O procedemento DECLARACIÓN / SOLICITUDE AUTORIZACIÓN PARA A EXECUCIÓN DE OBRAS, INSTALACIÓNS OU A REALIZACIÓN DE CALQUERA OUTRA ACTIVIDADE NA ZONA DE DOMINIO PÚBLICO OU NA ZONA DE PROTECCIÓN DAS ESTRADAS DA REDE DE TITULARIDADE DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DA CORUÑA permite á cidadanía solicitar unha autorización para a realización de obras en zona de influencia de vías provinciais (xestionadas pola Deputación da Coruña).
Presentación por medios electrónicos (suxeitos contemplados no art. 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común das Administracións Públicas).
Presentación nas oficinas de rexistro (só persoas físicas non obrigadas polo art. 14 da Lei 39/2015 que renuncien á presentación electrónica). Pódese descargar o impreso ou impresos dende esta páxina para presentar.
Nome: Solicitude de Autorización de obras en vías provinciais.
Inicio do procedemento: A instancia de parte.
Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.
Taxas/Impostos: Ordenanza Fiscal nº 8.
Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).
Presencial.