Arteixo - Ordenanza reguladora da escola infantil municipal do concello de Arteixo
Publicación provisional:
14/04/2009
BOP Nº:
83
Publicación definitiva:
13/06/2009
BOP Nº:
134
Aplicable dende:
01/07/2009
Artigo 1º.- Obxecto
O presente regulamento ten por obxecto establece-la organización e funcionamento da Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Arteixo.
Artigo 7º.- Dependencia
A EIM depende, administrativamente, da Concellería de Educación do Concello de Arteixo. En todo caso, únicamente ó Concello corresponde exercer a representación do Centro ante outras entidades distintas a local, debendo estipular en que persoa/as ou órganos delega ás mesmas cando así o estime oportuno.
Artigo 16º.- Solicitantes
Poderán solicitar praza na EIM durante os prazos estipulados ó efecto, as nenas e os nenos que reúnan os seguintes requisitos:
* Estar empadroada toda a unidade familiar ou convivencial no concello de Arteixo con anterioridade ó inicio do prazo de presentación de solicitudes.
* Idade mínima: ter cumplidos os 3 meses na data de inicio do curso (1 de setembro).
* Idade máxima: non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano en que se solicita a praza
Tamén poderán solicitar praza aqueles que acrediten proximidade do posto de traballo á EIM. Nembargantes, estas solicitudes estarán sometidas ó establecido no artigo 22º desta Ordenanza.
Artigo 41º.- Calendario e horarios xerais
1. A EIM, como servizo cotián, prestará os seus servizos de luns a venres, sendo non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.
2. O horario da EIM é de 7:30 h. a 20:30 h. de xeito ininterrompido
3. De xeito complementario, a EIM abrirá os sábados pola mañán si existe demanda que acredite a necesidade e conveniencia de porñer en funcionamento este servizo de apoio. En todo caso, aplicarase o estipulado no artigo 42º.
4. Os horarios de asistencia ó centro estructúranse do seguinte xeito:
* Servizo cotián:
- Horario de mañá de 7:30 horas a 15:00 horas.
- Horario escolar: como medida de apoio á familia, ofértanse as seguintes opcións de horario:
· Opción a): de 10:00 horas a 17:00 horas con comedor
· Opción b): de 10:00 horas a 17:00 horas sin comedor
- Horario de tarde: de 15:00 horas a 20:30 horas.
Os/as nenos/as deberán optar por unha das alternativas.
- Servizo de apoio:
· Sábado de 7:30 horas a 15:00 horas
En todo caso, o Concello de Arteixo poderá introducir modificacións atendendo a criterios de necesidade do servizo.
Artigo 49º.- Principios fundamentais
1. A relación cos pais, titores ou representantes legais, que deberá ser fomentada pola dirección da EIM, ten como principais obxectivos:
-O intercambio de criterios educativos.
-A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos nenos/as.
-O compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades,¿
Artigo 54º.- Obxecto
As nenas e nenos teñen un sistema inmunitario reducido, polo que enferman con facilidade. Neses casos, necesita coidados e condicións especiais que desde a EIM non se poden levar a cabo. Por estes motivos, é importante que as/os menores non asistan a Escola cando estén enfermos co fin de reducir as posibilidades de contaxio.
Artigo 63º.- Necesidades educativas especiais
A EIM promoverá, dentro das súas posibilidades, a integración das nenas e dos nenos con necesidades educativas especiais, sempre e cando conte cos recursos materiais e humanos necesarios. Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de valoración e orientación correspondentes, o grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.
Artigo 65º.- Órgano de participación
A asociación de pais e nais é o órgano de participación na vida do centro, tanto no relativo ás programacións como no desenvolvemento de actividades. A súa constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección.
Artigo 69º.- Tratamento lingüístico
Como norma xeral de funcionamento, potenciarase a lingua galega, que será tamén a de normal funcionamento do centro en aplicación da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística e da Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo publicada en B.O.P. nº 76 de 3 de abril de 1998.
Artigo 70º.- Promoción de actividades para a igualdade
A EIM programará actividades para promover a igualdade entre os nenos/as e evitar os comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo. As ditas actividades reflictiranse nos proxectos educativos e curriculares.
En todo caso, na medida do posible, aplicaranse os obxectivos e actuacións das distintas áreas do Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres implementado polo Concello de Arteixo.
Artigo 73º.- Dereitos das persoas usuarias
As nenas e nenos gozarán dos dereitos e libertades que lle atribúa a lexislación vixente, sendo, polo menos, os seguintes:
* Acceder ó centro e recibir asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.
* A consideración debida no trato tanto por parte do persoal do centro como dos demais usuarios.
* O sixilo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e socio-familiar.
* A realizar saídas ó exterior.
* Á intimidade persoal.
* A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural e, en xeral, a tódalas necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral.
* A recibir un tratamento individualizado de contido educativo cara á súa integración socio-familiar que terá como obxectivos prioritarios a súa protección, educación e formación.
* A ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles .
* A ser educados para a comprensión, tolerancia e convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de forma libre e persoal.
Artigo 2º.- Ámbito de aplicación
Constitúe o ámbito de aplicación da presente Ordenanza a Escola Infantil Municipal do Concello de Arteixo como equipamento de atención á primeira infancia (nenos/as de 3 meses a 3 anos) de estancia diurna temporal, según os horarios de apertura estipulados ó efecto, organizados para o coidado dos/as nenos/as.
Artigo 8º.- Organización das unidades
A relación do Persoal de atención directa as nenas e nenos será, como máximo, a seguinte:
* Unidades para nenos/as menores de 1 ano: 1/8
* Unidades para nenos de 1 a 2 anos: 1/13
* Unidades para nenos de 2 a 3 anos: 1/20
Artigo 17º.- Unidade familiar
Entenderase por ¿unidade familiar", ós efectos de valoración de solicitudes, a formada polos cónxuxes non separados legalmente e, no seu caso, os fillos e fillas menores con excepción dos que, con consentimento dos pais, vivan independentes destes e os fillos maiores de idade e menores de 26 anos cunha discapacidade superior ao 33% e os incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada ou os así declarados pola administración autonómica competente.
Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo.
Para a condición de familia monoparental enténdese a formada pola nai solteira ou pai solteiro que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez (acreditada mediante fotocopia compulsada do libro de familia e certificado de convivencia)
A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.
Artigo 42º.- Organizacións especiais
Nos meses de xullo e agosto manterase, inicialmente, a atención en horario completo (de 7:30 h a 20:30 h) sempre e cando a ocupación do centro supoña un mínimo que permita realizar os axustes derivados das reduccións de horarios e asistencias e sempre que a demanda sexa duficiente para crear unha unidade internivelar (15 nenos de 0 a 3 anos) . En caso contrario, os horarios de apertura adaptaranse de tal xeito que se poida cumprir o establecido, pechándose no caso de que se acredite a falta de asistencia para manter esa ratio.
O establecido no párrafo anterior tamén será de aplicación ó horario de sábado sempre e cando a demanda xustifique a apertura do centro.
En todo caso, en aplicación da lexislación vixente, en calquera momento ó longo do curso, de non existir demanda suficiente para formar grupos do mesmo nivel na ratio legalmente establecida, as nenas/os nenos poderán ser agrupados sempre respetando as ratios permitidas (para nenos de 0-3 anos: 1/15).
Artigo 50º.- Información individual
Tras a consulta co equipo técnico da EIM, a dirección poñerá en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais de cada menor unha información sobre a súa evolución integral. Terá carácter semestral realizarase en documento normalizado.
Artigo 55º.- Normas xerais
* As nenas e nenos deberán acudir á EIM en condicións correctas de saúde e hixiene.
* Tódolos nenos e nenas que usen cueiros deberán traer un paquete e un bote de toalliñas, que deberá repoñerse cando sexa preciso. Serán cambiados na medida que o precisen.
* Os nenos/as terán sempre unha muda completa de reposto.
* Tódolos nenos e nenas que anden deberán traer un mandilón, unha toalla, cepillo de dentes, crema e un vaso.
* Os nenos e nenas deberán levar roupa que lles permita moverse con comodidade
* Co fin de velar polo benestar e saúde das e dos menores, non se autorizará á entrada ás nenas ou nenos que presenten as condicións temporais seguintes:
- Presencia de parásitos (piollos, lendia,¿)
- Fiebre
- Diarrea
- Erupcións da pel, excepto cando acompañen informe pediátrico indicando que non son contaxiosas
- Conxuntivite
- Parasitosis intestinais (lombrices,¿)
- Vómitos de repetición
- Tos persistente mucopurulenta nasal sin tratamento. Neste caso, poderá asistir con justificante do pediatra no que conste que se sigue tratamento ou que non é contaxioso.
Artigo 64º.- Integración de persoas con discapacidade
A integración de nenos e nenas con discapacidade físicas, psíquicas ou sensoriais estará supeditada a existencia de condicións infraestructurais idóneas e de persoal adecuado e suficiente. En ningún caso poderá haber máis dun neno ou nena de integración por aula. A efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.
Naqueles casos nos que se considere convinte prorrogar a estancia no centro por un período superior ó que corresponda por idade para unha atención diferente polas especiais características da nena ou neno, deberán achegarse informes de valoración emitidos polos organismos autonómicos con competencia na materia.
Artigo 66º.- Fins
Sen prexuízo do que establezan os seus propios estatutos, a asociación promoverá os seguintes fins:
a) Defender os dereitos dos pais/nais titores ou representantes legais no relativo á prestación de servizos as nenas e nenos.
b) Colaborar coa dirección e co persoal da EIM para favorecer o desenvolvemento integral da poboación atendida en todo canto supoña unha mellora da calidade na prestación dos servizos.
c) Participar nas actividades educativas que se organizan de xeito periódico: festas escolares, (magostos, nadal, entroido,...), contacontos, axudas na preparación de materiais para o traballo dos nenos.
Para o desempeño destes fins a dirección da EIM prestará á asociación de pais e nais canta información relativa ó funcionamento do centro lle sexa requerida polos órganos de representación desta.
Artigo 71º.- Uso de material non discriminatorio
A EIM poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo vixiará que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.
Artigo 74º.- Dereitos do Persoal
O persoal gozará dos dereitos e libertades que lle atribúa a lexislación vixente, sendo, polo menos, os seguintes:
* Recibir información periódica da marcha e funcionamento do centro a través dos órganos de participación ou da dirección do centro.
* Elexir, si é o caso, os seus representantes para os órganos de participación que se constitúan.
* Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención prestada ás e ós menores.
* Desenvolver as súas funcións educativas según o seu criterio persoal, sempre que se axuste ós obxectivos e contidos da programación do centro.
* Dispoñer dos instrumentos e medios necesarios para desenvolver as súas funcións axeitadamente.
Artigo 3º.- Definición
A EIM é un servizo municipal regulado que desenvolverá a súa actividade educativa nos seguintes ámbitos:
* Identidade e autonomía Persoal a través do coñecemento e desenvolvemento do seu propio corpo, as súas capacidades sensoriais e a súa afectividade.
* O coñecemento activo do entorno no que vive (obxectos, persoas, relacións).
* A comunicación e representación a través da iniciación nas diferentes linguaxes que lle permiten ó/á neno/a comunicarse e representar a súa propia realidade (linguaxe oral, linguaxe corporal, expresión plástica, relacións lóxico-matemáticas.
Os principios metodolóxicos desde os que se traballa son os seguintes:
· Enfoque globalizador
· O xogo como principio de actividade
· Ambiente de afectividade e seguridade.
Artigo 9º.- Estructura organizativa
A EIM obxecto deste regulamento disporá da seguinte estructura organizativa:
1. Dirección.
2. Equipo técnico.
3. Persoal de atención directa os nenos/as.
4. Persoal de servizos
Artigo 18º.- Renda per cápita
Enténdese por ¿renda per cápita mensual" o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da u.f. . É decir, é o resultado de aplicar as seguintes fórmulas:
Ingresos totais anuais da u.f. / 12 = ingresos totais mensuais da u.f.
ingresos totais mensuais da u.f. / nº membros da u.f. = renda per cápita mensual
No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar ós efectos de cálculos da renda per cápita a que se refire o artigo seguinte.
Artigo 43º.- Horario de permanencia
O horario máximo de permanencia dos nenos/as na EIM será, con carácter xeral, de oito horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas, a valorar pola Concellería de Educación de Concello de Arteixo, que poderá amplialo.
Para a mellor adaptacións das nenas e dos nenos de novo ingreso, poderase establecer un horario reducido que se ampliará de forma progresiva.
A utilización do horario ampliado por parte do/a neno/a esixe que os pais ou titores presenten justificación documental da necesidade. En todo caso, sempre que as circunstancias familiares do/a neno/a o obriguen a permanecer na EIM máis das oito horas estipuladas, fomentarase que os pais titores ou representantes legais se fagan cargo do neno/a ó longo da xornada no tempo que dispoñan libre, co fin de favorecer as relacións paterno-filiais.
Artigo 51º.- Horarios de atención
As visitas dos pais, titores ou representantes legais das e dos menores realizaranse de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oído o equipo técnico, sempre e cando non dificulte a boa marcha da EIM.
Artigo 56º.- Enfermidades infecto-contaxiosas
Non serán admitidos na EIM as nenas e nenos que padezan enfermidades infecto-contaxiosas. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polos pais, titores ou representantes legais á dirección do centro que, a súa vez, o poñerá de inmediato en coñecemento da Concellería de Educación do Concello de Arteixo.
No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nas nenas ou nenos na propia EIM, informarase á dirección desta, e avisarase os seus pais, representantes legais ou titores, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais menores. O reingreso ó centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e tras o informe médico que acredite tal circunstancia.
Artigo 67º.- Reunións
A asociación de pais e nais poderá celebrar as súas reunións nos locais da EIM cando teñan por obxecto os seus fins propios e non perturben o desenvolvemento normal das actividades. Para tal efecto, bastará a simple comunicación á dirección do centro da convocatoria da reunión con, polo menos, 48 horas de antelación. As reunións deberán celebrarse en horario de apertura do centro.
Artigo 72º.- Fomento da interculturalidade
A EIM prestará especial atención ó fomento da interculturalidade como instrumento de superación das desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.
Artigo 75º.- Obrigas do persoal
* Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións o regulamento de réxime interior e normas de aplicación no centro.
* Velar polo respecto ós dereitos dos menores recollidos na presente Ordenanza e aqueloutros recoñecidos na lexislación vixente.
* Gardar estricta confidencialidade sobre os datos persoais dos menores a que teñan acceso en razón das súas funcións.
* O cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo.
Artigo 4º.- Finalidade
A EIM é un recurso organizado para o coidado dos/as nenos/as e que cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención que leve o desenvolvemento harmónico e integral e á compensación das desigualdades sociais, económicas e culturais, ademáis de levar a cabo unha laboura de apoio á función educativa da propia familia, á vez que se facilita o acceso desta ó mundo laboral. Eso lógrase a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as.
Artigo 10º.- A Dirección
Para a mellor xestión directa, o centro disporá da figura de director/a como representante do centro e responsable do seu correcto funcionamento. As súas funcións serán, como mínimo, as seguintes:
· Xestión global do centro que inclúe control orzamentario, adiministrativo e mantemento.
· Xefatura de todo o Persoal adscrito ó centro.
· Cumplir e facer cumplir as leis, disposicións vixentes, regulamento de réximen interior e cantas disposicións emanen dos órganos competentes na elaboración de lexislación a aplicar.
· Elaborar a programación xeral anual e a correspondente memoria anual da escola.
· Autorizar actuacións extraordinarias para o normal desenvolvemento da escola.
· Prestar atención personalizada ás persoas usuarias a través do desenvolvemento da función educativa e da directiva.
· Supervisión, coordinación e cumprimento das actividades programadas
· Convocatoria e presidencia de reunións de órganos colexiados, así como execución e cumprimento dos acordos adoptados.
· Exercer a garda dos menores ingresados no centro de acordo coa lexislación vixente.
· Remitir cantos informes lles sexan solicitados pola entidade municipal.
Artigo 19º.- Criterios de valoración
As solicitudes valoraranse de acorado co baremo establecido ó efecto (Anexo I desta Ordenanza) no que se teñen en conta as seguintes circunstancias:
* Situación sociofamiliar
* Situación laboral familiar
* Situación económica
Artigo 44º.- Cambio de horario concedido
No caso de querer cambiar o horario inicialmente concedido, deberá acreditarse documentalmente a necesidade e seguirase o procedemento establecido no Artigo 34º desta Ordenanza. En todo caso, a concesión dependerá da existencia de prazas vacantes no novo horario solicitado.
Artigo 52º.- Periodicidade das reunións
Co fin de garantir a necesaria cooperación cos pais, titores ou representantes legais dos e das menores, realizaranse reunións xerais e de grupo, segundo a natureza dos temas que se vaian tratar que terán lugar nas dependencias da EIM, logo da convocatoria por escrito. A periodicidade destas reunións será a seguinte:
-Dúas reunións xerais, coincidindo co inicio e co remate do curso.
-Dúas reunións de grupo que se realizarán cada semestre.
En todo caso, a dirección da EIM informará por escrito ó principio do curso dos horarios de atención e información ós pais, titores ou representantes legais dos e das menores.
Artigo 57º.- Enfermidade ou accidente no centro
No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na EIM, despois das primeiras atencións ¿in situ" e, á maior brevidade posible, poñerase dita circunstancia en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais da/do menor e, se é o caso, garantirase que reciba a atención médica axeitada.
Artigo 68º.- Normas de aplicación
Para garantir a axeitada participación dos pais, serán de aplicación xeral as seguintes normas:
1. Ó comenzo do curso a dirección da EIM informará ós órganos de representación da asociación dos programas e actividades que se desenvolverán, da normativa establecida en relación co centro e cantos aspectos poidan resultar do seu interese.
2. No caso de discrepancias referentes a aspectos do funcionamento da EIM, a asociación poderá dar traslado delas á Concellería de Educación do Concello de Arteixo.
Os pais, titores e representantes legais terán dereito a solicitar canta información precisen sobre a atención recibida polos nenos e nenas.
Artigo 5º.- Obxectivos específicos
Son obxectivos especificos da EIM:
* Promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas e nenoss e a súa aprendizaxe de habilidades cognitivas e creativas..
* Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral a través da cooperación cos pais, titores ou representantes legais.
* Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.
* Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.
* Respectar a singularidade e diversidade de cada nena e neno.
* Posibilitar a integración progresiva dos nenos e nenas na cultura do seu medio.
* Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.
* Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.
* Facilitar a integración das nenas e dos nenos con necesidades educativas especiais.
O proxecto educativo do centro debe desenvolver estes obxectivos
Artigo 11º.- Equipo Técnico
1. O equipo técnico constitúese como un grupo de traballo a través do cal o Persoal de atención directa a nenos/as participa do proxecto integral da EIM. Este equipo estará integrado polo director/as, que actuará como coordinador/a, e polo Persoal de atención directa a nenos/as.
2. Son competencias propias do equipo técnico:
· Elabora-lo proxecto educativo e o proxecto curricular da EIM, e proceder a súa modificación en caso necesario.
· Fixar os criterios para o seguemento e avaliación destes documentos.
· Establecer criterios xerais ós que deben adaptarse as programacións de cada un dos grupos de idade.
· Elabora-la memoria anual da EIM.
· Deseñar actividades que esixan coordinación entre os distintos grupos de idade.
· Programar actividades cos pais dos nenos/as.
· Elabora-lo proxecto de regulamento de réxime interior da EIM.
3. O réxime de funcionamento do equipo técnico establecerase no regulamento de réxime interior que se elabore.
Artigo 20º.- Procedemento de solicitude
As solicitudes para acceder ós servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía-Presidencia da corporación municipal acompañadas de modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais, xuntando a documentación sinalada no artigo 30º da presente Ordenanza Reguladora.
Artigo 45º.- Período de peche e vacacións
A EIM establecerá como non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.
Os días 24 e 31 de decembro a EIM pechará ás 15 horas.
En todo caso, as menores e os menores deberán disfrutar dun mes de descanso ó longo do ano distribuido según conveniencia da familia. O incumprimento desta norma poderá dar lugar a penalizacións.
Serán valoradas pola Comisión de baremación as situacións familiares que acrediten a imposibilidade do cumprimento, sendo a decisión do órgano a que prevalece, podendo elevar á Xunta de Goberno as medidas sancionadoras que considere que deben aplicarse.
Artigo 53º.- Libro de reclamacións
A EIM terá un libro de reclamacións á disposición das usuarias e usuarios. A dirección do centro poñerá en coñecemento da Concellería de Educación do Concello de Arteixo o contido das reclamacións de xeito periódico, agás nos casos en que se requira unha comunicación inmediata.
Artigo 58º.- Comunicación de non asistencia por enfermidade
Cando se produza a falta de asistencia á EIM por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais, titores ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro.
Artigo 6º.- Contidos do Proxecto Educativo
A EIM aplicará o Proxecto Educativo xeral no que se regulan e organizan dinámicas particulares de intervención educativa, obxectivos da acción educativa e áreas de actuación, así como os medios humanos, técnicos e materiais para o seu desenvolvemento. En todo caso, deberá reflexar os aspectos recollidos na lexislación autonómica que regula os contidos mínimos do mesmo.
A programación de actividades deberá incluirse no Programación Xeral Anual para cada curso que se remitirá con anterioridade ó 1 de outubro de cada ano á Concellería de Educación para a súa aprobación.
Artigo 12º.- Persoal de atención aos grupos: mestres e educadores
1. Cada grupo de nenos/as terá como responsable directo un educador que formará parte do equipo técnico da EIM e, entre outras, será o responsable de manter relacións cos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as asignados ó seu grupo e, de ser o caso, supervisarán ó Persoal en prácticas que teñan asignado.
2. Ademais das descritas, tamén serán funcións propias deste persoal as seguintes:
* Colaborar na elaboración e actualización do proxecto educativo e o proxecto curricular do centro.
* Realizar as funcións educativas contempladas na lexislación vixente para o ciclo.
* Participar nas actividades de formación permanente e na súa avaliación.
* Prestar especial atención ao período de adaptación.
* Avaliar o funcionamento e organización da escola e propoñer iniciativas para a mellora do seu funcionamento ante a dirección.
3. A asignación dos responsables para os diferentes grupos recaerá na dirección da EIM, logo de consulta ao equipo técnico. A dita asignación farase de acordo cos criterios establecidos no proxecto educativo da EIM, procurando que o responsable do grupo asuma o mesmo grupo de nenos/as anteriores.
4. A coordinación e animación da acción educativa será realizada polas/polos mestras/mestres.
Artigo 21º.- Prazos de solicitude e adxudicación
Os prazos que se establecen para a solicitude e adxudicación de prazas na EIM, son os seguintes:
Renovación de praza | 1 ó 9 de marzo |
Oferta de prazas para nova ocupación | 14 marzo |
Solicitudes novo ingreso | 2ª quincena de marzo |
Publicación de lista provisional | 30 de abril |
Prazo de reclamacións | Do 1 ó 10 de maio |
Publicación lista definitiva | 1ª semana de xuño |
Formalización de matrícula | 2ª e 3ª semana de xuño |
Artigo 46º.- Cumprimento de horarios
O horario de entrada-saida das nenas e dos nenos na EIM débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Non embargante, unha vez acordados coa EIM os horarios de entrada e saída dos nenos/as, as familias procurarán respectalos.
En caso de retrasos inxustificados e reiterados, a dirección da EIM está obrigada a adoptar as medidas oportunas poñendoo en coñecemento da entidade municipal a través da Concellería de Educación.
Artigo 59º.- Administración de medicamentos
Nos casos nos que se deban administrar tratamento médico por enfermidade crónica non contaxiosas, deberán ir acompañadas da receita médica, actualizada á data do tratamento na que constará o nome da/nena ou do nena, o nome do medicamento e forma, dose e peridiocidade na administración. Non se lles administrará ninguna medicación que non veña acompañada, así mesmo, da autorización por escrito dos pais/nais titores ou representantes legais indicando as horas de administración da dose correspondente.
Só se terán en conta as pautas de medicación estalblecidas por pediatras ou especialistas colexiados e non se admitirán as pautas de medicación alternativa.
Artigo 13º.- Titulacións do persoal
1. O Persoal de atención directa a nenos/as será o que estando en posesión da titulación ou habilitación correspondente realice funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo, así como as que lle encomende a dirección da EIM.
2. O Persoal estará en posesión da seguinte documentación:
* Director/a: Mestre Especialista en Educación Infantil
* Mestres/as: Diplomados en Educación Infantil ou habilitación se ser o caso.
* Educadores/as: Téccnico Superior en Educación Infantil, Mestre Especialista en Educación Infantil ou habilitación se ser o caso.
Artigo 22º.- Solicitudes de non empadroados
As solicitudes dos non empadronados no término municipal de Arteixo só se terán en conta finalizado o proceso de matriculación si quedasen prazas vacantes.
Artigo 47º.- Autorizacións para a saída do centro
Ó remate da xornada as nenas e os nenos serán entregados os seus pais, titores ou representantes legais. Nos casos nos que estes autoricen á dirección da EIM para entregar o/a neno/a a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.
Artigo 60º.- Atención médico-pediátrica
Os nenos e nenas da EIM recibirán atención médico-pediátrica en forma dunha revisión anual e cantas veces sexan necesarias ante a detección de dificultades nesta área.
Artigo 14º.- Persoal de servizos
O Persoal de servizos está integrado polo Persoal de cociña, limpeza, de servizos xerais, Persoal auxiliar e Persoal administrativo coas seguintes funcións:
Este Persoal realizará as funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo así como as que lle encomende a dirección da EIM.
Artigo 23º.- Adxudicación de prazas
A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo baremo establecido nesta Ordenanza reguladora (Anexo I).
En cumprimento da conciliación da vida laboral e familiar, para a concesión de horarios solicitados teranse en conta os horarios laborais acreditados dos pais/titores cando coincidan co solicitado. No caso de que non se xustifique a necesidade de horario por necesidades laborais, as adxudicacións realizaranse según dispoñibilidade de prazas e respetando o baremo de puntuación.
No caso de que se produza un empate na puntuación total, o criterio preferente para a adxudicación será o da renda per cápita máis baixa.
Se un nivel se completa, o usuario quedará en lista de espera ata que se produza unha vacante nos grupos nos que poida incluirse e que se definen na lexislación de aplicación.
Aquelas e aqueles solicitantes de praza que queden excluidos por non acadar a puntuación necesaria, poderán solicitar ser derivados ó cheque infantil..
Artigo 48º.- Normas xerais
* Si por diversos motivos a EIM permanecese pechada por un período superior a 15 días, non se abonará a tarifa que corresponda.
* A non asistencia da nena ou do neno durante un período determinado, mentras non se formalice a baixa correspondente, non supón a reducción nin exención do pagamento do prezo establecido, excepto nos casos das excepcións establecidas.
Artigo 61º.- Atención psicolóxica
Os nenos e nenas da EIM recibirán atención psicolóxica en aqueles casos que o requiran. Inclúe diagnósticos, orientación ós docentes e seguementos.
Artigo 15º.- Consello de Centro
A EIM contará como órgano colexiados co Consello de Centro, órgano que asumirá a coordinación xeral do centro, marcando as directrices e adoptando acordos procedentes, posibilitando, deste xeito, a participación e colaboración de tódolos colectivos implicados no funcionamento.
Estará composto, como mínimo, polos seguintes membros:
· Director/a do centro que exercerá a presidencia
· Un representante do Persoal educativo
· Un representante do Persoal de servizos
· Un representante dos pais, titores ou representantes legais
· Responsable político da Concellalía de Educación ou persoa na que delegue.
As súas funcións son, como mínimo, as seguintes:
· Elaborar o proxecto de regulamento de réximen interior
· Elaborar e avaliar a memoria anual de actividades
· Aprobar o proxecto educativo e a programación anual de actividades
· Propoñer á entidade municipal cantas medidas consideren convintes para mellorar o funcionamento do centro.
Artigo 24º.- Lista de espera
A efectos de axilizar a lista de espera, o procedemento para a inclusión na mesma é o seguinte:
* As persoas que soliciten praza nas datas regulares establecidas e non obteñan praza, pasarán á lista de espera A por orde de puntuación. As prazas irán adxudicándose a medida que queden dispoñibles nos grupos que lle correspondan a/o menor respetando rigurosamente a orde.
* As persoas que soliciten praza fora das datas regulares establecidas, formarán parte da lista de espera B por orde de puntuación e obterán praza no caso de que non se cubran cos solicitantes da lista de espera A.
Artigo 62º.- Menús
A EIM publicará no taboleiro de anuncios e/ou facilitará ós pais unha relación quincenal dos menús previstos, os cales proporcionarán unha dieta sana, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade.
A EIM prestará un especial coidado en atender os casos nos que as nenas e nenos, en razón das súas circunstancias persoais, deba recibir alimentos de forma ou en horarios específicos, sen prexuízo de que estes deban ser facilitados pola familia. De producirse esta situación, achegarase informe médico no que se faga constar con detalle o menú que a nena o u neno debe seguir e a causa que o orixina. A Comisión de baremación analizará a viabilidade deste tipo de atención á nena ou neno, sempre tendo en conta a incidencia no funcionamento xeral e na atención ós demáis nenos e nenas.
En todo caso, esta situación non suporá ningunha variación nas tarifas, polo que se aplicará custo pola contía completa polo concepto de comedor.
En todo caso, non se atenderán solicitudes de modificación de menús por decisión da propia familia cando ésta se produza de xeito arbitrario. A Comisión de baremación poderá estudiar e decidir no caso de que se produzan estas solicitudes.
Artigo 25º.- Reservas de praza
As nenas e nenos que ingresen na EIM terán dereito á reserva de praza durante o período que poida permanecer no Centro no mesmo horario que no momento da concesión inicial da praza e sempre que non se produza variacións nas condicións iniciais que diron lugar á primeira matriculación.
Para a renovación aplicaranse os prazos estipulados no artigo 21º desta Ordenanza.
Artigo 26º.- Procedemento de baremación
Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados.
Si as solicitudes non estivesen debidamente cumprimentadas ou non se acompañasen da documentación esixida, procederase según o recollido no 31º da presente Ordenanza.
Se a solicitude presentada cumpre cos requisitos esixidos nesta normativa, e segundo o procedemento que se fixa, a Comisión de Baremación nomeada ó efecto (composta polos membros que se especifican no artigo 28º desta Ordenanza) realizará a avaliación das solicitudes segundo baremo e elaborará informe posterior que será sometido a dictame da á Xunta de Goberno Local, que será quen decida en última instancia.
Contra a denegación dos servizos recollidos na solicitude, o interesado/a poderá interpoñer os recursos e reclamacións estipulados na lexislación vixente.
Artigo 27º.- Baremacións de especiais características
En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será a Alcaldía-Presidencia quen decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno Local que reúna.
Artigo 28º.- Comisión de baremación
A Comisión de baremación estará constituida polos seguintes membros:
* Presidente: Concelleiro/a de Educación ou persoa na que delegue.
* Secretario: Secretaria Xeral do Concello ou persoa na que delegue.
* Vocais:
- Concelleiro/a de Servizos Sociais ou persoa na que delegue.
- Traballador/a Social do Equipo de Servizos Sociais.
- Director/a da Escola Infantil Municipal.
O presidente da Comisión poderá solicitar asesoramento dos técnicos municipais si así o considera oportuno.
Artigo 29º.- Funcións da Comisión de baremación
* Garantir o bo funcionamento do proceso de admisión en aplicación desta Ordenanza.
* Valorar as solicitudes e elaborar a relación provisional de admitidos e listas de esperea.
* Determinar o número de vacantes para cada curso.
* Determinar a asignación de cotas según a presente Ordenanza e aplicación da Ordenanza nº 32 reguladora do Prezo Público.
* Recabar dos solicitantes a documentación adicional que se precise para a xustificación das situacións e circunstancias derivadas
* Informar as reclamacións que no seu caso se presenten.
* Elevar propostas á Xunta Local de Goberno
Artigo 30º.- Documentación
Ademais da instancia de solicitude, as interesadas e os interesados deberán obrigatoriamente achegar a seguinte documentación:
a) Modelo oficial de solicitude
b) Fotocopia do DNI ou do pasaporte dos pais/nais ou titores
c) Fotocopia do libro de familia
d) Certificado de empadroamento e convivencia expedido polo Concello
e) Acreditación documental da situación de parella de feito.
f) Documentación acreditativa de situacións de separación, divorcio, abandono do fogar, maltrato ou calquera outra que se alegue
g) Xustificación de ingresos: copia da declaración do IRPF de cada membro da unidade familiar computable para efectos económicos. No caso de non ter obriga de presentar declaración:
* Certificado do INEM no que figure si percibe prestación económica, especificando a contía, ou de que non é perceptor si é o caso.
* Os solicitantes de devolución rápida achegarán copia da comunicación que lles remita a Axencia Estatal de Administración Tributaria.
* As persoas non obrigadas a declarar e que non solicitan devolución rápida achegarán certificacións dos datos existentes na Administración, expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria.
* Os profesionais autónomos acreditarán os pagamentos fraccionados do ano correspondente.
* Cando se produzan causas sobrevivas que afecten os recursos da unidade familiar, é preciso un informe social emitido polas traballadoras sociais do Concello. Así mesmo, é preciso este informe nos casos en que, por distintas razóns, non se poidan acreditar as rendas dos pais ou titores con escasos recursos.
h) Xustificantes de ocupación ou desemprego: contratos, informe de vida laboral, últimas nóminas, certificado de empresa ou certificado de que é demandante de emprego.
i) Informe do equipo de valoración e orientación dos órganos competentes da Administración do Estado ou nas respectivas comunidades autónomas, no que se motive a necesidade de integración, de ser o caso.
j) Certificado de minusvalidez alegada polos membros da unidade convivencial, se é o caso.
k) No caso de cursar estudios, acreditación do calendario, horario e xustificnate de matrícula.
l) Outros documentos, se procede, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais puntuables no baremo:
* Cargas familiares.
* Enfermidades crónicas máis outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar ou convivencial
* Outras situacións que poderán ser tidas en conta pola Comisión de Baremación.
De carecer dalgún dos documentos sinalados nas letras c) e g) do punto anterior, será necesario presentar calquera outro documento que acredite oficialmente a situación familiar ou económica segundo proceda.
Así mesmo, e de carecer de acreditación documental dalgunha das incidencias alegadas, poderase presentar informe dos servizos sociais do Concello de Arteixo.
A Comisión de baremación poderá solicitar calquera documentación complementaria que considere necesaria para o clarexamento das circunstancias alegadas.
Artigo 31º.- Subsanacións
No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, requirirá ó interesado para que, nun prazo de 10 días, enmende os erros detectados, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desistido na súa petición, logo de resolución en tal sentido.
Artigo 32º.- Resolución
As listas de admitidos e listas de espera, por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello e no taboleiro de anuncios da EIM e na páxina web do Concello (www.arteixo.org).
As reclamacións presentaranse nas datas especificadas a tal efecto na presente Ordenanza Reguladora (artigo 21º) acompañadas da documentación que se considere necesaria.
Uunha vez resoltas as reclamacións, procederase á publicación da relación definitiva de admitidos e a da lista de espera, coa puntuación obtida en cada caso.
Os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula e achegar a documentación complementaria nas datas especificadas ó efecto no artigo 21º deste Ordenanza.
As vacantes que se vaian producindo ó longo do curso serán cubertas por rigurosa orde de puntuación entre os solicitantes da lista de agarda A e, no caso de esgotarse esta, da lista de agarda B, sempre tendo en conta que a cobertura realizarase tendo en conta os grupos de idade da EIM.
Artigo 33º.- Tarifas
As tarifas vixentes son as recollidas na Ordenanza Fiscal nº 32 reguladora do Prezo Público pola prestación de servizo público da Escola Infantil Municipal .
As interesadas e interesados recibirán comunicación da cota mensual que deberán abonar en función da aplicación do prezo público según os servizos concedidos.
Os ingresos das unidades familiares ou de convivencia que proveñan de axudas de empresas, entidades ou outros organismos oficiais polo concepto de estancia en escola infantil (ou similar) para a filla ou fillo usuario da escola infantil municipal, serán computadas como ingresos no cómputo total. Ademais, aplicarase desconto na axuda municipal pola mesma contía que a percibida.
Artigo 34º.- Modificacións de servizos
As modificacións no horario de asistencia ou de calquera outra circunstancia, será solicitada por escrito ó concello. Ata o momento en que a entidade municipal resolva e notifique, non se producirá a modificación.
Artigo 35º.- Apertura de expedientes individuais
No momento do ingreso do/a neno/a na EIM, abriráselles un expediente Persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en caso de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.
Artigo 36º.- Formalización de matrícula
Para formalizar a matrícula é necesario que o/a neno/a naza con anterioridade ó de xuño do ano de solicitude. A incorporación á escola producirase cando se teñan cumpridos os 3 meses.
Entenderase formalizada a matrícula cando:
* se efectúe o ingreso correspondente por ese concepto.
* Se presenta a seguinte documentación:
a) Xustificante de pago inicial
b)Certificado médico do neno ou nena.
b) Carné de vacinación actualizado.
c) Fotocopia da cartilla da Seguridade Social ou documento equivalente.
d) Dúas fotografías tamaño carné.
e) Impreso de domiciliación bancaria.
f) Autorización por escrito das persoas que poden recoller o/a neno/a.
Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaído o dereito de praza obtida, logo de resolución en tal sentido perdendo, asimismo, o dereito de permanencia na lista de agarda.
Artigo 37º.- Prazas para comedor
A adxudicación das prazas de comedor realizarase entre as solicitudes que demanden dito servizo, dando prioridade a aqueles casos nos que ambos pais ou titores traballen ou presenten situacións asimilables, ou aqueloutras situacións que, polas súas especiais características, fagan aconsellable a prestación deste servizo pola especial necesidade de atención ó neno/a. En calquera destes casos, as solicitudes terán prioridade sobre as daquelas unidades convivenciais que non xustifican necesidade, independentemente da puntuación obtida en aplicación do baremo xeral.
Para os/as nenos/as con renovación de praza que xa dispoñían do servizo de comedor, a adxudicación producirase de xeito automático si non se produciu ningunha variación nas condicións que diron lugar á primeira concesión. No caso de que non tivesen praza de comedor e se solicitase como novo servizo, a súa concesión estará supeditada á xustificación da necesidade por motivos laborais que serán debidamente acreditados.
Como norma xeral, os pais ou titores aportarán leite e biberóns dos menores que precisen este tipo de alimentación, non debendo abonar custos de comedor ata cumpridos os 6 meses, agás no caso de que se varíe alimentación con anterioridade a esa idade.
En todo caso, cando a nena/o neno non asista ó comedor sin previa notificación de modificación, por decisión unilateral da unidade familiar ou de convivencia, ésta obrigatoriamente asumirá os custos que se imputarán na facturación mensual.
Artigo 38º.- Prazas para transporte
O servizo de transporte prestarase de luns a venres ó longo de todo o curso.
A adxudicación de prazas para o traslado ó centro estará condicionada a dispoñibilidade das mesmas. Si o número de solicitudes de transporte supera ó de prazas dispoñibles, éstas adxudicaranse aplicando o baremo que figura no Anexo II.
As prazas serán adxudicadas de maior a menor puntuación. No caso de que por baixa do/a neno/a quedasen vacantes, adxudicarase praza según estricto orde de puntuación.
En todo caso, e a efectos de organización e funcionamento do centro, estableceranse itinerarios e horarios de recollida adaptados ás necesidades xerais e serán publicados ó inicio do curso no taboleiro de anuncios da escola e mediante notificación directa ós pais e nais ou titores. As usuarias e usuarios do transporte deberán acatar as normas que o efecto se estipulan. No caso contrario, será dado de baixa no servizo debendo ser a familia a que busque as alternativas adaptadas o seu caso particular.
Artigo 39º.- Prazas reservadas
A entidade municipal reservará un máximo do 20% das prazas totais da EIM para aqueles supostos que o requiran por presentar circunstancias socioeconómicas e familiares especiais.
Se fose necesario atender un caso urxente remitido desde os servizos sociais do concello, seguiríase o procedemento sinalado nesta ordenanza, accedendo ó nivel que lle corresponda no caso de que existan prazas dispoñibles ou ó que se determine según proposta do Departamento de Educación á Xunta de Goberno Local, sempre con limitación no tempo motivada e posterior formalización da adxudicación definitiva cando se produza vacante no grupo de idade, si é o caso. Serán considerados dentro desta tipoloxía de ingresos urxentes os seguintes:
* As/os menores tuteladas/os pola Administración correspondente.
* As fillas / os fillos das mullerse que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero
* Aqueloutros nos que concurran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.
Artigo 40º.- Causas de baixa
Causarán baixa aqueles menores admitidos nos que concurran algunha das seguintes circunstancias:
* Renuncia voluntaria á praza formulada polos pais, titores ou representantes legais presentada na entidade municipal.
* Falta de asistencia ó centro ou uso dos servizos durante 15 días lectivos continuados ou 30 días alternos sin previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que, transcorrido dito prazo darase baixa definitiva ou xustificarase a permanencia cos informes preceptivos que correspondan.
* Impago de duas cotas mensuais sucesivas ou tres alternas calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuizo da reclamación da débeda polo procedemento regulamentariamente establecido.
* Prazas que non se teñan cuberto ós quince días de iniciado o curso correspondente sin comunicación expresa por parte da familia e sin causa xustificada.
* Pérdida da condición de veciño do término municipal sempre que non concurra a situación de proximidade de posto de traballo. Neste caso, a reserva de praza só terá vixencia para o curso en desenvolvemento.
* Calquera cambio nas condicións que diron lugar a adxudicación de praza e que supoñan unha variación sustancial destas. Si esta situación se producira, debe notificarse de inmediato para a valoración da nova situación.
* Por incumprimento reiterado das normas da EIM
* Por imcompatibilidade ou inadaptación.
* Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.
* Cando non se entregue documentación para a revisión e/ou clarificación de datos nos prazos legalmente establecidos ó efecto previo requerimento expreso pola entidade municipal
* O non disfrute pola /polo menor do mes de vacacións computado éste como total ó longo do curso.
Cada caso será valorado pola Comisión de baremación que escoitará ás partes e analizará a documentación que se achegue ó respecto. A decisión será elevada á Alcaldía que, en todo caso, resolverá.
Capítulo I. Obxecto e ámbito de aplicación.
Capítulo II. Estructura Organizativa
Capítulo III. Solicitude de praza e normas de matriculación
Capítulo IV. Calendario e horarios do servizo
Capítulo V. Relacións cos pais, titores ou representantes legais
Capítulo VI. Normas de saúde, hixiene e nutrición
Capítulo VII. Promoción da integración
Capítulo VIII. Asociación de pais e nais
Capítulo IX. A linguaxe
Capítulo X. Fomento da igualdade dos nenos e nenas
Capítulo XI. Dereitos e obrigas
Disposición adicional primeira.
Correspóndelle á concelleira ou Concelleiro da área competente en materia educativa, establecer a coordinación entre a entidade municipal e a Escola Infantil Municipal. Tamén lle corresponde o nomeamento do técnico que estime competente para tramitar as actuacións precisas para facer efectiva esta coordinación.
Disposición adicional segunda.
Para un axeitado control financieiro da EIM, a dirección do Centro deberá presentar a documentación requerida no ¿Prego de cláusulas administrativas particulares e de prescicións técnicas reguladoras da concesión do servizo público de Escola Infantil de Arteixo" , na súa cláusula XV.A.22. Non embargante, o Concello poderá solicitar canta documentación complementaria considere necesaria para velar pola óptima prestación do servizo.
Disposición adicional terceira.
Para o non previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto na Lei 5/97 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Lei 7/85 de 2 de abril e Regulamentos que a desenvolven, na Lei 13/2008 do 3 de decembro de Servizos Sociais de Galicia e demais lexislación reguladora de ámbito Autonómico ou Estatal.
Disposición adicional cuarta
Facúltase á Alcaldía-Presidencia do Concello de Arteixo a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente Ordenanza reguladora.
Disposición adicional quinta
A presente Ordenanza reguladora será a base para a elaboración e aplicación do regulamento de Réximen Interno nos términos que legalmente se establecen ó efecto.
Disposición final
Para a aprobación e entrada en vigor da presente Ordenanza estarase ó disposto no artigo 49 da Lei 7/1985, de 2 de abril e no artigo 56 do Texto Refundido das Disposicións Legais vixentes en materia de Réxime Local, aprobado por Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril.
ANEXO I. BAREMO DE APLICACIÓN PARA A VALORACIÓN DE SOLICITUDES DE ACCESO Á ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
En adecuación a Orde do 2 de marzo de 2009 pola que se regula o procedemento de parzas nas escolas infantís de 0-3 dependentes da Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar para o curso 2009/2010 (publicación en DOG nº 47 de 9 de marzo de 2009). o baremo a aplicar será o seguinte:
1. Situación sociofamiliar | |
1.1. Por cada membro da unidade familiar | 2 puntos |
1.2. Por cada persoa que non formando parte da unidade familiar estea a cargo dela | 1 puntos |
1.3. No caso de que a nena ou o neno para o que se solicita a praza nacese nun parte múltiple | 1 punto |
1.4. Por cada membro da unidade familiar afectado por minusvalidez, enfermidade que requira internamento periódico, alcoholismo ou drogodependencia | 2 puntos |
1.5. Pola condición de familia monoparental | 3 puntos |
1.6. Por ausencia do fogar familiar de ambos membros parentais | 6 puntos |
1.7. Pola condición de familia numerosa | 3 puntos |
1.8. Calquera outra circunstancia familiar debidamente acreditada | ata 3 puntos |
2. Situación laboral familiar | |
Situación laboral de ocupación : | |
Pai | 3 puntos |
Nai | 3 puntos |
2.1. Situación laboral de desemprego (1): | |
Pai | 2 puntos |
Nai | 2 puntos |
(1) Valorarase tal condición coa certificación de demanda de emprego con efectos do día anterior á entrega da solicitude de reserva de praza | |
No caso de familias monoparentais adxudicaráselles a puntuación do epígrafe correspondente computando por dous,. | |
3. Situación económica. | |
R.P.C.. mensual da unidade familiar referida ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) vixente (c) | |
Inferior ao 25 % do IPREM | + 4 puntos |
Entre o 25 % e o 50 % do IPREM | + 3 puntos |
Superior ao 50 % e inferior ao 75 % do IPREM | + 2 puntos |
Entre o 75 % e o 100 % do IPREM | + 1 puntos |
Superior ao 100 % e inferior ao 125 % do IPREM | - 1 puntos |
Entre o 125 % e o 150 % do IPREM | - 2 puntos |
Superior ao 150 % e inferior ao 200 % do IPREM | - 3 puntos |
Igual ou superior ao 200% do IPREM | - 4 puntos |
* Para as familias que, reunidos os requisitos de renda per cápita para percibir a subvención municipal, perciban outra axuda para o mesmo fin doutro organismo ou institución, será de aplicación o estipulado no artigo 33º desta Ordenanza.
* Este baremo está supeditado aos cambios que a Xunta de Galicia, como entidade con competencias na materia, incorpore como criterios a valorar.
* IPREM: Indicador Público de Renta de Efectos Múltiples como referncia do nivel de renda para determinar a contía de prestacións, beneficios ou servizos públicos (Real Decreto-Ley 3/2004, de 25 de junio para la racionalización de la regulación del salario mínimo interprofesional y para el incremento de su cuantía). A contía deste indicador establécese anualmente na Ley de Presupuestos Generales del Estado.
ANEXO II. BAREMO DE APLICACIÓN PARA A VALORACIÓN DE SOLICITUDES PARA A UTILIZACIÓN DE TRANSPORTE PARA A ESCOLA INFANTIL MUNICIPAL
* Distancia do domicilio habitual á EIM
· Zona con distancia ó punto de destino inferior a 1 Km: 0 puntos.
· Zona urbana con distancia ó punto de destino de 1 Km a 2 Km: 1 puntos
· Zona rural con distancia ó punto de destino de 1 Km a 2 Km: 1,5 puntos
· Zona urbana con distancia ó punto de destino de + de 2 Km: 2 puntos
· Zona rural con distancia ó punto de destino de + de 2 Km: 3 puntos
* Situación laboral dos pais ou titores:
· Pais, nais ou titores traballando ambos a xornada completa con horarios non compatibles coa entrada e saída do/a neno/a, sempre que non existan Outros familiares convivintes que poidan efectuar o traslado do menor: 3 puntos.
* Situación familiar:
· Nenos/as que presenten situacións familiares especiais según informe social emitido ó efecto: 4 puntos
· Nenos/as con necesidades especiais que acrediten documentalmente a mellor conveniencia do uso do transporte: 3 puntos
· Condición recoñecida de minusválido físico, psíquico ou sensorial do pai, nai ou titores ou irmáns do/a menor que resulten incapacitantes para o traslado e sempre que non existan Outros familiares convivintes que poidan efectuar o traslado do menor: 2 puntos