Cambre - Acordo regulador do prezo público polo servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais
Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.
Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello estabelece o prezo público por servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais, que se rexerá pola presente acordo regulador.
Artigo 2.º.-Concepto.
Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algún dos servizos públicos municipais que se desenvolvan de cara a prestación de axuda a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador a individuos e familias no seu domicilio cando se atopen incapacitados, temporal ou permanentemente, por motivos de carácter psíquico, físico ou social, para realizar as tarefas esenciais da vida diaria, manténdoos no fogar e integrándoos no seu entorno natural mellorando a súa calidade de vida, de acordo coa Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, e o Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, especificados nas tarifas contidas no artigo 5.º do presente acordo regulador.
Artigo 3.º.-Obrigado ao pagamento.
Son obrigados ao pagamento do prezo público regulado no presente acordo, as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos realizados por este concello a que se refire o artigo anterior, salvo naqueles obrigados que carezan de capacidade de obrar, en tal caso o serán aqueles que exerzan a patria potestade ou a súa tutela.
Artigo 4.º.-Reduccions.
Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da contía que os obrigados ao pagamento deban satisfacer por este prezo público.
Artigo 5.º.-Contía.
1.-A contía
do prezo público a aboar polos usuarios do servizo de axuda no fogar
determinarase aplicando as porcentaxes reguladas no presente artigo, tal e como
se establece no Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os
servizos sociais comunitarios e o seu financiamento, ao prezo por hora de
prestación, e multiplicando polo número de horas de prestación efectiva do
mesmo
O prezo por
hora de prestación do servizo de axuda no fogar, virá determinada polo custo
que para o concello supoña en cada momento a hora de servizo prestado. Dito
custo será, polo tanto, o importe, IVE engadido, que resulte de aplicación do
contrato administrativo do servizo público de axuda no fogar.
1.1.-Tarifa 1. Para a determinación da contía a aboar, pola prestación do servizo de axuda no fogar a persoas dependentes valoradas, con dereito de atención recoñecido, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria e en función da intensidade do servizo asignado:
Grao I | Grao II | Grao 3 | ||||
Nivel I | Nivel II | Nivel I | Nivel II | Nivel I | Nivel II | |
Capacidade económica (referida ao IPREM) | 20 horas | 30 horas | 40 horas | 55 horas | 70 horas | 90 horas |
Inferior ou igual ao 100% do IPREM | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% | 0,00% |
Maior do 100% e menor ou igual ao 115% do IPREM | 4,52% | 6,56% | 8,59% | 11,42% | 14,47% | 18,09% |
Maior do 115% e menor ou igual ao 125% do IPREM | 5,41% | 7,84% | 10,28% | 13,66% | 17,31% | 21,64% |
Maior do 125% e menor ou igual ao 150% do IPREM | 5,55% | 8,05% | 10,54% | 14,01% | 17,76% | 22,19% |
Maior do 150% e menor ou igual ao 175% do IPREM | 5,65% | 8,19% | 10,73% | 14,26% | 18,07% | 22,59% |
Maior do 175% e menor ou igual ao 200% do IPREM | 5,72% | 8,30% | 10,87% | 14,45% | 18,31% | 22,89% |
Maior do 200% e menor ou igual ao 215% do IPREM | 5,81% | 8,42% | 11,03% | 14,66% | 18,58% | 23,23% |
Maior do 215% e menor ou igual ao 250% IPREM | 6,03% | 8,75% | 11,46% | 15,24% | 19,31% | 24,14% |
Maior do 250% e menor ou igual ao 300% IPREM | 6,24% | 9,05% | 11,86% | 15,76% | 19,97% | 24,97% |
Nos casos en
que por renuncia parcial expresa da persoa beneficiaria ao seu dereito de
atención co número de horas expresadas no Plan Individualizado de Atención
(PIA), ou cando por tratarse dun suposto de compatibilización do servizo de
axuda no fogar (SAF), con outro servizo ou prestación do catálogo as horas
reais prestadas de servizo de axuda no fogar sexan inferiores á cantidade
expresada en cada columna da táboa anterior para o grao e nivel correspondente,
a cantidade por pagar será minorada proporcionalmente á diminución das horas
efectivas de servizo.
En ningún
caso o importe da participación económica que deberá ingresar a persoa
beneficiaria en concepto de copagamento poderá exceder o 65% do custo do
servizo determinado en termos de prezo/hora.
1.2.-Tarifa 2. Para a determinación da contía a aboar, pola prestación do servizo de axuda no fogar a persoas que non teñan recoñecida a situación de dependencia, ou as que non asista o dereito de acceso efectivo ao catalogo de servizos de atención e dependencia segundo o calendario de implantación que establece a Lei 39/2006, aplicarase a seguinte táboa, na cal se expresa o copagamento en termos de porcentaxe sobre a capacidade económica da persoa usuaria.
Capacidade económica | Participación no custe do servizo de SAD básico |
Menor ou igual ao 0,80 do IPREM | 0,00% |
Maior do 0,80 e menor ou igual a 1,50 do IPREM | 10,00% |
Maior do 1,5 e menor ou igual a 2 do IPREM | 20,00% |
Maior de 2 e menor ou igual a 2,5 do IPREM | 40,00% |
Maior de 2,5 | 60,00% |
Sen prexuízo
do anterior, poderán establecerse excepcións aos criterios xerais do referido
copagamento nos casos en que a situación causante da aplicación do servizo de
axuda no fogar sexa unha problemática de desestruturación familiar, exclusión
social ou pobreza infantil, circunstancia que deberá estar debidamente
xustificada no correspondente informe social.
En calquera
caso establécese un límite máximo de participación económica das persoas
usuarias do 40% da súa capacidade económica.
2. Para os
efectos do previsto no apartado anterior, a capacidade económica das persoas
usuarias calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio,
tal e como está definido no decreto 99/2012, na ordenanza municipal reguladora
do servizo de axuda no fogar, e demais normativa que resulte de aplicación.
Os servizos
sociais do concello realizarán a revisión anual para a actualización da
información relativa á capacidade económica das persoas usuarias do servizo de
axuda no fogar.
3. De acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo o Pleno poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, benéficas, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato estabelecido na Constitución española de protección social (artigos 49 e 50).
Artigo 6.º.-Obriga de pagamento.
1. A obriga de pagamento do prezo público nace dende que se inicie a prestación do servizo, por meses naturais.
2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase mediante domiciliación bancaria que será obrigatoria
Artigo 7.º.-Notificacións dos prezo públicos.
A contía do prezo público a pagar mensualmente, notificarase ao obrigado tributario, no momento da súa alta no servizo correspondente, ou no momento en que se revise a súa contía.
Artigo 8.º.-Infraccións e sancións.
As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.
Disposición final.
O presente acordo regulador producirá efectos dende o 1 de novembro de 2009, logo da súa publicación no boletín oficial da provincia.