Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

10:21:13 Sábado 7 de decembro 2019
Estás en:

Axuda

Video guías para tramitación Online

[ subir ]

Que é a sede electrónica?

A sede electrónica é o enderezo na internet que ofrece a posibilidade de solicitar e obter, de xeito sinxelo e áxil, servizos telemáticos dende calquera ordenador con acceso á Internet.

Dende  a sede realizaranse as xestións e trámites que requiran identificación por parte da cidadanía ou por parte da Administración. Tamén se inclúen na sede outros contidos e servizos, por razóns de eficacia e calidade na prestación de servizos aos cidadáns e cidadás.

Máis información: Video sobre Administración Electrónica

[ subir ]

Quen son os destinatarios da sede electrónica?

Calquera cidadán ou cidadá que necesite informarse ou realizar calquera xestión ou trámite a través da Internet.

[ subir ]

Que servizos ofrece a sede electrónica?

Pódese consultar o catálogo das xestións e trámites, presentar unha solicitude a través do rexistro electrónico, revisar os expedientes en curso, etc.

[ subir ]

A sede electrónica está dispoñible os 365 días do ano?

A sede electrónica é unha prolongación da oficina administrativa tradicional, dispoñible para que a cidadanía poida realizar os seus trámites as 24 horas dos 365 días do ano, sen prexuízo das interrupcións que se poidan producir cando concorran razóns xustificadas.

[ subir ]

Como me podo indentificar para acceder á sede electrónica?

Para poder realizar a presentación telemática de escritos, solicitudes ou comunicacións, é necesario identificarse a través do sistema cl@ve.

Máis información: http://clave.gob.es/clave_Home/clave.html


[ subir ]

Que información contén un certificado?

Un certificado de persoa física contén principalmente información relativa ao individuo que identifica: DNI, nome, apelidos e enderezo. Tamén incorpora información propia do certificado: número de serie único, clave pública, período de validez e emisor do certificado.

Máis información: http://firmaelectronica.gob.es

[ subir ]

Para que serve un certificado?

Un certificado contén un par de claves: unha pública que se comparte pola rede e que se utiliza para identificarnos de forma fidedigna e unha clave privada que non se comparte e que permite realizar operacións de sinatura electrónica de forma segura.

Máis información: http://firmaelectronica.gob.es

[ subir ]

Que período de validez ten un certificado dixital?

Os certificados dixitais teñen un período de validez determinado, que no caso dos certificados de FNMT é de tres anos e no caso do DNI electrónico é de 30 meses. Unha vez transcorrido este período, o certificado deixará de ser válido.

Máis información: http://firmaelectronica.gob.es

[ subir ]

Podo solicitar servizos da oficina virtual representando outra persoa?

Pódense presentar solicitudes telemáticas en representación de terceiras persoas, físicas ou xurídicas. A Deputación comprobará posteriormente se a representación está debidamente acreditada.

[ subir ]

Ten que cumprir algún requisito o meu ordenador?

Simplemente que teña acceso á Internet.

[ subir ]

Como podo presentar unha instancia/solicitude na Deputación?

Pode facelo utilizando calquera trámite dispoñible na sede electrónica da Deputación. Permite a presentación de escritos, solicitudes e comunicacións relativas aos trámites. O seu uso é alternativo á presentación nas Oficinas de Rexistro. Este servizo está operativo as 24 horas do día, durante todos os días do ano, exceptuando as interrupcións que sexan necesarias por razóns técnicas.

Si o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargarse o impreso desde a sede electrónica da Deputación ou acudir ás Oficinas de Rexistro, onde lle facilitarán os modelos e onde poderá entregalos de forma presencial.

[ subir ]

Como me pode enviar a Deputación as notificacións das resolucións e actos administrativos?

A Deputación pode enviar as notificacións a través de dúas canles: o tradicional e o telemático. No segundo dos casos, o cidadán debe comunicar a Deputación o seu desexo expreso de ser notificado por esta vía.

Calquera outra vía de comunicación: teléfono, fax, videoconferencia, correo ordinario, email, etc. é válida, pero non surte efecto legal para aqueles casos en que sexa obrigatoria a notificación irrefutable.

[ subir ]

Requirimentos para o anexado de Documentos

Tanto no anexado en Documentación adicional como noutra Documentación os requirimentos son:

  • Tamaños máximos permitidos: 15MB/arquivo, 25MB en total.
  • Tipos de arquivo permitidos: doc, docx, dwg, html, jpg, ods, odt, p7s, pdf, png, pps, ppsx, ppt, pptx, rtf, svg, tiff, txt, xls, xlsx, xml.
  • Non se permiten PDF protexidos, nomes con máis de 75 caracteres nin espacios diante da extensión.

[ subir ]