Vedra - ORDENANZA FISCAL Nº 14, REGULADORA DA TAXA POR SERVIZOS CULTURAIS E DEPORTIVOS

Publicación provisional: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Publicación definitiva: 30/12/2004 BOP Nº: 299
Aplicable dende: 24/07/2012

Artigo 1.º -Fundamento

De conformidade co previsto no artigo 41, en relación co 127, ámbolos dous do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado polo Real Decreto Lexislatico 2/2004, de 5 de marzo, e demais normativa concordante de aplicación este Concello establece a taxa pola prestación de servizos culturais e deportivos polo Concello de Vedra.

Artigo 2.º -Concepto

O prezo público regulado nesta ordenanza constitúe un ingreso de dereito público que se satisfará polos usuarios que voluntariamente soliciten os servizos culturais e deportivos prestados polo Concello de Vedra.

Artigo 3.º -Obrigados ao pagamento

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza quen se beneficie dos servizos deportivos e culturais municipais prestados polo Concello i especificados no artigo 4.º da presente ordenanza.

Artigo 4.º -Tarifas

A taxa que se debe pagar ao Concello polos servizos deportivos e culturais municipais, cinguirase ás seguintes tarifas:

4.1.-Escolas deportivas.

4.1.1.-Participantes empadroados no Concello de Vedra cunha antigüidade mínima de un ano ou matriculados en calquera dos centros escolares do termo municipal:

a) Cando o solicitante sexa maior de 18 anos, 80 euros por tempada ou 40 euros/cuatrimestre

b) Cando o solicitante sexa menor de 18 anos, 50 euros por tempada ou 25 euros/cuatrimestre

O segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.

O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro.

Os matriculados nunha segunda ou posterior escola deportiva dá dereito a unha bonificación na tarifa do 50%.

4.1.2 .-O resto dos participantes nas escolas deportivas: o dobre da cantidade estipulada na alínea anterior

4.2.-Ximnasio municipal.

4.2.1- Usuarios empadroados no Concello de Vedra cunha antigüidade mínima de un ano

O importe a satisfacer polos usuarios do ximnasio será de 12,00 euros/mes ou 120,00 euros/ano

4.2.2.-Os restantes usuarios deberán satisfacer o dobre da cantidade establecida na alinea anterior.

Estas tarifas serán esixibles dende o momento en que estean a diposición dos usuarios as novas instalacións

4.3.-Cursos e obradoiros organizados polo Concello.

O prezo das matrículas cubrirá o 100% do custo total do curso ou actividade, segundo o estudio de custos presentado polo Departamento de Cultura na súa proposta, correspondéndolle á Xunta de Goberno Local a aprobación individualizada de cada prezo á vista da proposta presentada.

En todo caso, o segundo membro da unidade familiar menor de 18 anos pagará o 50 por cento do primeiro.

O terceiro e restantes membros da unidade familiar menores de 18 anos pagarán o 25 por cento do primeiro.

4.4.-Viaxes organizados polo Concello.

O prezo será fixado pola Xunta de Goberno Local de xeito que, polo número dos solicitantes, se cubra o coste total do mesmo. Sen embargo, cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, debidamente acreditadas mediante informe técnico do servizo correspondente, a Xunta de Goberno Local poderá fixar un prezo que non cubra o coste do mesmo, sempre que nos orzamentos exista consignación presupostaria para a cobertura da diferencia existente.

4.5.-Campamentos urbanos e semellantes.

a) Cando a duración sexa inferior a 20 horas: 0,50 euros/hora.

b) Cando a duración sexa superior a 20 horas: 0,40 euros/hora.

4.6.-Entrada a espectáculos, obras de teatro profesionais, actuacións musicais profesionais e semellantes nos centros socio culturais, organizados polo Concello.

a) Cando o solicitante sexa maior de 18 anos: 2 euros.

b) Cando o solicitante sexa menor de 18 anos: 1 euro.

Artigo 5.º -Normas de xestión

1. A obriga do pagamento da taxa xurde desde que se inicia a prestación do servizo deportivo ou cultural enumerado no artigo anterior. Sen embargo, o Concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total.

2. O ingreso da taxa faráse ben na Tesourería municipal ou en calquera das entidades bancarias nas que o Concello ten conta aberta. Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado a correspondente taxa

3. Cando por causas non imputables ó obrigado ó pagamento da taxa, non se preste o servicio, procederá a devolución do importe correspondente.

4. No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia ós alumnos matriculados en centros educativos de Vedra e ós empadroados no concello de Vedra e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no concello.

5. En casos excepcionais a Xunta de Goberno Local, previo informe dos servizos sociais, poderá acordar a exención total ou parcial das tarifas expostas.

6. As débedas por taxa poderán esixirse polo procedemento de apremio.

Artigo 6º .- delegación na Xunta de Goberno Local

No suposto de que o servizo ou actividade cultural ou deportiva a prestar polo Concello, non se encontre tarifada na presente Ordenanza ou resulte necesaria a modificación ou actualización das contías, delégase na Xunta de Goberno Local, conforme os artigos 47 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e 23.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, o establecemento da tarifa ou a actualización da mesma, a proposta do servicio técnico correspondente co previo informe do interventor municipal.

Disposición derradeira

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, será publicada integramente no Boletín Oficial da Provincia e comezará a aplicarse a partir do 1 de xaneiro de 2005 e manterase en vigor mentres no se acorde a súa derrogación ou modificación expresa.