Mazaricos - ORDENANZA FISCAL Nº 3.- REGULADORA DO IMPOSTO SOBRE CONSTRUCCIÓNS, INSTALACIÓNS E OBRAS.

Publicación provisional: 01/01/1990 BOP Nº: 00
Publicación definitiva: 01/01/1990 BOP Nº: 00
Aplicable dende: 06/11/2015

Artigo 1.º.-Natureza e fundamento.

De conformidad co disposto nos art. 59.2 e 100 e seguintes do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Concello de Mazaricos establece o imposto sobre construcións, instalacións e obras, nos termos regulados na presente ordenanza fiscal.

Artigo 2.º.-Feito impoñible.

Constitúe o feito impoñible do impuesto a realización dentro do termo municipal, de calquera construción, instalación ou obra para a que se esixa obtención da correspondente licenza de obras ou urbanística, obterase ou non dita licenza, ou para a que se esixa presentación de declaración responsable ou comunicación previa, sempre que a expedición da licenza ou a actividade de control corresponda a este Concello.

Artigo 3.º.-Suxeitos pasivos.

Son suxeitos pasivos contribuíntes as persoas físicas ou xurídicas e as entidades sen personalidade xurídica ás que se refire o artigo 35.4 da Lei 58/2003, do 17 de decembro, xeral tributaria, que sexan donos da construción, instalación ou obra, sexan ou non propietarios do inmoble sobre o que se realice aquela. Aos efectos previstos neste artigo terá a consideración do dono da construción, instalación ou obra que soporte os gastos ou o custe que comporte a súa realización. No suposto de que a construción, instalación ou obra non sexa realizada polo suxeito pasivo contribuínte terán a condición de suxeitos pasivos substitutos do mesmo quenes soliciten as correspondentes licenzas ou presenten as correspondentes declaracións responsables ou comunicacións previas ou realicen as construcións, instalacións ou obras. O substituto poderá esixir do contribuínte o importe da cota tributaria satisfeita.

Artigo 4.º.-Base impoñible, cota e devengo.

1. A base impoñible do imposto está constituída polo coste real e efectivo da construción, instalación ou obra. 2. A cota de este impuesto será o resultado de aplicar á base impoñible o tipo de gravamen. 3. O tipo de Gravame será o 2% da base indicada no apartado 1º para obras de ata 2.000.000,00 €; a partir desa cifra aplicarase o 4%. 4. O imposto devengarase no momento de iniciarse a construción, instalación ou obra, ainda cando non se obtera a correspondente licenza ou non se presentara a correspondente comunicación previa.

Artigo 5.º.-Xestión.

1. Cando se conceda a licenza preceptiva ou se presente a declaración responsable ou comunicación previa practicarase unha liquidación provisional, determinándose a base impoñible en función do orzamento presentado polos interesados, sempre que o mesmo fora visado polo Colexio Oficial correspondente; noutro caso, a base impoñible será determinada polos Técnicos Municipais ou Comisión correspondente. 2. Á vista de las construcións, instalacións ou obras efectivamente realizadas e do custo real efectivo das mismas, o Concello, mediante a oportuna comprobación administrativa podrá modificar, no seu caso, a base impoñible a que se refire o apartado anterior, practicando a correspondente liquidación definitiva e esixindo do suxeito pasivo ou reintegrándolle, no seu caso, a cantidade que corresponda.

Artigo 6.º.-Inspección e recadación.

A inspección e recadación do impuesto realizarase de acordo co previsto na Lei xeral tributaria e disposicións dictadas para o seu desarrollo.

Artigo 7.º.-Infraccións e sancións.

A calificación das infraccións tributarias e a determinación das sancións que polas mesmas correspondan, regularanse polo disposto na Lei xeral tributaria e disposicións que a desarrollan.

Disposición final

A presente ordenanza foi aprobada polo Pleno do Concello de Mazaricos o 11 de setembro de 2015 e entrará en vigor ao día seguinte da súa publicación no B.O.P., permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.