:

Actividades extraescolares, que se leven a cabo a través do concello, das ANPAs e outras entidades de carácter social que teñan como obxectivo a integración, previo informe social do equipo de servizos sociais. Ata un máximo de 180 euros por unidade de convivencia por curso escolar.

Material escolar, sempre que no momento da convocatoria de axudas a material escolar non residiran no concello. A contía máxima será de 100,00 euros.

Outras no recollidas na presente tipoloxía a xustificar: ata un máximo de 300,00 euros ano.

O máximo anual que se poderá conceder por unidade familiar, por varios conceptos, será o 50% do IPREM.

Artigo 11. Lugar e prazos de presentación

As solicitudes xunto coa documentación esixida presentarase no Rexistro municipal, segundo o modelo do anexo I, asinando autorización e consentimento para recabar os documentos que obren nos seus servizos, así como a información adicional que se considere necesaria para complementar o expediente dirixíndose aos órganos públicos ou privadas competentes, ou a través de calquera dos medios previstos na Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. As solicites irán dirixidas á alcaldía do Concello de Cerceda.

O prazo de petición manterase permanentemente aberto, suxeito en todo caso, á existencia de consignación orzamentaria para facer fronte ao custo das axudas en cada un dos exercizos orzamentarios.

Xunto coas solicitudes achegarase a seguinte documentación (en orixinal e copia) de todos os membros da familia:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou tarxeta de identificación de extranxeiro/a relativa a súa residencia legal en España.

b) Fotocopia do libro de familia ou documentos acreditativos de acollemento ou tutela.

c) Volante do Padrón municipal de habitantes conforme á residencia e convivencia.

d) Fotocopia da declaración do I.R.P.F. do ano corrente ou do anterior dependendo da data da solicitude. No caso de non estar obrigado/a a presentarla, certificación negativa da Axencia Estatal da Administración tributaria relativa aos membros da unidade familiar menores de 16 años.

e) Certificación actual de haberes emitida pola empresa/s ou nóminas. No seu defecto achegarase xustificación de ingresos dos últimos 6 meses, de cada un dos compoñentes da unidade familiar maiores de 16 anos, tanto que os seus ingresos teñan carácter regular como irregular.

f) Certificacións actuais de pensións, prestacións ou subsidios expedidos polos organismos correspondentes: INEM, Seguridade Social, Xunta de Galicia, de cada un dos compoñentes da unidade familiar.

g) Nos casos nos que non se poida acreditar documentalmente os ingresos da unidade familiar, recadarase a declaración responsábel sobre eles (declaración xurada)

h) Certificado de minusvalía se fose o caso.

i) No suposto de que axuda solicitada teña como destino a realización de obras no fogar, esixirase con carácter preceptivo a incorporación no expediente dun informe técnico dos servizos municipais competentes referidos aos aspectos técnicos da mesma (viabilidade, orzamento, etc..)

j) Resolución do grao de dependencia (se é o caso).

k) Documentos, orixinais, acreditativos da situación de necesidade determinante da solicitude, así como o xustificante do seu custo.

l) Orzamento detallado.

ll) Nas axudas que impliquen adecuación da vivenda, documento que acredite a propiedade ou alugueiro, e neste suposto a autorización do propietario.

m) Número de conta bancaria ou documento de pago delegado (ANEXO II)

Artigo 12.- Tramitación.

A tramitación destas axudas realizarase dende os servizos sociais municipais de atención primaria, e a súa tramitación poderá seguir dous procedementos: ordinario e de urxencia.

Os/as traballadores/as sociais , tendo en conta a situación do/a solicitante, o carácter da necesidade, así como a urxencia da resolución do problema que orixina a demanda de axuda de emerxencia social, deberán determinar o procedemento a seguir en cada caso, que deberá constar expresamente no Informe Social.

Artigo 13.- Procedemento ordinario para a concesión das axudas.

Tendo en conta o establecido no artigo 1º, a finalidade destas axudas de carácter temporal é para paliar necesidades extraordinarias e urxentes das persoas afectadas por unha situación de emerxencia, ademais terán que estar necesariamente incardinadas a un proceso de intervención social, que inclúa unha análises completa da situación individual e familiar. De acordo co exposto o procedemento para a concesión das mesmas, que iniciarase na unidade de traballo social, é o seguinte:

1. O procedemento iniciarase a instancia do interesado médiante a presentación da solicitude (no modelo oficial ANEXO I), no Rexistro Xeral do Concello nos teminos e forma sinaladas no artigo 11 da presente ordenanza,

2. O/a coordinadora de servizos sociais recepcionará as solicitudes, que entregará a UTS.

3. As/os Traballadoras/es Sociais das UTSs realizarán o estudio e valoración da petición e da situación familiar, que necesariamente incluirá a realización da Historia Social Familiar, Deseño de Intervención Social Personalizada e rexistro no SIUSS, así como a comprobación da

documentación e requirimento da mesma, se fora necesario, mediante escrito asinado polo alcalde segundo modelo ANEXO IV. O informe social do/a traballador/a social elaborarase por escrito, segundo o modelo que figura no ANEXO V no que se porá de manifesto, ademais da problemática, da demanda e dos recursos aplicados, se o/a solicitante cumpre os requisitos sinalados para percibir a axuda solicitada e, no seu caso, a contía da mesma, así como o procedemento a seguir: urxente ou ordinario.

4. A/O coodinadora de servizos sociais, unha vez incorporados aos expedientes os informes sociais das/os traballadoras/es sociais, poderá, si así o estima necesario, solicitar das UTSs a incorporación doutros informes: da policía local, dos servizos técnicos, e outros externos, que deberán evacuarse no prazo máximo de 10 días.

5. O/a coordinadora de servizoa sociais mensualmente, manterá unha reunión técnica de traballo coas traballadoras sociais das UTSs para avaliación global das axudas solicitadas. E emitirá o correspondente informe técnico específico do conxunto das solicitudes presentadas, debendo constar que se axustan necesariamente aos criterios recollidos no artigo 16 da ordenanza.

6. A/O coordinadora de servizoa sociais, co informe técnico específico emitido polos/as traballadores/as sociais, elaborará o informe-proposta inicial para Xunta de Goberno Local, que será definitivo de existir conformidade pola Xunta de Goberno local.

7. Resolución polo alcalde, concedendo o denegando a unha axuda económica solicitada.

8. Notificación ao solicitante, polo alcalde ou concelleiro/a delegado, que deberá efectuarse nun prazo máximo de 30 días naturais dende a data de resolución. En dita notificación deberá constar a aprobación ou denegación da axuda, e nos suposto de aprobación deberá constar a

contía concedida, así como os medios de xustificación do gasto.

9. O pagamento ao beneficiario ou a entidade autorizada farase efectivo nun

mes dende a data de resolución.

10.Xustificación das axudas segundo o estabelecido no artigo nº 17 deste ordenanza.

Artigo 14.- Procedemento de urxencia para a concesión das axudas.

A tramitación con carácter de urxente darase a aqueles casos especiais e con carácter excepcional, que precisan, a criterio do/a traballador/a social unha resolución inmediata.

O procedemento a seguir será o que se sinala a continuación:

1 Presentación da instancia solicitude coa documentación que pola traballadora social se estime necesaria.

2 Elaboración do informe do/a traballador/a social, avaliando a situación de necesidade e o carácter prioritario e urxente da concesión da axuda

e contía , que deberá ser presentado á/ó coordinador/a de servizos sociais.

3 Estimación de si procede ou non a concesión do carácter de urxencia polo coordinador/a de servizos sociais, que remitiría á/ó Alcalde ou Concelleira/o Delegada/o en Benestar Soaical

4 O/a alcalde ou A/O Concelleira/o delegada/o da Área de Benestar Social, a vista do informe social, e do visto e prace da/o coordinador/a de servizos sociais, con carácter inmediato ditará unha providencia para darlle prioridade a tramitación do expediente, solicitando a boa disposición dos servizos implicados para unha inmediata resolución.

5 Informe do expediente pola/o Coordinador/a de servizos sociais onde porá de manifesto o carácter de urxente, o cumprimento dos requisitos sinalados para percibir a axuda solicitada, a contía da mesma, así como os medios de xustificación do gasto. Dando o seu traslados os servizos da intervención municipal.

6 Pagamento da axuda nun prazo máximo de 72 horas.

7 Xustificación do gasto realizado con cargo a axuda concedida nun prazo non superior a 15 días, mediante facturas ou outros justificantes que se estimen, segundo o estabelecido no artigo 17 desta ordenanza

Artigo 15.- Criterios para a resolución dos expedientes.

Nas avaliacións dos expediente se terán en conta criterios específicos.

Para a aplicacións dos criterios específicos se utilizará unha escala de valoración validada e estandarizada, que determinará a priorización na concesión en función dos puntos obtidos, que significarán a escala de necesidade estimada.

1. CRITERIOS ESPECÍFICOS: a ter en conta na emisión do Informe Social, onde se avaliaran as seguintes variables :

1.1.Tipoloxía familiar: (máximo 3 puntos)

1.1.1. Familia extensa : 1 puntos

1.1.2. Familiar nuclear: 2 puntos

1.1.3. Familia monoparental: 3 puntos

1.2. Situación socio-familiar : Factores limitadores adicionais que afectan a algún dos membros da unidade familiar (máximo 6 puntos):

1.2.1. Familia desestructurada : 1 punto

1.2.2. Existencia dalgunha membro con discapacidade ( física,

psíquica ou sensorial) debidamente acreditada : 1 puntos

1.2.3. Existencia dalgun membro con dependencia valorada (debidamente acreditada): 1 punto

1.2.4. Existencia dalgún membro da unidade familiar con problemas

de adición (alcohol, drogas, e/ou outras adiccións): 1 puntos

1.2.5. Existencia dalgún membro da unidade familiar con

enfermidade grave: 1 puntos.

1.2.6. Ausencia do fogar de ámbolos dous membros parenterais : 2

puntos.

1.3. Situación económica familiar: (máximo 3 puntos) Supón unha avaliación dos ingresos de unidade familiar, tendo en conta a renda per cápita :

1.3.1. Rendas per cápita superiores ao 150 % do IPREM: -3 puntos

1.3.2.Rendas per cáptica entre o 125 % e o 150 % do IPREM: -2 puntos

1.3.3.Rendas per cápita entre o 100% e o 125 % do IPREM : -1 puntos

1.3.4. Rendas per cápita entre o 100% e o 75% do IPREM : 1 puntos

1.3.5. Rendas per cápita entre o 75% e o 100% do IPREM : 1 puntos

1.3.6.Rendas per cápita entre o 75% e o 50% do IPREM : 2 puntos

1.3.7 Rendas per cápita entre 50 % e o 25 % do IPREM 3 puntos

1.3.8. Rendas per cápita inferiores ao 25 % do IPREM : 4 puntos

1.4. Situación da vivenda: (máximo 3 puntos)

1.4.1. Tipoloxía da vivenda:

1.4.1.1. Vivenda en propiedade pagada: 0 puntos

1.4.1.2. Vivenda en propiedade pagándose : 1 puntos

1.4.1.3. Vivenda en alugueiro : 2 puntos

1.4.1.4. Vivenda en precario: 3 puntos

1.5. Situación de risco e/ou exclusión social: ( máximo 14 puntos)

1.5.1. Situacións de desatención dos fillos menores por parte dos proxenitores ou representantes legais: 2 puntos

1.5.2. Problemas conductuais nos menores que integran a unidade familiar: 2 puntos

1.5.3. Situacións carenciais que afecten aos adultos integrantes da unidade familiar: 2 puntos

1.5.4. Problemas de conducta desadaptada que afecten aos proxenitores ou outros adultos integrantes da unidade familiar: 2 puntos

1.5.5. Situacións de violencia doméstica: 2 puntos

1.5.6. Familias que algún dos membros da unidade familiar esta en

situación de desemprego : 2 puntos

1.5.7. Outras circunstancias de risco non recollidas nos ítems anteriores: 2 puntos.

1.6. Familias en proceso de intervención social: (máximo 9 puntos)

1.6.1. Familias incluídas no Programa de Apoio Familias: 3 puntos

1.6.2. Familias Beneficiarios da RISGA: 3 puntos

1.6.3. Familias que algún dos seus membros son usuario dos Programas de Inclusión Social: 3 puntos

1.7.Outros datos de interese relacionados coa necesidade de axuda de emerxencia social:

Esta puntuación será a que resulta de considerar a posible concorrencia de determinadas circunstancias subxectivas dentro da unidade de convivencia, que deben ser avaliadas por canto poidan incidir no grao de necesidade, e que non quedan reflectidas nos criterios de avaliación sinalados con anterioridade.

Representa unha avaliación adicional feita polas/os Traballadoras/es Sociais dos servizos sociais de atención primaria do concello, que non pode exceder dos 10 puntos.

Artigo 16.- Forma de pago e xustificación

16.1. Procedemento ordinario

a) O importe de concesión librarase mediante pagamento único.

b) Nos procedementos ordinarios efectuarase o pago o máis axiña posible, sen o prazo poida exceder de máis dun meses, dende a data de resolución.

c) O libramento faráselle directamente ao/á beneficiario/a (pago directo) ou á persoa ou entidade que este/a autorice (anexo 2 ) (pago delegado) e o informe social así o apoie. Así mesmo este informe poderá suxerir que o pago da axuda se realice co acompañamento de algún traballador dos servizos sociais. Cabe a posibilidade de realizar un pago anticipado en situacións excepcionais, que deberá ser xustificado no informe social.

d) A axuda xustificarase nun prazo de tres meses dende a notificación da concesión da axuda, e farase mediante facturas ou outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, que deberán ser presentadas nas UTSs (Unidades de Traballo Social), de modo que o destino dado á axuda corresponde coa finalidade para a que foi concedida. Nos casos de obras de adecuación das vivendas o prazo pódese ampliar outros tres meses.

e) Os documentos orixinais acreditativos do gasto se deberán selar mediante o sistema de estampado no que se fará constar que ese gasto foi aplicado á subvención correspondente e indicando no mesmo o importe concedido.

16.1. Procedemento urgente

a) O importe da concesión librarase mediante pagamento único.

b) O pago efectuarase dun xeito inmediato sen que o prazo poida exceder de 72 horas.

c) O libramento faráselle directamente ao/á beneficiario/a (pago directo) ou á persoa ou entidade que este/a autorice (anexo 2 ) (pago delegado) sempre que o informe social así o apoie. Así mesmo este informe poderá suxerir que o pago da axuda se realice co acompañamento de algún traballador dos servizos sociais.

d) A axuda xustificarase nun prazo non superior a 15 días e farase mediante facturas ou outros xustificantes, que deberán ser presentadas nas UTSs, tendo que axustarse ao fin para o que se outorgou.

A xustificación do gasto acreditarase polas facturas dos pagos e gastos realizados, que deberán cumprir os requisitos regulamentariamente establecidos o mediante outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil o con eficacia administrativa.

Sen perxuizo do disposto no parágrafo anterior e ante determinadas situación extremas que deberán quedar perfectamente definidas no correspondente expediente, ao perceptor da axuda non se lle requirirán os xustificantes do gasto polos medios determinados con carácter xeral citados.

Artigo 17.- Seguimento das axudas.

Serán os servizos sociais municipais os que fagan o seguimento das situacións de necesidade protexida polas axudas de emerxencia, así como o destino dado ás mesmas; e poderán solicitarlles aos/ás beneficiarios/as a información ou documentación necesaria para o exercizo de dita función de forma axeitada.

Artigo 18.- Reintegro e réxime sancionador.

A falsidade ou ocultación dos datos ou documentos achegados polo/a beneficiario/a da axuda, así como a non xustificación total ou parcial da mesma, ou destinala a un fin distinto para o que foi concedida, implicará o impedimento dunha nova solicitude por un período de 2 anos.

DISPOSICION ADICIONAL

Facultase a Alcaldía ou ao órgano no que poida delegar para adoptalas disposicións necesarias para o desenvolvemento e execución da Ordenanza así como para ditar instruccións de aplicación con respecto a mesma.

ANEXO 1: SOLICITUDE

Axudas de emerxencia social municipal

BOP da Coruña nº

Selo de entrada

DATA

DATOS DO/A SOLICITANTE

Nome

1º apelido

2º apelido

DNI

Data nacemento

Estado civil

Profesión

Enderezo

TEF

C.P

Localidade

Provincia

MOTIVO DA SOLICITUDE


TIPO DE AXUDA QUE SOLICITA


O/A solicitante autoriza aos servizos sociais comunitarios de base a recabar os documentos que obren noutros servizos municipais así como a información adicional que se considere necesaria para completar o expediente dirixíndose aos órganos públicos ou privados competentes.

De acordo co previsto no artigo 5 da Lei orgánica 15/1999 de protección de datos de carácter persoal, infórmaselle que os datos incluídos nesta solicitude será rexistrados en ficheiros automatizados responsabilidade da entidade local, para xestión de usuarios/as con acceso aos ficheiros con datos de carácter persoalm sen que esta prevista cesión algunha de ditos datos. Os dereitos de acceso, rectificación, cancelación de datos e oposición poderanse realizar nos termos previstos na citada Lei.

Cerceda, ........... de ......................................... de .........

Asdo.,:

SR-ALCALDE PRESIDENTE DO CONCELLO DE CERCEDA

ANEXO II: DECLARACION DO PAGO

NOME E APELIDOS


Nº EXPTE


IMPORTE CONCEDIDO

DESTINO

Eu D./Dª ____________________________________________________________, co DNI___________________, autorizo a________________________________________ con DNI/NIF_______________________________, a percibir a contía de ____________________ euros en concepto de _________________________________________________

Siantura do/a solicitante da axuda

DATOS BANCARIOS DO PROVEEDOR OU EMPRESA AUTORIZADA

1º APELIDO ________________________________ 2º APELIDO _______________________ NOME ___________________________ OU RAZON SOCIAL __________________________________________________ ENDEREZO ___________________________________________________________________ LOCALIDADE______________________________ PROVINCIA_________________________ CODIGO POSTAL_____________________ DNI ou NIF______________________________ NOME DA ENTIDADE FINANCIERA __________________________________________________________________________ ENDEREZO DA AXENCIA ________________________________________________________________ LOCALIDADE _______________________________ PROVINCIA_______________________

____________, _______, de _______________________ de 2_____

Sinatura e selo da persoa ou empresa autorizada

DILIXENCIA DO/A AXENTE PAGADOR/A- Acéptase a elección formulada polo perceptor/a oa que se refire o presente documento nos termos que nela figuran

Data, sinatura e selo do banco ou caixa

CLAVE DO BANCO _ _ _ _ CLAVE SUC _ _ _ _ DC _ _ C/C _ _ _ _ _ _ _ _ _ _

· No caso de delegar o pago a máis de un proveedor/a ou empresa, deberá cubrir un modelo para cada un deles.

ANEXO III: OBRIGAS DOS/AS BENEFICIARIOS/AS

A/o abaixo asinante, recoñezo estar informado das obrigas dos perceptores/as das axudas de emerxencia social, segundo o artigo 5 da Ordenanza municipal reguladora do procedemento de concesión de prestacións de caracter económico para situacións de emerxencia social, son as seguintes:

a) Destinar o importe das prestacións económicas ás finalidades para as que foron outorgadas.

b) Permitir e facilitar o labor ás persoas designadas para verificar a situación económica e familiar, sen menoscabo dos dereitos constitucionalmente recoñecidos.

d) Ao cumprimento das condicións que poidan establecerse ou acordarse na concesión das prestacións ao titular para que, polos seus propios medios, poida superar a situación de necesidade da unidade familiar.

d) Non exercer a mendicidade, nin inducir a súa práctica aos membros da unidade familiar.

e) Escolarizar aos menores ao seu cargo que se atopen en idade escolar obrigatoria.

f) Reintegrar as prestacións indebidamente percibidas ou que coincidan no tempo con outra prestación concedida para a mesma finalidade.

Como posible beneficiario/a das axudas de emerxencia social, comprométome a cumrprilas, asinando o presente documento como proba de manifestado no memso.

RECIBIDO E INFORMADO/A

Cerceda,........... de ............................ de .................

O beneficiario/a ou representante legal

Asdo. ............................................

ANEXO IV REQUERIMENTO DE DOCUMENTACION

Vista a solicitude de emerxencia social presentada por vostede e segundo a Ordenanza municipal reguladora de procedementos de concesión de prestacións de carácter económica para situacións de emerxencia social, deberá aportar, no prazo de 10 días, contados dende o seguinte a recepción do requirimento, a seguinte documentación, de non achegarse procederase ao arquivo do expediente:

 Fotocopia do documento nacional de identidade ou tarxeta de identificación de estranxeiro/a relativa a súa residencia legal en España.

 Fotocopia do libro de familia ou documentos acreditativos de acollemento ou tutela.

 Volante de convivencia municipal, conforme a residencia e habitantes.

 Fotocopia da declaración do I.R.P.F. do ano corrente ou do anterior dependendo da data da solicitude. No caso de non estar obrigado/a a presentala, certificación negativa da Axencia Estatal de Administración Tributaria relativa aos membros da unidade familiar maiores de 16 anos.

 Certificación actual de haberes emitida pola empresa/s ou nóminas. No seu defecto achegarase xustificación de ingresos dos últimos 6 meses, de cada un dos compoñentes da unidade familiar maiores de 16 anos, tanto que os seus ingresos teñan carácter regular como irregular.

 Certificacións actuais de pensións, prestacións ou subsidios expedidos polos organismos correspondentes: INEM, Seguridade Social, Xunta de Galicia, de cada un dos compoñentes da unidade familiar.

 Xustificante municipal do Imposto sobre Bens Inmobles.

 Xustificante municipal do imposto sobre Vehículos de Tracción Mecánica.

 Nos casos nos que non se poida acreditar documentalmente os ingresos da unidade familiar, recadarase declaración responsábel sobre eles (declaración xurada).

 Certificado de minusvalía se fose o caso.

 Informe médico acreditativo da dependencia das persoas maiores de 65 anos.

 Documentos, orixinais, acreditativos da situación de necesidade determinante da solicitude, así como o xustificante do seu custo. Presuposto detallado. Nas axudas que impliquen adecuación da vivenda, documento que acredite a propiedade ou alugueiro así como a autorización do propietario.

 Número de conta bancaria ou documento de pago delegado (ANEXO II)

Cerceda,….. de ……………………………… de ……..

A coordinadora de servizos sociais

Asdo.:

Sr./a:……………………………………………………………………………………………………

ANEXO V: INFORME SOCIAL

En relación co expediente de solicitude de axuda de emerxencia social ao abeiro da Ordenanza Municipal Reguladora do procedemento de concesión de prestacións de carácter económico para situacións de emerxencia social, presentado por don/a ……………………………………………..………………………………………………con DNI nº ………………………. e tendo en conta a documentación aportada e os datos obrantes no departamento de servizos sociais no expediente familiar núm…………………………. , a traballador/a social………………………………………………………………., número de colegiada ……………………………, emito o seguinte Informe Social:

1.- DESCRIPCIÓN DA UNIDADE FAMILIAR E DE CONVIVENCIA.-

A Unidade familiar está formada polos seguintes membros:

APELIDOS E NOMES

Data nacem.

Parentesco

Situación laboral

Ingresos

Anuais





































Total ingresos mensuais da unidade familiar


Total membros da unidade familiar


Renda per cápita mensual da UF


2.- DESCRIPCION DA SITUACION DE NECESIDADE

3.- AVALIACION DA TIPOLOXIA FAMILIAR

CONCEPTO

PUNTUACION DE

REFERENCIA

PUNTUACION ACADADA

 Familia extensa

1 punto


 Familia nuclear

2 puntos


 Familia monoparental

3 puntos


TOTAL PUNTACION (máximo 3 puntos)


4.- AVALIACIÓN DA SITUACIÓN SOCIO- FAMILIAR:

CONCEPTO

PUNTUACION DE

REFERENCIA

PUNTUACION ACADADA

 Familia desestruturada

1 punto


 Existencia dalgún membro con discapacidade (física, psíquica ou sensorial) debidamente acreditada.

1 punto


 Existencia dalgún membro da unidade familiar con problemas de adicción (alcol, drogas e/ou outras adiccions)

1 punto


 Existencia dalgún membro da unidade familiar con enfermidade grave.

1 punto


 Ausencia do fogar de ámbolos dous membros parentais.

1 punto


TOTAL PUNTACION (máximo 5 puntos)


5. AVALIACION DA SITUACION ECONOMICO FAMILIAR

Tendo en conta o número de membros, os ingresos da unidade familiar e a renda per cápita, resultante, segundo o sinalado no punto 1 do presente informe, a avaliación da situación económica é a seguinte:

CONCEPTO (RPC mensual da unidade familair

PUNTUACION DE

REFERENCIA

PUNTUACION ACADADA

 Rendas per cápita inferiores ao 25 % do IPREM

4 punto


 Rendas per cápita entre 50 % e o 25 % do IPREM.

3 punto


 Rendas per cápita entre o 75% e o 50% do IPREM

2 punto


 Rendas per cápita entre o 75% e o 100% do IPREM.

1 punto


 Rendas per cápita entre o 100% e o 125 % do IPREM

-1 punto


 Rendas per cápita entre o 125% e o 150 % do IPREM

-2 puntos


 Rendas per cápita superiores ao 125 % do IPREM

-3 puntos


TOTAL PUNTACION (máximo 4 puntos)


6. AVALIACION DA SITUACION DA VIVENDA: tendo en conta a tipoloxía da vivenda e as condicións da mesma, a avaliación e a seguinte:

CONCEPTO

PUNTUACION DE

REFERENCIA

PUNTUACION ACADADA

 Vivenda en propiedade e pagada

0 puntos


 Vivenda en propiedade e pagándose

1 punto


 Vivenda en alugueiro

2 punto


 Vivenda en precario

3 punto


TOTAL PUNTACION (máximo 3 puntos)


7. AVALIACION DA SITUACION DE RISCO E/OU EXCLUSION SOCIAL

CONCEPTO

PUNTUACION DE

REFERENCIA

PUNTUACION ACADADA

 Situación de desatención dos fillos/as menores por parte dos proxenitores ou representantes legais

2 puntos


 Problemas conductuais nos menores que integran a unidade familiar

2 punto


 Situacións carenciais que afecten aos adultos integrantes da unidade familiar

2 punto


 Problemas de conducta desadaptada que afecten aos proxenitores ou outros adultos integrantes da unidade familiar

2 punto


 Situacións de violencia de xénero

2 puntos


 Familias con algún dos membros da unidade familiar en situación de desemprego

2 puntos


 Outras circunstancias de risco non recollidas nos ítems anteriores

2 puntos


TOTAL PUNTACION (máximo 14 puntos)


8. AVALIACION DOS PROCESOS DE INTERVENCION SOCIAL

CONCEPTO

PUNTUACION DE

REFERENCIA

PUNTUACION ACADADA

 Familias incluídas no programa de Apoio Familias

3 puntos


 Familias beneficiarias de RISGA

3 punto


 Familias que algún dos seus membros son usuarios/as dos Programas de Inclusión Social

3 punto


TOTAL PUNTACION (máximo 9 puntos)


9. OUTROS DATOS DE INTERESES RELACIONADOS COA NECESIDADE DE AXUDA DE EMERXENCIA SOCIAL (Puntación máxima 10 puntos)

Tendo en conta o exposto, a puntación acada por este concepto é de ....... puntos.

10. AVALIACION E ORIENTACION PROFESIONAL

Ao abeiro dos criterios de baremación das axudas de emerxecia social, segundo o establecido na Ordenanza Municipal reguladora do procemendo de concesión de prestacións de carácter económico por situacións de emerxencia social, a baremación e avaliación, que se fai do expediente de referencia é a seguinte:

1. En relación á tramitación do expediente:

 Reúne todos e cada un dos requisitos establecidos nas bases.

 Ten aportada a documentación requirida.

 Non aporta a documentación esixida

 Existe ocultación de datos

 Non concorrencia do declarado na solicitude cos datos comprobados.

2. No proceso de baremación do expediente de solicitude de axuda de emerxencia social, a puntación acada foi de: ................................... puntos.

3. Que existe unha situación de emerxencia social que precisa da axuda solicitada para a súa resolcuón.

Tendo en conta a avaliación da situación de necesidade estimada e reflectida no presente informe, a orientación profesional que se fai para a resolución do expediente é a seguinte:

1. En relación a axuda solicitadas procede:

 Conceder unha axuda de emerxencia social ao abeiro da devandita ordenanza.

 Denegar a solicitude en base ao reflectido neste informe.

2. A contía a conceder sería de _________________ euros

3. O procedemento a seguir, segundo a necesidade estimada, será o seguinte:

 Ordinario.

 Urxente.

4. Para a xustificación do gasto o procedemento será o seguinte:

 Acreditarse polas facturas dos pagos e gastos realizados que deberán cumprir os requisitos regulamentariamente establecidos.

 Mediante outros documentos de valor probatorio equivalente con validez no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa.

 Mediante calquera medio admisible en dereito, que nesta caso será ______________________________________________________________________________________________________________________________________

E para que conste aos efectos do disposto na Ordenanza Municipal Reguladora do procedemento de concesión de prestacións de carácter económico para solicitudes de emerxencia social, e para unir ao expediente de referencia de solicitude de axudas de emerxencia social, asino o presente informe.

Cerceda,....... de ..............................de ........

A traballadora Social

Asdo..”