Carballo - ORDENANZA FISCAL Nº 21. - REGULADORA DA TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, GRÚAS, CASCALLOS, VALADOS, PUNTAIS, GUINDASTRES, SOPORTES, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGASDE CONSTRUCCIÓN, GRÚA
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten beneficiarias do outorgamento duna licencia para gozar do aproveitamento privativo ou ben os que se beneficien do mesmo, sen ter solicitado licencia.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias das devanditas entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias da sociedade que administran, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando se cometa unha infracción tributaria simple, polo importe da sanción.
b) Cando se teña cometido unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) Nos supostos de cesamento das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data de cesamento.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e con arreglo ós procedementos previstos na Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Beneficios fiscais.
1. O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigadas ó pagamento da taxa cando solicitaren licencia para gozar dos aproveitamentos privativos necesarios para os servicios que inmediatamente interesen a seguridade cidadán ou a defensa nacional.
2. Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda.
Artigo 6.-Tarifas
1. A contía da taxa regulada nesta Ordenanza Fiscal farase efectiva conforme ás seguintes tarifas:
a) Pola ocupación de terreos de uso público con grúas:
1.º .-7,212145 euros (1.200 pesetas)/m2/mes ata a fin do prazo establecido pola Oficina Técnica Municipal coma suficiente para a realización dos traballos que requiren o uso deste elemento.
2.º .-A partires da fin do prazo referido no apartado 1.º , dacordo coa seguinte fórmula:
Cota tributaria = m2 x n x 12,020242 euros (2.000 pesetas) x (1,06)n, sendo n o número total enteiro de meses que pasen do prazo inicialmente considerado coma suficiente. O número de meses será irreducible a non enteiros, tomándose cada fracción coma un mes.
b) Pola ocupación con valados, por metro cadrado e mes:
1.º .-1,803036 euros (300 pesetas)/m2 ata o sexto mes.
2.º .-3,005060 euros (500 pesetas)/m2 a partirtes do sétimo mes.
3.º .-4,507590 euros (750 pesetas)/m2 a partires do duodécimo mes(non inclusive)
c) Puntais e soportes, por cada un ó mes, sempre que non ocupen máis de 50 centímetros cadrados(do contrario tributan como valado): 0,601012 euros (100 pesetas)/mes.
d) Pola ocupación con andamios, por metro cadrado e día: 0,060101 euros (10 pesetas)/m2.
e) Pola ocupación con bacías para a recollida de cascallos ou calquera outro recipiente para materiais, cunha lonxitude non superior a 3 metros e unha anchura non superior a 2 m., por cada un ó día, sempre e cando non estean colocados por tempo superior a 1 mes, caso no que tributarían coma valados: 0,601012 euros (100 pesetas)
f) Pola ocupación e/ou corte de vías públicas: 0,090151 euros (15 pesetas)/metro/hora.
2. Cando dentro do perímetro de dominio público se autorice a instalación dunha grúa, os metros cadrados ocupados por ésta serán liquidados segundo a tarifa prevista no apartado a) anterior, descontándose a devandita superficie na liquidación da cota de valados.
3. Cando se adosen puntais ou outros elementos ós valados, tomarase coma contorno do valado a liña que debuxen os elementos adosados, ainda que sobresaian do valado.
4. Cando se coloquen bacias ou recipientes para escombros e análogos, éstes deberán ser colocados de xeito que ocupen o menor espacio posible. Se inutilizasen o espacio que reste entre eles e o valado de obra ou outro elemento da mesma para uso coma estacionamento, entenderase que a ocupación do elemento principal se extende ata os lindes do recipiente. Se se colocase máis de un recipiente, deberán situarse xuntos.
5. O corte ou ocupación da vía da tarifa f) medirase en función do tramo de vía ou vías que resulten inhabilitadas para o tránsito, sumando os metros lineais de todas elas, tomando como inhabilitados os tramos nos que non existan interseccións que permitan utilizar parte de vía, ou que carezan de vías de incorporación. É competencia da Policía Local determina-las condicións dos cortes e o horario concreto no que se permitirá, en función das necesidades do tráfico rodado e de peóns. A tarifa é irreducible por horas, de xeito que, superada a fracción, devengarase outra completa. A tarifa mínima será de 6,01 euros (1.000 pesetas) en todo caso.
6. Debido a que non tódalas ocupacións de lugares de domilio público local teñen a mesma trascendencia sobre o tráfico de vehículos e a circulación de persoas, sobre as tarifas reguladas no apartado 1) aplicarase o seguinte coeficiente:
Categoría 1.ª (zona amarela do plano anexo): 1
Categoría 2.ª (zona rosa do plano anexo): 0,75
Categoría 3.ª (zona azul): 0,5
Categoría 4.º (resto do Termo Municipal): 0,25
7. Cando algunha das instalacións gravadas nesta Ordenanza ocupe ou teña fronte a dúas ou mais rúas con distinta clasificación, aplicarase en todo caso o coeficiente previsto para a rúa de maior categoría.
ANEXO:
Plano de Carballo delimitado por zonas, segundo os colores expresados.
Artigo 7.-Retribución.
l. Retribuirase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento do outorgamento da licencia ou dende que se inicie o aproveitamento, no caso de que non exista licencia.
2. No caso de aproveitamentos realizados sen licencia e relacionados directamente coa execución dunha obra, presumirase que tal aproveitamento se ven producindo dende o outorgamento da licencia de obras.
Artigo 8.-Normas de xestión.
1.- As persoas interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta Ordenanza Fiscal deberán solicitar previamente a correspondente licenza ou autorización, na que se indicará a superficie a ocupar e o tempo de ocupación, así como calquera outra limitación que se considere convinte establecer por razóns de interés público.
No suposto de que a ocupación da vía pública con elementos auxiliares e/ou complementarios de obras se refira a actuacións obxecto de comunicación previa, declaración responsable, ou licenza xa concedida -supostos previstos no art. 15.6 da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores-, e sexa posible a súa tramitación polo procedemento regulado no art. 16 desa Ordenanza, os interesados deberán presentar xustificante do pagamento da autoliquidación no modelo oficial aprobado por resolución da Alcaldía xunto coa declaración responsable prevista no parágrafo 2 do artigo 16 da devandita Ordenanza. De non se acompañar o xustificante do pagamento da autoliquidación, non se producirá o silenzo administrativo positivo para ocupar o dominio público, entendéndose como desestimada a súa petición unha vez transcorrido o prazo dos 10 días sinalado no devandito precepto, en tanto non se conceda autorización expresa, que, en todo caso, quedará supedidata, na súa efectividade, ao previo pagamento da correspondente liquidación administrativa.
Nos supostos que non se tramiten polo procedemento sinalado no art. 16 da Ordenanza municipal reguladora do exercicio de actividades de apertura de establecementos e da realización de determinadas obras menores, a liquidación da taxa será aprobada no mesmo acto de concesión de licenza e notificarase de inmediato ao suxeito pasivo. Por Decreto da Alcaldía, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial Provincial, poderase establecer o sistema de autoliquidación para o ingreso da taxa nesta modalidade de solicitude de autorización.
2.- As cantidades esixibles seguindo a tarifa do artigo anterior liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreducibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
3.- Solicitada a colocación de calquera destes elementos, antes de proceder á instalación dos mesmos, deberá poñerse en coñecemento da Policía Local, alomenos con 48 horas de antelación, a data e hora de colocación dos aparellos de obra civil, debendo estar presente algún axente da Policía municipal ou un Técnico Municipal no momento da colocación, que debe indicar aos operarios o xeito en que deben situar os aparellos, buscando a menor perturbación para os vehículos, transeúntes e demáis usuarios do dominio público local, sendo vinculantes as súas indicacións. No desenvolvemento destas funcións, os Axentes de Policía actúan coma Axentes delegados da Inspección dos Tributos Municipal, e poderán estender dilixencias acreditativas dos feitos dos que teñan constancia, así coma levantar acta das infraccións apreciadas coa asistencia dos encargados das obras. As mesmas condicións esíxense para proceder ao corte das vías públicas locais, debendo, en todo caso, respetar as instruccións da Policía Local en canto a horario de corte e condicións do mesmo.
4.- Asimesmo, cando se proceda á retirada dos elementos, deberá solicitarse a presenza dos Axentes, no mesmo prazo, a fin de que dean constancia da data en que se devolve a situación ao seu estado normal.
5.- De non cumprir o disposto nos dous parágrafos anteriores, entenderase que o desfrute do dominio público local comenzou ao día seguinte ao da notificación da concesión da autorización, ou do remate do prazo de 10 días desde a comunicación previa ou declaración responsable, e rematou o último día ao que se refería a autorización ou o prazo sinalado na comunicación previa ou declaración responsable. Esta presunción pode ser destruida por calquera medio de proba admisible en Dereito.
6.- Cando, chegado o remate do prazo concedido de ocupación, os aparellos de obra continúen, ao día seguinte, sen retirar, iniciarase un novo devengo, irreducible, salvo que se puxera en coñecemento dos Servizos municipais, con 48 horas de antelación, algunha causa de forza maior, debidamente acreditada, que impida a traslación e levantamento en prazo dos elementos que ocupan o dominio público local.
7.- Se chegado o remate do prazo de ocupación ou desfrute non se tiveran rematado as obras, e fora preciso continuar a ocupación do dominio público, o interesado deberá solicitar a prórroga da autorización antes de que transcorran dous días hábiles desde o fin do prazo orixinario concedido. Ate transcorrido ese prazo, non procederá iniciar procedemento de comprobación algún. As prórrogas non se entenderán concedidas nunca por silenzo administrativo, salvo que sexan accesorias á prórroga da licenza de obras.
8.- Se mediare interrupción das obras por resolución xudicial, ésta deberá ser posta en coñecemento do Servizo de Xestión e Inspección Tributaria e Catastral municipal de xeito inmediato, a fin de comprobar a procedencia de suspender o cómputo do prazo concedido de ocupación. En tales casos, non obstante, poderase esixir do promotor ou dono da obra que retire os elementos que se consideren innecesarios ou excesivamente molestos polos Servizos Técnicos municipais.
9.- Se no desenvolvemento das obras e con motivo da utilización privativa ou do aproveitamento especial do dominio público local se producira a destrucción ou deterioro do dominio público local (beirarrúas, pavimentos, etc...), xa sexa de xeito directo -dano emerxente- ou indirecto, evitando as melloras por obras realizadas -lucro cesante-, o beneficiario, ademáis de satisfacer a taxa regulada nesta Ordenanza, estará obrigado ao reintegro do custe total dos respectivos gastos de construcción ou reparación e ao depósito previo do seu importe. Se os danos fosen irreparables, o Concello será indemnizado nunha contía igual ao valor dos bens destruidos ou danados.
10.- Non poderá desfrutar da ocupación aquela persoa física, xurídica, ou entidade do artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que non se atope inmatriculada na Matrícula do Imposto sobre Actividades Económicas para exercer a actividade que precise da dita ocupación, sempre que a mesma estivese suxeita ao dito tributo.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
No tocante á cualificación das infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición adicional.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día ..., e publicada no Boletín Oficial Provincia número ..., do día ... Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.