Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

06:30:50 Domingo 22 de decembro 2024
Estás en:

Detalle trámite

Presentación de Facturas

1. FACe: Sociedades anónimas, sociedades de responsabilidade limitada, unións temporais de empresas, etc., que deban expedir e remitir factura electrónica en formato "Facturae", calquera que sexa o seu importe, deberán presentalas a través de FACe, Punto Xeral de Entrada de Facturas electrónicas.

2. Rexistro telemático ou REC: Provedores que non teñan o deber de presentar as facturas en formato Facturae (outras persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, aquelas persoas físicas que exerzan unha actividade profesional para a que se requira colexiación obrigatoria incluídos os notarios e rexistradores da propiedade e mercantís, etc.) obrigados a presentalas a través de medios electrónicos, poderán presentalas a través da plataforma electrónica FACe, a través do Rexistro telemático na Sede electrónica da Deputación provincial da Coruña ou a través do Rexistro Electrónico Común (REC).

3. Provedores  que non teñan o deber  de relacionarse coas Administracións Públicas por medios electrónicos (persoas físicas que realicen actividades profesionais para cuxo exercicio non sexa esixible a colexiación obrigatoria,  etc.) poderán presentar as facturas en papel  no Rexistro Xeral de Deputación da Coruña.  Tamén si o desexan, aínda que non se atopen obrigados a iso, poderán presentalas en formato  Facturae a través de FACe  ou por medios electrónicos no Rexistro telemático da Deputación.

Información Detallada (pdf)

  • Instancia Xeral.

Nome: Presentación de Facturas,

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.