Cerceda - ORDENANZA FISCAL Nº 13, REGULADORA DA TAXA POR ENTRADA DE VEHÍCULOS A TRAVÉS DE BEIRARRÚAS E RESERVAS DE VÍA PÚBLICA PARA APARCAMENTO EXCLUSIVO, PARADA DE VEHÍCULOS, CARGA E DESCARGA DE MERCADORÍAS DE CALQUERA CLASE.

Publicación provisional: 16/11/2006 BOP Nº: 263
Publicación definitiva: 23/12/2006 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 18/12/2012

Artigo 1. Fundamento e réxime.

1. Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e de acordo co previsto no artigo 20.3.h) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, establece a taxa por entrada de vehículos a través de beirarrúas e reservas de vía pública para aparcamento exclusivo, parada de vehículos, carga e descarga de mercancías de calquera clase, que se regulará pola presente ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do RDl 2/2004 citado.

2. Será obxecto deste tributo a reserva de espacios nas vías e terreos de dominio público para entrada de vehículos ou similares.

Artigo 2. Feito impoñible.

Está constituído pola realización sobre a vía ou terreos de dominio público de calquera dos aproveitamentos enumerados no número 2 do artigo 1.º desta ordenanza, e a obrigación de contribuír nace dende o momento en que o aproveitamento se inicie.

Artigo 3. Devengo.

A taxa devengarase no momento de solicitarse a licenza ou de iniciarse o aproveitamento, cando non se obtivera a correspondente licenza.

As cotas serán irreductibles, agás nos casos nos que a utilización da vía pública non coincida co ano natural, en cuxo caso as cotas calcularanse proporcionalmente ó número de semestres naturais que resten para finalizar o ano, incluido o do comenzo do aproveitamento. Asemade, a devolución das cotas semestrais a que teña derito o suxeito pasivo nos casos de baixa, deberá solicitarse por este, e tramitarase de conformidade ás normas que rexen a devolución de ingresos indebidos.

Artigo 4. Suxeitos pasivos.

Están solidariamente obrigados ó pago, en concepto de contribuíntes:

a) As persoas naturais ou xurídicas titulares da respectiva licencia municipal.

b) Os propietarios dos inmobles onde se estableceran as entradas ou pasos de vehículos e similares.

Artigo 5. Base impoñible e liquidable.

Estará formada pola suma de tres compoñentes, un fixo e dous variables, que se aplicarán dacordo co establecido no artigo 7:

- Primeiro compoñente, referente ós metros empregados na reserva de espacio: Tomarase como base a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de vehículos e similares e da reserva de espacio, distancia que se computará no punto de maior amplitude ou anchura do aproveitamento.

- Segundo compoñente, referente ós metros necesarios para colocar a rampa de acceso: Tomarase como base a lonxitude en metros lineais da entrada ou paso de vehículos e similares e da reserva de espacio, distancia que se computará no punto de maior amplitude ou anchura do aproveitamento.

- Terceiro compoñente, fixo, e relativo ó custo da placa de prohibición de estacionamento axustado ó modelo oficial.

Artigo 6. Cota tributaria.

A cota calcularase do xeito seguinte:

- Primeiro ano de disfrute do aproveitamento: a cota tributaria será a suma dos seguintes importes, correspondentes ós compoñentes ós que fai referencia o artigo anterior:

¿ 10,00 euros/ano/metro lineal.

¿ 40,00 euros/metro lineal.

¿ 16,00 euros.

- Segundo e seguintes anos de aproveitamento: A tarifa a aplicar será de 10,00 euros/ano/metro lineal.

Artigo 7. Responsables.

1. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsables solidarios das obrigacións tributarias establecidas nesta ordenanza as persoas e entidades a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria.

Artigo 8. Normas de xestión.

1. As entidades ou particulares interesados na concesión dos aproveitamentos regulados por esta ordenanza, presentarán no Concello solicitude detallada da extensión e carácter do aproveitamento requerido.

2. Tamén deberán presentar a oportuna declaración en caso de alteración ou baixa dos aproveitamentos xa concedidos dende que o feito se produza ata o último día do mes natural seguinte o en que tal feito tivo lugar. Aqueles que incumpran tal obrigación seguirán obrigados ó pago do tributo. Tales declaracións surtirán efecto a partir do semestre seguinte a aquel en que se formulen.

3. Concedida e aboada a licencia polo titular, o Concello procederá a colocación da rampa e da placa correspondente.

4. A falta de instalación da placa ou da rampa, ou do emprego doutras distintas ás regulamentarias, impedirá ós titulares das licencias o exercicio ó seu dereito de aproveitamento. Cando se realicen aproveitamentos sen licencia, excedendo do autorizado ou incumplindo no disposto na ordenanza xeral municipal sobre tráfico, circulación de vehículos a motor e seguridade vial, practicaranse de oficio as liquidacións que correspondan e se impoñerán as sancións que procedan. O pago da taxa non supón a adquisición do dereito a realizar o aproveitamento fóra dos termos autorizados polo concello, poidendo éste adoptar as medidas que procedan para evitar a continuación daqueles que non poidan ser autroizados por non cumplir as condicións requeridas, se ben a actuación municipal neste sentido provocará a baixa no padrón da taxa.

5. A recaudación das liquidacións que se practiquen, realizarase polo sistema de ingreso directo en calquera caixa de aforros ou entidade bancaria inscrita no rexistro de bancos, con establecementos abertos dentro do término municipal, agás as cotas anuais que se recauden por recibo.

Artigo 9.

Durante o mes de setembro de cada ano, elaborarase o padrón de vados correspondente ó exercicio actual. Unha vez aprobado polo órgano competente, exporase ó público no taboleiro de edictos da Corporación, mediante anuncio publicado no Boletín Oficial da Provincia.

A partir do día seguinte á publicación do padrón, os interesados disporán de 20 días hábiles para interpoñer as reclamacións que estimen oportunas, transcurridos os cales, comenzarán a contar os prazos para a cobranza en período voluntario, e no seu caso, executivo, nos termos establecidos na Lei xeral tributaria, Lei 58/2003, do 17 de decembro.

Artigo 10. Exencións, reduccións e demais beneficios legalmente aplicables.

De conformidade co disposto no artigo 9 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei de facendas locais, non se recoñece beneficio tributario algún, agás os que sexan consecuencia do establecido nos tratados ou acordos internacionais, ou os expresamente previstos en normas con rango de lei.

O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigados ó pago das taxas por utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público polos aproveitamentos inherentes ós servizos públicos de comunicacións que exploten directamente e por tódolos que inmediatamente interesen á seguridade cidadán ou á defensa nacional.

Artigo 11. Infraccións e sancións tributarias.

En todo o relativo á calificación de infraccións tributarias e sancións, ademais do previsto nesta ordenanza, estarase ó disposto nos artigos 181 e seguintes da Lei xeral tributaria e demais normativa aplicable.