Carballo - TAXA POLA OCUPACIÓN DE TERREOS DE USO PÚBLICO LOCAL CON MERCADORÍAS, MATERIAIS DE CONSTRUCCIÓN, GRÚAS, CASCALLOS, VALADOS, PUNTAIS, GUINDASTRES, SOPORTES, ANDAMIOS E OUTRAS INSTALACIÓNS ANÁLOGAS
Artigo 1.-Fundamento e natureza.
No uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 142 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, do 2 de abril, reguladora das Bases de Réxime Local e ó abeiro do disposto no art. 20.1 e 3 g) da Lei 39/88, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, este Concello establece a taxa pola ocupación de terreos de uso público local con mercancías, materiais de construcción, grúas, cascallos, valados, puntais, guindastres, soportes, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 2.-Feito imponible.
O feito imponible está constituído pola realización de calquera dos aproveitamentos de ocupación de terreos de uso público local con mercadorías, materiais de construcción, grúas, escombros, valas, puntais, guindastres, soportes, andamios e outras instalacións análogas.
Artigo 3.-Suxeito pasivo.
Son suxeitos pasivos en concepto de contribuíntes as persoas físicas e xurídicas e as entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria, que resulten beneficiarias do outorgamento duna licencia para gozar do aproveitamento privativo ou ben os que se beneficien do mesmo, sen ter solicitado licencia.
Artigo 4.-Responsables.
1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo tódalas persoas que sexan causantes ou colaboren na realización dunha infracción tributaria.
2. Os copartícipes ou cotitulares das entidades ás que se refire o artigo 33 da Lei Xeral Tributaria responderán solidariamente en proporción ás súas respectivas participacións das obrigas tributarias das devanditas entidades.
3. Os administradores de persoas xurídicas que non realizaren os actos da súa incumbencia para o cumprimento das obrigas tributarias da sociedade que administran, responderán subsidiariamente das débedas seguintes:
a) Cando se cometa unha infracción tributaria simple, polo importe da sanción.
b) Cando se teña cometido unha infracción tributaria grave, da totalidade da débeda esixible.
c) Nos supostos de cesamento das actividades da sociedade, do importe das obrigas tributarias pendentes na data de cesamento.
4. A responsabilidade esixirase en todo caso nos termos e con arreglo ós procedementos previstos na Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Beneficios fiscais.
1. O Estado, as comunidades autónomas e as entidades locais non estarán obrigadas ó pagamento da taxa cando solicitaren licencia para gozar dos aproveitamentos privativos necesarios para os servicios que inmediatamente interesen a seguridade cidadán ou a defensa nacional.
2. Non se aplicarán bonificacións nin reduccións para a determinación da débeda.
Artigo 6.-Tarifas
Pesetas | |
1. A contía da taxa regulada nesta ordenanza fiscal farase efectiva conforme ás seguintes tarifas: | |
a) Pola ocupación de terreos de uso público con mercadorías, por metro cadrado de ocupación e día: | 250 |
b) Pola ocupación de terreos de uso público con materiais de construcción, por metro cadrado e día: | 250 |
c) Pola ocupación de terreos de uso público con grúas, por metro cadrado e mes: | 1.500 |
d) Pola ocupación con valados, por metro cadrado e mes: | 1.000 |
e) Pola ocupación con andamios, por metro cadrado e día: | 250 |
f) Pola ocupación con bacías para recollida de cascallos, por cada unha ó día: | 250 |
Artigo 7.-Retribución.
l. Retribuirase a taxa e nace a obriga de contribuír no momento do outorgamento da licencia ou dende que se inicie o aproveitamento, no caso de que non exista licencia.
2. No caso de aproveitamentos realizados sen licencia e relacionados directamente coa execución dunha obra, presumirase que tal aproveitamento se ven producindo dende o outorgamento da licencia de obras.
Artigo 8.-Normas de xestión.
l. As persoas interesadas na concesión dos aproveitamentos regulados nesta ordenanza fiscal deberán solicitar previamente a correspondente licencia, na que se indicará a superficie a ocupar e o tempo de ocupación, así como calquera outra limitación que se considere convinte establecer por razóns de interés público.
2. As cantidades esixibles seguindo a tarifa do artigo anterior liquidaranse por cada aproveitamento solicitado ou realizado e serán irreductibles polos períodos naturais de tempo sinalados nos respectivos epígrafes.
3. De conformidade co disposto no artigo 24.4 da Lei 39/88, do 28 de decembro, cando a utilización privativa ou aproveitamento especial leve aparellada a destrucción ou deterioro do dominio público local, o beneficiario, sen prexuízo do pagamento da taxa correspondente, estará obrigado ó reintegro do custo total dos respectivos gastos de construcción ou reparación e ó depósito previo do seu importe. Se os danos fosen irreparables, a entidade será indemnizada nunha contía igual ó valor dos bens destruídos ou danados.
4. A liquidación da taxa será aprobada no mesmo acto de concesión de licencia e notificarase de inmediato ó suxeito pasivo. Por Decreto da Alcaldía, que será obxecto de publicación no Boletín Oficial Provincial, poderase establece-lo sistema de autoliquidación para o ingreso desta taxa.
Artigo 9.-Infraccións e sancións.
No tocante á cualificación das infraccións tributarias, así como as sancións que correspondan en cada caso, estarase ó disposto nos artigos 77 e seguintes da Lei Xeral Tributaria.
Disposición adicional.
As cotas tributarias fixadas para cada aproveitamento no artigo 6 desta ordenanza modificaranse anualmente de acordo coa variación de índice de prezos ó consumo que sinale o Instituto Nacional de Estatística. O resultado da aplicación deste índice redondearase sempre, por exceso ou por defecto, á centena superior ou inferior.
Disposición final.
A presente ordenanza fiscal foi aprobada polo Pleno da Corporación na sesión celebrada o día ..., e publicada no Boletín Oficial Provincia número ..., do día ... Entrará en vigor o día 1 de xaneiro de 1999.