Ordes - Ordenanza fiscal nº 21, reguladora da taxa por concesión de licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do solo e o ordenamento urbano e pola realización de actividades de control nos supostos nos que a esixencia de licenza estivese substituída pola

Publicación provisional: 05/11/2007 BOP Nº: 255
Publicación definitiva: 21/12/2007 BOP Nº: 293
Aplicable dende: 01/01/2016

Artigo 1. Fundamento legal

De conformidade co previsto no artigo 57 do Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, aprobado por Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, en relación co artigo 20 da mesma Lei, e en uso das facultades concedidas polos artigos 4 e 106 da Lei 7/1985, de 2 de Abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e artigos 15 a 19 da xa citada Lei de Facendas Locais, este Concello establece a taxa por concesión das licencias urbanísticas esixidas pola lexislación do chan e ordenamento urbano e pola realización de actividades de control nos supostos nos que a esixencia de licenza estivese substituída pola presentación de declaración responsable ou comunicación previa.

Artigo 2. Feito Impoñible.

Constitúe o feito impoñible da taxa a actividade municipal, técnica e administrativa, tendente a verificar se os actos de edificación e uso do solo e do subsolo á que se refiren os artigos 194 e 198 da Lei 9/2002, de 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia e que se vaian realizar dentro do termo municipal, axústanse ás normas urbanísticas, de edificación e policía previstas na devandita Lei, nas normas de desenvolvemento da mesma, e normativa urbanística municipal.

Artigo 3. Suxeito Pasivo.

1.- Son suxeitos pasivos desta taxa, en concepto de contribuíntes, as persoas física e xurídicas así como as entidades a que se refire o artigo 35.4 da Lei Xeral Tributaria, que soliciten a licenza de obras, declaración responsable ou comunicación previa, ou se beneficien das mesmas.
2.- En todo caso, terán a condición de substitutos do contribuínte, os construtores e contratistas de obras.

Artigo 4. Responsables.

1.- Responderán solidariamente das obrigacións tributarias do suxeito pasivo as persoas físicas ou xurídicas a que se refire o artigo 42 da Lei Xeral Tributaria.
2.- Serán responsables subsidiarios as persoas e entidades aos que se refire o artigo 43 da Lei Xeral Tributaria, nos supostos e co alcance previstos en devandita Lei.

Artigo 5. Devengo.

1.- A obrigación de contribuír nacerá no momento de comezarse a prestación do servizo, que ten lugar desde que se formula a solicitude da preceptiva licencia ou solicitude de primeira ocupación, ou ben desde que o Concello realice as iniciais actuacións conducentes a verificar se é ou non autorizable a obra, construción ou instalacións que se efectúen sen a obtención previa da correspondente licencia.
2.- A obrigación de contribuír non se verá afectada ou modificada pola denegación no seu caso da licencia, concesión da mesma con modificación da solicitude, renuncia ou desistimento por parte do solicitante.
3.- O devengo da taxa producirase aínda que a concesión da licencia veña imposta polas normas que regulan o silencio administrativo positivo.

Artigo 6. Base impoñible e liquidable.

1.- Tomarase como base de gravame da presente taxa, en xeral, o custo real e efectivo da obra, construción ou instalación, determinado segundo os criterios establecidos na Ordenanza fiscal reguladora do Imposto sobre Construcións, Instalacións e Obras.

Artigo 7. Tipo de Gravame.

A cota tributaria consistirá na cantidade resultante de aplicar sobre a base liquidable, determinada segundo as regras do artigo 6º, o tipo de gravame do 0,21%.

En todo caso, con carácter de mínimo, e sempre que por aplicación do disposto no parágrafo precedente non se acade, esixirase unha cota de 12,61 €.

Artigo 8. Normas de xestión, administración e cobranza.

1. Os dereitos desta ordenanza son compatibles con calquera outro por aproveitamentos especiais ou por prestación de servizos distintos.

2. Para as obras que leven consigo a obriga de colocar valos ou estadas, esixirase o pago dos dereitos correspondentes a estes conceptos, liquidándose simultaneamente a esta.

3. A taxa esixirase en réxime de autoliquidación, con carácter de depósito previo, debendo satisfacerse previamente á presentación da oportuna solicitude de licenza ou de declaración responsable ou comunicación previa. No caso de expedientes a instancia de parte non se iniciará expediente algún sen que o solicitante achegue o xustificante de teren efectuado o ingreso.

4. Se despois de formulada a solicitude de licenza ou presentada a comunicación previa se modificase ou ampliase o proxecto, deberá presentarse unha nova autoliquidación, achegando xustificante bancario do seu ingreso ao novo orzamento ou ao reformado.

5. A administración municipal poderá, en todo caso, comprobar o custo real e efectivo unha vez rematadas as obras, practicando, de ser o caso, a liquidación definitiva que proceda e con dedución do depósito previo ingresado.

6. Cando o interesado renuncie á licenza ou á comunicación previa solicitada devolveráselle o 80 por cento da cota satisfeita, sempre e cando as obras non fosen iniciadas e a dita renuncia a efectúe o interesado no prazo de tres meses desde a solicitude. No caso contrario non procederá a devolución de cota ningunha.

Artigo 9. Infraccións e sancións.

1. Para todo o relativo á cualificación das infraccións tributarias, así como a determinación das sancións que correspondan en cada caso, aplicarase o réxime regulado na Lei 58/2003, do 17 de decembro, Xeral Tributaria, e disposicións que a complementen e desenvolvan.

2. As sancións que procedan por infraccións cometidas por incumprimento do disposto na presente ordenanza serán independentes das que puidesen arbitrarse por infraccións urbanísticas con arranxo ao disposto na vixente Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, así como do resto das disposicións que sexan de aplicación na materia.

Disposición final.

A presente Ordenanza, aprobada polo Pleno corporativo o 29 de outubro de 2007 entrará en vigor o día da súa publicación íntegra no Boletín Oficial da Provincia, permanecendo en vigor ata que se acorde a súa modificación ou derrogación expresa.