Neda - Ordenanza fiscal nº 11, reguladora da taxa taxa polo servicio de saneamento

Publicación provisional: 13/01/1999 BOP Nº: 9
Publicación definitiva: 13/01/1999 BOP Nº: 9
Aplicable dende: 28/12/2012

Capítulo I.-Fundamento e natureza.

Artigo 1.

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, consonte o disposto nos artigos 15 a 19 da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, este Concello establece a "taxa polo servicio de saneamento", que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, da que as normas atenden ó previsto no artigo 58 da devandita Lei 39/1988.

Capítulo II.-Feito imponible.

Artigo 2.

Constitúe o feito impoñible da taxa:

a) A actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se se dan as condicións necesarias para autoriza-la acometida á rede de sumidoiros municipal.

b) A prestación dos servicios de evacuación de augas residuais, a través da rede de sumidoiros municipal e o seu tratamento para depuralas.

Non estarán suxeitas á taxa as edificacións derruídas, e as declaradas ruinosas non ocupadas ou que teñan a condición de solar ou terreo.

Capítulo III.-Suxeito pasivo.

Artigo 3.

1.-Son suxeitos pasivos contribuíntes, as persoas físicas ou xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei xeral tributaria, que sexan:

a) Cando se trate da concesión de licencia de acometida á rede, o propietario, usufructuario ou titular do dominio útil do terreo.

b) No caso de prestación de servicios do apartado b) do artigo anterior, os ocupantes ou os usuarios dos terreos do termo municipal beneficiarias dos ditos servicios, calquera que sexa o seu título: propietario, arrendatario, habitacionista ou incluso precario.

2.-En todo caso, terá a consideración de suxeito pasivo substituto do ocupante ou usuario das vivendas ou locais, o propietario destes inmobles, que poderá repercutir no seu caso, as cotas satisfeitas sobre os respectivos beneficiarios do servicio.

Capítulo IV.-Responsables.

Artigo 4.

1.-Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e xurídicas a que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.

2.-Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.

Capítulo V.-Cota tributaria.

Artigo 5.

A cota tributaria a esixir pola prestación dos servicios de sumidoiros e depuración, será a que se indica en cada caso, incrementada co I.V.E. correspondente.

SUMIDOIROS

DOMESTICO

Cota de servizo

4,0000

€/trim.

ata 30 m3/trimestre

0,0500

€/m3

de 31 a 50 m3/trimestre

0,1500

€/m3

> 50 m3/trimestre

0,4000

€/m3

Sumidoiros sen auga

7,0000

€/trim.

COMERCIAL/INDUSTRIAL

Cota de servizo

8,0000

€/trim.

ata 30 m3/trimestre

0,1500

€/m3

de 31 a 60 m3/trimestre

0,3500

€/m3

> 60 m3/trimestre

0,5000

€/m3

Sumidoiros sen auga

10,0000

€/trim.

OBRAS

Cota de servizo

8,0000

€/trim.

ata 30 m3/trimestre

0,2000

€/m3

de 31 a 60 m3/trimestre

0,4000

€/m3

> 60 m3/trimestre

0,6000

€/m3

DEPURACIÓN

DOMESTICO

 

Cota de servizo

7,0000

€/trim.

ata 30 m3/trimestre

0,0700

€/m3

de 31 a 50 m3/trimestre

0,2000

€/m3

> 50 m3/trimestre

0,5000

€/m3

Depuración sen auga

7,0000

€/trim.

COMERCIAL/INDUSTRIAL

Cota de servizo

8,0000

€/trim.

ata 30 m3/trimestre

0,1500

€/m3

de 31 a 60 m3/trimestre

0,3500

€/m3

> 60 m3/trimestre

0,5000

€/m3

Depuración sen auga

10,0000

€/trim.

OBRAS

Cota de servizo

8,0000

€/trim.

ata 30 m3/trimestre

0,2000

€/m3

de 31 a 60 m3/trimestre

0,4000

€/m3

> 60 m3/trimestre

0,6000

€/m3

No suposto de licencia de acometida á rede de sumidoiros, o contribuínte formulará a oportuna solicitude nas oficinas da empresa concesionarios do servicio; unha vez concedida aquela, deberase satisfacer a cantidade de 32,13 € como dereito de acometida por cada vivenda ou inmoble.

Asemade fixarase a cantidade de 106,43 € como dereito de acometida, nos casos en que estas foran realizadas en núcleos con aportación veciñal e algún veciño non a tivera realizada sen causa xustificada.”

Capítulo VI.-Beneficios fiscais.

Artigo 6.

Estarán exentos os edificios e dependencias de propiedade do Concello que estean destinados á prestación de servicios públicos de competencia municipal.

Asemade, quedan exentos do pagamento da taxa:

1.-Aqueles contribuíntes en que se acredite que o seu titular se atopa en paro sen cobertura económica, e que os únicos ingresos sexan os do cabeza de familia, en tanto se manteña dita situación. A exención recoñecerase en cada caso concreto, previa petición do interesado, que deberá acredita-lo dereito a tal bonificación, o que será obxecto de comprobación pola administración.

2.-Abonados e titulares do servicio que se confeccione segundo padrón de parados e pensionistas, vixente, ou altas novas.

3.-Pensionistas con ingresos iguais ou inferiores á pensión mínima da Seguridade Social, para toda a unidade familiar.

4.-Aquelas familias incluídas a tódolos efectos no padrón médico-farmacéutico municipal, que soliciten expresamente tal beneficio durante o mes de xaneiro de cada ano e excepcionalmente dentro dos trinta días seguintes a aquel no que se produza a inclusión en dito padrón, as solicitudes serán resoltas pola comisión de goberno.

5.-Aqueloutras persoas que, non reunindo os requisitos anteriores, reúnan condicións especiais que se estimen por esta corporación que non acadan os mínimos vitais.

Capítulo VII.-Dereito á percepción.

Artigo 7.

1.-Terase dereito á percepción da taxa e nace a obriga de contribuír cando se inicie a actividade municipal que constitúe o seu feito imponible, entendéndose iniciada a mesma:

a) Na data de presentación da oportuna solicitude da licencia de acometida, se o suxeito pasivo a formulase expresamente.

b) Desde que teña lugar a efectiva acometida á rede de sumidoiros municipal. O dereito á percepción por esta modalidade de taxa producirase con independencia de que se teña obtido ou non a licencia de acometida e sen prexuízo da iniciación do expediente administrativo que poida instruírse para a súa autorización.

2.-Os servicios de evacuación de excretas, augas pluviais, negras e residuais, e da súa depuración, teñen carácter obrigatorio para tódolos terreos do municipio que teñan fachada ás rúas, prazas ou vías públicas nas que exista saneamento, e terase dereito a percibi-la taxa aínda cando os interesados non procedan a efectua-la acometida á rede.

Capítulo VIII.-Declaración, liquidación e ingreso.

Artigo 8.

1.-Os suxeitos pasivos substitutos do contribuínte formularán as declaracións de alta e baixa no padrón de suxeitos pasivos da taxa, no prazo que media entre a data na que se produza a variación na titularidade do terreo e o ultimo día do mes natural seguinte. Estas ultimas declaracións producirán efectos a partir da primeira liquidación que se practique unha vez finalizado o prazo de presentación das ditas declaracións de alta e baixa.

A inclusión inicial no padrón farase de oficio unha vez concedida a licencia de acometida á rede.

2.-A recadación do importe da taxa será trimestral e realizarase pola empresa concesionaria, mediante recibo, salvo en caso de fraude que se fará por actas de invitación.

O cobramento dos recibos farase de forma preferente mediante domiciliación bancaria, para o cal no momento en que se produza a sinatura do contrato de aboamento o servicio, asinarase polo contratante o correspondente impreso de domiciliación, no que se conteña unha cláusula que manteña a validez da dita domiciliación, ata tanto polo concello non se lle comunique o establecemento bancario a cancelación desta.

No caso dos recibos que se presenten o cobramento en establecementos bancarios e sexan devoltos por inexistencia de fondos, o débito notificarase ó abonado, quen poderá facelo efectivo na oficina do servicio no prazo de quince días hábiles sen recargo ningún.

3.-Os recibos trimestrais notificaranse individualmente ós suxeitos pasivos.

4.-As altas e baixas que se produzan no servicio de abastecemento de auga potable producirán efectos con carácter automático no de saneamento.

As altas e baixas tramitaranse conxuntamente coa póliza de abonado do servicio de abastecemento de auga potable. Sen que se cubra e tramite polo contribuínte a baixa oportuna, non se deixase de emitir recibo ningún que figure no padrón de saneamento.

Os usuarios do servicio de auga potable, que carezan de saneamento, virán obrigados a solicita-la exclusión do padrón polo dito concepto, ó tempo que tramitan o alta da auga.

Artigo 9.

As reclamacións sobre a recadación por posibles erros de cálculo e outros motivos, efectuaranse na empresa concesionaria do servicio, acompañando os recibos ou facturas que se presuma conteñan erro ou omisión.

Artigo 10.

No caso de traslado de domicilio do abonado este seguirá a ser responsable do importe da taxa de saneamento da vivenda que deixou, se non se dá de baixa coa antelación suficiente nas oficinas do servicio.

Outras normas xestoras do servicio.


Artigo 11.

O servicio de saneamento limitarase a zona que comprende a rede xeral.

Artigo 12.

A concesión de novas acometidas á rede farase mediante solicitude dos interesados nas oficinas da empresa concesionaria do servicio, e con acordo adoptado polo concello, previo informe.

As peticións terán de ser individuais, é dicir, unha por cada toma ou acometida. O importe de realización desta, unha vez obtida a licencia municipal de conexión, deberá se satisfeito polo solicitante á empresa concesionaria, responsable da execución das obras de conexión.

Artigo 13.

As acometidas que se soliciten para utiliza-lo saneamento de terreos onde non existe rede xeral, no caso de acceder a isto o concello, deberán sufraga-los gastos de ampliación da rede, e as obras deberán seren realizadas pola empresa concesionaria do servicio, a cal levará o control e dirección das obras xuntamente cos técnicos municipais.

Unha vez posta en funcionamento pasará a instalación a ser propiedade do concello.

Artigo 14.

No caso de baixa, esta deberá ser solicitada nas oficinas da empresa concesionaria do servicio.

Para que esta baixa sexa efectiva, será necesario a clausura da toma de sumidoiros á rede xeral. Esta obra será realizada pola empresa concesionaria do servicio e o importe dela deberá ser satisfeito polo solicitante.

Artigo 15.

Unha acometida servirá só para o terreo que foi pedida, sen que se permita estendela a varias, aínda estando contiguas e pertencendo ó mesmo dono, agás conveniencias de distribución para o servicio, que no seu caso se faría a derivación fóra do terreo primitivo.

Artigo 16.

Se pola venda ou outras causas se dividise a propiedade, os novos propietarios virán obrigados a executar unha acometida independente para cada un.

Artigo 17.

Os diámetros da tubeira que se use para as acometidas serán:

- Para edificios compostos de baixo e dúas vivendas, o diámetro mínimo será de 160 mm aumentándose a medida que a casa teña máis pisos ou sexa susceptible de ser ampliada.

- Para edificios compostos de planta baixe de que non sexan susceptibles de ampliación 160 mm de diámetro mínimo.

Artigo 18.

O importe de conservación das acometidas, no seu caso, será de conta do propietario.

Artigo 19.

O importe de conservación das acometidas, no seu caso, será de conta do propietario.

DISPOSICIÓNS ADICIONAIS

Primeira.

No relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como nas sancións que correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.

Segunda.

Na última quincena do ano, aprobaranse os listados de prezos que rexerán para as obras do exercicio seguinte, previo informe técnico e adopción de acordo pola comisión municipal de goberno.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente modificación entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e comezará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2004, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.