Melide - Ordenanza fiscal núm. 11, reguladora da taxa por instalacións de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccións ou recreo, situados en terreo de uso público municipal
Artigo 1.-Natureza e fundamento.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
- Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
Artigo 6.-Beneficios fiscais.
Artigo 7.-Percepción.
Devéngase a taxa a nace a obriga de contribuír:
- Nos servizos de retribución puntual, no momento de presentar a solicitude de concesión ou autorización
- Nos servizos de retribución periódica, o devengo se producirá o 1 de xaneiro de cada ano.
Artigo 8.-Liquidación.
- Cando se trate de servizos puntuais, liquidarase e exixirase a taxa en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o trámite do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase e exixirase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou na liquidación única anual, salvo nos casos da primeira solicitude de autorización, en cuxo caso se aboará no momento de presentala, prorrateada por meses, incluíndo o da solicitude.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarse a débeda, exixindo o ingreso nos prazos previstos no regulamento xeral de recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abrir o oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.-Ingreso.
O pagamento desta taxa realizarase:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
Artigo 11.-Normas de xestión.
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realizar os aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia esta taxa deberán presentar unha solicitude achegando o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do termo municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicitar a devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licenza de aproveitamento entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ao de presentación desta, podendo, de ser o caso, ratearse por trimestres (incluíndo aquel no que se solicita a baixa), nos casos de postos anuais. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final.
ANEXO
(BOP nº 298 do 30 de decembro de 1998)
(BOP nº 61 do 14 de marzo de 2002)
(BOP nº 267 do 20 de novembro de 2003)
(BOP nº 299 do 31 de decembro de 2003)
(BOP nº 267 19/11/2004 e BOP nº 300, 31/12/2004)
(BOP nº 298, 30/12/2005)
(BOP nº 300, do 31/12/2007)
(BOP nº 298, 29/12/2008)
(BOP nº 30, 15/02/2010)
(BOP nº 245, 27/12/2011)
(BOP nº 244, 24/12/2012)
(BOP nº 245, 26/12/2013)
Primeiro.- Tarifa
A estrutura desta taxa será a seguinte:
1º Postos de venda nos domingos e días de feira:
Domingos (excepto o último domingo de cada mes):
- Postos ata 14 x 3 m (PA): 227,92 euros/ano.
- Postos ata 10 x 3 m (PB): 177,40 euros/ano.
- Postos ata 6 x 3 m (PC): 101,30 euros/ano.
- Postos ata 3x3 m (PD): 60 euros/ano
Días de feira (último domingo de cada mes):
- Postos ata 14 x 3 m (PA): 228,50 euros/ano.
- Postos ata 10 x 3 m (PB): 178 euros/ano.
- Postos ata 6 x 3 m (PC): 101,60 euros/ano.
- Postos ata 3x3 m (PD): 60 euros/ano
2º Instalación de barracas e casetas de venda con carácter puntual (con motivo de festas patronais ou outros):
- 10 euros/día por metro lineal, medidos no sentido máis longo.
En caso de tratarse de eventos organizados polo Concello (Festa do Melindre, Feira do libro ou similar) o custo será de 5 euros por cada posto/caseta de venda/día.
3º Instalacións de recreo ou atraccións con carácter puntual:
- 21,50 euros por metro cadrado de superficie ocupada (duración máxima 20 días).
4º Instalación de espectáculos, circos, con carácter puntual:
- 1,60 euros por metro cadrado de superficie ocupada (duración máxima 20 días).
5º.- Instalacións de postos con carácter trimestral (trimestres naturais), cun máximo dun trimestre ao ano:
Domingos (excepto o último domingo de cada mes):
- Postos ata 14 x 3 m (PA): 75 euros/trimestre.
- Postos ata 10 x 3 m (PB): 58 euros/trimestre.
- Postos ata 6 x 3 m (PC): 33 euros/trimestre.
- Postos ata 3x3 m (PD): 20 euros/trimestre
Días de feira (último domingo de cada mes):
- Postos ata 14 x 3 m (PA): 75 euros/trimestre.
- Postos ata 10 x 3 m (PB): 58 euros/trimestre.
- Postos ata 6 x 3 m (PC): 33 euros/trimestre
- Postos ata 3x3 m (PD): 20 euros/trimestre
Segundo.- Data de aprobación: