Boqueixón - ORDENANZA FISCAL REGULADORA DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVICIO PÚBLICO DA PISCINA MUNICIPAL
Art. 1.-Concepto.
De conformidade co previsto no artigo 58. da Lei 39/1988, do 28 de decembro, reguladora das facendas locais, o Concello de Boqueixón establece a taxa pola prestación do servizo público pola utilización da piscina municipal, que se rexerá pola presente ordenanza.
Art. 2.-obrigados ó pagamento.
Están obrigados ó pagamento da taxa regulada nesta ordenanza os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados por este concello, a que se refire o artigo anterior.
Art. 3.-Contía.
Art. 3.-Contía.a) A contía do prezo público regulado nesta ordenanza será a fixada na tarifa expresada no apartado seguinte:
1. ENTRADA: 3,71 €
2. BONO INDIVIDUAL (con dereito a 20 entradas):
* Residentes no Concello { adultos ......................... 12,34 €
{ nenos ata 16 anos .......... 6,17 €
* Non residentes no municipio { adultos .......................... 24,68 €
{ nenos ata 16 anos ........... 12,34 €
3. BONO FAMILIAR.-Con dereito, así mesmo, a 20 entradas (só para as persoas que están empadroadas no Concello de Boqueixón):
* Bono pai e nai .................. 15,43 €
* Cota 1.º fillo ....................... 6,17 €
* Cota 2.º fillo ....................... 3,09 €
* Cota 3.º fillo (ou máis) ...... 0 €
A condición de abonado adquirirase tralo pagamento do prezo correspondente e a acreditación de estar empadroado no municipio de Boqueixón.
4. CURSOS NATACIÓN.
Nenos/as: 5 € ao mes por cada día da semana que se imparta o curso.
Adultos/as: 12 € ao mes por cada día da semana que se imparta o curso.
5. CARNÉ XOVEN.
Tódolos mozos que acrediten estar en posesión do carné Xoven terán un desconto do 25%.
5.-Obriga do pagamento.
a) A obriga do pagamento da taxa regulada nesta ordenanza nace dende que se presta ou realice calquera dos servizos ou actividades especificados nos artigos anteriores.
b) O pagamento do prezo efectuarase no momento de entrar no recinto da piscina municipal.
Disposición derrogatoria.
Queda derrogada a Ordenanza fiscal reguladora do prezo público pola prestación do servizo público da piscina municipal
Disposición final.
Esta ordenanza entrará en vigor o día da súa publicación no BOP, e permanecerá en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.