Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 2, REGULADORA DA TAXA POR DOCUMENTOS QUE EXPIDA OU DE QUE ENTENDA A ADMINISTRACIÓN OU AS AUTORIDADES MUNICIPAIS A INSTANCIA DE PARTE.

Publicación provisional: 16/11/2006 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 28/12/2020

Artigo 1. Fundamento e réxime

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de Abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.a) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de facendas locais, establece a Taxa por Documentos que expida a Administración ou as Autoridades Locais a instancia de parte, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.

Artigo 2. Feito impoñible

Constitúe o feito impoñible a actividade municipal desenrolada como consecuencia da tramitación a instancia de parte de toda clase de documentos que expida ou de que entenda a Administración ou Autoridades Municipais.

Artigo 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta Taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas físicas e xurídicas, así como as herdanzas xacentes, comunidades de bens e demais entidades que, carentes de personalidade xurídica, constitúan unha unidade económica ou un patrimonio separado, susceptible de imposición, que soliciten, provoquen ou resulten beneficiadas pola tramitación ou expedición dos documentos a que se refire o artigo 2.

Artigo 4. Devengo

A obrigación de contribuír nace coa solicitude da expedición do documento, ou co documento mesmo, do que vaia entender a Administración municipal, sen que se inicie a actuación ou o expediente ata que se efectúe o pago xunto coa solicitude, co carácter de depósito previo.

Artículo 5. Responsables

1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta Ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 6. Base impoñible e liquidable

A base impoñible dependerá, en cada caso, da clase ou natureza do documento tramitado ou expedido pola Administración municipal.

Artigo 7. Cota tributaria

EPÍGRAFE 1

Padrón de habitantes

1.-Altas e cambios de domicilio

0,00 euros

2.-Certificacións do padrón

2,00 euros

3.-Volante de empadroamento

1,00 euros

4.-Certificacións do padrón en libros

5,00 euros

5.-Outros non incluido entre os anteriores

3,00 euros

*Todos os documentos tramitados a través da sede electrónica do Concello de Cerceda, terán unha cota de 0,00 euros.

 

EPÍGRAFE 2

Certificacións e consultas

1.-De acordos e resolucións de órganos administrativos

3,00 euros

2.-Outros certificados

3,00 euros

3.-Dilixencias de cotexo e compulsa:

Soamente pola primeira copia

1,00 euros

4.-Bastanteo de poderes

10,00 euros

5.-Por informes emitidos pola policía local

25,00 euros

6.- Por informes emitidos pola arquitecta municipal (*)

29,60 euros

(*) cota incluida na ordenanza 4, reguladora da expedición de licencias.

 

EPÍGRAFE 3

Participación en procesos selectivos de persoal

1.-Posto de traballo grupo A ou asimilados

30,00 euros

1.-Posto de traballo grupo B ou asimilados

25,00 euros

1.-Posto de traballo grupo C ou asimilados

20,00 euros

1.-Posto de traballo grupo D ou asimilados

15,00 euros

1.-Posto de traballo grupo E ou asimilados

10,00 euros

Artigo 8. Normas de xestión

En todo caso, os documentos deberán solicitarse por escrito no rexistro municipal, ou ben a través da sede electrónica municipal do Concello de Cerceda. As cotas ingresaranse en calqueira das contas bancarias das que dispón o Concello de Cerceda, debendo adxuntar á solicitude do documento, a copia do ingreso efectuado. Únicamente as cotas correspondentes ós documentos tramitados no padrón de habitantes, poderán ingresarse na Tesourería da Corporación. En ningún caso se obterá o documento municipal, sen que conste de xeito expreso o ingreso da cota correspondente.

Artigo 9. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables

9.1- Por razóns de capacidade económica, os solicitantes, previo informe dos servicios sociais, poderán quedar exentos do pago da taxa por expedición de documentos.

9.2- Contemplaranse as seguintes exencións no 50% da cota:

- Persoas con grado de discapacidade igual ou superior ó 33%: Deberán aportar o certificado de discapacidade.

- Familia numerosa: Deberán aportar o certificado de familia numerosa ou carnet familiar no que conste dito carácter.

- (Únicamente para as cotas incluídas no epígrafe 3: Participación en procesos selectivos de persoal ) Persoas que figuren como demandantes de emprego, dende, a lo menos, os 6 meses anteriores á data da convocatoria das probas selectivas nas que soliciten a súa participación, e non estén percibindo prestación ou subsidio por desemprego. Deberán aportar a certificaciòn expedida pola oficina de emprego na que conste que a/o aspirante figura como demandante de emprego dende, polo menos esa data, e certificación do servicio público de emprego estatal na que conste que non está percibindo prestación ou subsidio por desemprego.

Para disfrutar destas exencións, deberá aportarse a documentación esixida en cada caso, no momento da solicitude do documento correspondente.

Agás o disposto anteriormente e de conformidade co artigo 9 da Lei 39/88 do 28 de decembro, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos Tratados ou Acordos Internacionais ou veñan previstos en normas con rango de Lei.

Artigo 10. Infraccións e sancións tributarias

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei Xeral Tributaria e demais normativa aplicable.