Arteixo - TAXA POR PRESTACIÓN DO SERVIZO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL, PRESTACIÓN DE SERVIZOS NOUTRAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS E OUTROS SERVIZOS ANÁLOGOS.

Publicación provisional: 27/12/2004 BOP Nº: 296
Publicación definitiva: 30/08/2005 BOP Nº: 198
Aplicable dende: 18/03/2008

ARTIGO 1. Fundamento e natureza

 En uso das facultades concedidas polos artigos 133.2 e 141 da Constitución e polo artigo 106 da
Lei 7/85, reguladora das bases do réxime local, e de conformidade co disposto nos artigos 15 a 19 do
R.D.lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das
facendas locais, este Concello estabelece a Taxa por prestación do servizo público municipal de piscina,
instalacións deportivas e outros servizos análogos, que se rexerá pola presente Ordenanza Fiscal,
atendendo as súas normas ao disposto no artigo 57 do R.D. lexislativo.

ARTIGO 2.Feito impoñíbel

Constitúe o feito impoñíbel da presente taxa a utilización das instalacións deportivas

municipais,así como a prestación de servizos nas referidas instalacións.

ARTIGO 3. Suxeitos pasivos

 Son suxeitos pasivos desta taxa, a título de contribuínte, as persoas físicas ou xurídicas e as
entidades a que se refire o artigo 36 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria e 23 do R.D.
lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas
locais, usuarias dos servizos descritos no artigo anterior.

ARTIGO 4. Responsábeis.

 1. Responderán solidariamente das obrigas tributarias do suxeito pasivo, as persoas físicas e
xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.
2. Serán responsables subsidiarios os administradores das sociedades e os síndicos, interventores ou
liquidadores de crebas, concursos, sociedades e entidades en xeral, nos supostos e co alcance que
sinala o artigo 43 da Lei 58/2003, de 17 de decembro, xeral tributaria.

ARTIGO 5. Cota tributaria

Estabelecense as seguintes tarifas:
A. PAVILLON POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE ARTEIXO
5.1. Adestramento, competicións e outros actos que impliquen ocupación das instalacións
5.1.1. De veciños, asociacións ou clubs do termo municipal
4,54 €
5.1.2.De persoas, asociacións ou clubs de fora do termo municipal
12,53 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
4,53 €
B. CAMPOS DE FÚTBOL DE HERBA
5.1. Actividades deportivas
5.1.1. Adestramentos e competicións sen cobramento de entrada, por hora ou fracción
13,92 €
5.1.2.Competicións de carácter oficial con cobramento de entrada, por partido
69,60 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
6,95 €
C. PISTAS DEPORTIVAS DESCUBERTAS
5.1. Actividades deportivas e competicións sen taquilla, por hora
4,87 €
D. CAMPOS DE FÚTBOL DE TERRA
5.1. Actividades deportivas
5.1.1. Adestramentos e competicións sen cobramento de entrada, por hora ou fracción
13,92 €
5.1.2.Competicións de carácter oficial sen cobramento de entrada, por partido
48,72 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
6,95 €
E. POLIDEPORTIVAS MUNICIPAIS DE COLEXIOS PÚBLICOS
5.1. Actividades deportivas
5.1.1. Adestramentos e competicións de vecinos, asociacións ou clubs do Concello
4,53 €
5.1.2.Adestramentos e competicións de persoas, asociacións ou clubs de fóra do Concello
12,53 €
5.1.3. Cando as actividades sinaladas no punto 5.1.1. se desenvolvan os días e no horario estabelecido na disposición adicional 1ª, pagarase un suplemento por hora ou fracción de utilización de luz eléctrica
4,53 €
F. PISCINA MUNICIPAL
5.1. A B O N A D O S
COTA TRIBUTARIA
5.1.1.
5.1.2.
5.1.3.
5.1.4.
5.1.5.
5.1.6.
Cota de entrada(existente para todo tipo de abonados)........
Abonado individual ¿mini" (cota mensual)..............................
Abonado individual ¿maxi" (cota mensual).............................
Abonado xove (menor de 25 anos)........................................
Abonado familiar:
* Cota mensual responsábel da unidade familiar....................
* Cota mensual do cónxuxe.....................................................
* Cota mensual por cada fillo...................................................
Abonados da terceira idade....................................................
21,42 €
14,29 €
21,42 €
16,87 €
17,87 €
3,57 €
3,57 €
14,29 €
a) Entenderase por abonado individual ¿mini"(tarifa 5.1.2.), unha persoa maior de 25 anos que usa as instalacións de luns a venres de 08:00 a 16:00 horas.
b) Entenderase por abonado individual ¿maxi"(tarifa 5.1.3.), unha persoa maior de 25 anos que fai uso das instalacións da piscina sen limitación horaria durante todo o ano e en calquera horario.
c) Enténdese por abonado familiar (tarifa 5.1.4.) o responsábel da unidade familiar que pode incluír ao seu cónxuxe e fillos menores de 18 anos e que fan uso das instalacións sen limitación horaria nin de días. Os fillos ao cumprir os 18 anos deberán inscribirse nunha das categorías individuais, sen ter que aboar cota de entrada.
d) Os nenos menores de 3 anos integrantes da unidade familiar non pagaran cota tributaria ningunha.
e) Os irmáns inscritos en cursos de natación terán unha bonificación na cota tributaria do 25 % no segundo irmán e seguintes.
f) A condición de usuario adquírese tralo pagamento da cota tributaria corresponte
5.2.
NON ABONADOS
COTA TRIBUTARIA
5.2.1.
5.2.2.
Entrada á piscina municipal..............................................
Entrada menores de 16 anos e maiores con carnet de estudante ou universitario................................................
3,57 €
1,42 €
5.3. CURSOS
A cota tributaria dos cursos de tempada estabeleceranse dependendo da duración do mesmo, das horas e do tipo de curso impartido, fixándose as seguintes tarifas ou cotas:
5.3.1. CURSOS DE NATACIÓN
Dias
Mensual abonados
Mensual non Abonados
Trimestral abonados
Trimestral non abonados
1 día á semana
4,99 €
9,99 €
13,58 €
27,14 €
2 días á semana
9,65 €
19,29 €
26,78 €
53,56 €
3 días á semana
14,29 €
28,56 €
39,27 €
78,54 €
5 días á semana
23,57 €
47,14 €
64,28 €
128,56 €
5.3.2. CURSO DE NATACIÓN TERCEIRA IDADE E MINUSVALÍAS.
Dias
Mensual abonados
Mensual no abonados
Trimestral abonados
Trimestral no abonados
1 día á semana
2,87 €
5,72 €
7,51 €
15,00 €
2 días á semana
4,99 €
9,99 €
13,93 €
27,84 €
3 días á semana
7,15 €
14,29 €
19,29 €
38,56 €
a) Enténdese abonado da 3ª idade (tarifas 5.1.5.F e 5.3.2.F.), unha persoa maior de 65 anos, ou menores de 65 anos que sexan pensionistas, que poidan facer uso das instalacións da piscina municipal, sen limitación de días nin de horas.
b) Enténdese por usuario con minusvalía (tarifa 5.3.2.F), a persoa que teña unha discapacidade superior ao 33%, segundo certificado expedido pola Consellería de Servizos Sociais.
5.3.3. CURSOS NATACIÓN BEBÉS
Días
Mensual abonados
Mensual non abonados
Trimestral abonados
Trimestral non abonados
1 día á semana
14,29 €
28,56 €
37,50 €
74,99 €
2 días á semana
19,64 €
39,26 €
53,57 €
107,13 €
3 días á semana
25,00 €
49,98 €
69,63 €
139,26 €
5.3.4. CURSOS DE NATACIÓN PARA ESCOLARES.
Días
Mensual abonados
Mensual non abonados
1 día á semana
1,79 €
3,57 €
5.4. OUTRAS ACTIVIDADES REALIZADAS NA PISCINA MUNICIPAL
5.4.1. XIMNASIA NA AUGA
Días
Mensual abonados
Mensual non abonados
Trimestral abonados
Trimestral non abonados
2 días á semana
10,78 €
21,58 €
 
58,27 €
3 días á semana
16,19 €
36,43 €
 
87,42 €
5.4.2. NATACIÓN TERAPÉUTICA
Días
Mensual abonados
Mensual non abonados
2 días á semana
15,73 €
31,26 €
3 días á semana
23,60 €
47,21 €
5.4.3. RESERVAS
 
Solarium
Masaxe
Compex
Abonados
1 sesión
12 sesións
13,31 €/sesión
5,33 €/sesión
3,41 €
34,08 €
Non abonados
1 sesión
12 sesións
20,23 €/sesión
5,33 € /sesión
4,80 €
47,93 €
5.4.4. OUTRAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POLA PISCINA MUNICIPAL
 
TENIS
AERÓBIC
CAMPAMENTOS
  
2 días semana
3 días semana
 
Abonados
13,47 €/mes
13,47 €/mes
20,23 €/mes
32,86€
Non abonados
20,23 €/mes
20,23 €/mes
30,35 €/mes
Mensual
Bimens.
34,08 €
69,22 €
5.4. OUTRAS TARIFAS
5.4.1.
Aluguer de rúas na piscina municipal
14,46 € / 45 minutos
G. ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS
5.1
ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS NOS COLEXIOS PÚBLICOS
5.1.1
Unha actividade
46,33 €
5.1.2
Dúas actividades
57,90 €
5.1.3
Tres actividades
104,23 €
5.1.4
Catro actividades
115,80 €
5.2.
ESCOLAS DEPORTIVAS XUVENÍS
5.2.1
Dous días
40,55 €
5.2.2
Tres días
57,90 €
5.3.
ESCOLAS DEPORTIVAS DE MANTEMENTO
5.3.1
Dous días
57,90 €
5.3.2
Tres días
69,49 €
5.4.
ESCOLAS DEPORTIVAS DA TERCEIRA IDADE
5.4.1
Dous días
11,57 €
5.4.2
Tres dias
17,38 €
5.5.
ESCOLAS DEPORTIVAS DE RECUPERACIÓN FUNCIONAL
5.5.1
Dous días
86,86 €
5.5.2
Tres dias
104,23 €
5.6.
ESCOLAS DEPORTIVAS DE FÚTBOL BASE
57,90 €
5.7.
ESCOLAS DEPORTIVAS DE AERÓBIC
5.7.1
Dous días
57,90 €
5.7.2
Tres días
69,49 €
5.8.
ESCOLAS DEPORTIVAS MUNICIPAIS DE TAI CHI
5.8.1
Dous días
57,90 €
5.8.2
Tres días
69,49 €
H. OUTROS SERVIZOS RELACIONADOS COA PRÁCTICA DEPORTIVA
5.1
Torneo de fútbol sala CONCELLO DE ARTEIXO
348,02 €

Artigo 6. Período impositivo de devengo

O período impositivo coincidirá, nos abonados á piscina municipal, co mes natural, devengándose o
primeiro día do período impositivo, sendo as cotas irreducibles por dito período.
As tarifas que deban satisfacer os non abonados á piscina municipal devengaranse instantaneamente no
momento de acceder ás instalacións.
O período impositivo, nos cursos impartidos na piscina municipal, coincidirá co período de
desenvolvemento do curso, devengándose o primeiro día do período impositivo, sendo as cotas
irreducibles por dito período.
O período impositivo, nas actividades extraescolares deportivas impartidas nos colexios públicos,
coincidirá co período de desenvolvemento da escola deportiva correspondente, prorrateándose o
cobramento da cota tributaria en tres períodos e nas porcentaxes seguintes:
Mes de outubro................... 40 %
Mes de xaneiro.................... 40 %
Mes de abril......................... 20 %
Nas restantes instalacións deportivas e pola prestación de servicios sinalados na presente
ordenanza, o período impositivo coincidirá co período peticionado polo suxeito pasivo para a utilización
da instalación deportiva, devengándose a taxa no momento de formalizar a solicitude.

Artigo 7. Criterios xenéricos de capacidade económica

Cando os ingresos da unidade de convivencia non superen os que deseguido se detallan, os usuarios terán unha redución do 50% no importe das tarifas correspondentes ao apartado G do artigo 5 da presente Ordenanza:
Membros da Unidade de convivencia
Ingresos netos anuais
1
6.949,12 €
2
9.845,92 €
3
12.739,51 €
4
15.055,89 €
5 ou máis
17.372,26 €
Para os efectos deste artigo, entenderase por unidade de convivencia aquela vencellada economicamente ao solicitante. Para o cálculo dos ingresos contabilizarase os dos familiares obrigados a prestar alimentos segundo o define o Código Civil.

ARTIGO 8. Normas de xestión


1. Mensualmente, polos servicios encargados da xestión da Piscina Municipal, elaborarase un
padrón municipal de aboados para o cobro mensual das correspondentes cotas tributarias. O
impago das mesmas ocasionará a imposibilidade de acceso á Piscina. Acumulados tres recibos
pendentes de cobro, o abonado causará baixa no Padrón, debendo, no caso de nova solicitude de
abonado á piscina, aboar a cota de entrada correspondente.
2. Nas restantes instalacións e prestación de servicios, esixirase o depósito previo do importe da
taxa. As devolucións que procedan por falta de prestación do servicio por causas non imputables
ó contribuínte, tramitarase polo procedemento que rexe o reintegro de pagos indebidos. Prestado
o servicio, a cantidade ingresada en concepto de depósito previo será aplicada ó importe
definitivo da taxa, esixíndose, no seu caso, a maior contía que resulte.
A utilización das instalacións referidas nesta Ordenanza, solicitaranse por escrito dirixido ó
Servicio Municipal de Deportes, cos datos do solicitante, así como da persoa, equipo, entidade
ou asociación que vaia facer uso das instalacións. Na mesma sinalarase ademais a persoa
responsable do bo uso destas e data e tempo da utilización do servicio de que se trate.
Presentada a instancia, resolverase sobre a procedencia da utilización, que deberá ser motivada,
no suposto que fora denegatoria.
3. No caso de tratarse de actos ou actuacións extradeportivas por sociedades, partidos políticos ou
outros espectáculos artísticos de índole non deportiva, serán resoltos pola Alcaldía, que en todo
caso poderá recabar os informes correspondentes do Servicio Municipal de Deportes. Dita
resolución sobre a procedencia ou improcedencia de concede-la autorización para usa-las
instalacións, será notificada ós interesados e ós servicios encargados da súa execución.
4. O Concello de Arteixo, previo informe do Servicio Municipal de Deportes, poderá esixir unha
fianza para responder dos posibles desperfectos que se poidan producir nas instalacións deportivas, agás cando se trata da piscina municipal ou das escolas deportivas municipais. A
devolución da anterior garantía devolverase, previo informe do Servicio Municipal de Deportes,
acreditativo de que non foron causados danos nas instalacións municipais ou se estes foran
causados, que xa se tiñan reparado.
5. A concesión da bonificación sinalada no artigo 7 da presente ordenanza deberá ser solicitada
polo usuario con carácter previo á prestación do servicio e informada polo Servicio Municipal de
Deportes. A falla de esta solicitude ou a súa presentación extemporánea motivará a denegación
da bonificación.


ARTIGO 9. Infraccións e sancións

En todo o relativo á cualificación de infraccións tributarias, así como das sancións que ás
mesmas correspondan, estarase ao disposto nos artigos 183 e seguintes da Lei 58/2003, de 17 de
decembro, xeral tributaria.

DISP OSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

A efectos do cálculo da tarifa estabelecida no artigo 5, apartados A, B, C, D i E, por utilización de luz eléctrica, fíxanse os seguintes períodos para o funcionamento da luz artificial:

- Do 1 de setembro ao 30 de abril do seguinte ano: a partir das 19:00 horas

- Do 1 de maio até o 31 de agosto : a partir das 21:00 horas

DIS OSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

As entidades deportivas municipais, inscritas con tal carácter no rexistro municipal de Entidades, estarán exentas de aboar as tarifas sinaladas no artigo 5, relativo á utilización das instalacións deportivas municipais, agás a piscina municipal, sempre que tiveran asinados convenios de colaboración en materia deportiva co Concello de Arteixo, se así se estabelece no citado Convenio.

DIS OSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

As tarifas anteriores serán incrementadas anualmente no IPC

DIS OSICIÓN FINAL.

A presente Ordenanza Fiscal, que consta de oito artigos, foi aprobada polo Pleno en sesión celebrada o día un de outubro de 2001.
Foi modificada posteriormente segundo acordos plenarios de 27 de decembro de 2001, 18 de xullo de 2002, 28 de outubro de 2004, 30 de xuño de 2005 e 20 de xullo de 2006.
A presente modificación foi aprobada polo Concello Pleno en sesión celebrada o día 27 de decembro de 2007, entrando en vigor ao día seguinte da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor até a súa modificación ou derrogación expresas.