Melide - Ordenanza reguladora da taxa por instalación de postos, barracas, casetas de venda, espectáculos, atraccions ou recreo, situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulantes e rodaxe cinematrográfica.
Artigo 1.-Natureza e fundamento.
Artigo 2.-Feito imponible.
Artigo 3.-Suxeitos pasivos.
Artigo 4.-Responsables.
- Serán responsables solidarios das obrigas tributarias dos suxeitos pasivos as persoas físicas e xurídicas ás que se refiren os artigos 38.1 e 39 da Lei Xeral Tributaria.
- Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de quebras, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 40 da Lei Xeral Tributaria.
Artigo 5.-Cota tributaria.
Artigo 6.-Beneficios fiscais.
Artigo 7.-Percepción.
Percíbese a taxa e nace a obriga de contribuír:
- Nos servicios de retribución puntual, no momento de presenta-la solicitude de concesión ou autorización.
- Nos servicios de retribución periódica, percibirase a taxa o día primeiro de cada ano natural.
Artigo 8.-Liquidación.
- Cando se trate de servicios puntuais, liquidarase e esixirase a taxa en calidade de depósito previo, en todo caso antes de iniciarse o trámite do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento solicitado.
- Cando se trate de servicios de retribución periódica, liquidarase e esixirase a taxa nos períodos que se sinalen na tarifa da taxa ou na liquidación única anual.
- Se se realiza o aproveitamento ou utilización do dominio público municipal sen mediar concesión ou autorización, liquidarase e notificarase a débeda, esixindo o ingreso nos prazos previstos no Regulamento Xeral de Recadación para a liquidación de contraído previo, sen prexuízo de abri-lo oportuno expediente sancionador por infracción tributaria.
Artigo 9.-Ingreso.
O pagamento desta taxa realizarase:
- Nas liquidacións de contraído previo, na Tesourería municipal ou nas entidades financeiras que na notificación se sinalen. En todo caso, o ingreso será anterior ó inicio do expediente de concesión ou autorización do aproveitamento interesado.
- Nas liquidacións por recibo ou padrón, nas datas e entidades financeiras ou oficinas que se sinalen no edicto de exposición pública do padrón.
Artigo 10.-Infraccións e sancións.
Artigo 11.-Normas de xestión.
- As persoas ou entidades interesadas na concesión ou autorización para realiza-los aproveitamentos sobre o dominio público municipal a que fai referencia eta taxa deberán presentar unha solicitude achegándolle o plano, o detalle da superficie do aproveitamento e da súa situación dentro do término municipal. Antes da autorización ou concesión do aproveitamento, a persoa ou entidade interesada no aproveitamento aboará o importe da taxa en calidade de depósito previo.
- No caso de denegarse as autorizacións, os interesados poderán solicita-la devolución da taxa ingresada en calidade de depósito previo.
- Unha vez autorizada ou concedida a licencia de aproveitamento, entenderase prorrogada mentres non presente a declaración de baixa o interesado.
- Cando remate o aproveitamento, os suxeitos pasivos formularán as declaracións de baixa no censo ou padrón da taxa e producirá efectos no período natural seguinte ó de presentación da mesma, podendo, no seu caso, prorratearse por meses. A non presentación da baixa determinará a obriga de continuar aboando a taxa.
Disposición final.
ANEXO
Primeiro.-Tarifa.
A estructura desta taxa será a seguinte:
- Postos na praza de abastos: 20.500 ptas. por posto e ano.
- Postos no mercado de gandos: 16.000 ptas. por posto e ano.
- Restantes postos fóra das instalacións indicadas: 50 ptas. x m2 e día.
Terceiro.-Data de aprobación.
En sesión plenaria do 2 de novembro de 1998.