Sede electrónica Deputación Provincial da Coruña

22:39:12 Martes 26 de outubro 2021
Estás en:

Detalle trámite

Solicitude de servizos de residencia ou media pensión do IES Rosalía Mera

A solicitude de servizos de residencia ou media pensión do IES Rosalía Mera poderá facerse unha vez formalizada a matrícula no ciclo formativo adxudicado.

A convocatoria e a ordenanza fiscal nº 12 que regulan a utilización de servizos na residencia do IES Rosalía Mera durante o curso 2021/2022 poden ser consultadas ou descargadas nas seguintes ligazóns:

IMPORTANTE: Co fin de establecer unhas medidas de seguridade e preventivas sanitarias, a información facilitarase preferentemente por vía telefónica nos teléfonos 650 783 527 e 981 080 408.

Horario de atención: de luns a venres de 9:30 A 13:30h

Preferentemente de forma telemática a través do botón "Iniciar trámite". Se o interesado non utiliza a vía telemática, poderá descargar o impreso ou impresos dende esta páxina ou acudir ao rexistro do Organismo, onde lle facilitarán o dito impreso/s normalizado/s para presentar.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR NO CASO DE NON AUTORIZAR A SÚA CONSULTA POR PARTE DA DEPUTACIÓN DA CORUÑA:

  • Declaración IRPF 2020 ou, no caso de estar exentos, certificado de Facenda de NON presentación da declaración.
  • Libro de Familia, no caso de ser familia numerosa.
  • Documentación para solicitar servizos na Residencia IES Rosalía Mera.

DOCUMENTACIÓN A ACHEGAR, DE SER O CASO E A EFECTOS DE BAREMACIÓN:

  • Informes sociais dos Traballadores/as Sociais do Concello ou Deputación.
  • Certificado de Discapacidade.
  • Calquer outro documento que acredite ou xustifique a situación económica e socio-familiar.
  • Certificado médico de alerxias ou intolerancias alimentarias.

 

Nome: Solicitude de servizos de residencia ou media pensión do IES Rosalía Mera.

Inicio do procedemento: A instancia de parte.

Tipo de interesado: Persoa física ou xurídica.

Canles de atención: Telemático (Iniciar trámite).

                                      Presencial.