Cambre - Acordo regulador do prezo público polo servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais

Publicación provisional: 14/08/2009 BOP Nº: 180
Publicación definitiva: 14/08/2009 BOP Nº: 180
Aplicable dende: 01/11/2009

Artigo 1.º.-Fundamento e natureza.

Ao abeiro do previsto no artigo 127, en relación co artigo 41, ambos do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, regulador das facendas locais, este Concello estabelece o prezo público por servizo de axuda no fogar e outras prestacións sociais, que se rexerá pola presente acordo regulador.

Artigo 2.º.-Concepto.

Os prezos públicos aquí regulados constitúen prestacións patrimoniais de carácter público que se satisfarán polos usuarios que voluntariamente soliciten algún dos servizos públicos municipais que se desenvolvan de cara a prestación de axuda a nivel preventivo, educativo, asistencial e rehabilitador a individuos e familias no seu domicilio cando se atopen incapacitados, temporal ou permanentemente, por motivos de carácter psíquico, físico ou social, para realizar as tarefas esenciais da vida diaria, manténdoos no fogar e integrándoos no seu entorno natural mellorando a súa calidade de vida, de acordo coa Lei 13/2008, de 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, e a Orde do 22 de xaneiro de 2009 pola que se regula o servizo de axuda no fogar, especificados nas tarifas contidas no artigo 5.º do presente acordo regulador.

Artigo 3.º.-Obrigado ao pagamento.

Son obrigados ao pagamento do prezo público regulado no presente acordo, as persoas físicas que soliciten ou resulten beneficiadas ou afectadas polos servizos realizados por este concello a que se refire o artigo anterior, salvo naqueles obrigados que carezan de capacidade de obrar, en tal caso o serán aqueles que exerzan a patria potestade ou a súa tutela.

Artigo 4.º.-Reduccions.

Non se aplicarán exencións, bonificacións nin reduccións para a determinación da contía que os obrigados ao pagamento deban satisfacer por este prezo público.

Artigo 5.º.-Contía.

1. A contía da prezo público determinarase aplicando as tarifas seguintes:

TARIFA 1

Prestación do servizo de AXUDA NO FOGAR

EUROS/HORA

1.

As persoas usuarias cunha capacidade económica igual ou inferior ao indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

0,00

2.1

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 100% pero que non exceda do 150% do IPREM

3,20

2.2

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 150% pero que non exceda do 200% do IPREM

4,40

2.3

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 200% pero que non exceda do 250% do IPREM

5,00

2.4

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 250% pero que non exceda do 300% do IPREM

5,30

3.

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 300% pero que non exceda do 500% do IPREM

8,55

4.

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 500% do IPREM

9,26

Sen prexuízo do establecido no cadro anterior, poderán contemplarse excepcións ás tarifas xerais, naqueles casos en que así se acorde, mediante resolución motivada do órgano competente, por razóns de necesidade, precariedade, urxencia ou razóns de prestación de oficio do servizo, unha vez ditaminado favorablemente polos servizos técnicos do departamento de servizos sociais.

TARIFA 2

Prestación do servizo de COMEDOR SOBRE RODAS

EUROS/MENÚ

1.

As persoas usuarias cunha capacidade económica igual ou inferior ao 0,65% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

0,00

2

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 0,65% pero que non exceda do 0,95% do IPREM

2,00

3.

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 0,95% pero que non exceda do 125% do IPREM

3,00

4.

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 125% do IPREM

4,00

Sen prexuízo do establecido no cadro anterior, poderán contemplarse excepcións ás tarifas xerais, naqueles casos en que así se acorde, mediante resolución motivada do órgano competente, por razóns de necesidade, precariedade, urxencia ou razóns de prestación de oficio do servizo, unha vez ditaminado favorablemente polos servizos técnicos do departamento de servizos sociais.

TARIFA 3

Prestación do servizo de TRANSPORTE ADAPTADO

EUROS/

QUILÓMETRO

1.

As persoas usuarias cunha capacidade económica igual ou inferior ao 0,63% do indicador público de rendas de efectos múltiples (IPREM).

0,00

2

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 0,63% pero que non exceda do 110% do IPREM

0,09

3

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 110% pero que non exceda do 160% do IPREM

0,18

4

As persoas usuarias cunha capacidade económica superior ao 160% do IPREM

0,35

Sen prexuízo do establecido no cadro anterior, poderán contemplarse excepcións ás tarifas xerais, naqueles casos en que así se acorde, mediante resolución motivada do órgano competente, por razóns de necesidade, precariedade, urxencia ou razóns de prestación de oficio do servizo, unha vez ditaminado favorablemente polos servizos técnicos do departamento de servizos sociais

2. Para os efectos do previsto no apartado anterior, a capacidade económica das persoas usuarias calcularase en atención a súa renda e, se é o caso, ao seu patrimonio, tal e como está definido no artigo 17 da ordenanza municipal reguladora do servizo de axuda no fogar.

3. Sen prexuízo do disposto no apartado anterior, a contía do prezo público será a que fixe, en cada caso, o Pleno da Corporación, ou en caso de delegación polo mesmo, a Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 47 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, e artigo 23 da Lei 7/1985, de 2 de abril.

A Xunta de Goberno Local, de acordo co artigo 44, apartado 2, do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo poderá fixar prezos públicos que non cubran o custe do servizo ou actividade prestado, dado que nestes casos concorren razóns sociais, culturais ou de interese público que así o aconsellen, ao perseguir con estas actividades a consecución do mandato estabelecido na Constitución española de promoción e tutela do acceso á cultura (artigo 44).

Artigo 6.º.-Obriga de pagamento.

1. A obriga de pagamento do prezo público nace dende que se inicie a prestación do servizo, por meses naturais.

2. Para os efectos, o ingreso do prezo público realizarase mediante domiciliación bancaria que será obrigatoria

Artigo 7.º.-Notificacións dos prezo públicos.

A contía do prezo público a pagar mensualmente, notificarase ao obrigado tributario, no momento da súa alta no servizo correspondente, ou no momento en que se revise a súa contía.

Artigo 8.º.-Infraccións e sancións.

As infraccións e sancións rexeranse polo disposto nos artigos 178 e seguintes da Lei xeral tributaria e a súa normativa de desenvolvemento.

Disposición final.

O presente acordo regulador producirá efectos dende o 1 de novembro de 2009, logo da súa publicación no boletín oficial da provincia.