Ordes - Prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal climatizada Iván Raña.
1.- Concepto.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación de servizos e realización de actividades na piscina municipal descuberta ¿O Muiño", Ordes, así como a utilización das instalacións municipais dedicadas especificamente á prestación dos ditos servizos.
2.- Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público os/as que soliciten, utilicen ou se beneficien da prestación dos servizos prestados na piscina municipal ou das súas instalacións. No caso de que os/as beneficiarios/as sexan menores de idade e/ou incapacitados/as, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.
3.- Contía.
O importe dos prezos públicos será de:
1. Carné de tempada:
- Menores: 12,00 €.
- Adultos: 20,00 €.
2. Entrada individual:
- Menores: 1,00 €.
- Adultos: 1,50 €.
3. Carné mensual:
- Do 1/07/2012 ao 31/07/2012
Menores: 6,00 €.
Adultos: 12,00 €.
- Do 01/08/2012 ao 31/08/2012
Menores: 6,00 €.
Adultos: 12,00 €.
- Do 01/09/2012 ao 15/09/2012:
Menores : 3,00 €.
Adultos: 6,00 €.
4. Cursos.
- Menores: 20,00 €/mes.
- Adultos: 30,00 €/mes.
O abono da tarifa por curso dará dereito ao uso das instalacións da piscina durante a mensualidade correspondente.
4.- Normas de xestión.
A obriga de pagamento do prezo público nace no momento no que se solicite a prestación do servizo. O pagamento realizarase:
- No caso de entradas puntuais deberá facerse o ingreso con carácter previo á entrada nas instalacións.
- Nos demáis casos no momento da solicitude do servizo.
En todo o que non estea aquí previsto acudirase a ordenanza xeral de prezos públicos do Concello de Ordes.