Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL
Art. 1.-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 58, da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das Facendas Locais, o Concello de Boqueixón establece a taxa pola prestación do servicio público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.
Art. 2.-Obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien dos servicios ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.
Art. 3.-Contía.
a) A contía da taxa regulada nesta ordenanza será a fixada na tarifa expresada no apartado seguinte
b) A tarifa desta taxa será a seguinte:
1. Entrada: 600 ptas.
2. Bono individual: (con dereito a 20 entradas):
* Residentes no municipio:
Adultos: 2.000 ptas.
Nenos ata 16 anos: 1.000 ptas.
* Non residentes no municipio:
Adultos: 4.000 ptas.
Nenos ata 16 anos: 2.000 ptas.
3. Bono familiar: con dereito, asimesmo, a 20 entradas (só para as persoas que están empadroadas no concello de Boqueixón):
* Bono pai e nai: 2.500 ptas.
* Cota 1.º fillo: 1.000 ptas.
* Cota 2.º fillo: 500 ptas.
* Cota 3.º fillo (ou máis): 0 ptas.
A condición de abonado adquirirase tralo pagamento da taxa correspondente e a acreditación de estar empadroado no municipio de Boqueixón.
4.-Cursos natación (é obrigatorio estar abonado).
* Cursos en xeral, ata un máximo de 2 días á semana:
* Nenos ata 16 anos: 500 ptas./mes.
* Adultos: 1.500 ptas./mes.
5. Carné xove
Tódolos xoves que acrediten estar en posesión do carné xoven terán un desconto do 25%.
5.-Obriga do pagamento.
a) A obriga de pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace dende que se presta ou realice calquera dos servicios ou actividades especificados nos artigos anteriores.
b) O pagamento do prezo efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina municipal.
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Disposición derrogatoria:
Queda derrogada a ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servicio público da piscina municipal
Disposición final:
A presente ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.