Arteixo - ORDENANZA Nº11, REGULADORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE ESCOLAS INFANTÍS DO CONCELLO DE ARTEIXO
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Na modificación da ordenanza se dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto
completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no
artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
Ó no ter coñecemento da
fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia
Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo
de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.
ÍNDICE
CAPÍTULO I: OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN
Artigo 1.- Obxecto.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
Artigo 3.- Definición
Artigo 4.- Finalidade
Artigo 5.- Obxectivos específicos
Artigo 6.- Contidos do Proxecto Educativo
CAPÍTULO II: ESTRUCTURA ORGANIZATIVA
Artigo 7. - Dependencia
Artigo 8.- Organización das unidades
Artigo 9.- Estructura organizativa
Artigo 10.- A Dirección
Artigo 11.- Equipo técnico
Artigo 12.- Persoal de atención aos grupos
Artigo 13.- Titulacións do persoal
Artigo 14.- Persoal de Servizos
Artigo 15.- Consello de Centro
CAPÍTULO III: SOLICITUDE DE PRAZA E NORMAS DE MATRICULACIÓN
Artigo 16.- Solicitantes
Artigo 17.- Unidade familiar ou de convivencia
Artigo 18.- Renda per cápita
Artigo 19.- Criterios de valoración
Artigo 20.- Procedemento de solicitude
Artigo 21.- Prazos de solicitude e adxudicación
Artigo 22.- Solicitudes de unidades familiares ou de convivencia non empadroadas
Artigo 23.- Adxudicación de prazas
Artigo 24.- Lista de espera
Artigo 25.- Reservas de praza
Artigo 26.- Procedemento de baremación
Artigo 27.- Baremacións de especiais características
Artigo 28.- Comisión de baremación
Artigo 29.- Funcións da Comisión de baremación
Artigo 30.- Documentación
Artigo 31.- Subsanacións
Artigo 32.- Resolución
Artigo 33.- Tarifas
Artigo 34.- Modificacións de servizos
Artigo 35.- Apertura de expedientes individuais
Artigo 36.- Formalización de matrícula
Artigo 37.- Prazas de comedor
Artigo 38.- Prazas reservadas
Artigo 39.- Causas de baixa
CAPÍTULO IV: CALENDARIO E HORARIOS DO SERVIZO
Artigo 40.- Calendario e horarios xerais
Artigo 41.- Organizacións especiais
Artigo 42.- Horario de permanencia
Artigo 43.- Cambio de horario concedido
Artigo 44.- Período de peche e vacacións
Artigo 45.- Cumprimento de horarios
Artigo 46.- Autorizacións para a saída do centro
Artigo 47.- Normas xerais
CAPÍTULO V: RELACIÓNS COS PAIS, TITORES OU REPRESENTANTES LEGAIS
Artigo 48.- Principios fundamentais
Artigo 49.- Información individual
Artigo 50.- Horarios de atención
Artigo 51.- Periodicidade das reunións
Artigo 52.- Libro de reclamacións
CAPÍTULO VI: NORMAS DE SAÚDE, HIXIENE E NUTRICIÓN
Artigo 53.- Obxecto
Artigo 54.- Normas xerais
Artigo 55.- Enfermidades infecto-contaxiosas
Artigo 56.- Enfermidade ou accidente no centro
Artigo 57.- Comunicación de non asistencia por enfermidade
Artigo 58.- Administración de medicamentos
Artigo 59.- Menús
CAPÍTULO VII: PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN
Artigo 60.- Necesidades educativas especiais
Artigo 61.- Integración de persoas con discapacidade
CAPÍTULO VIII: ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS
Artigo 62.- Órgano de participación
Artigo 63.- Fins
Artigo 64.- Reunións
Artigo 65.- Normas de aplicación
CAPÍTULO IX: A LINGUAXE
Artigo 66.- Tratamento lingüístico
CAPÍTULO X: FOMENTO DA IGUALDADE DAS NENAS E NENOS
Artigo 67.- Promoción de actividades para a igualdade
Artigo 68.- Uso de material non discriminatorio
Artigo 69.- Fomento da interculturalidade, adquisición de competencias en lingua estranxeira e coñecemento e manexo de novas tecnoloxías.
CAPÍTULO XI: DEREITOS E OBRIGAS
Artigo 70.- Dereitos das persoas usuarias
Artigo 71.- Dereitos do persoal
Artigo 72.- Obrigas do persoal
DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA
DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA
DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA
DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA
DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA
DISPOSICIÓN FINAL
ANEXOS:
ANEXO I: Baremo de aplicación para a valoración de solicitudes de acceso ao servizo de Escola Infantil Municipal
ANEXO II: Documentación necesaria para a solicitude de praza
Capítulo I. Obxecto e ámbito de aplicación
Artigo 1 .- Obxecto
A presente ordenanza ten por obxecto establecer a organización e funcionamento do servizo de Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Arteixo.
Artigo 2.- Ámbito de aplicación
Constitúe o ámbito de aplicación da presente Ordenanza o servizo de Escola Infantil Municipal do Concello de Arteixo como equipamento de atención á primeira infancia (nenos/as de 3 meses a 3 anos) de estancia diurna temporal, según os horarios de apertura estipulados ó efecto, organizados para a educación e coidado dos/as nenos/as.
Artigo 3.- Definición
O servizo das EIM constitúe un servizo municipal regulado que desenvolverá a súa actividade educativa nos seguintes ámbitos:
· Identidade e autonomía persoal a través do coñecemento e desenvolvemento do seu propio corpo, as súas capacidades sensoriais e a súa afectividade.
· O coñecemento activo do entorno no que vive (obxectos, persoas, relacións).
· A comunicación e representación a través da iniciación nas diferentes linguaxes que lle permiten ó/á neno/a comunicarse e representar a súa propia realidade (linguaxe oral, linguaxe corporal, expresión plástica, relacións lóxico-matemáticas).
Os principios metodolóxicos desde os que se traballa son os seguintes:
· Enfoque globalizador
· O xogo como principio de actividade
· Ambiente de afectividade e seguridade.
Artigo 4.- Finalidade
O servizo de EIM é un recurso organizado para o coidado dos/as nenos/as e que cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención que leve ó desenvolvemento harmónico e integral e á compensación das desigualdades sociais, económicas e culturais, ademais de levar a cabo unha laboura de apoio á función educativa da propia familia, á vez que se facilita o acceso desta ó mundo laboral. Eso lógrase a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as.
Artigo 5.- Obxectivos específicos
Son obxectivos especificos do servizo de EIM:
· Promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas e nenos e a súa aprendizaxe de habilidades cognitivas e creativas.
· Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral a través da cooperación cos pais, titores ou representantes legais.
· Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
· Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.
· Respectar a singularidade e diversidade de cada nena e neno.
· Posibilitar a integración progresiva dos nenos e nenas na cultura do seu medio.
· Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.
· Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.
· Facilitar a integración das nenas e dos nenos con necesidades educativas especiais.
O proxecto educativo do centro debe desenvolver estes obxectivos.
Artigo 6.- Contidos do Proxecto Educativo
A EIM aplicará o Proxecto Educativo xeral no que se regulan e organizan dinámicas particulares de intervención educativa, obxectivos da acción educativa e áreas de actuación, así coma os medios humanos, técnicos e materiais para o seu desenvolvemento. En todo caso, deberá reflectir os aspectos recollidos na lexislación autonómica que regula os contidos mínimos do mesmo.
A programación de actividades deberá incluirse no Programación Xeral Anual para cada curso que se remitirá con anterioridade ó 1 de outubro de cada ano á Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa para a súa validación.
Capítulo II. Estructura Organizativa
Artigo 7.- Dependencia
A EIM depende, administrativamente, da Concellería Relacións coa Comunidade Educativa do Concello de Arteixo. En todo caso, unicamente ó Concello corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa/as ou órganos delega as mesmas cando así o estime oportuno.
Artigo 8.- Organización das unidades
A relación do Persoal de atención directa as nenas e nenos será, como máximo, a seguinte:
· Unidades para nenos/as menores de 1 ano: 1/8
· Unidades para nenos de 1 a 2 anos: 1/13
· Unidades para nenos de 2 a 3 anos: 1/20
Artigo 9.- Estructura organizativa
A EIM obxecto deste regulamento disporá da seguinte estructura organizativa:
1. Dirección.
2. Equipo técnico.
3. Persoal de atención directa os nenos/as.
4. Persoal de servizos
Artigo 10.- A Dirección
Para a mellor xestión directa, o centro disporá da figura de director/a como representante do centro e responsable do seu correcto funcionamento. As súas funcións serán, como mínimo, as seguintes:
· Xestión global do centro que inclúe control orzamentario, administrativo e mantemento.
· Xefatura de todo o persoal adscrito ao centro.
· Cumprir e facer cumprir as leis, disposicións vixentes, regulamento de réximen interior e cantas disposicións emanen dos órganos competentes na elaboración de lexislación a aplicar.
· Elaborar a programación xeral anual e a correspondente memoria anual da escola.
· Autorizar actuacións extraordinarias para o normal desenvolvemento da escola.
· Prestar atención personalizada ás persoas usuarias a través do desenvolvemento da función educativa e da directiva.
· Supervisión, coordinación e cumprimento das actividades programadas
· Convocatoria e presidencia de reunións de órganos colexiados, así como execución e cumprimento dos acordos adoptados.
· Exercer a garda dos menores ingresados no centro de acordo coa lexislación vixente.
· Remitir cantos informes lles sexan solicitados pola entidade municipal.
Artigo 11.- Equipo Técnico
1. O equipo técnico constitúese como un grupo de traballo a través do cal o persoal de atención directa a nenos/as participa do proxecto integral da EIM. Este equipo estará integrado polo director/a, que actuará como coordinador/a, e polo persoal de atención directa a nenos/as.
2. Son competencias propias do equipo técnico:
· Elabora-lo proxecto educativo e o proxecto curricular da EIM, e proceder á súa modificación en caso necesario.
· Fixar os criterios para o seguemento e avaliación destes documentos.
· Establecer criterios xerais ós que deben adaptarse as programacións de cada un dos grupos de idade.
· Elaborar a memoria anual da EIM.
· Deseñar actividades que esixan coordinación entre os distintos grupos de idade.
· Programar actividades cos pais dos nenos/as.
· Elaborar os proxectos de regulamento de réxime interior da EIM.
3. O réxime de funcionamento do equipo técnico establecerase nos regulamentos de réxime interior que se elaboren.
Artigo 12.- Persoal de atención aos grupos: mestres e educadores
1. Cada grupo de nenos/as terá como responsable directo un educador que formará parte do equipo técnico da EIM e, entre outras, será o responsable de manter relacións cos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as asignados ó seu grupo e, de ser o caso, supervisará ó persoal en prácticas que teñan asignado.
2. Ademais das descritas, tamén serán funcións propias deste persoal as seguintes:
· Colaborar na elaboración e actualización do proxecto educativo e o proxecto curricular do centro.
· Realizar as funcións educativas contempladas na lexislación vixente para o ciclo.
· Participar nas actividades de formación permanente e na súa avaliación.
· Prestar especial atención ao período de adaptación.
· Avaliar o funcionamento e organización da escola e propoñer iniciativas para a mellora do seu funcionamento ante a dirección.
3. A asignación dos responsables para os diferentes grupos recaerá na dirección da EIM, logo de consulta ao equipo técnico. A dita asignación farase de acordo cos criterios establecidos no proxecto educativo da EIM, procurando que o responsable do grupo asuma o mesmo grupo de nenos/as anteriores.
4. A coordinación e animación da acción educativa será realizada polas/polos mestras/mestres.
Artigo 13.- Titulacións do persoal
O Persoal de atención directa a nenos/as será o que estando en posesión da titulación ou habilitación correspondente realice funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo, así como as que lle encomende a dirección da EIM.
Artigo 14.- Persoal de servizos
O Persoal de servizos está integrado polo persoal de cociña, limpeza, de servizos xerais, persoal auxiliar e persoal administrativo.
Este Persoal realizará as funcións que segundo a súa categoria profesional se establezan no correspondente convenio colectivo así como as que lle encomende a dirección da EIM.
Artigo 15.- Consello de Centro
A EIM contará como órganos colexiados co Consello de Centro, órgano que asumirá a coordinación xeral do centro, marcando as directrices e adoptando acordos procedentes, posibilitando, deste xeito, a participación e colaboración de tódolos colectivos implicados no funcionamento.
Estará composto, como mínimo, polos seguintes membros:
· Director/a do centro que exercerá a presidencia
· Un representante do Persoal educativo
· Un representante do Persoal de servizos
· Un representante dos pais, titores ou representantes legais
· Responsable político da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa ou persoa na que delegue.
As súas funcións son, como mínimo, as seguintes:
· Aprobar o proxecto de regulamento de réximen interior
· Aprobar e avaliar a memoria anual de actividades
· Aprobar o proxecto educativo e a programación anual de actividades
· Propoñer á entidade municipal cantas medidas consideren convintes para mellorar o funcionamento do centro.
Capítulo III. Solicitude de praza e normas de matriculación
Artigo 16.- Solicitantes
Poderán solicitar praza na EIM durante os prazos estipulados ó efecto, as nenas e os nenos que reúnan os seguintes requisitos:
· Estar empadroada a unidade familiar ou convivencial no concello de Arteixo con anterioridade ó inicio do prazo de presentación de solicitudes. A Comisión de Baremación valorará circunstancias especiais nas que só estea empadroado o menor cun dos proxenitores.
· Ter nacido o/a aspirante a praza no momento de presentación da solicitude
· Idade mínima: ter cumplidos os 3 meses na data de inicio do curso (1 de setembro).
· Idade máxima: non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano en que se solicita a praza
Non obstante, poderán eximirse do límite de idade dos 3 anos as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo, logo da emisión do ditame do equipo de orientación específica do órgano competente da administración autonómica, por petición dos pais, ou representantes legais e a través do centro onde soliciten praza.
Tamén poderán solicitar praza aqueles que acrediten proximidade do posto de traballo á EIM ainda que estas unidades familiares non estean empadroadas no termo municipal de Arteixo. Nembargantes, estas solicitudes estarán sometidas ó establecido no artigo 22º desta Ordenanza.
Artigo 17.- Unidade familiar ou de convivencia
Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:
1. As fillas e os fillos menores, con excepción dos que, con consentimento das nais e/ou dos pais, vivan independentes destes.
2. As fillas e os fillos maiores de idade incapacitados xudicialmente, suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.
3. As fillas e os fillos maiores de dezaoito anos cun grao de discapacidade superior ao 33 %.
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo.
Enténdese por familia monoparental o núcleo familiar composto por un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa coa que manteña unha relación análoga á conxugal e os fillos ou as fillas menores ao seu cargo, sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
Artigo 18.- Renda per cápita
Enténdese por ¿renda per cápita mensual" o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da u.f. É decir, é o resultado de aplicar as seguintes fórmulas:
Ingresos totais anuais da u.f. / 12 = ingresos totais mensuais da u.f.
Ingresos totais mensuais da u.f. / nº membros da u.f. = renda per cápita mensual
No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar ós efectos de cálculos da renda per cápita.
Artigo 19.- Criterios de valoración
As solicitudes valoraranse de acordo co baremo establecido ó efecto (Anexo I desta Ordenanza) no que se teñen en conta as seguintes circunstancias:
· Situación sociofamiliar
· Situación laboral familiar
· Situación económica
Artigo 20.- Procedemento de solicitude
As solicitudes para acceder ós servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía-Presidencia da corporación municipal, acompañadas de modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais, xuntando a documentación sinalada no artigo 30º da presente Ordenanza reguladora.
Artigo 21.- Prazos de solicitude e adxudicación
Os prazos que se establecen para os procedementos que a continuación se detaian serán os estipulados pola administración autonómica na correspondente orde que regule o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3, aprobándose posteriormente por resolución da Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue e dando conta deles na vindeira Xunta de Goberno Local que se leve a cabo:
Renovación de praza |
Oferta de prazas para nova ocupación |
Solicitudes novo ingreso |
Publicación de lista provisional |
Prazo de reclamacións |
Publicación lista definitiva |
Formalización de matrícula |
Os prazos anteriormente mencionados, poderán ser modificados en circunstancias excepcionais e debidamente motivadas polo mesmo procedemento municipal.
Artigo 22.- Solicitudes de unidades familiares ou de convivencia non empadroadas
As solicitudes das unidades familiares ou de convivencia non empadroadas no termo municipal de Arteixo só se terán en conta finalizado o proceso de matricualción se quedasen prazas vacantes e se algún dos membros acredita que o seu posto de traballo se atopa no termo municipal de Arteixo.
Aquelas unidades familiares que soliciten fóra de prazo pasarán a formar parte da lista B.
Artigo 23.-Adxudicación de prazas
A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo baremo establecido nesta Ordenanza reguladora (Anexo I).
En cumprimento da conciliación da vida laboral e familiar, para a concesión de horarios solicitados teranse en conta os horarios laborais acreditados dos pais/titores cando coincidan co solicitado. No caso de que non se xustifique a necesidade de horario por necesidades laborais, as adxudicacións realizaranse según dispoñibilidade de prazas e respetando o baremo de puntuación.
No caso de que se produza un empate na puntuación total, o criterio preferente para a adxudicación será o regulamentado ao respecto pola administración autonómica na correspondente orde que regule o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3.
Se un nivel se completa, o usuario quedará en lista de agarda ata que se produza unha vacante nos grupos nos que poida incluirse e que se definen na lexislación de aplicación.
Aquelas e aqueles solicitantes de praza que queden excluídos por non acadar a puntuación necesaria, poderán solicitar ser derivados ao correspondente programa autonómico de axuda directa ás familias para pagar unha praza nunha escola infantil de carácter privado.
Artigo 24.- Lista de espera
A efectos de axilizar a lista de espera, o procedemento para a inclusión na mesma é o seguinte:
· As persoas que soliciten praza nas datas regulares establecidas e non a obteñan , pasarán á lista de agarda A por orde de puntuación. As prazas irán adxudicándose a medida que queden dispoñibles nos grupos que lle correspondan ao menor respetando rigurosamente a orde.
· As persoas que soliciten praza fóra das datas regulares establecidas, formarán parte da lista de agarda B por orde de puntuación e obterán praza no caso de que non se cubran cos solicitantes da lista de espera A.
Artigo 25.- Reservas de praza
As nenas e nenos que ingresen na EIM antes do 1 de febreiro de cada curso terán dereito á reserva de praza durante o período que poidan permanecer no centro no mesmo horario que no momento da concesión inicial da praza e sempre que non se produzan variacións nas condicións iniciais que deron lugar á primeira matriculación.
Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.
Para a renovación aplicaranse os prazos estipulados no artigo 21º desta Ordenanza.
Artigo 26.- Procedemento de baremación
Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados.
Se as solicitudes non estivesen debidamente cumprimentadas ou non se acompañasen da documentación esixida, procederase según o recollido no artigo 31º da presente ordenanza.
Se a solicitude presentada cumpre cos requisitos esixidos nesta normativa, e segundo o procedemento que se fixa, a Comisión de Baremación nomeada ó efecto (composta polos membros que se especifican no artigo 28º desta Ordenanza) realizará a avaliación das solicitudes segundo baremo e elaborará acta que será trasladada á Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue para a súa resolución e posterior dación de conta na vindeira Xunta de Goberno Local que se leve a cabo.
Contra a denegación dos servizos recollidos na solicitude, o interesado/a poderá interpoñer os recursos e reclamacións estipulados na lexislación vixente.
Artigo 27.- Baremacións de especiais características
En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será a Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue quen decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno Local que se reúna.
Artigo 28.- Comisión de baremación
A Comisión de baremación estará constituida polos seguintes membros:
· Presidente: Concelleiro/a de Relacións coa Comunidade Educativa ou persoa na que delegue.
· Secretario: Secretaria Xeral do Concello ou persoa na que delegue.
· Vocais:
· Concelleiro/a Área de Benestar Comunitario ou persoa na que delegue.
· Traballador/a Social do Equipo de Servizos Sociais.
· Director/a da Escola Infantil Municipal.
· Técnico/a adscrito á área de Educación
O presidente da Comisión poderá solicitar asesoramento dos técnicos municipais se así o considera oportuno.
Artigo 29.- Funcións da Comisión de baremación
· Garantir o bo funcionamento do proceso de admisión en aplicación desta ordenanza.
· Valorar as solicitudes e elaborar a relación provisional de admitidos e listas de espera.
· Determinar o número de vacantes para cada curso.
· Determinar a asignación de tarifas según a presente Ordenanza e aplicación da Ordenanza nº 32 reguladora do Prezo Público.
· Recabar dos solicitantes a documentación adicional que se precise para a xustificación das situacións e circunstancias derivadas
· Informar as reclamacións que no seu caso se presenten.
· Elevar informes á Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue para a súa resolución e posterior dación de conta na Xunta de Goberno Local.
Artigo 30.- Documentación
Ademais da instancia de solicitude, as interesadas e os interesados deberán obrigatoriamente achegar a documentación especificada no Anexo II desta ordenanza e que poderá modificarse segundo o estipulado na correspondente orde que regule o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3 da administración autonómica.
A falta de presentación dalgunha da documentación requerida dentro do prazo de solicitude establecido, suporá a renuncia implícita a ser valorado no apartado correspondente do baremo aplicable.
A Comisión de baremación poderá solicitar calquera documentación complementaria que considere necesaria para o clarexamento das circunstancias alegadas.
Artigo 31. - Subsanacións
No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, requirirá ó interesado por calquera dos medios establecidos legalmente, para que, nun prazo de 10 días, enmende os erros detectados, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desistido na súa petición, logo de resolución en tal sentido.
Artigo 32.- Resolución
As listas de admitidos e listas de espera, por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, no taboleiro de anuncios da EIM e na páxina web do Concello (www.arteixo.org).
As reclamacións presentaranse nas datas especificadas a tal efecto na presente Ordenanza Reguladora (artigo 21º) acompañadas da documentación que se considere necesaria.
Unha vez resoltas as reclamacións, procederase á publicación da relación definitiva de admitidos e á da lista de espera, coa puntuación obtida en cada caso. A publicación realizarase no taboleiro de anuncios do Concello, no taboleiro de anuncios da EIM e na páxina web do Concello (www.arteixo.org).
Os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula e achegar a documentación complementaria nas datas habilitadas ao efecto.
As vacantes que se vaian producindo ó longo do curso serán cubertas por rigurosa orde de puntuación entre os solicitantes da lista de agarda A e, no caso de esgotarse esta, da lista de agarda B, sempre tendo en conta que a cobertura realizarase tendo en conta os grupos de idade da EIM.
As unidades familiares non empadroadas só poderán acceder ás prazas vacantes unha vez esgotadas as listaxes de agarda formadas por unidades familiares empadroadas.
Artigo 33.- Tarifas
As tarifas vixentes son as recollidas na Ordenanza número 32 reguladora do Prezo Público pola prestación de servizo público da Escola Infantil Municipal.
As interesadas e interesados recibirán comunicación da tarifa mensual que deberán abonar en función da aplicación do prezo público según os servizos concedidos.
Estas tarifas poderán ser revisadas ao longo do curso sempre que concurran e se xustifiquen as variacións socioeconómicas recollidas na Ordenanza número 32 reguladora do Prezo Público pola prestación de servizo público da Escola Infantil Municipal.
Artigo 34.- Modificacións de servizos
As modificacións no horario de asistencia ou de calquera outra circunstancia, será solicitada por escrito ó concello. Ata o momento en que a entidade municipal resolva e notifique, non se producirá a modificación.
Artigo 35.- Apertura de expedientes individuais
No momento do ingreso do/a neno/a na EIM, abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en caso de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.
Artigo 36.- Formalización de matrícula
Para formalizar a matrícula é necesario que o/a neno/a naza con anterioridade ó 1 de xuño do ano de solicitude. A incorporación á escola producirase cando se teñan cumpridos os 3 meses.
Entenderase formalizada a matrícula cando:
· Se presenta a seguinte documentación:
a) Certificado médico do neno ou nena.
b) Carné de vacinación actualizado.
c) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou documento equivalente.
d) Catro fotografías tamaño carné.
e) Impreso de domiciliación bancaria.
f) Autorización por escrito das persoas que poden recoller o/a neno/a.
g) Fotocopia do DNI ou doutro documento acreditativo da identidade das persoas autorizadas a recoller o/a neno/a.
Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaído o dereito de praza obtida, logo de resolución en tal sentido, perdendo, asimismo, o dereito de permanencia na lista de agarda.
Artigo 37.- Prazas para comedor
A adxudicación das prazas de comedor realizarase entre as solicitudes que demanden dito servizo, dando prioridade a aqueles casos nos que ambos pais ou titores traballen ou presenten situacións asimilables, ás unidades familiares monoparentais na mesma situación ou aqueloutras situacións que, polas súas especiais características, fagan aconsellable a prestación deste servizo pola especial necesidade de atención ó neno/a. En calquera destes casos, as solicitudes terán prioridade sobre as daquelas unidades convivenciais que non xustifican necesidade, independentemente da puntuación obtida en aplicación do baremo xeral.
Para os/as nenos/as con renovación de praza que xa dispoñían do servizo de comedor, a adxudicación producirase de xeito automático se non se produciu ningunha variación nas condicións que diron lugar á primeira concesión. No caso de que non tivesen praza de comedor e se solicitase como novo servizo, a súa concesión estará supeditada á xustificación da necesidade por motivos laborais que serán debidamente acreditados.
Como norma xeral, os pais ou titores aportarán leite e biberóns dos menores que precisen este tipo de alimentación, non debendo abonar custos de comedor ata cumpridos os 6 meses, agás no caso de que se varíe alimentación con anterioridade a esa idade.
En todo caso, cando a nena/o neno non asista ó comedor sin previa notificación de modificación, por decisión unilateral da unidade familiar ou de convivencia, esta obrigatoriamente asumirá os custos que se imputarán na facturación mensual.
Artigo 38.- Prazas reservadas
A entidade municipal reservará un máximo do 5% das prazas totais das EIM distribuídas nos distintos niveis para aqueles supostos que o requiran por presentar circunstancias socioeconímicas e familiares especiais.
Se fose necesario atender un caso urxente remitido desde os servizos sociais do concello, seguiríase o procedemento sinalado nesta ordenanza, accedendo ó nivel que lle corresponda no caso de que existan prazas dispoñibles ou ó que se determine según proposta da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa á Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue para a súa resolución e posterior dación de conta á Xunta de Goberno Local, sempre con limitación no tempo motivada e posterior formalización da adxudicación definitiva cando se produza vacante no grupo de idade, si é o caso. Serán considerados dentro desta tipoloxía de ingresos urxentes os seguintes:
· As/os menores tuteladas/os pola Administración correspondente.
· As fillas / os fillos das mullerse que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero
· Aqueloutros nos que concurran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.
Artigo 39.- Causas de baixa
Causarán baixa aqueles menores admitidos nos que concurran algunha das seguintes circunstancias:
· Renuncia voluntaria á praza formulada polos pais, titores ou representantes legais presentada na entidade municipal.
· Falta de asistencia ó centro ou uso dos servizos durante 15 días lectivos continuados ou 30 días alternos sin previo aviso nin causa xustificada. As xustificacións serán analizadas pola Comisión de Baremación que estudará os informes achegados pola familia para o seu posterior traslado á Alcaldía - Presidencia ou órgano no que delegue que resolverá e dará conta á Xunta de Goberno Local. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que, transcorrido dito prazo darase baixa definitiva ou xustificarase a permanencia cos informes preceptivos que correspondan.
· Impago de dúas cotas mensuais sucesivas ou tres alternas calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuizo da reclamación da débeda polo procedemento regulamentariamente establecido.
· Prazas que non se teñan cuberto ós quince días de iniciado o curso correspondente sin comunicación expresa por parte da familia e sin causa xustificada.
· Pérdida da condición de veciño do término municipal sempre que non concurra a situación de proximidade de posto de traballo. Neste caso, a reserva de praza só terá vixencia para o curso en desenvolvemento.
· Calquera cambio nas condicións que diron lugar a adxudicación de praza e que supoñan unha variación sustancial destas. Si esta situación se producira, debe notificarse de inmediato para a valoración da nova situación.
· Por incumprimento reiterado das normas da EIM
· Por incompatibilidade ou inadaptación.
· Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.
· Cando non se entregue documentación para a revisión e/ou clarificación de datos nos prazos legalmente establecidos ó efecto previo requerimento expreso pola entidade municipal
· O non disfrute pola /polo menor do mes de vacacións computado éste como total ó longo do curso.
Cada caso será valorado pola Comisión de baremación que escoitará ás partes e analizará a documentación que se achegue ó respecto. A decisión será elevada á Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue para a súa resolución e posterior traslado á Xunta de Goberno Local.
Capítulo IV. Calendario e horarios do servizo
Artigo 40.- Calendario e horarios xerais
1. A EIM, como servizo cotián, prestará os seus servizos de luns a venres, sendo non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.
2. O horario da EIM é de 7:30 h. a 20:30 h. de xeito ininterrompido
3. Os horarios de asistencia ó centro estructúranse do seguinte xeito:
· Horario de mañá de 7:30 horas a 15:30 horas.
· Horario escolar: como medida de apoio á familia, ofértanse as seguintes opcións de horario:
· Opción a): de 10:00 horas a 17:00 horas con comedor
· Opción b): de 10:00 horas a 17:00 horas sin comedor
· Horario de tarde: de 15:30 horas a 20:30 horas.
Os/as nenos/as deberán optar por unha das alternativas.
En todo caso, o Concello de Arteixo poderá introducir modificacións atendendo a criterios de necesidade do servizo.
Artigo 41.- Organizacións especiais
Nos meses de xullo e agosto manterase, inicialmente, a atención en horario completo (de 7:30 h a 20:30 h) sempre e cando a ocupación do centro supoña un mínimo que permita realizar os axustes derivados das reduccións de horarios e asistencias e sempre que a demanda sexa suficiente para crear unha unidade internivelar (15 nenos de 0 a 3 anos). En caso contrario, os horarios de apertura adaptaranse de tal xeito que se poida cumprir o establecido, pechándose no caso de que se acredite a falta de asistencia para manter esa ratio.
En todo caso, en aplicación da lexislación vixente, en calquera momento ó longo do curso, de non existir demanda suficiente para formar grupos do mesmo nivel na ratio legalmente establecida, as nenas/os nenos poderán ser agrupados sempre respetando as ratios permitidas (para nenos de 0-3 anos: 1/15).
Artigo 42.- Horario de permanencia
O horario máximo de permanencia dos nenos/as nas EIM será, con carácter xeral, de oito horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas, a valorar pola Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa do Concello de Arteixo, que poderá amplialo.
Para a mellor adaptacións das nenas e dos nenos de novo ingreso, poderase establecer un horario reducido que se ampliará de forma progresiva, sin que supoña modificación na tarifa.
A utilización do horario ampliado por parte do/a neno/a esixe que os pais ou titores presenten xustificación documental da necesidade. En todo caso, sempre que as circunstancias familiares do/a neno/a o obriguen a permanecer na EIM máis das oito horas estipuladas, fomentarase que os pais titores ou representantes legais se fagan cargo do neno/a ó longo da xornada no tempo que dispoñan libre, co fin de favorecer as relacións paterno-filiais.
Artigo 43.- Cambio de horario concedido
No caso de querer cambiar o horario inicialmente concedido, deberá acreditarse documentalmente a necesidade e seguirase o procedemento establecido no Artigo 34º desta Ordenanza. En todo caso, a concesión dependerá da existencia de prazas vacantes no novo horario solicitado.
Artigo 44.- Período de peche e vacacións
A EIM establecerá como non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.
Os días 24 e 31 de decembro a EIM pechará ás 15 horas.
En todo caso, os menores deberán disfrutar dun mes de descanso ó longo do ano distribuido según conveniencia da familia. O incumprimento desta norma poderá dar lugar a penalizacións.
Serán valoradas pola Comisión de baremación as situacións familiares que acrediten a imposibilidade do cumprimento, sendo a decisión do órgano a que prevalece, podendo elevar á Xunta de Goberno as medidas sancionadoras que considere que deben aplicarse.
Artigo 45.- Cumprimento de horarios
O horario de entrada-saida das nenas e dos nenos na EIM débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Nembargantes unha vez acordados coa EIM os horarios de entrada e saída dos nenos/as, as familias procurarán respectalos.
En caso de retrasos inxustificados e reiterados, a dirección da EIM está obrigada a adoptar as medidas oportunas poñéndoo en coñecemento da entidade municipal a través da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa.
Artigo 46.- Autorizacións para a saída do centro
Ó remate da xornada as nenas e os nenos serán entregados ós seus pais, titores, representantes legais ou persoas debidamente autorizadas. Nos casos nos que estes autoricen á dirección da EIM para entregar o/a neno/a a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.
Artigo 47.- Normas xerais
· Se por diversos motivos a EIM permanecese pechada por un período superior a 15 días naturais, non se abonará a tarifa que corresponda.
· A non asistencia da nena ou do neno durante un período determinado, mentras non se formalice a baixa correspondente, non supón a reducción nin exención do pagamento do prezo establecido, excepto nos casos das excepcións establecidas regulamentariamente.
Capítulo V. Relacións cos pais, titores ou representantes legais
Artigo 48.- Principios fundamentais
1. A relación cos pais, titores ou representantes legais, que deberá ser fomentada pola dirección da EIM, ten como principais obxectivos:
-O intercambio de criterios educativos.
-A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamentos dos nenos/as.
-O compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades,¿
Artigo 49.- Información individual
Tras a consulta co equipo técnico da EIM, a dirección poñerá en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais de cada menor unha información sobre a súa evolución integral. Terá carácter semestral e realizarase en documento normalizado.
Artigo 50.- Horarios de atención
As visitas dos pais, titores ou representantes legais das e dos menores realizaranse de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oídos os equipos técnicos, sempre e cando non dificulte a boa marcha da EIM.
Artigo 51.- Periodicidade das reunións
Co fin de garantir a necesaria cooperación cos pais, titores ou representantes legais dos menores, realizaranse reunións xerais e de grupo, segundo a natureza dos temas que se vaian tratar que terán lugar nas dependencias da EIM, logo da convocatoria por escrito. A periodicidade destas reunións será a seguinte:
-Dúas reunións xerais, coincidindo co inicio e co remate do curso.
-Dúas reunións de grupo que se realizarán cada semestre.
En todo caso, a direccións da EIM informará por escrito ó principio do curso dos horarios de atención e información ós pais, titores ou representantes legais dos menores.
Artigo 52.- Libro de reclamacións
A EIM terá un libro de reclamacións á disposición das usuarias e usuarios. A dirección do centro poñerá en coñecemento da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa do Concello de Arteixo o contido das reclamacións de xeito periódico, agás nos casos en que se requira unha comunicación inmediata.
Capítulo VI. Normas de saúde, hixiene e nutrición
Artigo 53.- Obxecto
As nenas e nenos teñen un sistema inmunitario reducido, polo que enferman con facilidade. Neses casos, necesitan coidados e condicións especiais que desde a EIM non se poden levar a cabo. Por estes motivos, é importante que as/os menores non asistan á escola cando estean enfermos co fin de reducir as posibilidades de contaxio.
Artigo 54.- Normas xerais
· As nenas e nenos deberán acudir á EIM en condicións correctas de saúde e hixiene.
· Tódolos nenos e nenas que usen cueiros deberán traer un paquete e un bote de toalliñas, que deberá repoñerse cando sexa preciso. Serán cambiados na medida que o precisen.
· Os nenos/as terán sempre unha muda completa de reposto.
· Tódolos nenos e nenas que anden deberán traer un mandilón, unha toalla, cepillo de dentes, crema e un vaso.
· Os nenos e nenas deberán levar roupa que lles permita moverse con comodidade
· Co fin de velar polo benestar e saúde dos menores, non se autorizará a entrada ás nenas ou nenos que presenten as condicións temporais seguintes:
· Presencia de parasitos (piollos, lendia,¿)
· Fiebre
· Diarrea
· Erupcións da pel, excepto cando acompañen informe pediátrico indicando que non son contaxiosas
· Conxuntivite
· Parasitosis intestinais (lombrices,¿)
· Vómitos de repetición
· Tos persistente mucopurulenta nasal sin tratamento. Neste caso, poderá asistir con xustificante do pediatra no que conste que se sigue tratamento ou que non é contaxioso.
Artigo 55.- Enfermidades infecto-contaxiosas
Non serán admitidos na EIM as nenas e nenos que padezan enfermidades infecto-contaxiosas. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polos pais, titores ou representantes legais á dirección do centro que, a súa vez, o poñerá de inmediato en coñecemento da Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa do Concello de Arteixo.
No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nas nenas ou nenos na propia EIM, informarase á dirección desta, e avisarase os seus pais, representantes legais ou titores, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais menores. O reingreso ó centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e tras o informe médico que acredite tal circunstancia.
Artigo 56.- Enfermidade ou accidente no centro
No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na EIM, despois das primeiras atencións ¿in situ" e, á maior brevidade posible, poñerase dita circunstancia en coñecemento dos pais, titores, representantes legais da/do menor ou persoas debidamente autorizadas e, se é o caso, garantirase que reciba a atención médica axeitada.
Artigo 57.- Comunicación de non asistencia por enfermidade
Cando se produza a falta de asistencia á EIM por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais, titores ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro, sin que este feito supoña a modificación do prezo público a satisfacer polo servizo.
Artigo 58.- Administración de medicamentos
Nos casos nos que se deban administrar tratamento médico por enfermidade crónica non contaxiosa, deberán ir acompañados da receita e informe médico, actualizada á data do tratamento na que constará o nome da nena ou do neno, o nome do medicamento e forma, dose e peridiocidade na administración. Non se lles administrará ningunha medicación que non veña acompañada, así mesmo, da autorización por escrito dos pais/nais titores ou representantes legais indicando as horas de administración da dose correspondente.
Só se terán en conta as pautas de medicación establecidas por pediatras ou especialistas colexiados e non se admitirán as pautas de medicación alternativa.
Artigo 59.- Menús
A EIM publicarán no taboleiro de anuncios e/ou facilitará os pais, titores, representantes legais da/do menor ou persoas debidamente autorizadas unha relación quincenal dos menús previstos, os cales proporcionarán unha dieta sana, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade.
A EIM prestará un especial coidado en atender os casos nos que as nenas e nenos, en razón das súas circunstancias persoais, deban recibir alimentos de forma ou en horarios específicos, sen prexuízo de que estes deban ser facilitados pola familia. De producirse esta situación, achegarase informe médico no que se faga constar con detalle o menú que a nena ou neno debe seguir e a causa que o orixina. A comisión de baremación poderá esixir que o informe sexa emitido por un médico da Seguridade Social. A Comisión de baremación analizará a viabilidade deste tipo de atención á nena ou neno, sempre tendo en conta a incidencia no funcionamento xeral e na atención os demais nenos e nenas.
En todo caso, esta situación non suporá ningunha variación nas tarifas, polo que se aplicará o custo pola contía completa polo concepto de comedor.
En todo caso, non se atenderán solicitudes de modificación de menús por decisión da propia familia cando esta se produza de xeito arbitrario. A Comisión de baremación poderá estudiar e decidir no caso de que se produzan estas solicitudes.
Capítulo VII. Promoción da integración
Artigo 60.- Necesidades educativas especiais
A EIM promoverá, dentro das súas posibilidades, a integración das nenas e dos nenos con necesidades educativas especiais, sempre e cando conten cos recursos materiais e humanos necesarios. Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de valoración e orientación correspondentes con indicación do grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.
Artigo 61.- Integración de persoas con discapacidade
A integración de nenos e nenas con discapacidade físicas, psíquicas ou sensoriais estará supeditada á existencia de condicións infraestructurais idóneas e de persoal adecuado e suficiente. En ningún caso poderá haber máis dun neno ou nena de integración por aula. A efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.
Naqueles casos nos que se considere convinte prorrogar a estancia no centro por un período superior ó que corresponda por idade para unha atención diferente polas especiais características da nena ou neno, deberán achegarse informes de valoración emitidos polos organismos autonómicos con competencia na materia para que a Comisión de Baremación proceda segundo o establecido regulamentariamente.
Capítulo VIII. Asociación de pais e nais
Artigo 62.- Órgano de participación
A asociación de pais e nais é o órgano de participación na vida do centro, tanto no relativo ás programacións como no desenvolvemento de actividades. A súa constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección.
Artigo 63.- Fins
Sen prexuízo do que establezan os seus propios estatutos, a asociación promoverá os seguintes fins:
a) Defender os dereitos dos pais/nais titores ou representantes legais no relativo á prestación de servizos as nenas e nenos.
b) Colaborar coa dirección e co persoal da EIM para favorecer o desenvolvemento integral da poboación atendida en todo canto supoña unha mellora da calidade na prestación dos servizos.
c) Participar nas actividades educativas que se organizan de xeito periódico: festas escolares, (magostos, nadal, entroido...), contacontos, axudas na preparación de materiais para o traballo dos nenos.
Para o desempeño destes fins a dirección da EIM prestará á asociación de pais e nais canta información relativa ó funcionamento do centro lle sexa requerida polos órganos de representación desta.
Artigo 64. - Reunións
A asociación de pais e nais poderá celebrar as súas reunións nas instalacións da EIM cando teñan por obxecto os seus fins propios e non perturben o desenvolvemento normal das actividades. Para tal efecto, bastará a simple comunicación á dirección do centro da convocatoria da reunión con, polo menos, 48 horas de antelación. As reunións deberán celebrarse en horario de apertura do centro.
Artigo 65.- Normas de aplicación
Para garantir a axeitada participación dos pais, serán de aplicación xeral as seguintes normas:
1. Ó comenzo do curso a dirección da EIM informarán ós órganos de representación da asociación dos programas e actividades que se desenvolverán, da normativa establecida en relación co centro e cantos aspectos poidan resultar do seu interese.
2. No caso de discrepancias referentes a aspectos do funcionamento da EIM, a asociación poderá dar traslado delas á Concellaría de Relacións coa Comunidade Educativa do Concello de Arteixo.
Os pais, titores e representantes legais terán dereito a solicitar canta información precisen sobre a atención recibida polos nenos e nenas.
Capítulo IX. A linguaxe
Artigo 66.- Tratamento lingüístico
Como norma xeral de funcionamento, potenciarase a lingua galega, que será tamén a de normal funcionamento do centro en aplicación da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística e da Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo publicada en B.O.P. nº 76 de 3 de abril de 1998.
Capítulo X. Fomento da igualdade dos nenos e nenas
Artigo 67.- Promoción de actividades para a igualdade
A EIM programarán actividades para promover a igualdade entre os nenos/as e evitar os comportamentos e as actividades discriminatórias por razón de sexo. As ditas actividades reflectiranse nos proxectos educativos e curriculares.
En todo caso, na medida do posible, aplicaranse os obxectivos e actuacións das distintas áreas do Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres implementado polo Concello de Arteixo.
Artigo 68.- Uso de material non discriminatorio
A EIM poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo vixiarán que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.
Artigo 69.- Fomento da interculturalidade, adquisición de competencias en lingua estranxeira e coñecemento e manexo de novas tecnoloxías.
A EIM prestará especial atención ó fomento da interculturalidade como instrumento de superación das desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.
Do mesmo xeito prestará especial atención á adquisición de competencias en lingua estranxeira e ao coñecemento e manexo de novas tecnoloxías.
Capítulo XI. Dereitos e obrigas
Artigo 70.- Dereitos das persoas usuarias
As nenas e nenos gozarán dos dereitos e libertades que lle atribúa a lexislación vixente, sendo, polo menos, os seguintes:
· Acceder ó centro e recibir asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
· A consideración debida no trato tanto por parte do persoal do centro como dos demais usuarios.
· O sixilo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e socio-familiar.
· A realizar saídas ó exterior.
· Á intimidade persoal.
· A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural e, en xeral, a tódalas necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral.
· A recibir un tratamento individualizado de contido educativo cara á súa integración socio-familiar que terá como obxectivos prioritarios a súa protección, educación e formación.
· A ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles .
· A ser educados para a comprensión, tolerancia e convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de forma libre e persoal.
Artigo 71.- Dereitos do Persoal
O persoal gozará dos dereitos e libertades que lle atribúa a lexislación vixente, sendo, polo menos, os seguintes:
· Recibir información periódica da marcha e funcionamento do centro a través dos órganos de participación ou da dirección do centro.
· Elexir, si é o caso, os seus representantes para os órganos de participación que se constitúan.
· Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención prestada ós menores.
· Desenvolver as súas funcións educativas según o seu criterio persoal, sempre que se axuste ós obxectivos e contidos da programación do centro.
· Dispoñer dos instrumentos e medios necesarios para desenvolver as súas funcións axeitadamente.
Artigo 72.- Obrigas do persoal
· Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións o regulamento de réxime interior e normas de aplicación no centro.
· Velar polo respecto ós dereitos dos menores recollidos na presente Ordenanza e aqueloutros recoñecidos na lexislación vixente.
· Gardar estricta confidencialidade sobre os datos persoais dos menores a que teñan acceso en razón das súas funcións.
· O cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo.
Disposicións
Disposición adicional primeira
Correspóndelle á concelleira ou concelleiro da área competente en materia de Relacións coa Comunidade Educativa, establecer a coordinación entre a entidade municipal e a Escola Infantil Municipal. Tamén lle corresponde o nomeamento do técnico que estime competente para tramitar as actuacións precisas para facer efectiva esta coordinación.
Disposición adicional segunda
Para un axeitado control do funcionamento da EIM, a dirección do centro deberá presentar a documentación requerida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas reguladoras da concesión do servizo público de escola infantil. O Concello poderá solicitar canta documentación complementaria considere necesaria para velar pola óptima prestación do servizo.
Disposición adicional terceira
Para o non previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto na lexislación autonómica e estatal de aplicación en vigor e no Regulamento de Réxime Interno da EIM.
Disposición adicional cuarta
Facúltase á Alcaldía-Presidencia ou órgano no que delegue do Concello de Arteixo a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente Ordenanza reguladora.
Disposición adicional quinta
A presente Ordenanza reguladora será a base para a elaboración e aplicación do regulamento de Réximen Interno nos términos que legalmente se establecen ó efecto.
Disposición final
Para a aprobación e entrada en vigor da presente Ordenanza estarase ó disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local.
ANEXOS
ANEXO I
BAREMO DE APLICACIÓN PARA A VALORACIÓN DE SOLICITUDES DE ACCESO Á ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
Aplicarase o baremo e criterios de adxudicación de praza establecidos anualmente na correspondente orde da consellería autonómica competente reguladora do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís (0-3).
ANEXO II
DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUDE DE PRAZA
· Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda.
· Fotocopia do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.
· Fotocopia do título de familia numerosa.
· No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informe do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.
· Resolución de acollemento.
· Nos casos de non estar censada/o neste concello, pero algunha/algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teña o seu posto de traballo nel, achegaráse o certificado da empresa ou da institución correspondente.
· Certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfermidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.
· A condición de familia monoparental acreditarase con fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.
· Outros documentos se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Concello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.
· Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.
· Certificación expedida polo SEPE, acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar incrita/o como demandante de emprego.
· No suposto de profesionais liberais e autónomas/os, certificado expedido pola Administración Estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social ou certificado da mutualidade profesional.
· Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar. Para o suposto de que non se teña presentada, a/o interesada/o deberá asinar a correspondente autorización ao Concello para obter da AEAT os datos de carácter tributario necesarios patra a determinación da renda da unidade familiar. A estes efectos todas/os as/os membros con ingresos, que compoñen a unidade familiar, deberán asinar a dita solicitude.
· No suposto de percibir pensión, certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma.
· Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de que exerza a garda e custodia da/o menor e as pensións compensatroia que perciba o cónxuse que a ostente e de alimentos das/os fillas/os ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarse esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto".
Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios
Na modificación da ordenanza se dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:
¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos enÓ no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.