Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL

Publicación provisional: 21/01/1999 BOP Nº: 16
Publicación definitiva: 21/01/1999 BOP Nº: 16
Aplicable dende: 14/09/2016

Art. 1.-Concepto.

De conformidade co previsto no artigo 58. da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Boqueixón establece a taxa pola prestación do servizo público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.

Art. 2.-Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.

Art. 3.-Contía.

a) A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada na tarifa expresada no apartado seguinte:

1. ENTRADA : 3,71 €

2. BONO INDIVIDUAL (con dereito a 20 entradas):

adultos ......................... 12,34 €

nenos ata 16 anos.......... 6,17 €

3. BONO FAMILIAR: con dereito, así mesmo, a 20 entradas

* Bono pai e nai ................... 15,43 €

* Cota 1.º fillo ...................... 6,17 €

* Cota 2.º fillo....................... 3,09 €

* Cota 3.º fillo (ou máis) ....... 0 €

A condición de abonado adquirirase tralo pagamento do prezo correspondente.

4. CURSOS NATACIÓN.

Nenos/as: 5 € ao mes, por cada día da semana que se imparta o curso.

Adultos/as: 12 € ao mes, por cada día da semana que se imparta o curso.

5. CARNÉ XOVEN.

Tódolos mozos que acrediten estar en posesión do carné Xoven terán un desconto do 25%.

5.-Obriga do pagamento.

a) A obriga do pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace dende que se presta ou realice calquera dos servizos ou actividades especificados nos artigos anteriores

b) O pagamento do prezo efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina municipal.

Disposición derrogatoria

Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo público da piscina municipal.

Disposición final

Esta ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.