Arteixo - ORDENANZA Nº11, REGULADORA DO SERVIZO MUNICIPAL DE ESCOLAS INFANTÍS DO CONCELLO DE ARTEIXO

Publicación provisional: BOP Nº:
Publicación definitiva: 13/06/2009 BOP Nº: 108
Aplicable dende: 26/06/2013

ÍNDICE

¿ CAPÍTULO I: OBXECTO E ÁMBITO DE APLICACIÓN

Artigo 1º.- Obxecto.

Artigo 2º.- Ámbito de aplicación

Artigo 3º.- Definición

Artigo 4º.- Finalidade

Artigo 5º.- Obxectivos específicos

Artigo 6º.- Contidos do Proxecto Educativo

¿ CAPÍTULO II: ESTRUCTURA ORGANIZATIVA

Artigo 7º.- Dependencia

Artigo 8º.- Organización das unidades

Artigo 9º.- Estructura organizativa

Artigo 10º.- A Dirección

Artigo 11º.- Equipo técnico

Artigo 12º.- Persoal de atención aos grupos

Artigo 13º.- Titulacións do persoal

Artigo 14º.- Persoal de Servizos

Artigo 15º.- Consello de Centro

¿ CAPÍTULO III: SOLICITUDE DE PRAZA E NORMAS DE MATRICULACIÓN

Artigo 16º.- Solicitantes

Artigo 17º.- Unidade familiar ou de convivencia

Artigo 18º.- Renda per cápita

Artigo 19º.- Criterios de valoración

Artigo 20º.- Procedemento de solicitude

Artigo 21º.- Prazos de solicitude e adxudicación

Artigo 22º.- Solicitudes de unidades familiares ou de convivencia non empadroadas

Artigo 23º.- Adxudicación de prazas

Artigo 24º.- Lista de espera

Artigo 25º.- Reservas de praza

Artigo 26º.- Procedemento de baremación

Artigo 27º.- Baremacións de especiais características

Artigo 28º.- Comisión de baremación

Artigo 29º.- Funcións da Comisión de baremación

Artigo 30º.- Documentación

Artigo 31º.- Subsanacións

Artigo 32º.- Resolución

Artigo 33º.- Tarifas

Artigo 34º.- Modificacións de servizos

Artigo 35º.- Apertura de expedientes individuais

Artigo 36º.- Formalización de matrícula

Artigo 37º.- Prazas de comedor

Artigo 38º.- Prazas reservadas

Artigo 39º.- Causas de baixa

¿ CAPÍTULO IV: CALENDARIO E HORARIOS DO SERVIZO

Artigo 40º.- Calendario e horarios xerais

Artigo 41º.- Organizacións especiais

Artigo 42º.- Horario de permanencia

Artigo 43º.- Cambio de horario concedido

Artigo 44º.- Período de peche e vacacións

Artigo 45º.- Cumprimento de horarios

Artigo 46º.- Autorizacións para a saída do centro

Artigo 47º.- Normas xerais

¿ CAPÍTULO V: RELACIÓNS COS PAIS, TITORES OU REPRESENTANTES LEGAIS

Artigo 48º.- Principios fundamentais

Artigo 49º.- Información individual

Artigo 50º.- Horarios de atención

Artigo 51º.- Periodicidade das reunións

Artigo 52º.- Libro de reclamacións

¿ CAPÍTULO VI: NORMAS DE SAÚDE, HIXIENE E NUTRICIÓN

Artigo 53º.- Obxecto

Artigo 54º.- Normas xerais

Artigo 55º.- Enfermidades infecto-contaxiosas

Artigo 56º.- Enfermidade ou accidente no centro

Artigo 57º.- Comunicación de non asistencia por enfermidade

Artigo 58º.- Administración de medicamentos

Artigo 59º.- Menús

¿ CAPÍTULO VII: PROMOCIÓN DA INTEGRACIÓN

Artigo 60º.- Necesidades educativas especiais

Artigo 61º.- Integración de persoas con discapacidade

¿ CAPÍTULO VIII: ASOCIACIÓN DE PAIS E NAIS

Artigo 62º.- Órgano de participación

Artigo 63º.- Fins

Artigo 64º.- Reunións

Artigo 65º.- Normas de aplicación

¿ CAPÍTULO IX: A LINGUAXE

Artigo 66º.- Tratamento lingüístico

¿ CAPÍTULO X: FOMENTO DA IGUALDADE DAS NENAS E NENOS

Artigo 67º.- Promoción de actividades para a igualdade

Artigo 68º.- Uso de material non discriminatorio

Artigo 69º.- Fomento da interculturalidade

¿ CAPÍTULO XI: DEREITOS E OBRIGAS

Artigo 70º.- Dereitos das persoas usuarias

Artigo 71º.- Dereitos do persoal

Artigo 72º.- Obrigas do persoal

¿ DISPOSICIÓN ADICIONAL PRIMEIRA

¿ DISPOSICIÓN ADICIONAL SEGUNDA

¿ DISPOSICIÓN ADICIONAL TERCEIRA

¿ DISPOSICIÓN ADICIONAL CUARTA

¿ DISPOSICIÓN ADICIONAL QUINTA

¿ DISPOSICIÓN FINAL

¿ ANEXOS:

¿ ANEXO I: Baremo de aplicación para a valoración de solicitudes de acceso ao servizo de Escola Infantil Municipal

¿ ANEXO II: Documentación necesaria para a solicitude de praza

Capítulo I. Obxecto e ámbito de aplicación.

Artigo 1º.- Obxecto

A presente ordenanza ten por obxecto establece-la organización e funcionamento do servizo de Escola Infantil Municipal (EIM) do Concello de Arteixo.

Artigo 2º.- Ámbito de aplicación

Constitúe o ámbito de aplicación da presente Ordenanza o servizo de Escola Infantil Municipal do Concello de Arteixo como equipamento de atención á primeira infancia (nenos/as de 3 meses a 3 anos) de estancia diurna temporal, según os horarios de apertura estipulados ó efecto, organizados para o coidado dos/as nenos/as.

Artigo 3º.- Definición

O servizo das EIM constitúe un servizo municipal regulado que desenvolverá a súa actividade educativa nos seguintes ámbitos:

¿ Identidade e autonomía persoal a través do coñecemento e desenvolvemento do seu propio corpo, as súas capacidades sensoriais e a súa afectividade.

¿ O coñecemento activo do entorno no que vive (obxectos, persoas, relacións).

¿ A comunicación e representación a través da iniciación nas diferentes linguaxes que lle permiten ó/á neno/a comunicarse e representar a súa propia realidade (linguaxe oral, linguaxe corporal, expresión plástica, relacións lóxico-matemáticas.

Os principios metodolóxicos desde os que se traballa son os seguintes:

· Enfoque globalizador

· O xogo como principio de actividade

· Ambiente de afectividade e seguridade.

Artigo 4º.- Finalidade

O servizo de EIM é un recurso organizado para o coidado dos/as nenos/as e que cumpre unha función eminentemente social e educativa, proporcionando ós seus usuarios unha atención que leve ó desenvolvemento harmónico e integral e á compensación das desigualdades sociais, económicas e culturais, ademáis de levar a cabo unha laboura de apoio á función educativa da propia familia, á vez que se facilita o acceso desta ó mundo laboral. Eso lógrase a través dun programa global que garanta o pleno desenvolvemento físico, intelectual, afectivo, social e moral dos/as nenos/as.

Artigo 5º.- Obxectivos específicos

Son obxectivos especificos do servizo de EIM:

¿ Promover e fomentar o desenvolvemento integral das nenas e nenoss e a súa aprendizaxe de habilidades cognitivas e creativas..

¿ Facilitar a conciliación entre a vida familiar e laboral a través da cooperación cos pais, titores ou representantes legais.

¿ Facilitar o desenvolvemento de valores individuais e sociais básicos: cooperación, solidariedade, respecto, etc.

¿ Lograr un equilibrio afectivo satisfactorio.

¿ Respectar a singularidade e diversidade de cada nena e neno.

¿ Posibilitar a integración progresiva dos nenos e nenas na cultura do seu medio.

¿ Crear un ambiente que favoreza o desenvolvemento individual e grupal nas actitudes e nas actividades diarias.

¿ Facilitar a adquisición progresiva de hábitos de orde, limpeza e conservación dos materiais, facendo uso axeitado destes.

¿ Facilitar a integración das nenas e dos nenos con necesidades educativas especiais.

O proxecto educativo do centro debe desenvolver estes obxectivos.

Artigo 6º.- Contidos do Proxecto Educativo

As EIM aplicarán o Proxecto Educativo xeral no que se regulan e organizan dinámicas particulares de intervención educativa, obxectivos da acción educativa e áreas de actuación, así coma os medios humanos, técnicos e materiais para o seu desenvolvemento. En todo caso, deberá reflectir os aspectos recollidos na lexislación autonómica que regula os contidos mínimos do mesmo.

A programación de actividades deberá incluirse no Programación Xeral Anual para cada curso que se remitirá con anterioridade ó 1 de outubro de cada ano á Concellaría de Educación para a súa aprobación.

Capítulo II. Estructura Organizativa.

Artigo 7º.- Dependencia

A EIM depende, administrativamente, da Concellería de Educación do Concello de Arteixo. En todo caso, unicamente ó Concello corresponde exercer a representación do centro ante outras entidades distintas á local, debendo estipular en que persoa/as ou órganos delega as mesmas cando así o estime oportuno.

Artigo 8º.- Organización das unidades

A relación do Persoal de atención directa as nenas e nenos será, como máximo, a seguinte:

¿ Unidades para nenos/as menores de 1 ano: 1/8

¿ Unidades para nenos de 1 a 2 anos: 1/13

¿ Unidades para nenos de 2 a 3 anos: 1/20

Artigo 9º.- Estructura organizativa

As EIM obxecto deste regulamento disporán da seguinte estructura organizativa:

1. Dirección.

2. Equipo técnico.

3. Persoal de atención directa os nenos/as.

4. Persoal de servizos

Artigo 10º.- A Dirección

Para a mellor xestión directa, o centro disporá da figura de director/a como representante do centro e responsable do seu correcto funcionamento. As súas funcións serán, como mínimo, as seguintes:

· Xestión global do centro que inclúe control orzamentario, administrativo e mantemento.

· Xefatura de todo o persoal adscrito aos centro.

· Cumprir e facer cumprir as leis, disposicións vixentes, regulamento de réximen interior e cantas disposicións emanen dos órganos competentes na elaboración de lexislación a aplicar.

· Elaborar a programación xeral anual e a correspondente memoria anual da escola.

· Autorizar actuacións extraordinarias para o normal desenvolvemento da escola.

· Prestar atención personalizada ás persoas usuarias a través do desenvolvemento da función educativa e da directiva.

· Supervisión, coordinación e cumprimento das actividades programadas

· Convocatoria e presidencia de reunións de órganos colexiados, así como execución e cumprimento dos acordos adoptados.

· Exercer a garda dos menores ingresado nos centro de acordo coa lexislación vixente.

· Remitir cantos informes lles sexan solicitados pola entidade municipal.

Artigo 11º.- Equipo Técnico

1. O equipo técnico constitúese como un grupo de traballo a través do cal o persoal de atención directa a nenos/as participa do proxecto integral da EIM. Este equipo estará integrado polo director/a, que actuará como coordinador/a, e polo persoal de atención directa a nenos/as.

2. Son competencias propias do equipo técnico:

· Elabora-lo proxecto educativo e o proxecto curricular da EIM, e proceder á súa modificación en caso necesario.

· Fixar os criterios para o seguemento e avaliación destes documentos.

· Establecer criterios xerais ós que deben adaptarse as programacións de cada un dos grupos de idade.

· Elaborar a memoria anual da EIM.

· Deseñar actividades que esixan coordinación entre os distintos grupos de idade.

· Programar actividades cos pais dos nenos/as.

· Elaborar os proxectos de regulamento de réxime interior da EIM.

3. O réxime de funcionamento do equipo técnico establecerase nos regulamentos de réxime interior que se elaboren.

Artigo 12º.- Persoal de atención aos grupos: mestres e educadores

1. Cada grupo de nenos/as terá como responsable directo un educador que formará parte do equipo técnico da EIM e, entre outras, será o responsable de manter relacións cos pais, titores ou representantes legais dos nenos/as asignados ó seu grupo e, de ser o caso, supervisarán ó persoal en prácticas que teñan asignado.

2. Ademais das descritas, tamén serán funcións propias deste persoal as seguintes:

¿ Colaborar na elaboración e actualización do proxecto educativo e o proxecto curricular do centro.

¿ Realizar as funcións educativas contempladas na lexislación vixente para o ciclo.

¿ Participar nas actividades de formación permanente e na súa avaliación.

¿ Prestar especial atención ao período de adaptación.

¿ Avaliar o funcionamento e organización da escola e propoñer iniciativas para a mellora do seu funcionamento ante a dirección.

3. A asignación dos responsables para os diferentes grupos recaerá na dirección da EIM, logo de consulta ao equipo técnico. A dita asignación farase de acordo cos criterios establecidos no proxecto educativo da EIM, procurando que o responsable do grupo asuma o mesmo grupo de nenos/as anteriores.

4. A coordinación e animación da acción educativa será realizada polas/polos mestras/mestres.

Artigo 13º.- Titulacións do persoal

O Persoal de atención directa a nenos/as será o que estando en posesión da titulación ou habilitación correspondente realice funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo, así como as que lle encomende a dirección da EIM.

Artigo 14º.- Persoal de servizos

O Persoal de servizos está integrado polo persoal de cociña, limpeza, de servizos xerais, persoal auxiliar e persoal administrativo.

Este Persoal realizará as funcións que segundo a súa categoría profesional se establezan no correspondente convenio colectivo así como as que lle encomende a dirección da EIM.

Artigo 15º.- Consello de Centro

A EIM contará como órganos colexiados co Consello de Centro, órgano que asumirá a coordinación xeral do centro, marcando as directrices e adoptando acordos procedentes, posibilitando, deste xeito, a participación e colaboración de tódolos colectivos implicados no funcionamento.

Estará composto, como mínimo, polos seguintes membros:

· Director/a do centro que exercerá a presidencia

· Un representante do Persoal educativo

· Un representante do Persoal de servizos

· Un representante dos pais, titores ou representantes legais

· Responsable político da Concellaría de Educación ou persoa na que delegue.

As súas funcións son, como mínimo, as seguintes:

· Elaborar o proxecto de regulamento de réximen interior

· Elaborar e avaliar a memoria anual de actividades

· Aprobar o proxecto educativo e a programación anual de actividades

· Propoñer á entidade municipal cantas medidas consideren convintes para mellorar o funcionamento do centro.

Capítulo III. Solicitude de praza e normas de matriculación.

Artigo 16º.- Solicitantes

Poderán solicitar praza na EIM durante os prazos estipulados ó efecto, as nenas e os nenos que reúnan os seguintes requisitos:

¿ Estar empadroada a unidade familiar ou convivencial no concello de Arteixo con anterioridade ó inicio do prazo de presentación de solicitudes.

¿ Ter nacido o/a aspirante a praza no momento de presentación da solicitude

¿ Idade mínima: ter cumplidos os 3 meses na data de inicio do curso (1 de setembro).

¿ Idade máxima: non ter cumpridos os 3 anos de idade o 31 de decembro do ano en que se solicita a praza

Non obstante, poderán eximirse do límite de idade dos 3 anos as nenas e os nenos con necesidades específicas de apoio educativo, logo da emisión do ditame do equipo de orientación específica do órgano competente da administración autonómica, por petición dos pais, ou representantes legais e a través do centro onde soliciten praza

Tamén poderán solicitar praza aqueles que acrediten proximidade do posto de traballo á EIM. Nembargantes, estas solicitudes estarán sometidas ó establecido no artigo 22º desta Ordenanza.

Artigo 17º.- Unidade familiar ou de convivencia

Entenderase por unidade familiar a formada polos cónxuxes non separados legalmente e:

¿ Os/as fillos/as menores, con excepción dos que, con consentimento dos/as pais/nais, vivan independentes destes/as.

¿ Os/as fillos/as maiores de idade incapacitados xudicialmente suxeitos á patria potestade prorrogada ou rehabilitada.

¿ Os/as fillos/as maiores de dezaoito anos discapacitados cun grao de discapacidade superior ao 33 por cento

Nos casos de separación legal ou cando non existise vínculo matrimonial, a unidade familiar estará formada polo pai ou nai e tódolos fillos e fillas que convivan con un ou outro e reúnan os requisitos descritos no parágrafo anterior e, si é o caso, pola persoa que sexa parella de feito de calquera dos proxenitores que teña as fillas e fillos a cargo.

Para a condición de familia monoparental enténdese a formada pola nai solteira ou pai solteiro que non manteñan relación de convivencia ou situacións de separación, divorcio ou viuvez (acreditada mediante fotocopia compulsada do libro de familia e certificado de convivencia)

A determinación dos membros da unidade familiar farase atendendo á situación existente a 31 de decembro de cada ano.

Artigo 18º.- Renda per cápita

Enténdese por ¿renda per cápita mensual" o resultado de dividir polo número de persoas que compoñen a unidade familiar o cociente resultante de dividir entre 12 meses a suma dos ingresos totais da u.f. . É decir, é o resultado de aplicar as seguintes fórmulas:

Ingresos totais anuais da u.f. / 12 = ingresos totais mensuais da u.f.

ingresos totais mensuais da u.f. / nº membros da u.f. = renda per cápita mensual

No caso de familias monoparentais, incrementarase nun 0,8 o número real de membros que compoñen a unidade familiar ós efectos de cálculos da renda per cápita.

Enténdese por familia monoparental aquela unidade familiar da que forma parte un único proxenitor ou proxenitora que non conviva con outra persoa con quen manteña unha relación análoga á conxugal e sempre que o outro proxenitor ou proxenitora non contribúa economicamente ao seu sustento.

Artigo 19º.- Criterios de valoración

As solicitudes valoraranse de acorado co baremo establecido ó efecto (Anexo I desta Ordenanza) no que se teñen en conta as seguintes circunstancias:

¿ Situación sociofamiliar

¿ Situación laboral familiar

¿ Situación económica

Artigo 20º.- Procedemento de solicitude

As solicitudes para acceder ós servizos que se prestan na Escola Infantil Municipal formalizaranse por escrito a través de instancias dirixidas á Alcaldía-Presidencia da corporación municipal, , acompañadas de modelo oficial que para tal fin se pode recoller nas oficinas municipais, xuntando a documentación sinalada no artigo 30º da presente Ordenanza reguladora.

Artigo 21º.- Prazos de solicitude e adxudicación

Os prazos que se establecen para a solicitude e adxudicación de prazas nas EIM, son os seguintes:

Renovación de praza

1 ó 9 de marzo

Oferta de prazas para nova ocupación

14 marzo

Solicitudes novo ingreso

Do 10 ao 31 de marzo

Publicación de lista provisional

30 de abril

Prazo de reclamacións

Do 1 ó 10 de maio

Publicación lista definitiva

1ª semana de xuño

Formalización de matrícula

2ª e 3ª semana de xuño

Os prazos anteriormente mencionados, poderán ser modificados en circunstancias excepcionais e debidamente motivadas, por acordo da Xunta de Goberno Local dando conta expresa ao pleno da Corporación na primeira sesión que se celebre.

Artigo 22º.- Solicitudes de unidades familiares ou de convivencia non empadroadas

As solicitudes das unidades familiares ou de convivencia non empedroadas no termo municipal de Arteixo só se terán en conta finalizado o proceso de matricualción se quedasen prazas vacantes e se algún dos membros acredita que o seu posto de traballo se atopa no termo municipal de Arteixo.

Artigo 23º.- Adxudicación de prazas

A selección das solicitudes efectuarase en función da puntuación acadada segundo baremo establecido nesta Ordenanza reguladora (Anexo I).

En cumprimento da conciliación da vida laboral e familiar, para a concesión de horarios solicitados teranse en conta os horarios laborais acreditados dos pais/titores cando coincidan co solicitado. No caso de que non se xustifique a necesidade de horario por necesidades laborais, as adxudicacións realizaranse según dispoñibilidade de prazas e respetando o baremo de puntuación.

No caso de que se produza un empate na puntuación total, o criterio preferente para a adxudicación será o regulamentado ao respecto pola administración autonómica na correspondente orde que regule o procedemento de adxudicación de prazas.nas escolas infantís 0-3.

Se un nivel se completa, o usuario quedará en lista de espera ata que se produza unha vacante nos grupos nos que poida incluirse e que se definen na lexislación de aplicación.

Aquelas e aqueles solicitantes de praza que queden excluídos por non acadar a puntuación necesaria, poderán solicitar ser derivados ó cheque infantil.

Artigo 24º.- Lista de espera

A efectos de axilizar a lista de espera, o procedemento para a inclusión na mesma é o seguinte:

¿ As persoas que soliciten praza nas datas regulares establecidas e non a obteñan, pasarán á lista de espera A por orde de puntuación. As prazas irán adxudicándose a medida que queden dispoñibles nos grupos que lle correspondan ao menor respetando rigurosamente a orde.

¿ As persoas que soliciten praza fóra das datas regulares establecidas, formarán parte da lista de espera B por orde de puntuación e obterán praza no caso de que non se cubran cos solicitantes da lista de espera A.

Artigo 25º.- Reservas de praza

As nenas e nenos que ingresen na EIM antes do 1 de febreiro de cada curso terán dereito á reserva de praza durante o período que poidan permanecer no centro no mesmo horario que no momento da concesión inicial da praza e sempre que non se produzan variacións nas condicións iniciais que deron lugar á primeira matriculación.

Para a reserva de praza é requisito imprescindible estar ao día no pagamento das cotas mensuais na data de presentación da solicitude.

Para a renovación aplicaranse os prazos estipulados no artigo 21º desta Ordenanza.

Artigo 26º.- Procedemento de baremación

Recibida a instancia xunto coa documentación, procederase polos técnicos responsables á comprobación dos datos aportados.

Se as solicitudes non estivesen debidamente cumprimentadas ou non se acompañasen da documentación esixida, procederase según o recollido no 31º da presente ordenanza.

Se a solicitude presentada cumpre cos requisitos esixidos nesta normativa, e segundo o procedemento que se fixa, a Comisión de Baremación nomeada ó efecto (composta polos membros que se especifican no artigo 28º desta Ordenanza) realizará a avaliación das solicitudes segundo baremo e elaborará informe posterior que será sometido a dictame da Xunta de Goberno Local, que será quen decida en última instancia.

Contra a denegación dos servizos recollidos na solicitude, o interesado/a poderá interpoñer os recursos e reclamacións estipulados na lexislación vixente.

Artigo 27º.- Baremacións de especiais características

En caso de urxencia motivada, e sempre que exista dispoñibilidade de praza, será a Alcaldía-Presidencia quen decida a concesión ou denegación dos servizos, dando conta na seguinte Xunta de Goberno Local que reúna.

Artigo 28º.- Comisión de baremación

A Comisión de baremación estará constituida polos seguintes membros:

¿ Presidente: Concelleiro/a de Educación ou persoa na que delegue.

¿ Secretario: Secretaria Xeral do Concello ou persoa na que delegue.

¿ Vocais:

¿ Concelleiro/a de Servizos Sociais ou persoa na que delegue.

¿ Traballador/a Social do Equipo de Servizos Sociais.

¿ Director/adaEscolaInfantil Municipal.

O presidente da Comisión poderá solicitar asesoramento dos técnicos municipais se así o considera oportuno.

Artigo 29º.- Funcións da Comisión de baremación

¿ Garantir o bo funcionamento do proceso de admisión en aplicación desta ordenanza.

¿ Valorar as solicitudes e elaborar a relación provisional de admitidos e listas de espera.

¿ Determinar o número de vacantes para cada curso.

¿ Determinar a asignación de tarifas según a presente Ordenanza e aplicación da Ordenanza nº 32 reguladora do Prezo Público.

¿ Recabar dos solicitantes a documentación adicional que se precise para a xustificación das situacións e circunstancias derivadas

¿ Informar as reclamacións que no seu caso se presenten.

¿ Elevar propostas á Xunta de Goberno Local

Artigo 30º.- Documentación

Ademais da instancia de solicitude, as interesadas e os interesados deberán obrigatoriamente achegar a documentación especificada no Anexo II desta ordenanza e que poderá modificarse segundo o estipulado na correspondente orde que regule o procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís 0-3.da administración autónomica.

A falta de presentación dalgunha da documentación requerida dentro do prazo de solicitude establecido, suporá a renuncia implícita a ser valorado no apartado correspondente do baremo aplicable.

A Comisión de baremación poderá solicitar calquera documentación complementaria que considere necesaria para o clarexamento das circunstancias alegadas.

Artigo 31º.- Subsanacións

No caso de que a solicitude non reúna os requisitos esixidos, o Concello, conforme o artigo 71 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, requirirá ó interesado para que, nun prazo de 10 días, enmende os erros detectados, con indicación de que, se así non se fixese, se terá por desistido na súa petición, logo de resolución en tal sentido.

Artigo 32º.- Resolución

As listas de admitidos e listas de espera, por orde de puntuación, publicaranse no taboleiro de anuncios do Concello, no taboleiro de anuncios da EIM e na páxina web do Concello (www.arteixo.org).

As reclamacións presentaranse nas datas especificadas a tal efecto na presente Ordenanza Reguladora (artigo 21º) acompañadas da documentación que se considere necesaria.

Uunha vez resoltas as reclamacións, procederase á publicación da relación definitiva de admitidos e a da lista de espera, coa puntuación obtida en cada caso.

Os solicitantes admitidos deberán formalizar a matrícula e achegar a documentación complementaria nas datas especificadas ó efecto no artigo 21º deste Ordenanza.

As vacantes que se vaian producindo ó longo do curso serán cubertas por rigurosa orde de puntuación entre os solicitantes da lista de agarda A e, no caso de esgotarse esta, da lista de agarda B, sempre tendo en conta que a cobertura realizarase tendo en conta os grupos de idade da EIM.

Artigo 33º.- Tarifas

As tarifas vixentes son as recollidas na Ordenanza número 32 reguladora do Prezo Público pola prestación de servizo público da Escola Infantil Municipal.

As interesadas e interesados recibirán comunicación da tarifa mensual que deberán abonar en función da aplicación do prezo público según os servizos concedidos.

Artigo 34º.- Modificacións de servizos

As modificacións no horario de asistencia ou de calquera outra circunstancia, será solicitada por escrito ó concello. Ata o momento en que a entidade municipal resolva e notifique, non se producirá a modificación.

Artigo 35º.- Apertura de expedientes individuais

No momento do ingreso do/a neno/a na EIM, abriráselles un expediente persoal no que constarán, con carácter confidencial, os datos de filiación, sanitarios, enderezo e teléfono para avisos en caso de urxencia, así como cantas circunstancias aconsellen unha atención diferenciada.

Artigo 36º.- Formalización de matrícula

Para formalizar a matrícula é necesario que o/a neno/a naza con anterioridade ó 1 de xuño do ano de solicitude. A incorporación á escola producirase cando se teñan cumpridos os 3 meses.

Entenderase formalizada a matrícula cando:

¿ Se presenta a seguinte documentación:

a )Certificado médico do neno ou nena.

b) Carné de vacinación actualizado.

c) Fotocopia da tarxeta da Seguridade Social ou documento equivalente.

d) Catro fotografías tamaño carné.

e) Impreso de domiciliación bancaria.

f) Autorización por escrito das persoas que poden recoller o/a neno/a.

g) Fotocopia do DNI ou doutro documento acreditativo da identidade das persoas autorizadas a recoller o/a neno/a

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaído o dereito de praza obtida, logo de resolución en tal sentido, perdendo, asimismo, o dereito de permanencia na lista de agarda.

Artigo 37º.- Prazas para comedor

A adxudicación das prazas de comedor realizarase entre as solicitudes que demanden dito servizo, dando prioridade a aqueles casos nos que ambos pais ou titores traballen ou presenten situacións asimilables, ou aqueloutras situacións que, polas súas especiais características, fagan aconsellable a prestación deste servizo pola especial necesidade de atención ó neno/a. En calquera destes casos, as solicitudes terán prioridade sobre as daquelas unidades convivenciais que non xustifican necesidade, independentemente da puntuación obtida en aplicación do baremo xeral.

Para os/as nenos/as con renovación de praza que xa dispoñían do servizo de comedor, a adxudicación producirase de xeito automático se non se produciu ningunha variación nas condicións que diron lugar á primeira concesión. No caso de que non tivesen praza de comedor e se solicitase como novo servizo, a súa concesión estará supeditada á xustificación da necesidade por motivos laborais que serán debidamente acreditados.

Como norma xeral, os pais ou titores aportarán leite e biberóns dos menores que precisen este tipo de alimentación, non debendo abonar custos de comedor ata cumpridos os 6 meses, agás no caso de que se varíe alimentación con anterioridade a esa idade.

En todo caso, cando a nena/o neno non asista ó comedor sin previa notificación de modificación, por decisión unilateral da unidade familiar ou de convivencia, esta obrigatoriamente asumirá os custos que se imputarán na facturación mensual.

Artigo 38º.- Prazas reservadas

A entidade municipal reservará un máximo do 5% das prazas totais das EIM para aqueles supostos que o requiran por presentar circunstancias socioeconómicas e familiares especiais.

Se fose necesario atender un caso urxente remitido desde os servizos sociais do concello, seguiríase o procedemento sinalado nesta ordenanza, accedendo ó nivel que lle corresponda no caso de que existan prazas dispoñibles ou ó que se determine según proposta do Departamento de Educación á Xunta de Goberno Local, sempre con limitación no tempo motivada e posterior formalización da adxudicación definitiva cando se produza vacante no grupo de idade, si é o caso. Serán considerados dentro desta tipoloxía de ingresos urxentes os seguintes:

¿ As/os menores tuteladas/os pola Administración correspondente.

¿ As fillas / os fillos das mullerse que se atopen nunha casa de acollida e/ou sexan vítimas de violencia de xénero

¿ Aqueloutros nos que concurran circunstancias socioeconómicas e familiares que requiran unha intervención inmediata.

Artigo 39º.- Causas de baixa

Causarán baixa aqueles menores admitidos nos que concurran algunha das seguintes circunstancias:

¿ Renuncia voluntaria á praza formulada polos pais, titores ou representantes legais presentada na entidade municipal.

¿ Falta de asistencia ó centro ou uso dos servizos durante 15 días lectivos continuados ou 30 días alternos sin previo aviso nin causa xustificada. En todo caso, as ausencias xustificadas non poderán ser superiores a 2 meses, polo que, transcorrido dito prazo darase baixa definitiva ou xustificarase a permanencia cos informes preceptivos que correspondan.

¿ Impago de dúas cotas mensuais sucesivas ou tres alternas calquera que sexa o curso escolar a que se refire a débeda, sen prexuizo da reclamación da débeda polo procedemento regulamentariamente establecido.

¿ Prazas que non se teñan cuberto ós quince días de iniciado o curso correspondente sin comunicación expresa por parte da familia e sin causa xustificada.

¿ Pérdida da condición de veciño do término municipal sempre que non concurra a situación de proximidade de posto de traballo. Neste caso, a reserva de praza só terá vixencia para o curso en desenvolvemento.

¿ Calquera cambio nas condicións que diron lugar a adxudicación de praza e que supoñan unha variación sustancial destas. Si esta situación se producira, debe notificarse de inmediato para a valoración da nova situación.

¿ Por incumprimento reiterado das normas da EIM

¿ Por incompatibilidade ou inadaptación.

¿ Por comprobación de falsidade nos documentos ou datos achegados.

¿ Cando non se entregue documentación para a revisión e/ou clarificación de datos nos prazos legalmente establecidos ó efecto previo requerimento expreso pola entidade municipal

¿ O non disfrute pola /polo menor do mes de vacacións computado éste como total ó longo do curso.

Cada caso será valorado pola Comisión de baremación que escoitará ás partes e analizará a documentación que se achegue ó respecto. A decisión será elevada á Xunta de Goberno Local que, en todo caso, resolverá.

Capítulo IV. Calendario e horarios do servizo.

Artigo 40º.- Calendario e horarios xerais

1. A EIM, como servizo cotián, prestará os seus servizos de luns a venres, sendo non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.

2. O horario da EIM é de 7:30 h. a 20:30 h. de xeito ininterrompido

3. Os horarios de asistencia ó centro estructúranse do seguinte xeito:

¿ Horario de mañá de 7:30 horas a 15:30 horas.

¿ Horario escolar: como medida de apoio á familia, ofértanse as seguintes opcións de horario:

¿ Opción a): de 10:00 horas a 17:00 horas con comedor

¿ Opción b): de 10:00 horas a 17:00 horas sin comedor

¿ Horario de tarde: de 15:30 horas a 20:30 horas.

Os/as nenos/as deberán optar por unha das alternativas.

En todo caso, o Concello de Arteixo poderá introducir modificacións atendendo a criterios de necesidade do servizo.

Artigo 41º.- Organizacións especiais

Nos meses de xullo e agosto manterase, inicialmente, a atención en horario completo (de 7:30 h a 20:30 h) sempre e cando a ocupación do centro supoña un mínimo que permita realizar os axustes derivados das reduccións de horarios e asistencias e sempre que a demanda sexa suficiente para crear unha unidade internivelar (15 nenos de 0 a 3 anos). En caso contrario, os horarios de apertura adaptaranse de tal xeito que se poida cumprir o establecido, pechándose no caso de que se acredite a falta de asistencia para manter esa ratio.

En todo caso, en aplicación da lexislación vixente, en calquera momento ó longo do curso, de non existir demanda suficiente para formar grupos do mesmo nivel na ratio legalmente establecida, as nenas/os nenos poderán ser agrupados sempre respetando as ratios permitidas (para nenos de 0-3 anos: 1/15).

Artigo 42º.- Horario de permanencia

O horario máximo de permanencia dos nenos/as nas EIM será, con carácter xeral, de oito horas diarias, agás causas excepcionais e convenientemente xustificadas, a valorar pola Concellaría de Educación de Concello de Arteixo, que poderá amplialo.

Para a mellor adaptacións das nenas e dos nenos de novo ingreso, poderase establecer un horario reducido que se ampliará de forma progresiva, sin que supoña modificación na tarifa.

A utilización do horario ampliado por parte do/a neno/a esixe que os pais ou titores presenten xustificación documental da necesidade. En todo caso, sempre que as circunstancias familiares do/a neno/a o obriguen a permanecer na EIM máis das oito horas estipuladas, fomentarase que os pais titores ou representantes legais se fagan cargo do neno/a ó longo da xornada no tempo que dispoñan libre, co fin de favorecer as relacións paterno-filiais.

Artigo 43º.- Cambio de horario concedido

No caso de querer cambiar o horario inicialmente concedido, deberá acreditarse documentalmente a necesidade e seguirase o procedemento establecido no Artigo 34º desta Ordenanza. En todo caso, a concesión dependerá da existencia de prazas vacantes no novo horario solicitado.

Artigo 44º.- Período de peche e vacacións

As EIM establecerá como non lectivos os festivos nacionais, autonómicos e locais.

Os días 24 e 31 de decembro as EIM pecharán ás 15 horas.

En todo caso, os menores deberán disfrutar dun mes de descanso ó longo do ano distribuido según conveniencia da familia. O incumprimento desta norma poderá dar lugar a penalizacións.

Serán valoradas pola Comisión de baremación as situacións familiares que acrediten a imposibilidade do cumprimento, sendo a decisión do órgano a que prevalece, podendo elevar á Xunta de Goberno as medidas sancionadoras que considere que deben aplicarse.

Artigo 45º.- Cumprimento de horarios

O horario de entrada-saida das nenas e dos nenos nas EIM débese caracterizar pola flexibilidade que requiran as necesidades da familia, sempre que non leve consigo alteración das actividades dos demais nenos/as e do normal funcionamento do centro. Non embargante, unha vez acordados coas EIM os horarios de entrada e saída dos nenos/as, as familias procurarán respectalos.

En caso de retrasos inxustificados e reiterados, a dirección da EIM están obrigadas a adoptar as medidas oportunas poñendoo en coñecemento da entidade municipal a través da Concellaría de Educación.

Artigo 46º.- Autorizacións para a saída do centro

Ó remate da xornada as nenas e os nenos serán entregados ós seus pais, titores ou representantes legais. Nos casos nos que estes autoricen á dirección da EIM para entregar o/a neno/a a outra persoa, esta deberá ser debidamente identificada.

Artigo 47º.- Normas xerais

¿ Se por diversos motivos a EIM permanecese pechada por un período superior a 15 días naturais, non se abonará a tarifa que corresponda.

¿ A non asistencia da nena ou do neno durante un período determinado, mentras non se formalice a baixa correspondente, non supón a reducción nin exención do pagamento do prezo establecido, excepto nos casos das excepcións establecidas regulamentariamente.

Capítulo V. Relacións cos pais, titores ou representantes legais.

Artigo 48º.- Principios fundamentais

1. A relación cos pais, titores ou representantes legais, que deberá ser fomentada pola dirección da EIM, ten como principais obxectivos:

-O intercambio de criterios educativos.

-A transmisión mutua de información sobre actitudes e comportamento dos nenos/as.

-O compartir pareceres sobre incidentes, preocupacións, ilusións, actividades,¿

Artigo 49º.- Información individual

Tras a consulta co equipo técnico da EIM, a dirección poñerá en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais de cada menor unha información sobre a súa evolución integral. Terá carácter semestral e realizarase en documento normalizado.

Artigo 50º.- Horarios de atención

As visitas dos pais, titores ou representantes legais das e dos menores realizaranse de conformidade co horario establecido pola dirección para tal fin, logo de ser oídos os equipos técnicos, sempre e cando non dificulte a boa marcha da EIM.

Artigo 51º.- Periodicidade das reunións

Co fin de garantir a necesaria cooperación cos pais, titores ou representantes legais dos menores, realizaranse reunións xerais e de grupo, segundo a natureza dos temas que se vaian tratar que terán lugar nas dependencias das EIM, logo da convocatoria por escrito. A periodicidade destas reunións será a seguinte:

-Dúas reunións xerais, coincidindo co inicio e co remate do curso.

-Dúas reunións de grupo que se realizarán cada semestre.

En todo caso, a direccións da EIM informará por escrito ó principio do curso dos horarios de atención e información ós pais, titores ou representantes legais dos menores.

Artigo 52º.- Libro de reclamacións

A EIM terá un libro de reclamacións á disposición das usuarias e usuarios. A dirección do centro poñerá en coñecemento da Concellaría de Educación do Concello de Arteixo o contido das reclamacións de xeito periódico, agás nos casos en que se requira unha comunicación inmediata.

Capítulo VI. Normas de saúde, hixiene e nutrición.

Artigo 53º.- Obxecto

As nenas e nenos teñen un sistema inmunitario reducido, polo que enferman con facilidade. Neses casos, necesitan coidados e condicións especiais que desde a EIM non se poden levar a cabo. Por estes motivos, é importante que as/os menores non asistan a escola cando estén enfermos co fin de reducir as posibilidades de contaxio.

Artigo 54º.- Normas xerais

¿ As nenas e nenos deberán acudir á EIM en condicións correctas de saúde e hixiene.

¿ Tódolos nenos e nenas que usen cueiros deberán traer un paquete e un bote de toalliñas, que deberá repoñerse cando sexa preciso. Serán cambiados na medida que o precisen.

¿ Os nenos/as terán sempre unha muda completa de reposto.

¿ Tódolos nenos e nenas que anden deberán traer un mandilón, unha toalla, cepillo de dentes, crema e un vaso.

¿ Os nenos e nenas deberán levar roupa que lles permita moverse con comodidade

¿ Co fin de velar polo benestar e saúde dos menores, non se autorizará á entrada ás nenas ou nenos que presenten as condicións temporais seguintes:

¿ Presencia de parásitos (piollos, lendia,¿)

¿ Fiebre

¿ Diarrea

¿ Erupcións da pel, excepto cando acompañen informe pediátrico indicando que non son contaxiosas

¿ Conxuntivite

¿ Parasitosis intestinais (lombrices,¿)

¿ Vómitos de repetición

¿ Tos persistente mucopurulenta nasal sin tratamento. Neste caso, poderá asistir con xustificante do pediatra no que conste que se sigue tratamento ou que non é contaxioso.

Artigo 55º.- Enfermidades infecto-contaxiosas

Non serán admitidos na EIM as nenas e nenos que padezan enfermidades infecto-contaxiosas. A aparición destas enfermidades deberá ser comunicada polos pais, titores ou representantes legais á dirección do centro que, a súa vez, o poñerá de inmediato en coñecemento da Concellaría de Educación do Concello de Arteixo.

No caso de observarse síntomas dun proceso infecto-contaxioso nas nenas ou nenos na propia EIM, informarase ás direccións destas, e avisarase os seus pais, representantes legais ou titores, co fin de evitar a propagación da enfermidade entre os demais menores. O reingreso ó centro só será posible logo de transcorrido o período de contaxio e tras o informe médico que acredite tal circunstancia.

Artigo 56º.- Enfermidade ou accidente no centro

No caso de enfermidade ou accidente sobrevido na EIM, despois das primeiras atencións ¿in situ" e, á maior brevidade posible, poñerase dita circunstancia en coñecemento dos pais, titores ou representantes legais da/do menor e, se é o caso, garantirase que reciba a atención médica axeitada.

Artigo 57º.- Comunicación de non asistencia por enfermidade

Cando se produza a falta de asistencia á EIM por un período superior a 3 días, debido a enfermidade ou outras circunstancias, os pais, titores ou representantes legais deberán comunicar este feito á dirección do centro, sin que este feito supoña a modificación do prezo público a satisfacer polo servizo.

Artigo 58º.- Administración de medicamentos

Nos casos nos que se deban administrar tratamento médico por enfermidade crónica non contaxiosa, deberán ir acompañado da receita e informe médico, actualizada á data do tratamento na que constará o nome da nena ou do neno, o nome do medicamento e forma, dose e peridiocidade na administración. Non se lles administrará ningunha medicación que non veña acompañada, así mesmo, da autorización por escrito dos pais/nais titores ou representantes legais indicando as horas de administración da dose correspondente.

Só se terán en conta as pautas de medicación establecidas por pediatras ou especialistas colexiados e non se admitirán as pautas de medicación alternativa.

Artigo 59º.- Menús

A EIM publicarán no taboleiro de anuncios e/ou facilitarán ós pais unha relación quincenal dos menús previstos, os cales proporcionarán unha dieta sana, equilibrada e axeitada para os distintos grupos de idade.

A EIM prestará un especial coidado en atender os casos nos que as nenas e nenos, en razón das súas circunstancias persoais, deban recibir alimentos de forma ou en horarios específicos, sen prexuízo de que estes deban ser facilitados pola familia. De producirse esta situación, achegarase informe médico no que se faga constar con detalle o menú que a nena ou neno debe seguir e a causa que o orixina. A comisión de baremación poderá esixir que o informe sexa emitido por un médico da Seguridade Social. A Comisión de baremación analizará a viabilidade deste tipo de atención á nena ou neno, sempre tendo en conta a incidencia no funcionamento xeral e na atención ós demáis nenos e nenas.

En todo caso, esta situación non suporá ningunha variación nas tarifas, polo que se aplicará o custo pola contía completa polo concepto de comedor.

En todo caso, non se atenderán solicitudes de modificación de menús por decisión da propia familia cando esta se produza de xeito arbitrario. A Comisión de baremación poderá estudiar e decidir no caso de que se produzan estas solicitudes.

Capítulo VII. Promoción da integración.

Artigo 60º.- Necesidades educativas especiais

A EIM promoverá, dentro das súas posibilidades, a integración das nenas e dos nenos con necesidades educativas especiais, sempre e cando conten cos recursos materiais e humanos necesarios. Nestes casos requirirase o informe previo dos equipos de valoración e orientación correspondentes con indicación do grao de discapacidade e a súa necesidade de integración.

Artigo 61º.- Integración de persoas con discapacidade

A integración de nenos e nenas con discapacidade físicas, psíquicas ou sensoriais estará supeditada á existencia de condicións infraestructurais idóneas e de persoal adecuado e suficiente. En ningún caso poderá haber máis dun neno ou nena de integración por aula. A efectos de ratio, estas prazas contabilizaranse como dúas.

Naqueles casos nos que se considere convinte prorrogar a estancia no centro por un período superior ó que corresponda por idade para unha atención diferente polas especiais características da nena ou neno, deberán achegarse informes de valoración emitidos polos organismos autonómicos con competencia na materia. Será a Comisión de Baremación quen eleve unha proposta ao respecto á Xunta de Goberno Local para a súa ratificación.

Capítulo VIII. Asociación de pais e nais.

Artigo 62º.- Órgano de participación

A asociación de pais e nais é o órgano de participación na vida do centro, tanto no relativo ás programacións como no desenvolvemento de actividades. A súa constitución e funcionamento fomentarase por parte da dirección.

Artigo 63º.- Fins

Sen prexuízo do que establezan os seus propios estatutos, a asociación promoverá os seguintes fins:

a) Defender os dereitos dos pais/nais titores ou representantes legais no relativo á prestación de servizos as nenas e nenos.

b) Colaborar coa dirección e co persoal da EIM para favorecer o desenvolvemento integral da poboación atendida en todo canto supoña unha mellora da calidade na prestación dos servizos.

c) Participar nas actividades educativas que se organizan de xeito periódico: festas escolares, (magostos, nadal, entroido,...), contacontos, axudas na preparación de materiais para o traballo dos nenos.

Para o desempeño destes fins a dirección da EIM prestarán á asociación de pais e nais canta información relativa ó funcionamento do centro lle sexa requerida polos órganos de representación desta.

Artigo 64º.- Reunións

A asociación de pais e nais poderá celebrar as súas reunións nas instalacións da EIM cando teñan por obxecto os seus fins propios e non perturben o desenvolvemento normal das actividades. Para tal efecto, bastará a simple comunicación á dirección do centro da convocatoria da reunión con, polo menos, 48 horas de antelación. As reunións deberán celebrarse en horario de apertura do centro.

Artigo 65º.- Normas de aplicación

Para garantir a axeitada participación dos pais, serán de aplicación xeral as seguintes normas:

1. Ó comenzo do curso a dirección da EIM informarán ós órganos de representación da asociación dos programas e actividades que se desenvolverán, da normativa establecida en relación co centro e cantos aspectos poidan resultar do seu interese.

2. No caso de discrepancias referentes a aspectos do funcionamento da EIM, a asociación poderá dar traslado delas á Concellaría de Educación do Concello de Arteixo.

Os pais, titores e representantes legais terán dereito a solicitar canta información precisen sobre a atención recibida polos nenos e nenas.

Capítulo IX. A linguaxe.

Artigo 66º.- Tratamento lingüístico

Como norma xeral de funcionamento, potenciarase a lingua galega, que será tamén a de normal funcionamento do centro en aplicación da Lei 3/1983, de 15 de xuño, de Normalización Lingüística e da Ordenanza de Normalización Lingüística do Concello de Arteixo publicada en B.O.P. nº 76 de 3 de abril de 1998.

Capítulo X. Fomento da igualdade dos nenos e nenas.

Artigo 67º.- Promoción de actividades para a igualdade

A EIM programarán actividades para promover a igualdade entre os nenos/as e evitar os comportamentos e as actividades discriminatorias por razón de sexo. As ditas actividades reflectiranse nos proxectos educativos e curriculares.

En todo caso, na medida do posible, aplicaranse os obxectivos e actuacións das distintas áreas do Plan de Igualdade de Oportunidades das Mulleres implementado polo Concello de Arteixo.

Artigo 68º.- Uso de material non discriminatorio

A EIM poñerá especial coidado en revisar aqueles materiais e ilustracións que se utilicen como instrumentos de traballo. Así mesmo vixiarán que no uso da linguaxe se adopten expresións e formas non discriminatorias.

Artigo 69º.- Fomento da interculturalidade

A EIM prestará especial atención ó fomento da interculturalidade como instrumento de superación das desigualdades, inxustizas, prexuízos e racismo.

Capítulo XI. Dereitos e obrigas.

Artigo 70º.- Dereitos das persoas usuarias

As nenas e nenos gozarán dos dereitos e libertades que lle atribúa a lexislación vixente, sendo, polo menos, os seguintes:

¿ Acceder ó centro e recibir asistencia sen discriminación por razón de nacionalidade, sexo, raza, relixión, ideoloxía ou calquera outra condición ou circunstancia persoal ou social.

¿ A consideración debida no trato tanto por parte do persoal do centro como dos demais usuarios.

¿ O sixilo profesional acerca dos datos do seu historial sanitario e socio-familiar.

¿ A realizar saídas ó exterior.

¿ Á intimidade persoal.

¿ A que se lle facilite o acceso á atención social, sanitaria, educativa, cultural e, en xeral, a tódalas necesidades persoais que sexan precisas para conseguir o seu desenvolvemento integral.

¿ A recibir un tratamento individualizado de contido educativo cara á súa integración socio-familiar que terá como obxectivos prioritarios a súa protección, educación e formación.

¿ A ser informados de xeito comprensible das medidas adoptadas respecto deles .

¿ A ser educados para a comprensión, tolerancia e convivencia democrática, posibilitándolles que poidan facer uso das súas opcións de forma libre e persoal.

Artigo 71º.- Dereitos do Persoal

O persoal gozará dos dereitos e libertades que lle atribúa a lexislación vixente, sendo, polo menos, os seguintes:

¿ Recibir información periódica da marcha e funcionamento do centro a través dos órganos de participación ou da dirección do centro.

¿ Elexir, si é o caso, os seus representantes para os órganos de participación que se constitúan.

¿ Presentar propostas que contribúan a mellorar o funcionamento do centro e a atención prestada ós menores.

¿ Desenvolver as súas funcións educativas según o seu criterio persoal, sempre que se axuste ós obxectivos e contidos da programación do centro.

¿ Dispoñer dos instrumentos e medios necesarios para desenvolver as súas funcións axeitadamente.

Artigo 72º.- Obrigas do persoal

¿ Cumprir e facer cumprir de acordo coas súas funcións o regulamento de réxime interior e normas de aplicación no centro.

¿ Velar polo respecto ós dereitos dos menores recollidos na presente Ordenanza e aqueloutros recoñecidos na lexislación vixente.

¿ Gardar estricta confidencialidade sobre os datos persoais dos menores a que teñan acceso en razón das súas funcións.

¿ O cumprimento das tarefas e responsabilidades derivadas do seu posto de traballo.

DISPOSICIÓNS

Disposición adicional primeira.

Correspóndelle á concelleira ou concelleiro da área competente en materia educativa, establecer a coordinación entre a entidade municipal e a Escola Infantil Municipal. Tamén lle corresponde o nomeamento do técnico que estime competente para tramitar as actuacións precisas para facer efectiva esta coordinación.

Disposición adicional segunda.

Para un axeitado control do funcionamento da EIM, a dirección do Centro deberá presentar a documentación requerida nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas reguladoras da concesión do servizo público de escola infantil. O Concello poderá solicitar canta documentación complementaria considere necesaria para velar pola óptima prestación do servizo.

Disposición adicional terceira.

Para o non previsto nesta Ordenanza, estarase ó disposto na lexislación autonómica e estatal de aplicación en vigor e no Regulamento de Réxime Interno da EIM.

Disposición adicional cuarta

Facúltase á Alcaldía-Presidencia do Concello de Arteixo a dictar cantas disposicións sexan necesarias para o desenvolvemento da presente Ordenanza reguladora.

Disposición adicional quinta

A presente Ordenanza reguladora será a base para a elaboración e aplicación do regulamento de Réximen Interno nos términos que legalmente se establecen ó efecto.

Disposición final

Para a aprobación e entrada en vigor da presente Ordenanza estarase ó disposto nos artigos 49 e 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril reguladora das Bases do Réxime Local.

ANEXOS

ANEXO I

BAREMO DE APLICACIÓN PARA A VALORACIÓN DE SOLICITUDES DE ACCESO Á ESCOLAINFANTIL MUNICIPAl

Aplicarase o baremo e criterios de adxudicación de praza establecidos anualmente na correspondente orde da Consellería de Traballo e Benestar reguladora do procedemento de adxudicación de prazas nas escolas infantís (0-3).

ANEXO II

DOCUMENTACIÓN NECESARIA PARA A SOLICITUEDE DE PRAZA

¿ Fotocopia do DNI ou outro documento acreditativo da identidade das/os nais/pais ou representantes legais segundo proceda.

¿ Fotocopia do Libro de Familia completo ou, no seu defecto, outro documento que acredite oficialmente a situación familiar.

¿ Fotocopia do título de familia numerosa.

¿ No caso de nenas/os con discapacidade ou necesidades educativas especiais, informe do Equipo de Valoración e Orientación das Xefaturas Territoriais da Consellería competente na materia da Unidade de Atención Temperá segundo proceda.

¿ Resolución de acollemento.

¿ Nos casos de non estar censada/o neste concello, pero algunha/algún dos proxenitores ou representante legal da crianza teña o seu posto de traballo nel, achegaráse o certificado da empresa ou da institución correspondente.

¿ Certificación correspondente no caso de que algún membro da unidade familiar estea afectado de discapacidade física, psíquica ou sensorial, ou enfemidade que requira de internamento periódico ou padeza enfermidades crónicas ou outras afeccións alegadas polos membros da unidade familiar.

¿ A condición de familia monoparental acreditarase con fotocopia da sentenza de separación, divorcio, nulidade ou medidas paterno-filiais.

¿ Outros documentos se proceden, nos que consten incidencias familiares, económicas e sociais susceptibles de puntuación no baremo. Informe dos Servizos Sociais do Concello ou da administración autonómica nos supostos de que sexa necesario por falta de acreditación documental suficiente ou pola situación especial en que viva a unidade familiar.

¿ Copia da última nómina ou xustificación da situación laboral no momento da solicitude con especificación da xornada laboral.

¿ Certificación expedida polo SEPE, acreditativa das prestacións percibidas, de ser o caso ou de estar incrita/o como demandante de emprego.

¿ No suposto de profesionais liberais e autónomas/os, certificado expedido pola Administración Estatal da Axencia Tributaria que acredite a alta no IAE e último recibo do pagamento da cota á Seguridade Social ou certificado da mutualidade profesional.

¿ Copia cotexada da última declaración da renda de todos os membros da unidade familiar. Para o suposto de que non se teña presentada, a/o interesada/o deberá asinar a correspondente autorización ao Concello para obter da AEAT os datos de carácter tributario necesarios patra a determinación da renda da unidade familiar. A estes efectos todas/os as/os membros con ingresos, que compoñen a unidade familiar, deberán asinar a dita solicitude.

¿ No suposto de percibir pensión, certificado expedido polo Instituto Nacional da Seguridade Social ou da administración autonómica pagadora da mesma.

¿ Nos casos de nulidade matrimonial, separación ou divorcio considerase a renda de que exerza a garda e custodia da/o menor e as pensións compensatroia que perciba o cónxuse que a ostente e de alimentos das/os fillas/os ao seu cargo. No caso de non as percibiren, acreditarse esta circunstancia coa copia da reclamación xudicial presentada ao efecto.

Nota do Servizo de Asistencia Económica a Municipios

 Na modificación da ordenanza se dispón a súa entrada en vigor unha vez publicado o seu texto completo no Boletín oficial da Provincia, e transcorrido o prazo previsto no artigo 70.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local:

 ¿¿..Las ordenanzas, incluídos el articulado de las normas de los planes urbanísticos, así como los acuerdos correspondientes a éstos cuya aprobación definitiva sea competencia de los entes locales, se publicarán en el ¿Boletín Oficial" de la provincia y no entrarán en vigor hasta que se haya publicado completamente su texto y haya transcurrido el plazo previsto en el artículo 65.2 salvo los presupuestos y las ordenanzas fiscales que se publican y entran en vigor en los términos establecidos en la Ley 39/1988, de 28 de diciembre, Reguladora de las Haciendas Locales....." (desde el 10 de marzo de 2004 RDL 2/2004, de 5 de marzo). 

Ó no ter coñecemento da fecha exacta da recepción da comunicación do acordo, o Servizo de Asistencia Económica a Municipios toma como fecha estimada da súa entrada en vigor o prazo de quince días hábiles a partir da publicación definitiva.