Arteixo - TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL, PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS.

Publicación provisional: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Publicación definitiva: 30/08/2005 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 27/03/2015

ARTIGO 1. Fundamento e natureza

En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da Lei 7/85, reguladora das bases de réxime local, e de conformidade co disposto nos artigo 15 a 19 do R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, este Concello estabelece a Taxa por presetación do servizo publico municipal de piscina, instalacións deportivas e outros servizos análogos, que se rexerá pola presente ordenanza fiscal, atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do R.D. lexislativo.

ARTIGO 2. Feito impoñibel

Constitue o feito impoñibel da presente taxa a utilización das instalacións deportivas municipais, prestación de servizos nas referidas instalacións así como a prestación de calquera outro servizo relacionado coa actividade deportiva ou análoga.

ARTIGO 3. Suxeitos pasivos

Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuinte, as persoas físicas ou jurídicas e as entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D. lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, usuarias dos servizos descritos anteriormente.

ARTIGO 4. Responsabeis

1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e jurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

2. Serán responsabeis subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Cota tributaria

Establécense as seguintes tarifas:

A. PAVILLON POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO

5.1. Adestramento, competicións e outros actos que impliquen ocupación das instalacións

5.1.1. De veciños, asociacións ou clubs do termo municipal

4,73 €

5.1.2. De persoas, asociacións ou clubs de fora do termo municipal

13,06 €

5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. e 5.1.2. se desenvolvan os días e no horario establecido na disposición adicional 1ª, pagarase un

suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica

4,72 €

5.2. Adestramento, competicións e outros actos que impliquen ocupación das instalacións con cobramento de entradas, por hora ou fracción

5.2.1. De veciños, asociacións ou clubs do termo municipal

22,70 €

5.2.2. De persoas, asociacións ou clubs de fora do termo municipal

62,65 €

5.2.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.2.1. e 5.2.2 se desenvolvan os días e no horario establecido na disposición adicional 1ª, pagarase un un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica

4,72 €

B. CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA

5.1. Actividades deportivas

5.1.1. Adestramentos e competicións sen cobramento de entrada, por hora ou fracción

14,50 €

5.1.2. Competicións de carácter oficial con cobramento de entrada, por partido

72,52 €

5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario establecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica

7,24 €

C. PISTAS DEPORTIVAS DESCUBERTAS

5.1. Actividades deportivas e competicións sen taquilla, por hora

5,07 €

D. CAMPOS DE FÚTBOL DE TERRA

5.1. Actividades deportivas

5.1.1. Adestramentos e competicións sen cobramento de entrada, por hora ou fracción

14,50 €

5.1.2. Competicións de carácter oficial con cobramento de entrada, por partido

50,77 €

5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario establecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica

7,24 €

E. POLIDEPORTIVAS MUNICIPAIS DE COLEXIOS PÚBLICOS

5.1. Actividades deportivas

5.1.1. Adestramentos e competicións de veciños, asociacións ou clubs do Concello

4,72 €

5.1.2. Adestramentos e competicións de persoas, asociacións ou clubs de fóra do Concello

13,06 €

5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario establecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica

4,72 €

IMPORTES CON BASE IMPOÑIBLE

F. COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO

* OS IMPORTES DAS TAXAS PERTENCENTES A COMPLEXO DEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO VERÁN INCREMENTADA A BASE IMPOÑIBLE NO IVE VIXENTE EN CADA MOMENTO

1. ABONADOS

BASE IMPOÑIBLE

1.1. Matrícula

21,50 €

1.2. Abonado Individual

21,50 €

1.3. Abonado familiar 2 miembros

21,50 €

1.4. Abonado familiar 3 miembros

25,08 €

1.5. Abonado familiar 4 miembros o más

28,65 €

1.6. Abonado 3ª edad

14,34 €

1.7. Abonado joven

16,93 €

1.8. Abonado social

9,92 €

1.9. Abonado matinal

14,34 €

- ABONO: Modalidade de acceso consistente no pago dunha cota mensual polo uso das instalacións durante devandito período.

- MATRÍCULA: Importe obrigatorio no momento da inscrición e formalización da cota de abono. É unha cota única que non deberá volver pagarse mentres que o usuario manteña a condición de abonado.

- ABONADO INDIVIDUAL: Usuario de 25 a 64 anos, que goza das instalacións sen ningún tipo de limitación dentro do horario de apertura establecido.

- ABONADO FAMILIAR: Usuario que goza das instalacións nas mesmas condicións que o Abonado Individual e que pode vincular á súa condición de abonado, con custo adicional, ao cónxuxe e fillos/as menores de 18 anos, con cuxo titular gardan dita relación de parentesco.

- ABONADO TERCEIRA IDADE: Usuario maior de 65 anos que goza das instalacións nas mesmas condicións que o Abonado Individual, desde a apertura ata as 16:00.

- ABONADO XOVEN: Usuario menor de 25 anos que goza das instalacións nas mesmas condicións que o Abonado Individual.

- ABONADO MATINAL: Usuario que goza das instalacións nas mesmas condicións que o Abonado Individual en horario matutino, desde a apertura ata as 13:00 h, de luns a venres en días laborables.

- ABONADO SOCIAL: Usuario proveniente dos Servizos Sociais do Concello, que polas súas circunstancias persoais accederá á instalación baixo esta modalidade de abono, estando limitado a un número non superior a un 10% dos abonados pagadores totais.

- Os menores de 3 anos integrantes da unidade familiar non pagarán cota tributaria ningunha

- A condición de usuario adquírese tras o pagamento da cota tributaria correspondente.

2. ENTRADAS PUNTUAIS NON ABONADOS

BASE IMPOÑIBLE

2.10. Entrada adulto/a

4,13 €

2.11. Entrada neno/a

1,65 €

- ENTRADAS PUNTUAIS: Modalidade de acceso consistente no pago dunha cota polo uso puntual das instalacións.

- ENTRADA NENO: Usuario menor de 16 años, que disfruta das instalacións sen ningún tipo de limitación, salvo as de uso por cuestións de idade, dentro do horario de apertura establecido.

- ENTRADA ADULTO: Usuario maior de 16 años, que disfruta das instalacións sen ningún tipo de limitación, dentro do horario de apertura establecido.

3. ACTIVIDADES ACUÁTICAS (€/MES POR UNHA SESIÓN SEMANAL)

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

3.12. Nenos/as

4,96 €

9,92 €

3.13. Persoas adultas

5,79 €

11,57 €

3.14. Bebés

9,92 €

19,83 €

3.15. Terapéutica e 3ª idade

3,31 €

6,61 €

3.16. Grupos

2,48 €

4,96 €

As cuotas indicadas son mensuais e corresponden a unha frecuencia de unha sesión semanal. As actividades de frecuencia superior terán o custe proporcional ao número de sesións semanais de impartición da actividade.

4. ALUGUER PISTAS EXTERIORES (1 HORA)

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

4.1. Con luz

9,09 €

*

4.2. Sin luz

6,61 €

*

5. CURSOS DE PÁDEL (€/MES)

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

5.1. Grupos de 1 neno/a

33,06 €

*

5.2. Grupos de 2 nenos/as

24,79 €

*

5.3. Grupos de 3 nenos/as

20,66 €

*

5.4. Grupos de 4 ou máis nenos/as

12,40 €

*

5.5. Grupos de 1 persoa adulta

49,59 €

*

5.6. Grupos de 2 persoas adultas

37,19 €

*

5.7. Grupos de 3 persoas adultas

30,99 €

*

5.8. Grupos de 4 ou máis persoas adultas

18,60 €

*

* As tarifas propostas corresponden a usuarios abonados. Aquelas persoas que non ostenten a condición de abonados e queiran alugar ou participar en cursos de pádel, deben efectuar previamente o pago da entrada ás instalacións cada vez que se acceda para recibir a clase.

6. OUTRAS ACTIVIDADES

BASE IMPOÑIBLE

ABONADOS

NON ABONADOS

6.1. Adestramentos individualizados (prezo monitor / hora)

18,18 €

22,31 €

6.2. Aqueróbic e outras actividades de fitness de grupos reducidos e/ou personalizados (prezo / mes)

9,92 €

19,83 €

6.3. Campamentos (prezo/día de actividade)

3,31 €

4,96 €

6.4. Aluguer de calles (prezo/45 minutos)

11,57 €

ARTIGO 6. Período impositivo e devengo.

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito período.

As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscinal municipal devengaranse instantáneamente no momento de acceder ás instalacións ou de formular a solicitude, se de actividades se tratara.

O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, e naqueloutros impartidos pola entidade xestora da piscina municipal, coincidirá co período de desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibeis por dito periodo.

Nas restantes instalacións deportivas e pola prestación de servizos sinalados na presente ordenanza, o periodo impositivo coincidirá co período solicitado polo suxeito pasivo para a utilización da instalación deportiva, devengándose a taxa no momento de formalizar a solicitude.

ARTIGO 7. Normas de xestión

1. Mensualmente, polos servizos encargados da xestión do Complexo Deportivo Municipal de Arteixo, elaborarase un padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados tres recibos pendentes de cobro, o aboado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de aboado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.

2. Nas restantes instalacións e prestación de servizos, esixirase a autoliquidación do importe da taxa. As devolución que procedan por falta de prestación do servizo por causas non imputábeis ao contribuínte, tramitaranse polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos. Prestado o servizo, a cantidade ingresada en concepto de autoliquidación será aplicada ao importe definitivo da taxa, esixíndose, no seu caso, a maior contía que resulte.

3. A utilización das instalacións referidas nesta ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ao Servizo Municipal de Deportes, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipa, entidade ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase, ademais, a persoa responsábel do bo uso destas e a data e tempo da utilización do servizo de que se trate. Presentada a instancia, resolverase sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada, no suposto que fora denegatoria.

4. No caso de tratarse de actos ou actuacións extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou outros espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo caso poderá solicitar os informes correspondentes do Servizo Municipal de Deportes. Dita resolución sobre a procedencia ou improcedencia de conceder a autorización para usar as instalacións, será notificada aos interesados e aos servizos encargados da súa execución.

5. O Concello de Arteixo, previo informe do Servizo Municipal de Deportes, poderá esixir unha fianza para responder dos posíbeis desperfectos que se poidan producir nas instalacións deportivas, agás cando se trata da Complexo Deportivo Municipal de Arteixo ou das escolas deportivo municipais. A devolución da anterior garantía resolverase, previo informe do Servizo Municipal de Deportes, acreditativo de que non foron causados danos nas instalacións municipais ou se estes foran causados, que xa se teñan reparados.

ARTIGO 8. Infraccións e sancións.

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

DISPOSICIÓNS

DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

1. A efectos do cálculo da tarifa estabelecida no artigo 5, apartados A, B, C, D e E, por utilización de luz eléctrica, fixanse os seguintes períodos para o funcionamento da luz artificial:

- Do 1 de setembro ao 30 de abril do seguinte ano : a partir das 19:00 horas

- Do 1 de maio até o 31 de agosto : a partir das 21:00 horas

2. As tarifas estabelecidas para a participación nas escolas deportivo municipais refirense ao período comprendido entre o mes de outubro e o mes de xuño, ambos incluidos, desenvolvendose ao longo de dito período, segundo o calendario escolar, e que responderá igualmente a idéntico período estabelecido pola Conselleria correspondente.

DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

As entidades deportiva munipais, inscritas con tal carácter no Rexistro municipal de Entidades, estarán exentas de aboar as tarifas sinaladas no artigo 5, relativo á utilización das instalacións deportivas municipais, agás a piscina municipal, sempre que tiveran asinados convenios de colaboración en materia deportiva co Concello de Arteixo, se así se estabelece no citado Convenio.

DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente no IPC.

DISPOSICIÓN FINAL

A presente Ordenanza Fiscal, que consta de oito artigos, disposición adicional primeira, segunda e terceira e unha disposición final, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día un de outubro de 2001. Foi modificada segundo acordos plenarios de 27 de decembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 28 de outubro de 2004 , 30 de xuño de 2005, 20 de xullo de 2006, 27 de decembro de 2007, 23 de xuño de 2008, 27 de xaneiro de 2011 e 27 de setembro de 2012.

A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o dia 29 de xaneiro de 2015. Entrará en vigor, ao día seguinte da súa publicación integra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ate a súa modificación ou derogación expresa.