Ordes - Prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal climatizada Iván Raña.

Publicación provisional: 02/01/2012 BOP Nº: 1
Publicación definitiva: 02/01/2012 BOP Nº: 1
Aplicable dende: 06/06/2016

1. Concepto.

A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos e realización de actividades na piscina climatizada municipal “Iván Raña”, sita no lugar de As Casillas, así como a utilización das instalacións municipais dedicadas especificamente, á prestación dos ditos servizos.

2. Obrigados ao pagamento.

Están obrigados ao pagamento do prezo público os/as que soliciten, utilicen ou se beneficien da prestación dos servizos prestados na piscina municipal climatizada ou das súas instalacións. No caso de que os/as beneficiarios/as sexan menores de idade e/ou incapacitados/as, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.

3. Contía.

O importe dos prezos públicos será de:

1. Carné de tempada.

– Menores: 12,00 €.

– Adultos: 20,00 €.

2. Entrada individual.

– Menores: 1,00 €.

– Adultos: 1,50 €.

3. Carné mensual.

– Menores: 6,00 €.

– Adultos: 12,00 €.

O carné mensual abranguerá o mes natural; no caso en que o período de apertura das instalacións non coincida co mes natural, prorratearase do seguinte xeito:

No mes de apertura das instalacións segundo os días naturais transcorridos dende a apertura das instalacións ate o fin de mes.

No mes de peche das instalacións segundo os días naturais transcorridos dende o día 1 ata o día de peche das instalacións.

4. Cursos.

– Menores: 20,00 €/mes.

– Adultos: 30,00 €/mes.

O abono da tarifa por curso dará dereito ao uso das instalacións da piscina durante a mensualidade correspondente.

As tarifas anteriores aplicaráselles unha bonificación do 50% cando os usuarios acrediten ter a condición de familia numerosa.

A presente modificación empezará a aplicarse a partires da súa publicación no Boletín Oficial da Provincia.

4. Normas de xestión.

No caso de entradas puntuais e bonos a obriga de pagar nacerá no momento de entrar no recinto das instalacións, debendo realizarse nese momento o pagamento das tarifas.

A obriga de pagamento da matrícula nacerá no momento no que se solicite o abono ás instalacións, momento no que tamén nacerá a obriga de pagamento das cotas mensuais de abonado/a.

A obriga de pagamento dos cursos nacerá no momento da solicitude de inscrición neles.

O pagamento da matrícula, da primeira cota de abono e dos cursos levarase a cabo en efectivo no momento da solicitude. As cotas de aboado, unha vez efectuado o pagamento das anteriores, levarase a cabo mediante domiciliación bancaria dos recibos, os cales poranse ao cobro nos primeiros cinco días do mes en curso.

Procederá a devolución cando se produza a falta de prestación do servizo debido a causa non imputable ao interesado. Neste caso a mesma será proporcional ao tempo no que non se puido prestar o servizo, non entendéndose como tales os días festivos.

A falta de pagamento dunha cota implicará a baixa automática do aboado/a e/ou cursillista, sen prexuízo de que a dita débeda poda esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento. A mesma impedirá o acceso ás instalacións ate que sexa satisfeita e, no caso dos aboados, a solicitude e aboamento dunha nova matrícula.