Vimianzo - ORDENANZA FISCAL NÚM. 9 REGULADORA DA TAXA POLO SUBMINISTRO DE AUGA

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 28/12/1998 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 12/09/2017

Artigo1º.- Concepto.-

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.t) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido das facendas locais, establece a Taxa por distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche á rede, colocación e utilización de contadores, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real decreto lexislativo citado.

Artigo 2º.- Obrigados ó pagamento.-

Están obrigados ó pagamento da taxa, regulado nesta Ordenanza, os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º.- Contía.-

A contía da taxa reguladora neste Ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:

a) ACOMETIDAS

- Por toda acometida inicial á rede, sempre que a distancia desde as redes de distribución público ó punto de conexión sexa igual ou inferior a 50 metros, e ( que inclúe: material, man de obra e contador), para leira, inmoble, obra, vivenda ou local, que supoña o establecemento dun contador individual, o importe será de TRESCENTOS EUROS (300,00) EUROS.

b) CONSUMOS:TARIFAS

Consumo doméstico:

-Mínima trimestral (30 m3): 7,50 euros/Trimestre

-De 30 a 60 m3: un adicional de 0,36 euros/m3

-De máis de 60 m3: un adicional de 0,45 euros/m3

Consumo comercial, industrial e obras:

-Mínima trimestral (30 m3): 9 euros/Trimestre

-De 30 a 60 m3: un adicional de 0,36 euros/m3

-De máis de 60 m3: un adicional de 0,45 euros/m3

c) COTA DE CONSERVACIÓN DE CONTADORES:

Cota de conservación de contadores: 0,36 euros/Trimestre

d) CAMBIO DE TITULARIDADE:

Por cada solicitude de cambio de titularidade do servizo: 30 euros

e) En caso de carecer de contador de medición ou estar inutilizado, a contía da tarifa de consumo será o dobre da mínima trimestral.

Artigo 4º.- Obrigacións de pagamento.-

1. A obriga de pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza, nace desde que se inicie a prestación do servizo e a súa facturación e cobro realizarase con periodicidade trimestral.

2. O período voluntario de cobramento será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan os recibos ó cobro. Transcorrido dito período sen se ter efectuado o ingreso, abrirase a vía de constrinximento de acordo co establecido no Regulamento Xeral de Recadación.

Disposición derradeira.-

A presente ordenanza entrará en vigor unha vez publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.