Curtis - ORDENANZA REGULADORA DO PREZO PÚBLICO POLA PRESTACIÓN DE SERVIZOS CULTURAIS, EDUCATIVOS, SOCIAIS, DEPORTIVOS E ANÁLOGOS POLO CONCELLO DE CURTIS

Publicación provisional: 03/11/2010 BOP Nº: 209
Publicación definitiva: 23/12/2010 BOP Nº: 243
Aplicable dende: 24/12/2012

ARTIGO 1.º.–FUNDAMENTO E NATUREZA.

En virtude do disposto no artigo 142 da Constitución Española, e nos artigos 4 e 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e de conformidade co disposto nos artigos 41 a 47 do Real decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, este Concello establece o prezo público pola prestación de servizos culturais, educativos, sociais, deportivos e análogos polo Concello.

ARTIGO 2.º.–FEITO IMPOÑIBLE.

Constitúe o feito impoñible do prezo público pola prestación de servizos deportivos, educativos, sociais, culturais e análogos polo Concello de Curtis.

ARTIGO 3.º.–SUXEITOS PASIVOS.

Terán a consideración de suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades a que se refire o artigo 33 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, Xeral Tributaria que de beneficien dos servizos ou actividades mencionados no artigo anterior.

ARTIGO 4.º.–RESPONSABLES.

1.–Responderán solidariamente das obrigas tributarias adquiridas polo suxeito pasivo todas as persoas físicas que sexan causantes ou colaboren na comisión dunha infracción tributaria.

2.–Os copartícipes ou cotitulares das entidades xurídicas ou económicas a que se refire o artigo 33 da mencionada Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias adquiridas por ditas entidades.

3.–Os administradores de persoas xurídicas que non realizaran os actos da súa incumbencia para dar cumprimento ás obrigas tributarias adquiridas por aquelas responderán subsidiariamente das débedas seguintes:

a) Cando se cometeu unha infracción tributaria simple, do importe da sanción.

b) Cando se cometeu unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.

c) En supostos de cese de actividades da sociedade, do importe das obrigas pendentes de cumprimento na data de cese.

4.–As responsabilidades enunciadas neste artigo esixiranse en todo caso nos termos e con arranxo ó procedemento previsto na Lei Xeral Tributaria.

ARTIGO 5.º.–PREZO.

O prezo ven determinado pola cantidade resultante de aplicar as seguintes tarifas:

1.- Actividades deportivas, sociais, culturais, lúdicas ou educativas organizadas e xestionadas polo concello:

1.1.- O importe virá determinado en función do número de sesións semanais:

1.1.1.- Actividades de ata 2 sesións semanais: 12,41 euros/mes.

1.1.2.- Actividades de 3 ou máis sesións semanais: 15,51 euros/mes.

1.2.- Actividades no centro de ocio infantil municipal:

1.2.1.- Prezo en periodo lectivo (en horario de 8:45h a 10:15h e de 17:15h a 20:15h): 87,89 €/mes

1.2.2.- Prezo en meses que posúen períodos non lectivos (en horario de 8:45h a 14:00h)

- Decembro: 98,18 €/mes

- Xaneiro: 93,32 €/mes

- Abril : 92,23 €/mes

- Xuño e setembro: 93,06 €/mes

- Xullo e agosto: 109,60 €/mes

1.2.3.- Prezo en meses que posúen períodos non lectivos, en horario de:

- De 14h a 17h: 58,42 €/mes

- De 17h a 20h: 58,42 €/mes

- De 14h a 20h: 116,84 €/mes

2.- Outras actividades: o importe dos prezos públicos pola realización de actividades deberá cubrir como mínimo o custo da actividade realizada.

3.- Cando existan razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público, que así o aconsellen, a Entidade por medio de acordo do órgano competente, poderá fixar prezos públicos por debaixo do custo da actividade. Neste caso, consignarase nos orzamentos as dotacións oportunas para a cobertura da diferencia resultante se a houbese.

4.- As persoas ou entidades que pretendan a aplicación dunha exención ou dunha reducción sobre o prezo público correspondente, deberán solicitalo cando menos con dúas semanas de antelación ó día en que terá lugar a realización do feito impoñible, debendo acreditar as circunstancias que xustifiquen tal aplicación. As persoas que acrediten posuir o título de familia numerosa, terán unha reducción do 50% da cota en cada actividade.”

Ó final do apartado 5 do artigo 5º instrodúcese a seguinte exención:

“Unicamente as persoas inscritas no programa de voluntariado municipal estarán exentas dos prezos públicos establecidos no apartado 1.1”

ARTIGO 6.º.–NORMAS DE XESTIÓN.

1.–O prezo público esixirase en réxime de autoliquidación.

2.–A obriga do pagamento do prezo público xurde desde que se inicia a prestación do servizo. Sen embargo, o concello, de conformidade ca habilitación prevista no artigo 46 do RDLex. 2/2004, de 5 de marzo, esixirá o depósito previo do seu importe total, polo que os interesados na prestación do servizo de que se trate deberá presentar a solicitude de matrícula nos prazos que se fixen cada ano na correspondente convocatoria, que será aprobada por Decreto da alcaldía e nese momento será abonado o importe do prezo público, en concepto de depósito previo, mediante transferencia realizada a unha conta das que o Concello ten abertas en calquera das entidades bancarias do municipio. As listas de admitidos, que determinarán dun xeito definitivo os obrigados ó pago, serán aprobadas pola Alcaldía, previo informe do técnico da área correspondente.

3.–Non se prestará o servizo solicitado sen a presentación do xustificante de ter ingresado o correspondente prezo público.

4.–Cando por causas non imputables ao obrigado ao pagamento do prezo, non se preste o servizo, procederá a devolución do importe correspondente.

5.–No caso de existir varias solicitudes coincidentes darase preferencia no caso dos particulares ós empadroados no Concello de Curtis e no caso de entidades ás que teñan a súa sede social no Concello.

DISPOSICIÓN DERROGATORIA.

A presente ordenanza regula a ordenanza fiscal reguladora do prezo público por prestación de servicios e utilización de instalacións culturais, educativas, sociais, deportivas e análogas de titularidade municipal vixente ata o de agora no Concello de Curtis.

DISPOSICIÓN DERRADEIRA.

A presente ordenanza, unha vez aprobada definitivamente, entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia da Coruña