Rois - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLOS SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS
Artigo 1.º -Fundamento.
De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Rois
Artigo 2.º -Concepto.
O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Rois.
Artigo 3.º -Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ó pagamento do prezo público regulado nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello e especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.
Artigo 4.º -Tarifas.
1.-O prezo público que se debe pagar ó Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:
4.1. Escolas deportivas
1) Fútbol sala (nenos/as de 5 a 17 anos): 30,00 € por tempada
2) Predeporte (nenos/as de 5 a 17 anos): 30,00 € por tempada
3) Patinaxe (nenos/as de 5 a 17 anos): 50,00 € por tempada
4) Pilates e aeróbic (para adultos/as a partir de 18 anos):
- Só pilates: 32,00 € por tempada
- Só aeróbic: 32,00 € por tempada
- Pilates máis aeróbic: 50,00 € por tempada
5) Ximnasia +60 e mantemento:
- Só ximnasia +60 e mantemento: 40,00 € por tempada
- Ximnasia +60 máis pilates ou aeróbic: 72,00 € por tempada
- Ximnasia +60 máis pilates e aeróbic: 80,00 € por tempada
Os prezos públicos establecidos para as escolas deportivas recollidas nos puntos 1), 2) e 3) do presente epígrafe terán unha redución nos seguintes casos:
a) Matrícula en máis dunha escola: a matrícula dun mesmo neno/a nunha segunda escola deportiva terá unha redución dun 50% nesa segunda escola, a matrícula nunha terceira escola terá unha redución dun 75% nesa terceira escola.
b) Matrícula de varios irmáns: a matrícula do 2º irmán nunha escola deportiva terá unha redución do 50%, a matrícula do 3º irmán e seguintes terá unha redución do 75%.
As reducións recollidas nos puntos a) e b) do presente epígrafe son acumulativas.
4.2 Cursos e obradoiros organizados polo Concello:
A proposta do prezo das matrículas será fixado polo Departamento correspondente, correspondendo á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada.
4.3 Viaxes organizados polo Concello:
O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
4.4. Campamentos urbanos e similares

4.5. Entrada a espectáculos, obras de teatro, actuacións musicais e similares nos centros socio culturais, organizados polo Concello:
O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o custo total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do Servizos correspondentes, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o custo do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación orzamentaria para a cobertura da diferencia existente.
Artigo 5.º -Normas de xestión.
1. A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.
2. O ingreso do prezo público se fará ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.
3. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento do prezo, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.
4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes e estas superen o número de prazas existentes para cada actividade darase preferencia ós particulares empadroados no Concello de Rois e no seu caso ás entidades que teñan a súa sede social no Concello. En todo caso, as persoas que non figuren empadroadas no Concello, terán un incremento do 20% no prezo da actividade concreta.
5. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos correspondentes, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas expostas.
6. As débedas por prezos públicos poderán esixirse polo procedemento de apremio.
Artigo 6º.- delegación na Xunta de Goberno Local.
No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.