Cambre - Acordo regulador do prezo público polo servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello estabelece o prezo público por servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais, que se rexerá pola presente acordo regulador.
Artigo 2.º.-Concepto.
Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algún dos servizos públicos municipais que se desenvolvan de cara a prestación de axuda a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador a individuos e familias no seu domicilio cando se atopen incapacitados, temporal ou permanentemente, por motivos de carácter psíquico, físico ou social, para realizar as tarefas esenciais da vida diaria, manténdoos no fogar e integrándoos no seu entorno natural mellorando a súa calidade de vida, de acordo coa Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, e o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, especificados nas tarifas contidas no artigo 5.º do presente acordo regulador.
Artigo 3.º.-Obrigado ao pagamento.
Son obrigados ao pagamento do prezo público regulado no presente acordo, as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos realizados por este concello a que se refire o artigo anterior, salvo naqueles obrigados que carezan de capacidade de obrar, en tal caso o serán aqueles que exerzan a patria potestade ou a súa tutela.
Artigo 4.º.-Reduccions.
No caso de que a capacidade económica da persoa usuaria do servizo de axuda no fogar para persoas dependentes valoradas con dereito de atención recoñecido sexa igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM), quedará exenta da obriga de participar no custo do servizo.
O servizo de axuda no fogar en réxime de libre concorrencia prestarase de forma gratuíta naqueles casos nos que a capacidade económica resulte igual ou inferior ao 80% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).
Artigo 5.º.-Contía.
1.- A contía do prezo público a aboar polos usuarios do servizo de axuda no fogar determinarase aplicando as seguintes tarifas:
1.1.- Tarifa 1. Para a determinación da contía a aboar, pola prestación do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Capacidade económica (Referenciada ao IPREM) ata | Grado I | Grado II | Grado III |
Menor ou igual a 20 horas | Menor ou igual a 45 horas | Menor ou igual a 70 horas | |
100% | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
115% | 4,52% | 9,61% | 14,70% |
125% | 5,41% | 11,50% | 17,58% |
150% | 5,55% | 11,79% | 18,03% |
175% | 5,65% | 12,00% | 18,35% |
200% | 5,72% | 12,16% | 18,60% |
215% | 5,81% | 12,34% | 18,87% |
250% | 6,03% | 12,82% | 19,61% |
300% | 6,24% | 13,26% | 20,29% |
350% | 6,42% | 13,63% | 20,85% |
400% | 6,54% | 13,90% | 21,25% |
450% | 6,63% | 14,09% | 21,55% |
500% | 6,70% | 14,25% | 21,79% |
Superior ao 500% | 6,76% | 14,36% | 21,97% |
Nos casos en que, por renuncia parcial expresa da persoa usuaria ao seu dereito de atención co número de horas expresadas no Plan Individualizado de Atención (PIA), ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do servizo de axuda no fogar (SAF), con outro servizo ou prestación do catálogo, as horas reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade expresada en cada columna da táboa anterior para o grao correspondente, a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas efectivas de servizo.
En ningún caso o importe da participación económica a ingresar pola persoa usuaria en concepto de participación no custo do servizo poderá exceder do 90% do custo do servizo determinado en termos de prezo/hora.
1.2.- Tarifa 2. Para a determinación da contía a aboar, pola prestación do servizo de axuda no fogar as persoas que non teñan recoñecida a situación de dependencia, ou as que non asista o dereito de acceso efectivo ao catalogo de servizos de atención e dependencia segundo o calendario de implantación que establece a Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa, que establece unha progresiva participación económica no custo do servizo en base ao cálculo da capacidade económica per cápita.
Capacidade económica | Participación no custe do servizo de SAF básico |
Menor ou igual ao 0,80 do IPREM | 0,00% |
Maior do 0,80 e menor ou igual a 1,50 do IPREM | 10,00% |
Maior do 1,5 e menor ou igual a 2 do IPREM | 20,00% |
Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 do IPREM | 40,00% |
Maior de 2,5 | 60,00% |
Sen prexuízo do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente xustificada no correspondente informe social.
En calquera caso establécese un límite máximo de participación económica das persoas usuarias do 40% da súa capacidade económica.
2. Para os efectos do previsto no apartado anterior, a capacidade económica das persoas usuarias calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio, tal e como está definido no decreto 99/2012, na ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar, e demais normativa que resulte de aplicación.
Os servizos sociais do concello realizarán a revisión anual para a actualización da información relativa á capacidade económica das persoas usuarias do servizo de axuda no fogar. No caso das persoas usuarias dependentes valoradas esta revisión realizarase de conformidad eco establecido no artigo 18 do Decreto 149/2013, do 5 de setembro.
3. De acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo o Pleno poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato establecido na Constitución española de protección social (artigos 49 e 50).
Artigo 6.º.-Obriga de pagamento.
1. A obriga de pagamento do prezo público nace dende que se inicie a prestación do servizo, por meses naturais.
2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase mediante domiciliación bancaria que será obrigatoria
Artigo 7.º.-Notificacións dos prezo públicos.
A contía do prezo público a pagar mensualmente, notificarase ao obrigado tributario, no momento da súa alta no servizo correspondente, ou no momento en que se revise a súa contía.
Artigo 8.º.-Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
Disposición final.
O presente acordo regulador producirá efectos dende o 1 de novembro de 2009, logo da súa publicación no boletín oficial da provincia.
A modificación do acordo regulador do prezo público producirá efectos a partir do 1 de febreiro de 2014.