Ordes - Ordenanza fiscal nº 21, reguladora da taxa por concesión de licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbano e pola realización de actividades de control nos supostos nos que a esixencia de licenza estivese substituída pola
Artigo 1. Fundamento legal
Artigo 2. Feito Impoñible.
Artigo 3. Suxeito Pasivo.
Artigo 4. Responsables.
Artigo 5. Devengo.
Artigo 6. Base impoñible e liquidable.
Artigo 7. Tipo de Gravame.
A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar sobre a base liquidable, determinada segundo as regras do artigo 6º, o tipo de gravame do 0,21%.
En todo caso, con carácter de mínimo, e sempre que por aplicación do disposto no parágrafo precedente non se acade, esixirase unha cota de 12,61 €.
Artigo 8. Normas de xestión, administración e cobranza.
1. Os dereitos desta ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamentos especiais ou por prestación de servizos distintos.
2. Para as obras que leven consigo a obriga de colocar valos ou estadas, esixirase o pago dos dereitos correspondentes a estes conceptos, liquidándose simultaneamente a esta.
3. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, con carácter de depósito previo, debendo satisfacerse previamente á presentación da oportuna solicitude de licenza ou de declaración responsable ou comunicación previa. No caso de expedientes a instancia de parte non se iniciará expediente algún sen que o solicitante achegue o xustificante de teren efectuado o ingreso.
4. Se despois de formulada a solicitude de licenza ou presentada a comunicación previa se modificase ou ampliase o proxecto, deberá presentarse unha nova autoliquidación, achegando xustificante bancario do seu ingreso ao novo orzamento ou ao reformado.
5. A administración municipal poderá, en todo caso, comprobar o custo real e efectivo unha vez rematadas as obras, practicando, de ser o caso, a liquidación definitiva que proceda e con dedución do depósito previo ingresado.
6. Cando o interesado renuncie á licenza ou á comunicación previa solicitada devolveráselle o 80 por cento da cota satisfeita, sempre e cando as obras non fosen iniciadas e a dita renuncia a efectúe o interesado no prazo de tres meses desde a solicitude. No caso contrario non procederá a devolución de cota ningunha.
Artigo 9. Infraccións e sancións.
2. As sancións que procedan por infraccións cometidas por incumprimento do disposto na presente ordenanza serán independentes das que puidesen arbitrarse por infraccións urbanísticas con arranxo ao disposto na vixente Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como do resto das disposicións que sexan de aplicación na materia.