Vimianzo - Ordenanza fiscal núm. 9, reguladora da taxa polo subministro de auga

Publicación provisional: 12/11/1998 BOP Nº: 260
Publicación definitiva: 28/12/1998 BOP Nº: 296
Aplicable dende: 01/01/2008

Artigo 1º. Concepto.

Este Concello conforme ó autorizado polo artigo 106 da Lei 7/85 do 2 de abril, reguladora das Bases do Réxime Local e de acordo co previsto no artigo 20.4.t) do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido das facendas locais, establece a Taxa por distribución de auga, incluídos os dereitos de enganche á rede, colocación e utilización de contadores, que se regulará pola presente Ordenanza, redactada conforme ó disposto no artigo 16 do Real decreto lexislativo citado.

Artigo 2º. Obrigados ó pagamento.

Están obrigados ó pagamento da taxa, regulado nesta Ordenanza, os que se beneficien dos servizos ou actividades prestados ou realizados por este Concello, a que se refire o artigo anterior.

Artigo 3º. Contía.

A contía da taxa reguladora neste Ordenanza será a fixada na tarifa seguinte:
a) ACOMETIDAS
- Por toda acometida inicial á rede, sempre que a distancia desde as redes de distribución público ó punto de conexión sexa igual ou inferior a 50 metros, e ( que inclúe: material, man de obra e contador), para leira, inmoble, obra, vivenda ou local, que supoña o establecemento dun contador individual, o importe será de TRESCENTOS EUROS (300,00) EUROS.
b) CONSUMOS:TARIFAS
Consumo doméstico:
Mínima trimestral (30 m3): 7,50 euros/Trimestre
De 30 a 60 m3: un adicional de 0,36 euros/m3
De máis de 60 m3: un adicional de 0,45 euros/m3
Consumo comercial, industrial e obras:
Mínima trimestral (60 m3): 18,00 euros/m3/Trimestre
De máis de 60 m3: un adicional de 0,45 euros/m3
c) COTA DE CONSERVACIÓN DE CONTADORES:
Cota de conservación de contadores: 0,36 euros/Trimestre
d) CAMBIO DE TITULARIDADE:
Por cada solicitude de cambio de titularidade do servizo: 30 euros
e) En caso de carecer de contador de medición ou estar inutilizado, a contía da tarifa de consumo será o dobre da mínima trimestral.

Artigo 4º. Obligacións de pagamento.

1. A obriga de pagamento da taxa regulada nesta Ordenanza, nace desde que se inicie a prestación do servizo e a súa facturación e cobro realizarase con periodicidade trimestral.
2. O período voluntario de cobramento será de dous meses, a contar dende o día en que se poñan os recibos ó cobro. Transcorrido dito período sen se ter efectuado o ingreso, abrirase a vía de constrinximento de acordo co establecido no Regulamento Xeral de Recadación.

Disposición derradeira.

A presente ordenanza entrará en vigor una vez aprobada definitivamente, e publicada o seu texto íntegro no BOP, consonte co previsto no art. 107.1 da LBRL, permanecendo en vigor ata a súa modificación ou derrogación expresa.
Comenzará a aplicarse a partir do día 1 de xaneiro de 2008, se a súa publicación definitiva no BOP así como a autorización autonómica destas tarifas se produce antes desa data.
De non cumprirse estas dúas condicións e circunstancias, a aplicación desta ordenanza realizarase no momento en que concorran ambalas dúas, efectuándose a oportuna publicidade neste mesmo Boletín Oficial, referente a terse cumprido tales condicións.