Ordes - Prezo público pola prestación de servizos na piscina municipal climatizada Iván Raña.
1. Concepto.
A actividade obxecto do presente prezo público está constituída pola prestación dos servizos e realización de actividades na piscina climatizada municipal ¿Iván Raña", sita no lugar de As Casillas, así como a utilización das instalacións municipais dedicadas especificamente, á prestación dos ditos servizos.
2. Obrigados ao pagamento.
Están obrigados ao pagamento do prezo público os/as que soliciten, utilicen ou se beneficien da prestación dos servizos prestados na piscina municipal climatizada ou das súas instalacións. No caso de que os/as beneficiarios/as sexan menores de idade e/ou incapacitados/as, considerarase suxeito obrigado ao pagamento aos pais/nais ou titores/as.
3. Contía.
A contía do prezo público verá determinado polas tarifas seguintes:
1. Aboados.
a) Cota de inscrición (matrícula): 23,50 €.
b) Aboado de mañá: 12,00 €/mes.
c) Aboado de 3.ª idade: 15,50 €/mes.
d) Abono adulto: 23,50 €/mes.
e) Abono menores (até 18 anos): 12,00 €/mes.
f) Abono familiar: 31,00 €/mes (titular e cónxuxe), a maiores:
a. Por fillo de 0 a 6 anos: gratis.
b. Por fillo de 7 a 18 anos: 4,00 €/mes.
c. No caso de familias numerosas o recargo por cada fillo será o 50% da tarifa anterior.
2. Non aboados.
a) Entrada adulto sen sauna (18 anos ou máis): 3,00 €.
b) Entrada adulto con sauna: 4,00 €.
c) Entrada menores (ate 18 anos): 2,50 €.
d) Entrada terceira idade: 2,50 €.
3. Cursos de natación.
a) Natación mensual menores 1 día á semana (aboados/non aboados): 5,70 €/11,36 €.
b) Natación mensual menores 2 días á semana (aboados/non aboados): 7,57 €/15,14 €.
c) Natación mensual adultos 1 día á semana (aboados/non aboados): 7,07 €/14,18 €.
d) Natación mensual adultos 2 días á semana (aboados/non aboados): 14,18 €/28,41 €.
e) Cursos intensivos de natación (5 días/semana) nenos (aboados/non aboados): 23,21 €/30,43 €.
f) Cursos intensivos de natación (5 días semana) adultos (aboados/non aboados): 28,36 €/45,12 €.
g) Curso de natación escolar 1 día por semana: 6,31 €/mes.
h) Curso de natación especial 1 día por semana: 56,85€/mes.
4. Cota de mantemento do socio: 6,00 €/mes.
5. Por grao de minusvalía superior ao 33% corresponderá un desconto do 50% aplicable aos puntos 1, 2, 3 e 4 anteriores tendo en conta que, no caso do abono familiar, aplicarase sobre a parte proporcional que corresponda ao aboado que sufre a minusvalía.
6. Perda ou extravío de tarxeta: 3,75 €.
As ditas tarifas non serán reducibles por período de tempo, salvo no caso do peche anual das instalacións polo período que corresponda, no que as tarifas reduciranse proporcionalmente.
4. Normas de xestión.
No caso de entradas puntuais e bonos a obriga de pagar nacerá no momento de entrar no recinto das instalacións, debendo realizarse nese momento o pagamento das tarifas.
A obriga de pagamento da matrícula nacerá no momento no que se solicite o abono ás instalacións, momento no que tamén nacerá a obriga de pagamento das cotas mensuais de abonado/a.
A obriga de pagamento dos cursos nacerá no momento da solicitude de inscrición neles.
O pagamento da matrícula, da primeira cota de abono e dos cursos levarase a cabo en efectivo no momento da solicitude. As cotas de aboado, unha vez efectuado o pagamento das anteriores, levarase a cabo mediante domiciliación bancaria dos recibos, os cales poranse ao cobro nos primeiros cinco días do mes en curso.
Procederá a devolución cando se produza a falta de prestación do servizo debido a causa non imputable ao interesado. Neste caso a mesma será proporcional ao tempo no que non se puido prestar o servizo, non entendéndose como tales os días festivos.
A falta de pagamento dunha cota implicará a baixa automática do aboado/a e/ou cursillista, sen prexuízo de que a dita débeda poda esixirse polo procedemento administrativo de constrinximento. A mesma impedirá o acceso ás instalacións ate que sexa satisfeita e, no caso dos aboados, a solicitude e aboamento dunha nova matrícula.